Page 1

Asoc. Cult. Civitas Limicorum | Carlos G贸mez Salgado

o r铆o do Esquecemento

o r铆o do Esquecemento Asoc. Cult. Civitas Limicorum | Carlos G贸mez Salgado


o río do Esquecemento

Asociación cultural civitas limicorum R/ Leopoldo Álvarez 20, baixo. 32630. Xinzo de Limia. Ourense.


Carlos Gomez Salgado Xunio / Agosto 2008 - Asociacion Cultural Civitas Limicorum

Edita: Asociación Cultural Civitas Limicorum Deseño: Silvia Dopazo, Carlos Gómez, Daniel Enríquez Maquetación e dixitalización: Daniel Enríquez Imprime: Editorial MIC ISBN: Dep. Legal:


Textos e fragmentos:

o río do Esquecemento

Silvia Dopazo Antón Rivero Coello Delfín Caseiro Francisco Domínguez Romero Carlos Gómez Salgado Antón Tovar Xosé Benito Reza Federico Cocho Álvaro Cunqueiro Florentino Cuevillas Otero Pedraio Vicente Risco Suso Vaamonde Carlos Casares Claudio Lima Luís de Camões Antonio Feijó Antonio Balboa Salgado Luís Romero Becerra Xosé Carlos Caneiro Xose Lois (Carrabouxo) Mariana Carballal Luís Otero Conde Bertiandos


limiar Dende que no ano 2004 a Asociación cultural Civitas Limicorum de Xinzo de Limia presentara á Iniciativa Comunitaria LEADER PLUS, o proxecto de Promoción e Valorización da recreación histórico e cultural da Festa do Esquecemento, redactado polo entón presidente Carlos Gómez, aínda tivemos que agardar catro longos anos para ver feito realidade, o que tan so eran os soños de un grupo de xentes ilusionadas, namoradas da súa terra e entusiastas da nosa historia; Despois dese tempo, por fin chegou a confirmación da aprobación do proxecto da Civitas, e con unha nova Directiva da Asociación, presidida por Silvia Dopazo, con Adolfo Gómez, Antonia Marquez, e Daniel Enríquez , sen os cáles non se tería podido realizar este proxecto, puxémonos a traballar para levar a bo termino os obxectivos plantexados inicialmente. Hoxe, tes nas túas maos, un documento que reflicte o espírito desta asociación e dos seus asociados: Traballo, ilusión, espírito de sacrificio e crenza absoluta nos valores da nosa terra, por riba de calquera outro interés individual ou colectivo, superando atrancos de todo tipo, que por veces semellaban insalvables, 6

e convencidos, de que os feitos, son a mellor demostración do traballo realizado. O proxecto Leader, permitiunos facer un monumento que conmemora o pasado romano, desta conca do Limia, que tan fonda pegada deixou na nosa cultura. Permitiunos conseguir, con finalidade didáctica, o equipamento dun grupo de lexionarios romanos de época republicana, réplicas exactas das que usaron aqueles homes que, ó mando do Cónsul Decimo, atravesaron no ano 137 a. Xct. as augas do máxico Lethes. Tamén o equipamento dun grupo de guerreiros castrexos, semellante o que vestían aqueles outros homes que se enfrontaron a eles defendendo a súa terra e liberdade. Permitiunos por ultimo, editar: LIMIA, a memoria do Río do Esquecemento. O primeiro monográfico adicado ó noso río Galaico-Lusitano, dende a perspectiva das testemuñas dos seus apaixonados defensores. Entre eles algúns dos mellores escritores da nosa terra. Un libro colectivo, producto da colaboración desinteresada de todos cantos nos aportaron os seus escritos e fotografías, ga-


