Issuu on Google+

Revista Escolar do Ceip Balaídos de Vigo _ Ano 32 _ Maio 2013

ALEXANDRE GIL TRUJILLO_3ºA

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Colexio de Educación Infantil e Primaria de “BALAÍDOS”_ VIGO


O ALUMNADO DE SEXTO DIRIXIDO POR BEA, COA COLABORACIÓN SALIENTABLE DE ROGELIO E CARMEN


1.–AQUÍ ESTAMOS UN MAIO MÁIS! _Editorial_ ………………………………….

4

2.–VEDE AS NOSAS COUSIÑAS DE PEQUES _ Educación Infantil_ …………...… 5-10 Despedida de 5 anos……. 11– 13 3.-PERO... CANTO TRABALLAMOS DE SEIS A NOVE ANOS! _1º Ciclo_………………………………………….. _2º Ciclo_…………………………………………..

14-22 23-30

4.– SER MAIORES NO COLE É GUAI! _3º Ciclo_……………………………………….. Despedida de SEXTO…..

31-44 45

5.– NESTE CURSO 2012/2013 TAMÉN O PASAMOS MOI BEN… _Síntese en imaxes_

-3-

46-52


Ola a todas e todos! Un ano máis, dende hai 32 anos, sae á rúa una nova edición da nosa REVISTA BREOGÁN, a revista do Colexio Balaídos. Faino coincidindo co mes da celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013, que, como ben sabedes, se adica neste ano a ROBERTO VIDAL BOLAÑO

50 ANOS DE CELEBRACIÓNS e 51 HOMENAXEADOS! Sí… desde 1963! Nesta revista poderedes atopar traballiños feitos polo alumnado do centro: investigación, pasatempos, composicións literarias (contos, poemas …), debuxos, fotografías, vivenzas, receitas, etc. E tamén poderedes ler: a fermosa carta de despedida das nenas e nenos de 6º; e, por primeira vez, a carta do alumnado de 5 anos de Educación Infantil que rematan a etapa e para o vindeiro curso serán de 1º. A portada é unha mostra do traballo de recreación plástica desenvolto nas aulas arredor da figura da pintora MENCHU LAMAS. Como sería imposible amosar aquí todo o labor desenvolto durante este curso aconsellámosvos que visitedes a nosa web e a galería de fotografías que hai nela.. Amais neste ano sentimos non vos poder entregar una revista por familia pois nos tempos de crise que vivimos non temos orzamento para a súa impresión. Poderedes descargala a toda cor na nosa web e, malia todo, editaremos en papel varias para cada aula e biblioteca. Por iso, se desexades ver a cor outras páxinas da revista, poderedes facelo entrando na web: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipbalaidos/ Descarga a revista e envíallela ás túas amizades e familiares. Pasarano PIPA! Sen máis: agardamos que vos guste e... vémonos no seguinte número. BO VERÁN!

-4-


-5-


-6-


-7-


-8-


-9-


-10-


-11-


-12-


-13-


-14-


1ยบA

-15-


1ยบA -16-


1ยบA -17-


-18-


-19-


-20-


-21-


-22-


3ยบA

-23-


3ยบA

-24-


-25-


-26-


-27-


-28-


NA

PROCURA DUN

TESOURO Autor: Wilson Martins Ilustradores: alumnado de 4º A

Xurxo púxose na pedra a durmir. Xurxo quere un tesouro. Para conseguilo ten que superar cinco probas. 1. Na primeira proba tiña que vencer á serpe na cova . Xurxo entrou na cova e venceuna.

2. A segunda proba tiña que averiguar se o señor que estaba comendo podía inventar cantigas. E Xurxo preguntoulle se podía inventar unha. E ao final conseguiuno coa axuda dos seus amigos dicindo dúas palabras: Pedro e Tesouro. E o señor cantou unha cantiga con esas dúas palabras. 3. A terceira proba tiña que atopar os 3 sentimentos das 4 caras. Xurxo chamou a Sandra para que Sandra chamase ao seu pai porque o pai de Sandra sabe tocar o violin. Xurxo pediu ao pai de Sandra que tocase o violin. E ao final conseguiu atopar os tres sentimentos.

