Revista albares 2013

Page 9

ALBARES Son de destacar, tamén, os proxectos que forman parte dunha educación global e colaborativa e que inflúen nunha integral educación do noso alumnado, como: PROXECTO MELLORA DA BIBLIOTECA DO CENTRO

O grupo de Dinamización da Biblioteca Escolar do noso centro coordinado por Conchi Cambeiro, realizou un excelente traballo participando no PLAMBE: Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares, polo que estiveron organizando, decorando e informatizando a Biblioteca, facendo que sexa un espazo onde o alumnado poda gozar coa lectura. Dentro deste Plan de mellora está habilitándose unha aula lectora na ESO.

Tamén creouse un Grupo de Traballo: “Uso das ferramentas TIC na animación á lectura e escritura desde a biblioteca escolar”. Os Obxectivos que busca este grupo de traballo coordinado por Pacucha (mestra de inglés en infantil e primaria) son: 

Crear comunidades de aprendizaxe.

Mellorar a formación do profesorado nas TIC.

Coñecer diferentes programas e aplicacións que permitan gravar imaxe e son para traballar a competencia lingüística e o tratamento da información e competencia dixital.

Coñecer programas e técnicas que permitan compartir en rede as nosas produccións e as do noso alumnado.

PROXECTO SECCIÓNS BILINGÜES

Unha vez realizada a experiencia das sección bilingües postas en marcha no presente curso, dúas en 5º EP e dúas en 1º ESO, establecéronse reunións e enquisas ás familias e aos alumn@s, podendo confirmar que foi unha experiencia moi positiva onde o alumnado mellorou a súa competencia en inglés. Consideramos e apostamos por seguir levando adiante este proxecto para que o noso alumnado forme parte da educación plurilingüe e dos procesos de globalización e integración no marco europeo, podendo levar a cabo intercambio de proxectos a través das tecnoloxías da comunicación con outros centros da comunidade europea.

8


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.