Limia. O río do esquecemento

legos e portugueses, os que en primeiro lugar, queremos deixar constancia e manifestarlle-lo noso máis sinceiro agradecemento, sen a súa cooperación non tería sido posible. Colectivo tamén, porque sen o empeño, e o esforzo dos socios, e de todos cantos participan nas actividades que ven desenvolvendo a asociación Civitas Limicorum nestes oito anos de andaina, nada desto seria posible tampouco. Neste libro, quixemos amosar a parte máis doce e fermosa do noso río, pero todos somos conscientes e sabedores do maltrato a que todos o sometemos dende fai anos, e podería doadamente ser, un documento de denuncia que nos enchería de indignación e vergoña, por non ser quen de deixarllo ós nosos fillos en herdanza, como se mantivo de xeración en xeración ata mediados do século XX, tal como no lo deixaron os nosos avós. Si para algo nos gustaría que servira este libro, seria para tomar consciencia, todos, os cidadáns e os que ostentan a nosa representatividade en cargos institucionais, do SOS que berran estas augas e as súas veigas, aldraxadas nos últimos anos, e que sucumben indefensas, ante a pasividade de todos, a insensibles

intereses comerciais: Das hidroeléctricas, dos motores, dos residuos industriais ou de aqueles outros residuos, que pasan por algunhas depuradoras que malamente depuran algo. Para rematar, no apartado adicado a Festa do Esquecemento, puxemos xuntos, textos, pregóns, viñetas e teatralizacións, acompañando a distintos mosaicos de imaxes da festa, que pretenden reflectir dun xeito abreviado e esquemático, a celebración da nosa historia; A participación colectiva nun evento festivo e cultural, que necesita de todos para se consolidar, para seguir lembrándonos que a cultura que temos, a lingua que falamos, e en gran medida o que somos como pobo, empezou con aqueles, que fai mais de 2000 anos, loitaron, con honra e coraxe, a carón das augas do Río do Esquecemento.

Asociación cultural Civitas Limicorum 7


AS AUGAS DA MEMORIA E AS AUGAS DO ESQUECEMENTO Silvia Dopazo Expósito. Presidenta da Asoc. Cult. Civitas Limicorum.

A mitoloxía Greco Romana aseguraba que, quen bebera das augas do esquecemento, perdería as lembranzas para sempre; Pero tamén crían: que do mesmo xeito que, ó atravesa-lo Lethes cara o Fades se perdían as lembranzas: O que conseguira atravesalo en dirección contraria recuperaría tódolos recordos, converténdose as mesmas augas do río, nas augas da memoria. Téñome atopado con moitos documentos, nos que queda de manifesto o efecto que o longo dos séculos, esta dualidade contraposta do Limaia, Belión, Lethes, Flumen Oblivionem, Lima ou Limia, ten producido nos homes e mulleres de estas terras, ou en aqueles outros que se teñen interesado pola nosa historia. Habería, por xustiza, que comezar por Idacio de Limia, bispo de Chaves, “cronista dos tempos suevos” que como dixo Castelao no Alba de Gloria, “… Alumea o camiño cunha lámpada de bronce”. Pódese constatar, que existe unha percura continuada da nosa identidade histórica, feita por ducias de cronistas, historiadores e investigadores, ou sinxelamente por cidadáns máis ou menos doutos, -descoñecidos para a maioría dos Limiaos, ou cando menos, coñecidos moi superficialmente-, que foron quen de atravesar as augas da memoria. Pero teño a sensación, de que, ultimamente, os Limiaos cada vez temos menos interese por esquecer, e dalgún xeito a auga do río Limia non nos produce o Esquecemento, senón todo o contrario, prodúcenos a Memoria. 8