-29-


4. A cuarta proba era que un amigo de Xurxo ti単a que tocar o instrumento que era a zanfona. O amigo ti単a que tocar o instrumento mentres cantaba unha historia, conseguiuno.

5. A quinta proba era que o amigo de Xurxo e Xurxo ti単an que atopar antigas ferramentas. E os dous atop叩ronas. Os dous empuxaron a pedra ata tapar o burato da serpe.

E a Moura saiu da cova convertida nunha muller de verdade.

-30-


-31-


INFORMACIÓN SOBRE O PROXECTO ABALAR O proxecto Abalar é para os cursos de 5º e 6º. Témolo no cole dende 2011. Cada aula conta cun encerado dixital e un portátil por alumno. O encerado dixital é dun metro e setenta centímetros de longo e dun metro e 25 cm de ancho. É táctil e esta situado ao fronte da clase. Os ordenadores son táctiles e pódese xirar a pantalla. Son pequenos, cunha pantalla de 23 cm de ancho e 13 de longo. Hai dous modelos, un gris e branco que é máis ben redondeado, e o branco e azul,que é un modelo máis novo, do mesmo tamaño e máis ben cadrado. Os dous modelos son táctiles e moi funcionais. Para gardar e cargar os ordenadores temos un moble cadrado e con rodas, cun caixón enriba e un módulo de portas abaixo. A min o proxecto Abalar encantoume porque é unha boa forma de que os alumnos vexan de cerca o novo mundo dixital. Non se poden levar a casa, o que as veces molesta, pero é unha gran oportunidade ter o programa abalar en clase e unha forma divertida e fácil de aprender cousas novas e repasar as anteriores.

CRUCIGRAMA Horizontais: 2.-Curso mais baixo que consta do proxecto Abalar. 7.-Nome do proxecto que se centra na informática. 9.-Número de modelos de ordenadores do proxecto Abalar. Verticais: 3.-Cor do moble no que se gardan e cargan os ordenadores 5.-Característica dos ordenadores do proxecto Abalar 6.-Aparato electrónico no que se centra o proxecto Abalar

Marta Comesaña. 5ºB

-32-


Información SOBRE A CONTAMINACIÓN DA AUGA O noso planeta terra tamén recibe o nome do planeta azul. Isto se debe a que se xuntamos toda a terra e toda a auga nunha mesma zona, só unha cuarta parte é terra. A auga é esencial para a vida dos animais e as plantas. Sen embargo de toda a auga que hai na terra, o 93% e de océanos e mares polo que só nos queda un 7% de auga doce. Aínda que é auga, os animais non podemos beber auga salgada. Teríamos mais sede e problemas no organismo. Por iso a auga salgada non é potable. Toda a auga doce esta principalmente... ¡conxelada! Pois si, case toda auga doce está conxelada nos polos. Desa forma so nos queda auga para beber nos ríos e nos lagos. Moitos ríos e lagos están contaminados polo home e iso impide a súa potabilidade. O home conseguíu limpar a auga a coas depuradoras. Pero o nivel da contaminación da auga é tan grande nalgúns sitios que as depuradoras non poden limpar a auga completamente. Por iso as persoas temos que axudar e non malgastar a auga nin contaminala. Información para non malgastar auga nin contaminala • • • • • • •

• Levar os desfeitos a un punto limpo. • O aceite non se tira polo lavabo, recíclao. • Dúchate en vez de bañarte. • Se deixas o grifo goteando derrochas 5.000 litros. • Utiliza o xabón o xusto e necesario pois contamina a auga. • Non regues cando chove. • Pon o aspersor o amencer ou ao atardecer nunca ao mediodía,

cando a auga se evapora. • • Unha pila botón é pequena, pero pode contaminar a unha piscina de auga moi grande. • • O inodoro non é unha papeleira. Se todos colaboramos xuntos reduciremos a contaminación da auga.

