Page 1


Había unha vez no colexio Mestres Goldar unha panda de rapaces do 2º ciclo de Educación Primaria que decidiron organizar unas vacacións a África. Escolleron viaxar a este continente xa que lles gustaba moito investigar, investigar sobre ríos, e os que máis lle chamaban a atención eran os de África.

Aprenderan moito na escola sobre eles, pero a súa curiosidade fíxolles querer saber moitísimo máis sobre todo o relacionado coa auga e co continente africano.

Entroulles moita curiosidade pola gran cantidade de información que recolleron ao longo da investigación. Quedaron abraiados pola historia do Doutor Livingstone


polo que estaban decididos a buscar por tódolos recunchos dos bosques, ríos, cataratas existentes ata atopar ao célebre Doutor. Pero como eran uns rapaces moi curiosos non se conformaban so con encontrar a Livingstone, querían ver por fin as famosas Cataratas Goldar, que tanto lle impresionaran nas fotografías que atoparan nos libros. Coa axuda de pais e mestres organizaron a viaxe, foron a todas as axencias de viaxes da cidade, prepararon festivais para recaudar cartos e despois de varias semanas conseguiron o seu obxectivo. Todo estaba listo para que saíse toda a expedición rumbo a África.

Un autobús saíu da escola un caloroso día de Abril e todas as familias estaba alí para despedir aos seus fillos. Que emoción, por fin comezaba a ansiada viaxe a África!

Despois de horas e horas de viaxe en autobús, tren e canoa chegaron a África moi cansos. Xa era noite polo que decidiron acampar no bosque a descansar ata que se fixese de día. Como eran tan tan valentes non tiñan nada de medo dos animais que por alí habitaban, nin sequera da perigosísima serpe carcabel!


Cando saiu o sol erguéronse e foron ver o río Nilo, a paisaxe… estaban realmente impresionados do que estaban a ver! Despois de comer Cous Cous, unha comida moi típica alí, decidiron ir a explorar un pouco máis o continente. -

Eh… se exploramos esto un pouco?

-

Si! Creo que hai un autobús cerca.

Despois da viaxe en bus chegaron ao destino. -

Que cansancio… -

Aguanta un pouco Alberte, toma pipas para comer e cala a boca!

Empezaron a camiñar e de súpeto exclamou un compañeiro: -

Mirade, mirade! Descubrimos unha catarata!


-

Que ben!- celebraron todos.

-

Ai! Que caio!

-

Alberte, ten cuidado! – dixeron os demais.

-

Baixade, baixade, mirade o que atopei. E alí foron os do segundo ciclo ao completo.

-

Mirade, un pez número, esto…mirade un 5, mirade un 3! Acababan de descubrir unhas cataratas cheas de peixes número, polo que decidiron chamalas “Cataratas Matemáticas”

E así rematou o día e foron durmir. Ao día seguinte espertaron con moita fame, tiñan ganas de almorzar algo típico de alí, pero como non conseguiron atopar nada apetitoso decidiron coller uns paus de madeira para pescar peixes das “Cataratas Matemáticas”


Como na súa cidade estaban acostumados a ir á peixería a mercar o peixe non imaxinaban o difícil que era pescar, polo que tardaron moito e o almorzo convertiuse en merenda. Tras merendar decidiron camiñar en busca de alimentos máis doados de coller. De súpeto atopáronse cun home, a súa cara facíaselles moi moi coñecida, ata que Alberte dixo: -

Boas tardes, e ti non serás o Doutor Livingstone? Ao que o home contestou:

-

Si, supoño.

-

De verdade que eres o famoso Doutor? – preguntaron emocionados os rapaces

-

Supoño…

Os rapaces explicáronlle o motivo da súa viaxe a África. Contáronlle que acababan de descubrir as “Cataratas Matemáticas” pero que non daban atopado as “Cataratas Goldar” polo que estaban un pouco tristes, así que o Doutor Livingston decidiu axudalos.


Reuníunos e explícoulles que el vira nun mapa o lugar onde estaban as “Cataratas Goldar”, para chegar alí tiñan que superar dous difíciles atrancos. O primeiro era que obrigatoriamente deberían pasar por diante da cova onde vivía a meiga Xonalluki e que se os vía, convertiríaos en bonecos de neve. Entón Alberte propuxo que terían que vestirse de escuro, pasar de noite e ir en silencio.

E así o fixeron; pero cando pasaba a última persoa, que era unha das mestras que os acompañaba, tropezou e caeu,

a meiga oíu un golpe, saíu e dixo:

-

Quen anda aí?

Non se oía nin un chío.

O silencio era total.

Despois de rosmar un pouco, volveu meterse dentro da cova. A mestra levantouse e, coxeando, alcanzou ao grupo.


Agora quedáballes enfrontarse a Shishí, a raíña das serpes cascabel, que era moi malvada.

O doutor Livingstone que tamén sabía moito de serpes, díxolles que collesen unha ramiña coas follas molladas, que desprendían un olor velenoso para as serpes; así Shishí quedará durmida varios días, e daríalles tempo de pasar e continuar a súa busca.

Camiñaron e camiñaron, foron collendo as ramas, molláronas no río que por alí pasaba e despedían un cheiro moi penetrante.

Chegaron ao “Val das serpes” e cruzárono sen moito problema. Só levaron un gran susto cando Shishí levantou a súa enorme


cabeza; pero, co cheiro caeu durmida

de novo.

-

Bueno

nen@s – dixo o doutor Livingstone- aquí despídome de vós, xa non me necesitades. -

Moitas grazas por acompañarnos! - Foinos de gran axuda- dixeron os rapaces. Escoitan algo non moi lonxe e seguen o ruído que é da fermosa fervenza “C. G.”.


Conto colectivo elaborado polo alumnado de 3ยบ e 4ยบ curso de Educaciรณn Primaria do CEIP Mestres Goldar no curso 2012/2013.


Ciclo2  
Advertisement