Page 1


Os nenos e nenas do primeiro ciclo de primaria decoraron o corredor cunha exposici贸n de debuxos sobre as froitas de outono.


Como parte da celebración do Magosto, os do primeiro ciclo realizaron un precioso obradoiro de xogos tradicionais co que fixeron unha pequena exposición. Usando materiais de refugallo, froitos secos e pouco máis fixeron un papacastañas, unha carreira de noces, moitos encestacastañas e varios xogos de tres en raia.


Decoraron o pasillo e as portas das aulas e trouxeron as sĂşas cabaciĂąas talladas e decoradas para mostrarllas a todos e facer unha exposiciĂłn no corredor.


Os nenos e nenas do segundo ciclo de primaria tamén fixeron unha preciosa exposición de setas, así coma un orixinal mural sobre o outono. E como non ían ser menos, trouxeron unha morea de cabazas decoradas para a ocasión.


Os mais maiores, os do terceiro ciclo, ademais de facer cabazas e unha exposición de froitos, atrevéronse coas receitas pero… non só realizaron unha exposición con unha morea delas, senón que se puxeron mans a obra e fixeron marmelo e unha riquísima tarta para logo, dar boa conta deles.


E chegou o día do magosto. Despois de dar boa conta das castañas, que de seguro estaban boísimas, os nenos e nenas dos distintos cursos realizaron un percorrido por todas as exposicións para ver todos os traballos feitos ó longo deste tempo.


E para o ano‌ mais!!!


Primaria  

Actividades de primaria para o samain e magosto. CPI Conde de Fenosa.Ares

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you