CRUCIGRAMA Horizontais: 1.-Forma na que está a mayoría da auga doce. 6.-Porcentaxe de auga doce na Terra. 8.-Auga que non é salgada. 9.-Corrente continua de auga Verticais: 6.-Xunto co amencer, parte do día mellor para regar. 8.-Número de cuartas partes que ocupa a auga na Terra.

-33-


COMENTAMOS AS NOSAS LECTURAS O curioso incidente do can á medionoite Mark Haddon naceu en Northampton ,Inglaterra , no 1.963. Ilustrador , pintor , poeta e profesor de escritura creativa , é autor de 15 libros para nenos e do libro “ O curioso incidente do can á medianoite”. “O curioso incidente do can á medianoite” é unha obra orixinal que chega á talla do libro “Oliver Twist”. A min chamoume moito a atención o comportamento do protagonista que é Christopher Boone. Christopher Boone é un neno de 15 anos que se sabe todos os países do mundo e as súas capitais, todos os números primos ata o 7507 , pero nunca entendeu as expresións humanas e tampouco lle gusta que lle toquen. A súa vida era tranquila , ata que se atopou ao can da señora Shears morto ( Wellintong ). Dende ese día xurou que ía atopar ao culpable. Encantoume este libro. É divertido e interesante. Karen Juliana Quinche Burgos. 5ºB Toca poutra vez Mozart. Gerónimo Stilton Gustoume moito porque é de aventura e misterio ao tempo. Jerónimo e a súa familia viaxan polo tempo nesta aventura para frear aos malvados Gatos Piratas e conseguir recuperar as partituras de Mozart. Para iso o Profesor Voltio inventou un portal; nel poderán viaxar polo tempo. Nesta aventura haberá: misterio, roubo, risas, moitas sardiñas e música. Birhan Fernández Fernández. 5ºB

Matilda Matilda era unha nena moi lista de 5 anos .Non ía ao colexio porque aos seus pais,lles parecía unha tontería gastarse o diñeiro nel, aínda que Matilda quería ir. Matilda sabía moito porque aprendeu ela soa nunha biblioteca. Ela ía cada día e lía uns libros moi gordos: enciclopedias, libros de historia, etc. Cada dia,Matilda levaba un libro novo da biblioteca, aínda que ao seu pai non lle gustaba. Ao fin un dia Matilda conseguíu que os seus pais a apuntasen a un colexio. A directora, a señorita Truchbull, trataba moi mal aos nenos, aínda que a verdadeira profesora de Matilda era moi boa e se chamaba señorita Honey. Matilda fíxose moi amiga da señorita Honey, que era sobriña da directora Truchbull. A señorita Honey e Matilda conseguiron asustalar á directora, que liscou da casa deixando ao mando á señorita Honey. Entón Matilda quedouse a vivir coa señorita Honey . Braulio Vilches Meniño. 5ºB

