Page 1

CINE E MATEMÁTICAS por José M. Ramos González

O cine é unha fonte inagotabel de información, un medio sen igual para a difusión da cultura. O cine apréndenos historia, proporciónanos vocabulario, permítenos viaxar sen mover da casa, é unha ventá aberta a milleiros de vidas que poden ser para nós modelo a seguir ou exemplo do que non queremos ou debemos ser. Para os nenos de moitas xeneracións foi un viveiro de heroes, espertaron a súa imaxinación e deulles unha chea de ideas para por en práctica nos seus xogos cotiás. Ten a gran ventaxa de que é unha arte que chega a todo o mundo, sen destinción de idade, raza, o calquera outra característica que poda diferenciar a dúas persoas, xa que no en balde hai un dito que di que máis vale unha imaxe que mil palabras. Tamén é certo que, como todo na vida, cómpre velo con ollos críticos, filtrando o bo do malo, a arte da chapuza, o xenial do mediocre, ainda que todos estos conceptos pasan inevitabelmente polo cristal con que nós o vemos e a ineludibel carga do noso propio bagaxe cultural que nos fai ser suxetivos en todos os nosos xuicios, pero é importante ter esos xuicios e reflexionar un chisco, unha vez rematada a visión dunha película, para preguntarnos cal foi a impronta que deixou no noso espíritu, que chea de sensacións provocou e metela ou non na mochila que levamos as costas connosco durante tódala nosa vida. Quen no veu unha película que non esquecerá xamais? E cantas películas pasan por diante dos nosos ollos sen pena nin gloria ? Pero para que se dea este proceso de selección temos que ter un catálogo, unha lista, a oportunidade de dispor desas imaxes que nos van facer disfrutar, que nos van axudar a ser unhas persoas máis preparadas, máis cultas, máis enriquecederas para nós mesmos e para quenes nos rodean. Esta é unha das nosas pretensións como docentes, achegar ó alumnado gran parte dese material. Vai uns anos que o noso Instituto está a desenvolver unha importante tarefa no relativo ó cine dentro da programación de actividades da Biblioteca. A doación de dúas mil películas por parte dun particular, foi un incentivo para a dirección, que daquela ostentaba o noso lembrado Domingo Costas, procedendo á catalogación de todo ese inxente material para poñelo a disposición do profesorado e do alumnado, ampliando e actualizando en formato DVD os nosos fondos durante todo o tempo transcurrido ata o presente. Temos cine de abondo, de tódolos xéneros, para tódalas idades e para tódolos gustos. Na nosa filmóteca non fallan as películas dedicadas as ciencias, e en particular ás matemáticas, ben en forma de documentais ou en produccións para o cine comercial. Dedicarei o presente artigo ás últimas. Cómpre dicir que na gran maioría de películas onde as matemáticas teñen un anaco de protagonismo, preséntanse de xeitos diferentes, segundo a maior ou menor importancia que teñan dentro do guión. Agás raros casos, básicamente utilizanse cos seguintes obxetivos: En primeiro lugar para proporcionarlle ó/á protagonista unha personalidade fébil, cartesiana, cun mundo interior completamente dominado pola lóxica sen deixar ningunha porta aberta ós outros aspectos da vida que non están controlados polo intelecto. Un tópico máis que o cine é pródigo en fomentar coma tantos outros. Noutras ocasións, polo contrario, as matemáticas sirven para marca-la diferencia, para destacar ó/á protagonista por enriba do resto dos persoaxes, como se a súa capacidade para a comprensión e desenvolvemento desta ciencia convertíseos nunha especie de heroes intelectuais do mesmo xeito que unha boa musculatura parece necesaria para darlles máis realce os heroes das películas de acción. Por último sirve tamén para por en escea ó científico tolo, obsesionado por unha idea que o transforma nun persoaxe inquietante ou perigoso.


