Issuu on Google+

Ano V. Boletín nº 51

Depósito legal: C 2766-2006

MARZO: UN MES DE ACTIVIDADES… CONCURSOS

OPEN MATEMÁTICO: 10 DE MARZO No IES Elviña (A Coruña), celebrouse a 7ª e derradeira xornada do Open Matemático 2011 no que participaban os alumnos de: Estalmat Galicia IES Elviña IES Monelos IES Mugardos

e aínda o que queda! DÍA

DE RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS

Marzo, 2011

Π:

14

DE MARZO

(3/14)

Unha idea do físico Larry Shaw, xa que como sabedes nos países de fala inglesa, as datas escrébense: ano/mes/día e polo tanto o 14 de marzo será: 3/14 (o número π). Os europeos continentais temos que conformarnos con este día, xa que, de momento, non hai 31 de abril. Ademais, casualmente, o 14 de marzo é o día de nacemento de Albert Einstein, que xa é unha data importante. Unha morea de actividades espéranche no blogue, coma: Are you in π?, para comprobar se a túa data de nacemento atópase entre as infinitas cifras de π. E outras que traballamos na aula coma: •

CANGURO MATEMÁTICO: 17 DE MARZO Celebrouse no IES Monelos , unha das dúas sedes que hai na cidade da Coruña.

• •

Método de Montecarlo para calcular π. Agulla de Buffon. Problema do paseo aleatorio (movemento dun borracho).

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 8 de marzo

RALLYE MATEMÁTICO SEN FRONTEIRAS 21 DE MARZO Participaron dous grupos de 3º ESO do IES Monelos. TODA A INFORMACIÓN E PROBLEMAS PROPOSTOS NO BLOGUE

www.tetractismonelos.blogspot.com

1000

GROUS PARA O

POBO XAPONÉS

24

DE MARZO páxina 4


ETIMOLOXÍA DOS TERMOS MATEMÁTICOS A etimoloxía é o estudo da procedencia das palabras. Os termos matemáticos acostuman esconder historias apasionantes repletas de confusión e sabedoría. Estas historias son as que imos ver aquí. Empecemos polo termo matemáticas: A palabra matemáticas ven do grego antigo máthēma, que quere dicir «campo de estudo o instrución». O significado contraponse a musiké «o que se pode entender sen ser instruído», que refire a poesía, retórica e campos similares, mentres que máthēma refírese ás áreas do coñecemento que só poden entenderse tras ser instruído nas mesmas (astronomía, aritmética). Anque o termo xa era usado polos pitagóricos no século VI a. C., alcanzou o seu significado mais técnico e reducido de "estudo matemático" nos tempos de Aristóteles (século IV a. C.). Agora con outras palabras que teñen que ver co campo das matemáticas: ABCISA: Do latín abscissa, 'cortada'. En latín dicíase abscissa linea, 'a liña cortada', para referirse ao que hoxe chamamos 'eixe das abscisas', é dicir, o eixe respecto do cal se mide, nos sistemas de referencia cartesianos, a coordenada horizontal, que se quedou por iso co nome de abscisa. ORDENADA: En latín dicíase ordinātae linĕae para referirse ás liñas paralelas. Dado que para obter a coordenada vertical dun punto nos sistemas de referencia cartesianos trázase unha paralela ao eixe horizontal, a dita coordenada vertical se lle acabou chamando ordenada. CARTESIANO: De Cartesius, nome latino de Descartes. Aplícase, entre outras cousas, ás coordenadas e sistemas de referencia rectangulares, aínda que non fosen exactamente así os usados por Descartes. CATETO: Do latín cathĕtus, e este do grego κάθετος, 'perpendicular'. O interesante é que este termo grego para perpendicular ven de κάθίημι, que significa 'deixar caer'. É dicir, que o criterio de perpendicularidade dao a dirección da gravidade respecto do chan. HIPOTENUSA: Do latín hypotenūsa, e este do grego ύποτείνουσα, de ύποτείνειν, ‘estirar fortemente’. Vamos, que a hipotenusa é a corda tensada que une os extremos libres dos catetos. CÁLCULO: Do latín calculŭs, 'seixo', 'croio', como as que se usaban para contar o para realizar operacións con ábacos. CONTAR/ CONTA: Contar ven do latín computare, do que provén tamén o cultismo computar. ÁLXEBRA: Foi tan famoso o libro Kitab al-jabr wa al-muqabalah, a obra mais importante do matemático árabe Al-Khowarizmi, que parte de seu título deu nome a toda unha disciplina matemática: a álxebra. Al-jabr quere dicir algo así como 'restitución', que é o que se intenta facer cando se resolve unha ecuación, restituír o valor da incógnita. Do nome, Al-Khowarizmi, deriva o termo ALGORITMO: conxunto ordenado e finito de operacións que permiten achar a solución dun problema. AZAR: Esta palabra soa dun modo moi parecido a azahar, 'flor do naranxo'. Non é casualidade, porque ambas proveñen da mesma palabra árabe, zahr, ''flor', pola flor que os árabes pintaban nunha das caras dos seus dados. CERO E CIFRA: A palabra cifra provén do árabe sifr, 'baleiro', 'cero'. Primeiro serviu para designar ao cero, pero despois pasou a utilizarse para o resto dos díxitos numéricos. ¿Qué fixemos entón para nomear ao cero? Pois tomamos do italiano a palabra cero, curiosamente do mesmo orixe árabe sifr, pero neste caso evolucionada a partir do latín zephўrum. EXPOÑENTE: Da preposición latina "ex" que significa fora, e do verbo "ponere" que significa poñer ou colocar. Polo tanto, poñer fora. FRACCIÓN: Do latín fractio, nis, derivada de frango, quebrar, facer anacos; é dicir, cousa rota, quebrada.

