Issuu on Google+

23 de Abril de 2012

DÍA DO LIBRO O día 23 de abril celébrase o "Día do Libro". Con estas actividades descubrirás por que se celebra este día e non outro...

INTRODUCCIÓN

Segue as pistas... e resolverás o enigma. Anímate a investigar! 1. Que propósito ten celebrar o "Día do Libro"? 2. Por que se celebra ese día e non outro? 3. Que escritores morreron ese día? Vamos a investigar agora algo sobre a vida de Cervantes. 4. Escribe o nome completo, lugar, ano de nacemento e morte. 5. Por qué se chamou "El Manco de Lepanto"? 6. Sabes o nome completo da súa obra máis coñecida? 7. A que se dedicaba cando acabou no cárcere? 8. As palabras coas que comeza O Quixote son coñecidas mundialmente, sabes qué palabras son ésas?

TAREFAS

RECURSOS

TAREFA CREATIVA

Agora vamos a averiguar algo máis sobre William Shakespeare 9. Onde e cando naceu? 10. Escribe o nome de tres das súas obras máis famosas. Para atopar as respostas ás preguntas 1-2-3 busca no seguinte enlace Día do libro Para as seguintes respostas busca en Cervantes e Shakespeare http://es.wikipedia.org/wiki/Cervantes http://es.wikipedia.org/wiki/Shakespeare Por último, imitando a esos grandes escritores , ides formar un equipo de catro para escribir entre todos unha historia. Imaxinade que se vai abrir, por primeira vez, unha biblioteca. A historia comenzará cando a noite anterior os libros cobran vida e ... Buscade un título para a historia e presentádea en dous folios doblados pola metade (coma un libro), con portada e ilustracións interiores.

AVALIACIÓN

-De 7 a 10 respostas correctas , un conto imaxinativo e boa presentación: MOI BEN! -De 5 a 7 respostas correctas e un conto con correcta presentación: BEN! -Menos de 5 respostas correctas e un conto mal presentado: SEGURO QUE SABEDES FACELO MELLOR! INTENTADEO DE NOVO!


Día do libro