Issuu on Google+

IV Feira Matemática A Coruña Manuel Pazos Crespo Comité Organizador

e v e n t o s

Sábado, 15 de maio de 2010

Esperto. A claridade entra no cuarto pola porta que quedou entreaberta. Salto da cama e miro o reloxo. Xa son as oito!!! O corpo con traballo vai collendo o ritmo normal de actividade… Hoxe hai feira no Pazo da Ópera da Coruña: A Feira das Matemáticas!

Levanto a cabeza e vexo que, na escalinata do Pazo, hai xente nova e outra non tan nova. A medida que me acerco con catro ou cinco bolsas nas más observo que alguén abre as portas de entrada. Seguro que son Kasia e Suso, traballadores do Concello na instalación, persoas eficientes e encantadoras.

CHEGADA DOS EQUIPOS. FASE DE QUECEMENTO

9h 25 min Aparco o coche na zona azul e póñolle un recibo co máximo permitido, dúas horas, até as doce. Penso que nalgún momento haberá que ver se hai algunha relación entre os tramos horarios e os cartos que cobran por cada un nos parquímetros.

O xoves pola tarde comezaron a montarse os stands coas cadeiras, as mesas, os paneis de poliuretano, as exposicións, as fotos do concurso, a secretaría… e o persoal do Pazo sempre estivo atento a calquera petición que se lle facía. Que importantes somos todos cando queremos que as cousas saian ben! Cando ía alcanzar a porta pola que acababan de desaparecer Isabel, Gonzalo, Enrique, Cristina e Sandra, atópome coa nai dunha ex alumna participante na Feira; o seu fillo pequeno tamén quere participar pero non está en ningún grupo. Como non se pode desperdiciar un talento, e moito menos se é traballador, nomeeino naquel mesmo intre “adjunto”… e case non se despegou de min en todo o día. Ben, a dicir verdade, algo despegouse porque tivo tempo de ir polos stands e facerse con uns trinta agapemos, a base de resolver actividades. Con eles mercou unha ClassPad 330, de Casio… Son as vantaxes de ir á Feira.

31


9 h 40 min A miña sombra, Carlos, e máis eu dedicámonos a prestarlle axuda a quen a precisa: cinta adhesiva, tesoiras… Chega, desde Mugardos, Covadonga e a súa troupe… trae dezasete alumnos de idades diversas. Viñeron nun autobús… Os de Ordes, Colexio Castelao, con María á cabeza non quixeron ser menos e tamén viñeron nun autocar con outro montón de nenos e nenas e chegaron tamén axiña… Un pouco antes chegaran Zacarías con unha pila de alumnos do IES As Mariñas de Betanzos, Paco Crespo e Juan coa xente dos Xesuítas e tamén Santiago López Arca, do IES R. Otero Pedrayo con persoal para catro stands…

Escuela tiñan montado o seu escenario, as Calasancias con Dori e Catuxa realizaban estiramentos matemáticos no seu stand, Eduardo Dopico despregaba as súas pezas ao máximo dando a impresión que non tiña intención de enrocarse… Ernesto e José Manuel, co grupo de alumnos que traían dos Franciscanos, ultimaban os seu preparativos, Luditarde non se quedaba atrás e Víctor Pollán non so atendía o stand de ESTALMAT senón que se encargaba de manter viva a estupenda presentación que sobre formación de calendarios nos facilitou o Reitor da UDC José Mª Barja. 10 h 10 min Mentres, os alumnos da Facultade de CC da Educación encargáronse do stand de materiais didácticos amablemente cedidos por Proxecto Sur. Dado que hai materiais moi variados, e para unha mellor orientación do stand, axudámoslles a presentar algúns deles de modo que resultasen máis espectaculares, vistosos e eficaces: os dominós didácticos coas súas características para que non aburran ao alumnado, o tangram para facer actividades vistosas, o metro cúbico desmontable, as demostracións dinámicas do Teorema de Pitágoras, as pistas de álxebra ou o mundo das construcións poliédricas con variñas e vértices de distintas ordes… 10 h 40 min Xa case todo está preparado para que se abran as portas e comece o espectáculo:

9 h 45 min Xa antes do chifro inicial a Feira comeza a poñerse interesante… Entra Chelo cos seus discípulos do IES Terra de Trasancos de Ị arón… e comézanse a achicar os espazos: Chelo ensancha o campo para despregar as actividades que traen preparadas e aproveitase do stand dunha baixa de última hora… Covadonga cos de Mugardos reclama máis amplitude… pero choca con Ernesto e os do Cubo de Rubik que protexen as vitrinas dos seus trofeos cunha poboada defensa. Despois de queixarse ao trencilla desprega a súa actividade pola dereita en terreos de Estalmat.

