Issuu on Google+

A festa

do Magosto


O Magosto en Galicia

No mes de novembro, rendémoslle culto á castaña: é o Magosto.


Por que se chama Magosto?

A) Uns coidan que vén do latín "magus ustus" algo así co significado "gran fogueira" B) Outros pensan que "Magosto" deriva do latín "magro" coa equivalencia de grande, con algo de "magus", máxico ou feiticeiro.....


A orixe do Magosto É unha festividade relacionada co culto á fecundidade; de aí a súa relación directa co lume, representando ó sol, deus fecundador da terra. Trátase tamén dunha comida comunitaria e ritual que reforza os vencellos comunitarios do mundo rural, galego; ten un carácter alegre e de acción de grazas polos froitos recolleitos, así coma de homenaxe ós castiñeiros e ás castañas.


A orixe do Magosto Asóciase ós santos e defuntos, por iso se festexa o 1 de novembro, por ser unha comida que simboliza a morte do ciclo solar anual. Segundo crenzas antigas a castaña era como un símbolo da ánima dos defuntos.Tradicionalmente outono, castaña e defuntos aparecen asociados na festa dos magostos. Enténdese que cada castaña comida é unha alma liberada do purgatorio. Dise tamén que despois da festa as almas viñan a quentarse nas brasas das fogueiras, polo que cumpría deixar algo de castañas para a parroquia dos mortos.


A orixe do Magosto

Murguía consideraba a festa do magosto coma un banquete funerario no que a castaña e o viño simbolizarían a morte e a vida. Hoxe en día fanse na eira da casa, nas adegas, nas lareiras das cociñas, pero segue a tradición de facelas no monte ou nun escampado no que o lume non poida facer mal.


Os elementos bĂĄsicos do Magosto

A castaĂąa: elemento bĂĄsico


Os elementos bรกsicos do Magosto

O lume: purificador


Os elementos bĂĄsicos do Magosto

O viĂąo: o sangue da terra


O Magosto noutros lugares Asturias : Amagüestu Acompáñanse as castañas con sidra doce. Báilase a “Danza Prima”.Na festa de Tódolos Santos, celébrase o magüestu de Difuntos. Ao acabar, tiran as castañas que sobran ao chan e din: “¡Esto ye pa que xinten los difuntos!” (en galego, “Isto é para que coman os difuntos!”)


O Magosto noutros lugares Cantabria: magosta A celebración acompáñase con música tradicional baixo o son do “pitu e tambor” e cancións montañesas. En Sanabria, a tradición consiste na recollida das castañas organizando reunións familiares o día de Todos os Santos, e despois estas cómense asadas con mel ou cocidas con leite. Acompáñase con jotas, corridos e agarrados de tambor e pandeiro.


O Magosto noutros lugares País Vasco: gaztainerre As castañas céanse e acompáñanse con caracois e morokil (masa feita a base de fariña de millo).


O Magosto noutros lugares Cataluña e Aragón: castanyada Acompáñanse as castañas con panellets, boniatos e froita confitada, incluso castañas confitadas. A bebida típica desta festa é o moscatel. A costume de comer estos alimentos altamente enerxéticos provén de que a noite de Todos os Santos tocábase aos mortos sen cesar ata o amencer, e os campaneiros consumian as castañas para non desfalecer.


O Magosto noutros lugares Extremadura: ChaquetĂ­a Na que se consumen froitos do tempo como figos pasos, noces, bellotas, castaĂąas, dulce de membrillo, etc... En moitos pobos, os rapaces saen a pedir isos produtos de casa en casa.


O Magosto noutros lugares Portugal: magusto Nesta festa a xente faise chanzas, mรกnchanse coas cinzas e cantan cantigas.


Traballo feito polo alumnado de Antropoloxía 1º BACH, curso 2013-14 Aurelio, Cristian, David, Alex, Samuel, Kelly, Sergio, Alberto, Ainoa Música de Milladoiro: “Carballesas”


Magosto Antropoloxía