Xinzo e a Limia atesouran, nun cofre do que apenas abrimos unha randixa, centos de xoias arqueolóxicas, documentais, patrimoniais, antropolóxicas, etnográficas..., que ó tempo que van saíndo a luz, fan que nos sintamos máis pobo, parte do crisol de culturas que somos, como diría Pondal: “… Nós somos dos galos/ nós somos dos suevos, / nós somos dos francos,/ romanos e gregos./ Nós somos dos celtas,/ Nós somos Galegos!”. E formando parte, desa identidade que semella esvaecida, no pobo sobranceiro e antergo no que vivimos, seremos máis ceibes e traballaremos con máis tesón polo futuro común que nos agarda. As augas da Memoria atravésanas de cotío unha morea de persoas anónimas, colectivos e investigadores que pasan longas horas estudando documentos e recollendo datos. As augas da Memoria, tamén as atravesan os meus compañeiros da Asociación Civitas Limicorum, que nos convidan a todos, cada ano, a participar das súas actividades, que rematan nas calendas de Agosto ca Festa do Esquecemento: a Festa da Historia, a festa, en definitiva, da Memoria. Este Libro: “Limia: A memoria do Río do Esquecemento”, no que colaboran desinteresadamente unha morea de amigos, escritores e fotógrafos, dunha e de outra veira do Lethes, vai por todos os que fan Memoria, agradecendo especialmente os colaboradores tanto galegos coma Portugueses, a súa xenerosidade e compromiso con esta Limia Feiticeira.


Limia. O rĂ­o do esquecemento

9


PARAISO Antón Rivero Coello.

Eu digo Paraíso para as ruínas deste río que cabecea un soño antigo e desganado, para este sudario verde que cobre de luz o esplendor das súas augas podres, para a nordesía lendaria dese vento que inda esculpe misterios no espello, para a súa dialéctica silenciosa, para o seu asolagamento bíblico, para o seu músculo vello que escribe versos líquidos na derrota das valgadas. Eu digo Paraíso para a levada morta na que ancoran todas as tristuras, as traxedias vagantes no relanzo escuro das noites que delimitan a existencia, para a epopea das maus ferradas que acariñaron o ventre do Imperio e negaron estandartes de conquista, para a risa fresca de todas as mais que profanaron o segredo das lavercas e tocaron a evidencia da eternidade. Eu digo Paraíso e tamén digo música para a eufonía de ras e lavancos a atravesaren devesas e touzas, xeiras de bión e ferrados de lúa, para a sinfonía escultórica da auga asubiando gozosa entre as poldras, para as altas cegoñas que pousan nas tapadas o seu vals mundano, para as campás afogadas na memoria, no cerne amniótico que nos convoca. 10


MEMORIA DO RÍO MANSO. O tempo corre como a auga. Delfín Caseiro. Os ollos nenos estaban no río pequeno, río de coios, río de aldea, río doméstico, que flúe escondido e ledo baixo a bóveda continuada de amieiros. O río Bidueiro, que vén da aba do monte Penamá por riba de Barracel. Ollos esculcadores dos primeiros corpos espidos no pozo da Fanteira nos baños de iniciación. Mans tímidas e atoutiñantes a procuraren entre as cañotas mergulladas o lombo de troitas acochadas. Os ollos nenos seguen a ter emoción perenne de tarde de pesca nas augas mansas do río Limia, guiados polo señor Antonio Xeto, o máis habelencioso pescador da contorna. Home anfibio, auténtico home-peixe, sabedor das moradas das máis desexadas donas das augas. Veciño de Aldea do Muíño (Rairiz de Veiga), fillo da tía Concepción, a parteira do lugar. Campesiño sen terras, ten de labrar as augas para procurar con que matar a fame negra da prole abundante. No medio da veiga fecunda, paraíso de bestas e vacas, voar maxestoso de garzas e cegoñas na inmensidade do ar, os ollos nenos fitan sorprendidos o río grande, río manso, río de lama