Tetractis 51

2

Marzo, 2011


FUNCIÓN: Do latín functio, 'cumprimento, execución de algo', derivado de fungi, 'cumprir'. A idea parece clara: unha función é algo que cumpre cun cometido, e se pensamos en magnitudes, algo que actúa sobre unhas para transformalas noutras. Hoxe prefírese pensar nas funcións como regras de relación entre conxuntos. GRAOS, MINUTOS E SEGUNDOS: Do latín gradus, que significa 'paso, marcha, chanzo'. O que resulta mais curioso é a orixe das súas subdivisións, os minutos e os segundos. Resulta que Ptolomeo, levado pola superioridade do sistema de numeración sexaxesimal babilónico, dividiu os grados en sesenta primeiras partes menores e cada unha destas en sesenta segundas partes menores. Os tradutores latinos da obra de Ptolomeo chamáronas, respectivamente, partes minutae primae e partes minutae secundae. O tempo e a pereza farían que nos quedásemos soamente con minutae e secundae, é dicir, 'minutos' e 'segundos', anque na orixe só significasen 'menor' e 'segunda'. LOGARITMO: O termo logaritmo inventouno o matemático escocés John Napier a partir dos termos gregos lógos (razón) e arithmós (número) para designar á correspondencia que descubrira entre os termos dunha progresión aritmética e outra xeométrica. Ao principio chamounos “números artificiais”, pero despois cambiou de opinión. Ao logaritmo que ten por base o número e chámase , na súa honra, neperiano. SIMETRÍA: Do grego συμμετρία, a través do latín, chegounos esta palabra que xa tiña o significado co cal a usamos nós. Ven de syn, 'á vez', 'conxuntamente, e metron, 'medida', como en xeometría. VÉRTICE: Do latín vertex, 'vértice', de verto, 'volver', porque, segundo Felipe Picatoste e Rodríguez 'desde o vértice volven todas as líñas'. LIÑA: Provén do latín līnĕa, que quería dicir 'fío de liño', derivado de līnum, 'liño'. Os gregos dicían λίνον para indicar 'liño' ou 'cousa feita de liño' ou directamente 'fío'. POLÍGONO: Do grego πολιγωνος (poli e gonos) que significa moitos ou varios ángulos. PRIMO: Referido aos números que só teñen dous divisores. Ven do grego πρωτος que significa primeiro, e alude á propiedade, coñecida como teorema fundamental da aritmética, que ten todo número de obterse como produto de números "primeiros"; es dicir, os "primeiros" son os que "producen" todos os outros. SENO: Esta palabra xurdiu dunha tradución equivocada. Os hindús utilizaron a palabra "jiva" para designar á semicorda que hoxe coñecemos como seno. Os árabes adoptaron para este concepto a palabra "jiba". Cando Roberto de Chester traduxo unha obra do árabe atopouse coa palabra técnica "jiba", descoñecida para el, e a confundiu coa palabra "jaib" que significa baía. Así que "jiba" foi traducida pola palabra latina "sinus" que significa curva oca ou baía. COSENO: foi creado por E. Gunter, e deriva das relacións entre as funcións trigonométricas de ángulos complementarios. Coseno provén da abreviatura latina da expresión “complementi sinus” que quere dicir seno do complemento. Logo abreviouse “co sinus”, de onde xorde coseno. TANXENTE: significa “que toca á líña”. COTANXENTE: vale unha explicación similar á dada para o coseno. Neste caso sería tanxente do complemento ou “co tanxente”. XEOMETRÍA: Provén do grego γεωμετρία, e está composta de xeo-, terra, e metron, medida, co que literalmente quere dicir 'medida da terra', é dicir, 'agrimensura', o cal nos indica un das orixes desta rama da matemática. SECANTE: “que corta a líña”. Provén do verbo latino “secare” que significa cortar. COSECANTE: igual cas anteriores, significa “secante do complemento”. Cristina Martín González, 1º Bach. B Tetractis 51

3

Marzo, 2011


1000

GROUS PARA O POBO XAPONÉS

O xoves, 24 de marzo, celebramos esta actividade Os mil grous de origami (papiroflexia) son un conxunto de co obxectivo de solidarizarnos co pobo xaponés mil grous de papel unidos por cordas. Unha antiga lenda ante o cúmulo de desgrazas que están a padecer. xaponesa promete que calquera que faga mil grous de papel recibirá un desexo por parte dun grou, tal como unha longa A profesora, Alicia Pedreira, elaborou o cartel e vida ou a recuperación dunha enfermidade. xunto cos alumnos da súa titoría, que por un día fixeron de monitores, ensinaron aos demais alum- Os mil grous de origami converteuse nun símbolo de paz, nos como se fan os grous. debido á historia de Sadako Sasaki, unha pequena xaponesa que desexou curar da súa enfermidade (leucemia) producida Así que, pouco a pouco, fóronse completando máis pola la radiación dunha bomba atómica. A dramática historia de 50 tiras de 20 grous, que se colgaron ven dun libro chamado Sadako e os mil grous de papel. no distribuidor do noso centro.

Tetractis 51

4

Marzo, 2011


Tetractis51