-34-


COMIC: Os superhéroes Bala e Idos _Nerea Campos. 5ºB_

-35-


COMIC: O barrio malo Daniel Gonzรกlez Varela 5ยบB

-36-


O primeiro día de vacacións Un día, as dúas mellores amigas foron á praia da Sirenita . Cando se meteron na auga, de súpeto, viron un peixe de cores que lles dixo : -Tedes que ir ao fondo do mar para salvar o Océano. -Quen eres?E como baixaremos se non temos tanto osíxeno?-preguntaron a coro Rebeca e Andrea. -E ademais,por que nós?-preguntou Rebeca estrañada. -Porque tedes unha gran amistade e así creo que podedes conseguilo.Ah, son sardiniña!-Dixo ilusuionado o peixe. -Apuntámonos!-Dixeron a coro. -Ben.Para que non vos quededes sen osíxeno vouvos converter en sireniñas. Dacordo?-dixo a sardiniña moi contenta. -Dacordo-dixeron as dúas. -A que esperamos?-dixo alegre Andrea. Despois de se converter en sireniñas, Rebeca preguntoulle: -Pero derrotar,a quen? -Para derrotar ao Mago da Perla Negra-explicou o peixe. -¿E quen é ise?-Preguntou Rebeca con cara de susto. -É o mago máis malo do Océano, quere matar a tódolos que lle caian mal e algúns convérteos en criaturas feísimas que fan espanta-la xente.-dixo o peixe. -Debe de ser malísimo-aclarou Andrea. -Xa chegamos-alegrouse o peixe. -¿A onde?-preguntaron as sireniñas. -Xa chegamos ao Océano -dixo o peixe sinalando. -Vale,pero agora,como o derrotamos?-Preguntou Andrea. -Él non é poderoso,só é un debilucho-dixo o peixe con cara enfadada. -Pero entón,como lle fai ese mal a xente?-preguntou Rebeca con curiosidade. -iso pode facelo- respondeu o peixe. -Pois non é poderoso.Só lle da poderes o anel que leva posto, o anel da perla negra-explicou o peixe. -Xa sei o que podemos facer-aclarou Rebeca pensativa. -O que?-preguntou Andrea. -O que imos facer é o seguinte:ti, Andrea,e ti, peixiño,ides distrae-lo Mago mentres eu lle quito o anel-explicou Rebeca. -Vale,pero,que pasa se te pilla?-Preguntou Andrea asustada. -Se colledes o anel podedes destruilo e supoño que así abrirase a gaiola,ou onde me meta,e poderei saír. -É moi perigoso-dixo Andrea. -Xa o sei, pero temos que salva-lo Océano veña -dixo Rebeca un pouquiño asustada. Por sorte Rebeca e Andrea conseguiron quitarlle o anel, e o mago morreu. Todo volveu a ser coma antes.Rebeca e Andrea volveron as súas casas. Rebeca y Andrea 5ºA

-37-


-38-


A NOSA VIAXE Á CORUÑA POR 6ºB

-39-


Ao chegar fomos ao acuario, onde vimos peixes, cabaliños e estrelas de mar,morenas, quenllas…

Logo, achegámonos onde as focas e os leóns mariños, e alí nos explicaron que estes se diferencian en que as focas non teñen orellas e os leóns mariños, si.

Gustáronos especialmente os peixes tropicais.

-40-


A continuación visitamos A Casa das Ciencias. Alí había moitas cousas educativas e entretidas como: unha bola xigante do mundo, unha polea sumerxida en auga xabronosa, da que tirabas e facías pompas dun tamaño xigantesco, un tubo do que saía aire a presión e mantiña así unha pelota flotando no aire...

Nada máis acabar de almorzar fomos ó Domus. Cando entramos atopámonos cun reloxo xigante oscilante que consistía nun péndulo que a cada minuto ía golpeando unhas variñas e estas ían caendo.Uns metros máis adiante, había unha incubadura de pitiños e todos nos apelotonámos para velos.

O Domus é o museo

do ser humano e, como ben indica o seu nome, aprendemos cousas sobre as persoas.

-41-


Neste museo pasámolo moi ben e experimentamos coas novas tecnoloxías

Despois do Domus, dirixímonos á torre de Hércules. Subimos e subimos escaleiras ata chegar enriba de todo. Alí fixémonos fotos e

Despois merendamos e subímonos ao autobús.

-42-


Engurras é un filme de animación galego que foi estreado por primeira vez o 19 de setembro de 2011 no Festival de Cine de San Sebastián, baseado no álbum de banda deseñada Arrugas, de Paco Roca.Engurras foi a película escollida parao 3ºciclo dentro da actividade de cine en galego. SINOPSE DA PELÍCULA E OPINIÓN DA MESMA POR ANDREA FERNÁNDEZ HERMIDA _____________________________________________________________________

Engurras é unha película inspirada nos vellos. A película fala dunha residencia. Empeza cunha familia que ten que coidar ao avó.Un día ,as súas perdas de memoria fánselle unha carga tan grande,que o madan a unha residencia.Alí coñece a Miguel , o seu compañeiro de cuarto,a Antonia unha vella da residencia e a unha parelliña de anciáns , na que o marido ten alzheimer. Un día , Emilio enterouse de que lle empezaba a fallar a memoria e tivo a impresión de que tiña alzheimer e non quería aceptalo.Ao cabo dun tempo Miguel , Antonia e Emilio quixeron facer unha escapada en coche e tiveron un accidente .O proceso da perda de memoria acelerouse . O seu compañeiro Miguel empezou a coidalo e a preocuparse por él . A mín a película gustoume porque é moi humana e penso que che fai pensar e respetar aos maiores,anque se repitan.Faite pensar que tí, nalgún momento , tamén quererás que te den cariño.E se algún día se van para sempre, sentarache ben que o ultimo que vos dixestes sexa bo. -43-