12

e area, que semella plácidamente deitado e adormecido baixo a cálida bóveda celeste. Para alén da navalla de auga que corta a terra, é territorio ignoto e hostil, de onde chega o outro bando de rapaces dispostos para a loita, empeñados en facer valer o argumento de que os da borda de aquí son os de abaixo. O señor Antonio elixe con rapidez o treito axeitado para as operacións, a salvo da ollada acusadora do gardarríos. Alí onde veñen confluír as augas do río pequeno, do río Bidueiro, que imitan na parte final as maneiras das augas caladas do río da chaira, ou á altura dos fornos de Congostro onde as veigas están máis enchoupadas. O coaxar incesante das ras acompaña as ansias. O experto pescador procede a despregar a rede varredoira, gardada con esmero en saqueta de liño, e vaina colocando con xeito nun claro que deixan as matogueiras de ouvas e espadanas. Despois, un aceno do seu brazo lévanos a uns cen metros de distancia. Hai que tanguer cara á trampa os confiados seres acuáticos, con balbordo de pés e paus a batuxaren nas plantas


14


Limia. O rĂ­o do esquecemento

15


das augas. Chega o momento de levantar; as cortizas que aboian anuncian carga. O corazón brinca no peito, como rapaz que agarda agasallo. O mestre de pesca vai encartando a rede, desde o medio cara á beira, sempre coa mesma habelencia, sentindo nos pulsos o peso que se acrecenta. Érguea con determinación e esforzo e déitaa amodo sobre a herba. Fartura de peixes de ouro, bogas de esmeralda e troitas de prata escintilantes, que iluminan as caras expectantes. Ras desorientadas ofrecen repertorio de acrobacias. Cobras escuras libéranse dos fíos e esvaran calmosas á procura do acubillo de auga, indiferentes aos arrepíos do rapaz. Mans afeitas desenredan deseguida troitas, bogas e peixes estremecidos, que choutan nos canistrelos da abundancia. As mesmas mans liberan con xeito as serpes que seguen atrapadas para que retornen ao seu medio natural. Trato cordial cos ofidios de auga, a pesar dos grandes padecementos sufridos por causa da picadura dunha víbora nun pé que houbo mandar o pescantín para o outro mundo.

16

A tarefa repítese varias veces co mesmo resultado proveitoso. Mais un acontecemento sorprendente vén romper a rutina animada, cando ninguén o contaba. Algo fai oscilar as cortizas da rede con forza inusitada, o que atrae axiña a atención do pescador arteiro, a pesar de estar ben afastado. Río e tempo semellan deterse para ollaren. O Xeto, que domina a situación coa seguranza do saber e que sempre está á espreita, alanca con axilidade de corzo por entre as espadanas e nun instante chega ao lugar onde o remuíño sinala sorpresa. Mergulla as mans e medio corpo na auga e ergue descomunal troita que se resiste a ser apreixada, con latexos violentos de cabalo desbocado. O señor Antonio, coa expresión de toda a ledicia da festa concentrada no ollar curtido, chama por todos e corre até a beira para nos ensinar tan magnífico exemplar, que ha fornecer pan e compango para a mísera economía da familia. Coas sombras refrescantes do solpor, a volta para a casa, cos canistrelos ateigados de frescor e recendo de río, resulta percurso sosegado que anticipa o pracer de exquisitos manxares


Limia. O río do esquecemento

compartidos. Os ollos nenos retornan moitas máis veces ao río manso da veiga. Río da memoria, incorporado para sempre á paisaxe emocional, íntima. Viaxes á procura da felicidade, dos herbais extensos, da auga morna, do brillo da area, do aroma das xestas e do ceo aberto, cando a lagoa de Antela era xa lagoa sen auga. Acelerado rodar de bicicletas por carreiros e pistas de terra, lisos como a palma da man, en dirección ao lugar máxico: o Colchón. Plataforma de cemento, que couta a corrente do río dunha beira á outra para reter auga e area, forma amplo tobogán líquido polo que escorregan corpos en medras devotos do sol. A pouca distancia do punto de encontro coa canle que vén da lagoa, propicia espectacular cachón inesperado e pozo de fondura axeitada para o baño arriscado. Nas cálidas tardes estivais, o Colchón congrega rapaces e mozotes das dúas ribeiras da chaira. Fachenda de destrezas e ousadías, con saltos desde as plataformas laterais, brazos e cabezas a perforaren a tona da auga. Acenos de admiración ca-