Imos ver de seguido unha relación das películas onde as matemáticas están dalgún xeito presentes e que se atopan na nosa filmoteca en formato DVD. Darei os seus datos técnicos e resumiré o seu contido, indicando o papel que as matemáticas desenvolven dentro do contexto das mesmas. Lecciones inolvidables (Stand & Deliver). U.S.A. 1988 Director: Ramón Menéndez Actores: Edward James Olmos, Andy García, Virginia Paris Lou Diamond Phillips, Rosanna Desoto, Riff Hutton, Lydia Nicol Carmen Argenziano, Daniel Villareal, Karla Montana. Música: Craig Safan Producción: Chad Musca Comentario.- Unha película que pasou desapercibida nos círculos comerciais, pero dende o meu punto de vista, quizás sexa a máis interesante de todas. Básase en feitos reais, e trata da loita dun profesor de matemáticas nun instituto americano onde o alumnado é de orixe hispano, ten graves problemas de comportamento e unha baixa autoestima. O profesor, Jaime Escalante (James-Edward Olmos), que tamén e chicano, preparaos para o examen de acceso a Universidade. É unha película para tódolos públicos cun mensaxe moi claro: para saber matemáticas cómpre traballalas dabondo. O esforzo conduce ó éxito. Hai unha escena onde lles enseña a resolve-las integrales utilizando o método por partes dun xeito moi curioso. Moi recomendabel para alumnado de E.S.O. e sobre todo de Bacharelato.

El indomable Will Hunting (Good Will Hunting) U.S.A. 1998 Director: Gus Van Sant Intérpretes: Matt Damon, Robin Williams, Minnie Driver, Ben Affleck, Stellan Skarsgard , Cole Hauser Guión: Ben Affleck y Matt Damon. Música: Danny Elfman Comentario.- Completamente oposta á anterior, esta película narra as andainas dun rapaz da rúa (Matt Damon) que ten un don innato para as matemáticas, chegando a sorprender os profesores da Universidade onde traballa de limpador. A diferenza dos rapaces da película anterior, non lle costa absolutamente nada o aprendizaxe das matemáticas e tampouco lle da importancia a esa capacidade, continuando a ser un rebelde que se mete en trifulcas entre pandas e que acaba mantendo unha estreita relación cun psiquiatra (Robin Williams).

Aquellos maravillosos años (The Wonder Years) U.S.A. 1988-1993 Capítulo 25 .- La clase de matemáticas Capítulo 32 .- La clase de matemáticas superiores. Intérpretes: Fred Savage, Danica Mckellar, Josh Saviano, Olivia D’Abo, Jason Harvey, Dan Lauria, Alley Mills Guión: Tom Gammil & Max Pross (cap 25); Matthew Carlson (cap 32) Dirección: Andy Tennant (cap 25); Daniel Stern (cap 32)


Comentario.- Non é unha película propiamente dita. Trátase dunha serie de TV emitida vai xa uns anos en España, que en 116 capítulos describe a vida da familia Arnold, unha típica familia de clase media norteamericana, baixo a mirada do fillo menor, Kevin (Fred Savage). Potenciábanse valores como a familia, a amistade, a lealtade, o amor, e dedica numerosos capítulos críticos ó sistema educativo norteamericano. En dous capítulos desta serie móstransenos as dificultades do pequeno Kevin nas clases de matemáticas de secundaria e como as vai superando pouco a pouco. É de destacar ca coprotagonista da serie, que facía o papel de noiva de Kevin, Winnie Cooper, (Danica Mckellar) dedicouse na vida real ó estudio das matemáticas desenvolvendo un teorema que leva o seu nome. Moi recomendabel para alumnos de E.S.O.

El pequeño Tate (Little man Tate) U.S.A. 1991 Directora: Jodie Foster Intérpretes: Jodie Foster, Dianne Wiest, Harry Connick Jr., Adam Hann-Byrd, David Pierce, Debi Mazar, George Plimpton, Celia Weston, Josh Mostel Música: Mark Isham

Comentario.- Vai da complicada relación entre unha nai (Jodie Foster) que ten que traballar para manter e coidar ó seu delicado fillo, un neno de 5 anos que ten moitos problemas de saúde e un coeficiente intelectual moi por enriba da normalidade, cunha capacidad innata para as matemáticas e a música. Esta película denuncia a presión que as veces os adultos someten ós nenos superdotados. Recomendabel para alumnado de E.S.O. e bacharelato