Ao entrar está a Secretaría onde Sandra e Cris traballan a tope coas alumnas (tamén hai algún alumno…) da Facultade de CC da Educación para montar a tenda de Agapemos, organizar as bolsas para cada stand con camisetas, agapemos, publicidade, etc.

9 h 55 min Ị o stand de Tráfico Isabel Miguélez suda para que funcione o videoproxector… Coa súa tenacidade e a axuda de Zacarías consigue que o aparato cumpra a súa función. Sempre acompañado de Carlos visitamos o stand do IES Eusebio da Guarda. Ị el cinco ou seis ex alumnos de Coque presentan unha pequena colección de problemas e algo de matemaxia. Tratamos de orientalos e de facilitarlles axuda para a preparación do stand. Entran os do IES Maximino Romero de Lema, de Baio. Veñen cargadiños de material todos e con Luchy á fronte.

32

10 h 00 min Ị algún momento que non podemos sinalar o Pazo quedou practicamente cheo porque a Secretaría estaba funcionando a tope co alumnado da Facultade de CC da Educación, os do obradoiro de Prensa e Escola de La Voz en la

Chega a auga e tamén os bocatas quentiños para a hora da comida… Toda a intendencia é responsabilidade da Secretaría… Ao seu carón atópase a exposición do Rostro Humano das Matemáticas e, noutros paneis, as fotos presentadas ao Concurso de Fotografía Matemática. Ị a sala da parte superior todo está disposto para as sesións de Matemaxia, os sudokus, do Cubo de Rubik…


Xa non falta moito para que o árbitro dea por comezado o encontro que ten previsto un descanso ás 14 h 30 min e a hora de remate para as 19 h, se é que non hai prórroga. Ị a sala grande os contendentes, cada un no seu posto, están a punto e botan fume…

Coruña. Mentres tanto fanse as actividades de Sudoku e Cubo de Rubik na pranta superior… Con qué velocidade moven os dedos os nenos para facer que cada cara teña a mesma cor… e en menos dun minuto… Ernesto, xa non digamos, en menos de 20 segundos… Claro, por algo é o campión do mundo…

Son as 11 h e pola megafonía escoitase o gong, gong e unha voz di que...

Comeza o espectáculo…! Adiante IV Feira Matemática…!

1ª PARTE 11 h 05 min Os visitantes achéganse aos postos e, os nenos preguntan polos cartos da Feira, polos agapemos… porque se están distribuíndo as bolsas co material para os stands e aínda non están dispoñibles… Comeza a haber vidilla, ledicia e bo rollo no encontro. Vamos, nótase o fair play… 11 h 10 min Chega a decana da Facultade de Matemáticas de Santiago. Varios compañeiros e compañeiras de AGAPEMA explícanlle a marcha do encontro. Ị o stand do IES Monelos aproveitan para facerlle unhas preguntas para o seu blog.

O recinto vaise enchendo e por megafonía anúnciase que a “inauguración oficial” prevista para as once aprázase unha hora e media por problemas de axenda do alcalde da Coruña. Mentres tanto fanse as actividades de Sudoku e Cubo de Rubik na pranta superior… Con qué velocidade moven os dedos os nenos para facer que cada cara teña a mesma cor… e en menos dun minuto… Ernesto, xa non digamos, en menos de 20 segundos… Claro, por algo é o campión do mundo… O recinto vaise enchendo e por megafonía anúnciase que a “inauguración oficial” prevista para as once aprázase unha hora e media por problemas de axenda do alcalde da

12 h 00 min Pais, nais, profes e irmás dos participantes visitan os postos da Feira, conversan entre eles e cos que atenden os stands e coméntanlles aquilo que máis lles chama a atención. Sobre esa hora chega o reitor da Universidade da Coruña, José Mª Barja. Recíbeo Enrique de la Torre e, xunto con outros membros da organización, visita os stands. Mesmo unha meniña pequena lle propón un xogo de adiviña numérica...

12 h 25 min Anúnciase a chegada do alcalde da Coruña, Javier Losada, e axiña procédese a reclamar a presenza dos participantes e público en xeral na escalinata da entrada para proceder á inauguración oficial na que interveñen o delegado na Coruña de AGAPEMA, Enrique de la Torre, o reitor da UDC e o alcalde. Cada un deles dirixiuse ao público asistente destacando o esforzo imaxinativo que había que facer para seguir mantendo o nivel e mesmo superalo cos mesmos recursos así como o papel das matemáticas na sociedade e a importancia da ciencia no mundo.