lada nos rostros que observan a exhibición. Brincadeira prolongada no ventre morno onde os ollos nenos contemplan fascinados a danza incesante das areas brillantes. Harmonía de feitizos envolve de seda a paraxe, rompe as pexas do medo e acende labarada de ilusións. O cantar esquivo das pitas silencia un instante as voces e os risos da rapazada. A monotonía musical do ruxidoiro arrola os pensamentos e serena o ánimo. Cando o sol baixa e a auga labrega segue coa súa moenda eterna, peixes atrevidos desafían o cachón e ascenden até o alto procurando espazos máis calmos. Rito gozoso do baño, vertixe excitante do salto, proba de valor esforzado, conquista da adolescencia anunciada. Os pastores tanguen os rabaños de vacas e cabalos para a casa. Os ollos nenos, limpos como os ventos da serra, están na auga que peneira area fina para amasar o pan da fantasía. A tarde déitase na enramada delicada. O río manso dorme e soña no seu leito de area tapado con fermoso cobertor de estrelas.

17


RIO LIMIA Francisco Domínguez Romero. E vir á fin, á dozura da orixe, e vadear o río. -Ha máis aves no ar da outra beiraNesta marxe de todo o esquecemento construo o esquecemento dos invernos habidos.


20


Limia. O rĂ­o do esquecemento

21


22


23


Hidrografía, Paisaxe e Sentimentos: na republica independente da limia Carlos Gómez Salgado.

Limia, paixón, río dos meus anceios, encarnado e verde: Lusitano. Galego, azul e branco: da cor da miña patria. Cóctel de regatos e vieiros de muiñeiras, de fados e de gaitas. Fronteira da paisaxe, berce de xacias, Serón de doces soños treboentos. Arca, das bagoas moles dos cativos; Barca para arrolar namoramentos. Latexo de escorrenta antiga que aloumiñou a melodía sagrada dos deuses devanceiros dos druídas nas noites do Bión e Transmontanas. Pai Limia, húmido e sereo fonte de beizos na chaira das saudades vencello vello de linguas e saberes, déixame repousar nas túas augas. 24

“Uma região é uma pequena pátria:

Quando tem um passado como o nosso, pelas suas antiguidades longínquas,

pelos factos históricos que a memorializan e pelos seus homens ilustres, não deve ignorar o capitulo que lhe pertence na historia da nação e ver no seu passado o estímulo do futuro.”

Antonio Ferreira.

Hai algúns anos, coñecín a uns mozos pertencentes a unha asociación que, entre outras cousas, defendía o reintegracionismo lingüístico. Cando me dixeron o nome do colectivo, “Juventude pola Autodeterminaçom da Limia” confeso que sentín certa inquedanza, mestura de sorpresa e simpatía, maxinando, que algún día aqueles mozos conseguiran os seus utópicos obxectivos: A república independente da Limia. O caso foi, que non lle puxen a coma, entre as palabras Autodeterminaçom, e, da Limia, mudando, xa que logo, o significado do nome da organización xuvenil, que evidentemente se refería a circunscrición comarcal da asociación. No fondo, o asunto da coma deume o mesmo, e confeso que aínda hoxe, gústame pensar que hai xente que defende esa apaixonante utopía, que non o seria tanto, dende un prisma teórico, xa que para definir un colectivo cultural como pobo, que puidera, ou non, chegar a ser independente, tomariamos algúns parámetros compartidos, de xeito xeral, polos homes e mulleres que habitan


