Page 1

EXPERIENCIAS DIDÁCTICAS

Curso 2017-18


AS EXPERIENCIAS

Déixanos contarche a través do teatro xaponés como vivían os\as nenos\as de fai 6000 anos.

Queres saber a través dun vídeo porque temos cores de pel distintas?

Queres coñecer como era a vida dun soldado romano?

As vivencias dunha persoa son as que realmente configuran a súa personalidade, e iso é o que Tictura ofrece: experiencias que significan algo para os/as nenos/as e que lles axudan a comprender o porqué das cousas.

EXPERIENCIAS DIDÁCTICAS PARA COLEXIOS Ofrecemos tres tipos de Experiencias Didácticas que inclúen varios ou todos os seguintes elementos: acceso a materiais dixitais en rede, actividades participativas, obradoiros experimentais, expedicións arqueolóxicas e actividades entre centros.

En que consisten? Tratase de paquetes educativos que combinan a ensinanza de contidos curriculares centrados nas Ciencias Sociais, contidos transversais, xunto con actividades como obradoiros ou excursións, co fin de ofrecer unha educación integral ao alumno. Estas experiencias están pensadas para desfrutar ao longo de todo o curso académico e mesturan o traballo na aula

con actividades monitorizadas e actividades ao aire libre.

Como o facemos? Utilizamos unha disciplina motivadora e moi atractiva para os\as nenos\as: a arqueoloxía, e abordamos a través da Prehistoria e da

Historia outras temáticas que non asociarían con estas materias. Deste xeito creamos curiosidade, motivación e interese nos\as nenos/as. Ademais misturámolo tanto coas novas tecnoloxías como con formas clásicas de aprendizaxe (como por exemplo, o teatro xaponés kamishibai).


Cales son os beneficios para os\as nenos\as? Sen case darse conta e dun xeito divertido, os rapaces e rapazas adquiren coñecementos académicos, ao tempo que: ๏

Desenvolven a súa capacidade para razoar, para aprender a aprender e entender conceptos abstractos.

Reflexionan e adquiren valores de vida (como a amizade, o perdón, a responsabilidade, a igualdade...).

Traballan a empatía a través da comprensión de experiencias alleas, á vez que aprenden a coñecerse e respectarse a si mesmos.

Coñecen distintas realidades culturais e sociais, aprendendo a valoralas.

Toman conciencia do valor da súa propia cultura, achegándose a ela a través de diversas manifestacións culturais: música, tradición oral, patrimonio arqueolóxico, oficios tradicionais, patrimonio etnográfico, etc.

Aprenden a traballar en equipo e de xeito cooperativo, nun mundo onde a competencia co compañeiro semella ser a máxima.

Potencian a súa creatividade e imaxinación.

Traballan a motricidade a través das actividades manuais.

Traballan as súas habilidades espaciais e descobren a temporalidade.

Familiarízanse co emprego das novas tecnoloxías.

Aprender a aprender motricidade temporalidade

cooperar respectar

crear


Cales son os beneficios para o centro educativo? As experiencias didácticas son un apoio á labor do profesorado. Adáptanse ós obxectivos curriculares de cada ciclo e foron deseñados conforme o grao de desenvolvemento e as necesidades de cada grupo de idade. Asemade, tódalas actividades están guiadas por monitores expertos en didáctica. Por outra banda, as experiencias didácticas melloran as dinámicas de aprendizaxe nos centros, favorecen a implicación dos alumnos e fomentan a interacción con outros centros. Ademais, fronte a outras propostas existentes no mercado, as experiencias didácticas: ๏

Non son actividades illadas senón que permiten unha continuidade ao longo do curso.

Apóianse en coñecementos rigorosos dende un punto de vista científico e actualizados, en tanto Tictura busca sempre o aval de entidades dedicadas á investigación científica.


Todos os contidos son orixinais de Tictura e deseñados específicamente para estas experiencias. Contan co aval científico do Instituto de Ciencias de Patrimonio do CSIC. Están dispoñibles as experiencias didácticas dirixidas a nenas/os de Educación Primaria e

Educación Infantil.

Educación Primaria Subscripción por curso lectivo

EXPERIENCIA AZUL

Materiais educativos dixitais

1 Actividade participativa

1 actividade en rede

300 € 250 €

EXPERIENCIA VERDE

Materiais educativos dixitais

1 obradoiro experimental ou 1

450 €

expedición arqueolóxica ๏

400 €

1 actividade en rede

EXPERIENCIA VERMELLA

Materiais educativos dixitais

1 actividade participativa

1 obradoiro experimental ou 1 expedición arqueolóxica

1 actividade en rede

600 € 550 €


Desde este curso contamos tamén con por proxectos cos máis pequenos.

Mini-Experiencias, elaboradas e orientadas cara ao traballo

Educación infantil Subscripción por curso lectivo

Materiais educativos dixitais

1 Actividade participativa

300 € Ou

250 €*

* 250 € será o prezo dos materiais de Educación Infantil se o colexio colle algunha das experiencias de Educación Primaria.O prezo solto das Mini-experinecias será de 300 €.


