Issuu on Google+

Aquí podemos temos un mapa explicativo.

A SUPERIORIDADE DO HUMANISMO: Nun mundo de crise e represión social no que os nazis facían proganda da raza aria, o atleta afroamericano Jesse Owens deulle á humanidade unha cura de humildade e o seu amigo, o alemá Luz Long demostroulle ó mundo que non todos os do seu país eran iguais.


Os Xogos Olímpicos de Berlín de 1936 celebrados en Alemaña durante o nazismo, foron un medio de propaganda nazi e unha gran oportunidade de Hitler para demostrar a superioridade da raza aria. Para iso, o Terceiro Reich tiña grandes esperanzas nos seus deportistas, especialmente en Long, o home ario por excelencia. Non obstante, o deportista máis exitoso dos Xogos foi o atleta estadounidense de orixe afroamericano, Jesse Owens, un home de color que conseguiu catro medallas de ouro, humillando así ós nazis, e sobre todo a Hitler, no seu propio país. De gran axuda foron para o seu éxito, os consellos recibidos diante dun Hitler enfurecido, por parte do seu rival alemá Luz Long. O éxito de Owens non se quedou só nas medallas que conseguiu nin nos récords que bateu, senón que supuxo un recoñecemento da raza negra, nun momento da historia no que era considerada unha raza inferior. O seu éxito foi á vez, o éxito de todos aquelas persoas que estaban sendo marxinadas polos alemáns.

Jesse Owens

Entrega de medallas, primeiro posto para Owens e segundo para Long.

Imaxes sacadas de Wikipedia. LUCÍA LÓPEZ TRASHORRAS


A superioridade do humanismo.