33


A continuación as autoridades procederon a facer un recorrido polos distintos stands deténdose en cada un deles un anaquiño: Observaron actividades como as do IES de Mugardos confeccionando con palliñas distintos corpos xeométricos, o tratamento dos sistemas de numeración e as demostracións dinámicas do Colexio dos Xesuítas, a proposta de ESTALMAT para alumnos talentosos, a Ensalada Matemática que traían os de Baio mesmo con dragóns que non te perdían de vista, os xogos matemáticos (mariola incluída) que presentaban os do Castelao de Ordes, o simpático Caracol Matemático dos de Ị arón, a selección de problemas e maxia dos do Eusebio, a variedade extraordinaria baixo os títulos de movementos e binario presentada polos do Otero Pedrayo, o disfrute matemático das Calasancias pasando polos materiais didácticos de Proxecto Sur utilizados polos alumnos da Facultade, o traballo con axedrez, matemáticas e multiculturalidade de Eduardo Dopico, o traballo tanto tecnolóxico como con teodolitos dos das Mariñas de Betanzos, a proposta dos de Monelos ou a transformación das noticias ao pasar de boca en boca do taller de Prensa e Matemáticas, de La Voz en la Escuela… Chamoulles a atención o stand dedicado ao Cubo de Rubik pola súa espectacularidade e tamén pola exposición do cubo dedicado á Torre de Hércules que lles foi mostrado ás autoridades. 13 h 15 min As autoridades foron abandonando as instalacións manifestando a súa ledicia polo que acababan de ver e o encontro continuou o seu ritmo coas actuacións do grupo de matemaxia de Monelos, sudokus, etc. 14 h 30 min O trencilla fai soar o chifro: é hora de xantar. Cris e o equipo de secretaría reparten as bolsas de comida e bebida para cada stand… e o equipo organizador tamén repón forzas sentado en cadeiras e comentando o desenvolvemento da primeira parte…

2ª PARTE 15 h 30 min O recinto está moi concorrido. Chega o presidente de AGAPEMA, Manolo Díaz Regueiro. É recibido polo delegado da Coruña e outros membros da Directiva e visita todos os stands e practicamente todas as actividades que se desenvolven ao longo da tarde. 17 h Desenvólvense os talleres previstos no programa nas distintas horas: matemaxia, sudokus, prensa e matemáticas, exhibicións do Cubo de Rubik… 18 h 15 min Infórmaselles aos asistentes que se vai cantar un bingo loco na entrada, diante da secretaría. Pouco a pouco vaise enchendo o hall e repártense os cartóns do bingo. Pasa algo das seis e media cando Coque, subido a unha cadeira, vai cantando a viva voz as operacións que teñen que resolver para obter un número que pode estar ou non no cartón de cada quen… “Unha ducia… seis por dous…”, “A metade de cincuenta… cinco por cinco…”, ía cantando mentres lle daba a ficha ao “adjunto” para que a colocara no lugar correspondente do taboleiro que permitiría facer as comprobacións posteriores…


s

“Bingo!!!...”, cantan por algún lado… 19 h 15 min

co la bo ra do ra s

encontro: participantes e xiareiros marchan ás súas casas. Péchase a IV edición desta Feira Matemática….

Entréganse os premios aos gañadores do concurso de fotografía en cada categoría e o árbitro decreta o final do

Así que a ducharse, a cear e… mañá a pensar na próxima edición

F Ma temáti

En ti da de CE IP s A

pa lfo nso rt CP CPR D. ic R R C ip o CP Co ala dr R m í an s g pa an u Pa CP e ñ c z d te R Sa res ía de ias ( Cas Dt s A nta Fr o. tel M Fa Esco de P Ma anci aría Coru ao ( s c. Or ñ l r de a In edag ía d cano (A C a) de s) CC fan oxí o M s (A oru ae . d til ñ a a C IE IES a E PSN Di r (A oru ) S As duc Bi dáct Coru ña) E IE ic ñ S IES useb Mar ación cos (A a (U a) i Ma F i o xim ranc da ñas ( (Uni Co dC) ruñ Gu Be v. isc in IE o Ro o A arda tanz da C a) g S oru (A os) IE M mer uia I ña IE ES S M onel o de r (Be Cor ) u S o Po u eta gar s (A Lem tanz ña) Ra mó IE Co a (B os) D dos S n ruñ aio Te Ot íaz C (A C ,Z e r ast ro oru a) Pro ra as) r P d ñ o( ed Pro gra a e ) Se ma Tra ray Gui xe rvi t o c ir cio Pro to E Pre sanc ( ns o A C iz) y s M Xe uni ecto TalM a-E s (Na oruñ s c fa tur ipal Sur at – cuel rón) a) (Gr a d de Ga a lic an e T Ed ráf ucac ada) ia ió ico SÁ da n (Lu BA d Co ruñ itar DO de a , )

Pr og ra ac ma d e ti vi da de PA ZO s DA A

CO

ÓP

RU ÑA

De 15 D 11: 00 E M A a1 9:0 IO 0 h DE or as

ER A

20 10



Feira Matemática