Page 2

As persoas vivimos en lugares moi diferentes. Algúns deses lugares teñen un clima similar ao noso, con estacións que se suceden ao longo do ano: primavera, verán, outono, inverno. Outros son lugares nos que hai dúas temporadas: unha de chuvia e outra de seca. Tamén hai lugares nos que a temperatura é moi cálida durante todo o ano, ou moi fría… Eses lugares tamén contan con paisaxes moi distintas: hainos con enormes montañas, con lagos que parecen mares, con ríos que calman a sede nada máis velos, con chairas tan grandes que non collen nas nosas miradas, outros están pegadiños a maxestuosos mares… Sen embargo, non importan moito as características do lugar no que tivemos a sorte de nacer, xa que normalmente gústanos, querémolo e sentímonos orgullosos del. Ou así debería ser. Porque o coñecemos, porque a nosa vida se desenvolve nel, e porque neses lugares adoitan estar o que máis nos importa da vida: as persoas que queremos. E xustamente son as persoas as que van construíndo cousas que van marcando tamén a identidade dun pobo. Ademais de deseñar edificios, prazas, rúas, etc., tamén se van xerando unha serie de actividades propias dunha cultura e doutra. Desafortunadamente, somos tamén as persoas as que rompemos a harmonía que nos amosa a natureza de distintas maneiras. Os motivos poden ser moi diferentes, e a grande parte das veces incomprensibles. Así ocorreu en Siria hai 8 anos, onde as protestas contra o presidente do país acabaron en arrestos que, finalmente, desencadearon unha guerra civil que todavía segue activa. En situacións así, a axuda doutros países é imprescindible para facer que as persoas poidan saír desa zona de conflito. Por este motivo, créanse campos de refuxiados, como unha solución temporal para as persoas que intentan fuxir da guerra. Os campos de refuxiados adoitan estar en territorios fronteirizos, como sucede co de Zaatari, que está situado en Xordania, país ao Sur de Siria. Os campos de refuxiados tratan de proporcionar atención e asistencia ás persoas que se ven afectadas por unha guerra, e son atendidos por ONG’s e persoas voluntarias que atenden aspectos básicos en canto a sanidade, alimentación, abrigo, educación, ocio, etc.

Profile for tirititraun traun

Guerra civil en Siria- Día da Paz 2019  

Presentación realizada en 6º para conmemorar o Día da Paz

Guerra civil en Siria- Día da Paz 2019  

Presentación realizada en 6º para conmemorar o Día da Paz

Advertisement