Perros de paja (Straw dogs) U.S.A. 1971 Director: Sam Peckimpah Intérpretes: Dustin Hoffman, Susan George, David Warner, Peter Waugham, T.P. McKenna, Del Henney, Sally Thomsett, Peter Arne, Colin Welland. Música: Jerry Fielding Comentario.- Película moi violenta pero extraordinariamente dirixida que narra a reacción dun profesor de matemáticas (Dustin Hoffman) cando a súa muller é violada por un grupo de homes nunha aldea irlandesa onde foran a pasar unhas vacacións. As matemáticas quedan nun segunda plano e soamente constitúen unha xustificación para enfatiza-la imaxe do protagonista, de home despistado, enfrascado nos seus pensamentos, completamente antitético ós heroes das películas de acción, para suliñar máis a violenta reacción que este ten ó final da película. Non é recomendabel para os alumnos da E.S.O.


El amor tiene dos caras (The Mirror Has Two Faces) U.S.A. 1996 Directora: Barbra Streisand Intérpretes: Barbra Streisand, Jeff Bridges, Pierce Brosnan, Lauren Bacall, Mimi Rogers, George Segal, Brenda Vaccaro, Laura Bailey, Austin Pendleton, Elle MacPherson. Música: Marvin Hamlisch Comentario.- A diferencia da anterior, esta película é unha divertida comedia onde un profesor de matemáticas (Jeff Bridges) e unha profesora de psicoloxía (Barbra Streisand) manteñen un peculiar romance na procura do amor ideal, onde os vínculos intelectuales entre ámbolos dous priman sobre outros aspectos do amor, como o sexo. As matemáticas, coma en Perros de paja, volve a servir para suliñar a personalidade do profesor de matemáticas como un home de mente cartesiana, despistado, introvertido, en definitiva fora da realidade co circunda.

Una mente maravillosa (A beautiful mind) U.S.A. 2001 Director: Ron Howard Intérpretes: Russell Crowe, Ed Harris, Jennifer Connelly, Cristopher Plumer, Paul Bettany. Guión: Akiva Goldsman Música: James Horner Comentario.- Película baseada na vida do matemático John Forbes Nash Jr., premio nobel de Economía en 1994 . Este home pagou moi cara a súa capacidade para as matemáticas, xa que a súa mente caeu nunha grave esquizofrenia, enfermidade que coa axuda da súa familia logra combatir.

Pi. Fe en el caos (Pi) U.S.A. 1999 Director: Darren Aronofsky. Intérpretes: Sean Gullette, Mark Margolis, Ben Shenkman, Pamela Hart. Guión: Darren Aronofsky, Sean Guillete y Eric Watson Música: Orbital, Massive Attack

Película de sabio tolo. Un matemático, experto na teoría de números, está obsesionado con atopar unha fórmula matemática para describir o Caos. É unha película inquietante e ainda que ten unha lexión de fanáticos seguidores, a min pareceume unha película paranoide moi dificil de dixerir. Está feita en blanco e negro para resaltar máis a atmósfera agobiante que a envolve. Tamén cae no tópico, por esixencias do guión, de que os matemáticos están tolos en maior ou menor grao. Non é recomendabel para o alumnado da E.S.O.