26


Limia. O rĂ­o do esquecemento

27


un espazo xeográfico determinado. Estes elementos, poden ser de moi variados, atopándose xeralmente, en primeiro lugar a Lingua, que e o vencello mais forte, e diferenciador. Os limiaos temos unha lingua propia, a Galega, que algúns matices evolutivos, derivárona no Portugués que falan os Limiaos das terras baixas. Outro parámetro importante, será ter unha evolución histórica parella, que reforzara o sentimento de comunidade capaz de organizarse. E tamén a temos: os Limiaos formamos parte da Gallaecia prerromana e romana; da Suevia, si así se chamara aquel reino dos Suevos Galaicos. E vivimos xuntos en paz, cando menos ata o século XI, cando polo tratado de Zamora, Portugal se independizou do reino de León; e despois de un desafortunado paréntese de liortas, que durou demasiados séculos, a partires do XVIII, polo tratado de Lisboa, ogallá que para sempre, volveu a reinar a fraternidade entre os homes e mulleres do val do Limia. E por último o propio espazo, no que interveñen os accidentes xeográficos de xeito determinante, acoutando o hábitat, propiciando o intercambio e subliñando a súa posesión: Os limiaos temos a nosa propia patria, o Val

28

do Limia, que está perfectamente artellado e delimitado, e ten, por certo, nos 2.387 quilómetros cadrados da súa bacía hidrográfica, unha fermosa contorna cartográfica; Que abrangue os concellos de Sarreaus, Xinzo de Limia, Sandiás, Vilar de Santos, Rairiz de Veiga, Porqueira, Bande, Muíños, Entrimo, Lobios, Montalegre, Arcos de Valdevez, Ponte da Barca, Ponte de Lima e Viana do Castelo. ¡Magoa de Utopía!. Lembro, que con ocasión de unha Expolimia a que viñeran unha chea de expositores de Ponte de Limia, Ponte da Barca e Arcos de Valdevez, mentres acompañaba a un grupo de Limiaos de aquelas terras, cara o pazo de exposicións; Ó pasar pola ponte da estrada de Lamas, paráronse a facer unhas fotos, e unha das mozas que ía no grupo, díxolle, orgullosa e case emocionada a un colega seu, que andaba un pouco despistado: ¡Este, é o noso Lima!. Conto isto, porque, naquel intre sentín con orgullo, que verdadeiramente, aquel noso río, era o seu Lima; A mesma sensación que eu experimentara cando atravesei por vez primeira a Ponte, na vila de Ponte de Lima, dicindo exactamente o mesmo: ¡O noso Limia!, case coas mesmas verbas, co mesmo


Limia. O río do esquecemento

orgullo patrio; Con ese sentimento que decato cada vez que teño oportunidade de falar cos Limianos (de Portugal), cos que é doado establecer certa complicidade súbita, un achegamento espontáneo, cecais por esa conciencia de pobo de seu, da que falaba o comezo, que ten moitos de aqueles elementos compartidos: Lingua, historia, paisaxe e sentimento, eses que navegan polos canles da memoria sobre as augas do río do esquecemento. Augas sen dúbida, compartidas, que nos xuntan; Que se mesturan dun lado a outro e de enriba abaixo, formando un regueiro fermoso que non quere ser fronteira. A min, gústanme estes ríos ceibes, que se navegan fusionando a fala, a memoria, as emocións e a xeografía. Un Limia, por certo bastante descoñecido, ignorado e tamén aldraxado, que, como un canciño manso deixase acariñar a pesares do maltrato a que o sometemos a cotío; O río dos Limiaos que, como diría Xosé Benito Reza, e un deses ríos da vida e da memoria. A súa andaina, podería comezar case, como empezan os contos de fadas: Érase unha vez... un río manso, que viña de lonxe, dunha terra feiticeira, das verdes montañas alén de Antela: Aínda