Educaciรณn Primaria


Materiais Educativos Dixitais Educación Primaria

Terás acceso a eles durante todo o curso académico a través da plataforma de Aula Cesga. Son de 3 tipos:

Contidos Curriculares (CC) Son aqueles que desenvolven dun xeito ameno e visual (secuencias didácticas) contidos curriculares de Ciencias Sociais de Educación primaria, adaptados ao Plan de Estudos da LOMCE:

O Paleolítico: os primeiros cazadores (secuencia didáctica). O Neolítico: unha nova maneira de vivir (secuencia didáctica). A Idade dos Metais: os primeiros guerreiros (secuencia didáctica). Os pobos colonizadores (secuencia didáctica). Roma e a romanización (secuencia didáctica).

Materiais Complementarios Traballan temáticas relacionadas coa Historia e Prehistoria, que non se tratan en profundidade no currículum, pero que son de interese para os\as nenos\as.

Que pasou cos dinosaurios? (secuencia didáctica). A evolución humana. Descendemos do mono? (secuencia didáctica). Como se construía un túmulo megalítico? (vídeo). Como descubriron a metalurxia? (secuencia didáctica). A vida nun castro (secuencia didáctica). Todos os camiños levan a Roma (secuencia didáctica). Os campamentos romanos: a vida do soldado (secuencia didáctica). Á mesa cos romanos (secuencia didáctica).


Materiais Educativos Dixitais Educación Primaria

Materiais transversais Son materiais cuxo valor principal é que non se vinculan a unha soa disciplina senón que atravesan o currículo na busca dunha educación integral do alumno\a. Abordan desde a historia tres grandes temas: educación para a convivencia, educación para a saúde e educación ambiental.

E ti de que cor tes a pel? (vídeo). Beber leite séntache mal? (video).

Actividades Participativas Educación Primaria

Actividades nas que se aplican metodoloxías que favorecen a participación e interacción dos rapaces. Fixa ti a data que mellor che conveña. Reserva canto antes!

Aprendemos e xogamos A máquina do tempo: Xogo da Ruta da Mámoa.

Máximo 50 nenos\as. A Ruta da Mámoa é un xogo de creación propia basado no tradicional xogo da Oca.

Contacontos Onde está a miña cunca? Máximo 50 nenos\as. En Kamishibai (teatro de papel xaponés), para nenos\as entre 3 - 9 anos, ou contacontos con proxección con canón de vídeo, para nenos\as entre 9 - 12 anos.


Obradoiros Experimentais Educación Primaria

Son actividades dinámicas e interactivas nas que os/as nenos/as experimentan por si mesmos coa axuda dun monitor especializado. Adaptados para todos os cursos de Educación Primaria*.

Obradoiros Os cavernícolas existiron? A vida no Paleolítico. A agricultura, unha profesión con futuro. A vida no Neolítico.

* Os materiais necesarios para os obradoiros son proporcionados por Tictura.

Expedicións Arqueolóxicas Educación Primaria

Trátase de visitas monitorizadas a sitios arqueolóxicos e históricos relevantes, as explicacións articúlanse a través de xogos de competición grupal para estimular aos nenos/as na súa aprendizaxe. Adaptados para todos os cursos de Educación Primaria.

Expedicións* En ruta por... O dolmen de Axeitos e o castro de Baroña. O mundo dos mortos, o mundo dos vivos. En ruta por... O castro de Castrolandín (Cuntis) e Torres de Oeste (Catoira). De castrexos a vikingos, un percorrido por mil anos de historia...

* O aluger do autobús correrá a cargo do Centro Educativo.


Actividade en rede Educación Primaria

Actividades en rede, para fomentar a coopetición (competencia pero con cooperación) entre centros educativos.

Concurso Os colexios subscritos poderán participar durante o curso 2017-18 no concurso: Constrúe un túmulo. Seguindo as pautas do video Como se construía un túmulo megalítico?, os alumnos da aula farán unha maqueta dun enterramento megalítico. Un xurado composto por tres arqueólogos expertos, elixirá a maqueta gañadora. O centro gañador será premiado cun agasallo.


Educaciรณn Infantil


Materiais Educativos Dixitais

Educación Infantil

Terás acceso a eles durante todo o curso académico a través da plataforma de Aula Cesga. Os materiais están deseñados para o traballo por proxectos cos nenos\as. Preséntanse a través de secuencias didácticas acompañadas dunha serie de actividades imprimibles para que traballen os nenos\as. As secuencias didácticas utilizan como fío conductor a Prehistoria e a Historia. Como complemento ás secuencias didácticas, realizarase unha actividade participativa (a elexir entre dúas) cos rapaces\as.

Secuencias didácticas A Casa A auga

Actividades Participativas

Educación Infantil

Actividades nas que se aplican metodoloxías que favorecen a participación e interacción dos rapaces\as. Como traballan os arqueólogos\as. Conversa cuns arqueólogos\as. Onde está a miña cunca? En Kamishibai (teatro de papel xaponés).


COMO ADQUIRIR UNHA EXPERIENCIA DIDÁCTICA? Ás experiencias didácticas accédese por subscrición válida por ano académico. Darémosche acceso á nosa aula virtual, para que poidas manexar os materiais educativos cando precises. Deberás indicarnos as datas nas que queres que levemos a cabo as actividades presenciais. Podes facer un só pago ou dividir este en dúas cotas: o 50% ao facer a subscrición e o 50% ao realizar a actividade, obradoiro ou expedición arqueolóxica. O pago será sempre mediante transferencia bancaria.

Experiencias 2017 18  
Experiencias 2017 18  

Catalógo coa nosa oferta de experiencias didácticas 2017-2018. Inclúen contidos e actividades na aula cheos de creatividade e diversión.

Advertisement