PERO…..QUE SABEMOS DO ALZHEIMER? Mal de Alzheimer A demencia é unha perda da función cerebral que se presenta con certas enfermidades. O mal de Alzheimer é unha forma de demencia que gradualmente empeora co tempo e afecta a memoria, o pensamento e o comportamento.

Causas Vostede é máis propenso a padecer o mal de Alzheimer se: . É maior. Non obstante, sufrir esta enfermidade non é parte do envellecemento normal. . Ter un parente consanguíneo próximo, como un irmán, irmá ou pai coa enfermidade. . Ter certos xenes ligados ao mal de Alzheimer. Existen dous tipos do mal de Alzheimer: . No mal de Alzheimer de aparición temprá, os síntomas aparecen primeiro antes dos 60 anos i é moito menos común ca o de aparición tardía; non obstante, tende a empeorar rapidamente. A enfermidade de aparición temprá pode ser hereditaria e xa se identificaron varios xenes. . O mal de Alzheimer de aparición tardía, a forma máis común da enfermidade, preséntase en persoas de 60 anos en diante. Pode ser hereditario, pero o papel dos xenes é menos claro.

Síntomas Os síntomas de demencia abranguen dificultade con moitas áreas da función mental, entre elas: . O comportamento emocional ou a personalidade . A linguaxe . A memoria . A percepción . O pensamento e o xuízo (habilidades cognitivas) A demencia aparece primeiro xeralmente como esquecemento.

Tratamento Non existe cura para a enfermidade de Alzheimer. Os obxectivos do tratamento son: . Diminuír o progreso da enfermidade (aínda que isto é difícil de facer). . Manexar os síntomas como problemas de comportamento, confusión e problemas do sono. . Modificar o ambiente do fogar para que vostede poida desempeñar mellor as actividades diarias. . Apoiar os membros da familia e outros coidadores.

6ºA -44-


Pensar que estamos dende os tres anos aquí...fai difícil a despedida. Os anos neste cole foron moi especiais e agora que nos imos ao instituto, sentimos que unha parte de nós quedará neste colexio. Nunca esqueceremos aos profesores que nos ensinaron moitas cousas: a ler, estudar e sobre todo a ser boas persoas. Tampouco esqueceremos os momentos divertidos: As festas, o teatro, e un montón de actividades…. E outros que non foron tan divertidos: os exames, os deberes….. En xeral, foron anos moi bos nos que fixemos moitas amizades. Así que decímoslle adeus ao CEIP Balaídos con moita pena e tamén nos despedímos de tod@s os nen@s deste cole dicíndolles que axiña volveremos visitalos. En fin, sentimentos e emocións, tristezas e alegrías, amizades,, ilusións, experiencias vividas, aprendizaxes…. momentos inesquecibles, momentos felices que vivimos aí. Non nos imos baleiros senón cheos de sabedoría, afecto, amizade, recordos… Aí pasamos a nosa mellor infancia. Grazas profes! Adeus Balaídos, nunca te esqueceremos!. Sempre te levaremos no noso corazón! Adeus Balaídos! Que tempos vividos! A nosa segunda familia! Adeus Balaídos! Sempre quedará aí unha parte de nós!

-45-


-46-


-47-


-48-


-49-


-50-


I AL C GO MA

R MI

CO

N CO A NT

O

S ÑO I R GA A M

R AR C A AN _ S TO

V

RA EI

L EA R ON M A ET L IO

XO N A

E Z. E GL GER A LL TAE A OL RK MA N FU

CI DA

ÓN

RE U MO

VI E D



Montaxe revista 2013