Cube (Cube) Canadá 1997 Director: Vincenzo Natali Intérpretes: Maurice Dean Wint, Nicole de Boer, Nicky Guadagni, David Hewlett, Wayne Robson, Andrew Miller, Julian Richings Canadá 1997 Guión: Vincenzo Natali, André Bijelic y Graeme Manson Música: Mark Korven Comentario: Cube está feita en clave de fantasía e terror. Móstranos os claustrofóbicos esforzos dun grupo de persoas para saír dun estraño habitáculo onde aparecen de pronto sen saber como, tratando de utilizar unha lóxica que explique o que é o recinto onde se atopan e como pensaron os seus constructores, mediante matemática binaria. O guión xoga cas matemáticas e as persoalidades dos persoaxes. Ten retazos de violencia e nalgunhas ocasións resulta desagradabel. Non é recomendable para alumnos de E.S.O. Moëbius (Moebius) Argentina 1996 Director: Gustavo Mosquera R. y alumnos de la Universidad de Cine de Buenos Aires Intérpretes: Guillermo Angelelli, Roberto Carnaghi, Jorge Petraglia, Anabella Levy, Miguel Ángel Paludi, Fernando Llosa , Martín Adjemian, Daniel Dibiase Guión: Arturo Oñativia, Natalia Urruty, Gabriel Lifschitz, Pedro Cristiani, María Ángeles Mira y G. Mosquera R., Comentario: A famosa banda de Moëbius é unha superficie cun só lado. Ten curiosas propiedades xeométricas e para que vos dedes de conta, direivos que é o anagrama de Caixanova. Nesta película arxentina, un inxeniero descubre que no metro de Buenos Aires, os intrincados cruces de vías formaron unha banda de Moëbius cas conseguintes consecuencias.

Donald en el país de las matemáticas U.S.A. 1959 Factoría Disney Debuxos animandos

O famoso pato da factoría Disney, fai un recorrido polo país das matemáticas, dende os gregos ata os nosos días, explicando como xogos tan populares coma o axedrez ou o billar utilizan as matemáticas para o seu desenvolvemento. Película de debuxos animados que pasou sen pena ni gloria debido principalmente a que non está suficientemente axeitada ós nenos que ia dirixida en principio. A vocalización gutural do pato, na traducción ó castelá, é casi intelixible e a película non deixa de ser unha curiosidade para os amantes das produccións Disney, ainda que agradéceselle o esforzo por divulgar as matemáticas. As dúas películas seguintes, coas que remato, non teñen as matemáticas nin como protagonistas nin como recurso auxiliar, pero mostran ben o eterno enfrentamento entre a relixión e a ciencia e considero que deben ter un oco neste artigo.


Contact (Contact) U.S.A. 1997 Dirección: Robert Zemeckis Intérpretes: Jodie Foster, Matthew McConaughey, James Woods, John Hurt, Tom Skerrit Lowe, Angela Basset Guión: Basado no libro de Carl Sagan, Contact Música: Alan Silvestri Unha astrofísica (Jodie Foster) que traballa no proxecto SETI (Procura de vida extraterrestre intelixente) recibe no radiotelescopio unha sinal que sigue unha pauta lóxica. Unha vez descodificada, compróbase que a sinal son as instruccións para facer unha nave que viaxe as estrelas. O problema surde cando hai que decidir quen debe pilotala e cales son as características intelectuais e espirituais da primeira persoa en contactar con seres doutro mundo. Recomendabel para alumnos de E.S.O. e bacharelato

La herencia del viento (Inherit the Wind) U.S.A. 1960 Director: Stanley Kramer Intérpretes: Spencer Tracy, Fredric March, Gene Kelly, Dick York, Claude Akins, Florence Eldrigde, Donna Anderson, Noah Berry Jr., Harry Morgan. Guión: Harold Jacob Smith & Ned Young (Teatro: Jerome Lawrence & Robert E. Lee) Música: Ernest Gold Un mestre explica ós seus alumnos a teoría da evolución de Darwin. Ante a interpretación simplista que desta teoría teñen as puritanas autoridades do estado, reducíndoa a que o home descende do mono, o profesor é detido e sometido a xuicio. Ante o xuiz enfréntanse o abogado da acusación que defende as teorías creacionistas baseadas no Xénesis, e o abogado do profesor defendendo as teorías evolucionistas e tratando de tirar por terra os argumentos bíblicos. Moi recomendabel para alumnos de E.S.O. e bacharelato.

Se queredes saber máis sobre cine e matemáticas podedes leer o libro Las matemáticas en el cine de Alfonso Jesus Población Saez. Editorial Proyecto Sur. ISBN 84-8254367-9 que tamén se atopa na nosa biblioteca.

José Manuel Ramos González Profesor do I.E.S. A Xunqueira I (Pontevedra)


Cine e matemáticas  

Artigo do profesor José Manuel Ramos González sobre Cine e Matemáticas

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you