que, en realidade sobre as súas fontes exista certa confusión, xa que, ata a súa confluencia co río Faramontaos, é dicir, ata case chegar ao núcleo urbano de Xinzo de Limia, os regatos que nel conflúen, teñen, cada un deles, o seu nome propio, ou simplemente coñéceselles co nome do lugar ou parroquia pola que atravesan. As veces, accidentalmente trocado polo nome da poboación, fonte, ou mesmo muíño en virtude de que as súas augas fosen desviadas para alimentar un regato para o pobo ou, para o propio muíño, cousa bastante frecuente. Algúns autores afirman que non é Limia ata que se xunta o río da Lagoa de Antela. Outros, atópano na nacente do río Lebonizo (Famamontaos), na serra do Larouco, e finalmente, a maioría, e o máis importante, a tradición popular, percúrano na Serra de San Mamede, no monte Talariño, nas inmediacións da Albergueria, onde por certo, teñen as súas fontes outros dous máxicos ríos galegos: O Arnoia e o Támega. Como os eruditos parecen non se poñer de acordo sobre as fontes do Limia, e non sendo o caso de facer unha disertación científica sobre o tema, prefiro escoller a sabia tradición popular que, a fin de contas, será a que con maior acerto, segundo o no-

29


30


Limia. O rĂ­o do esquecemento

31


so criterio, nos aproxime á verdade científica. Por iso, e de igual xeito que no caso do Miño e do Sil, non é o mais caudaloso a orixe do río principal; no caso do Limia, tampouco o será o Nocelo, ou o Lebonizo máis caudalosos. O Limia nacerá pois, na terra dos antigos Limicos, no monte Talariño (985m) nun cavorco a 933 m. de altitude entre o outeiro da Cabeza do Andoriño (973m) e o outeiro da Lombada do Talariño (976m) (Lat.: 42º08´04.42”N. Lonx.: 7º34´35.43”W.), próximos a Paradiña de Sarreaus. Onde amablemente me levou Manuel Taboada Lamas de 80 anos veciño de Paradiña amosándome apaixonado a fonte do Limia, os pozos e a canalización que se fixo ata Paradiña para abastecer a este pobo. El, non ten dubida da nacente do Limia, e lémbrame que xa o seu aboo lle la amosara cando era neno. Con este regato conflúen, pouco antes da aldea de Couso, outros dous de menor caudal que proveñen do lugar dás Pías, cerca da Albergueria. É entonces, a partir do rehabilitado e turístico Couso, cando o río Limia toma certa forza, caudal e beleza, adoptando o nome de Freixo, pobo ao que a dirixe mesturado na paisaxe, debuxando un fermoso e fértil val, entre

32

os montes Sarreaus (871 m) e Penalba (907 m). Pasado Sarreaus, únenselle pola dereita, case á mesma altura, o Padroso que toma as augas do Saas; e o Valdelobos, que baixa por Perrelos dende as proximidades do Penedo do Arangaño (748 m). Nesta altura, pola esquerda desemboca o río Lodoselo, inxectando entre os tres ríos, novos folgos ao modesto caudal que baixaba de Couso, tomando a partires deste punto, exclusivamente o nome de Limia. Dende aquí, pola esquerda chéganlle-las augas dos ríos Da Veiga, Trasmiras e os máis caudalosos, o Lebonizo, mais coñecido por Faramontaos, que baixa da serra do Larouco, das proximidades do monte Farrelo (1396 m), e o Nocelo que se xunta, xusto na desaparecida Ponte da Pedra, posiblemente de traza romana, hoxe chamada, mais prosaicamente Ponte da carreteira de Damil; Ven o Nocelo do lugar da Porta da Veiga no monte Cebreiro (1266 m) tamén na serra do Larouco. Por aquí, mansamente, atravesa Xinzo de Limia (620 m), asfixiado nunha cunca artificial e rectilínea, que a man de homes insensibles encargáronse, ai anos, de depredar de todo vestixio de pasado, levándose por diante zonas tan fermosas,


Limia. O río do esquecemento

de nostálxica lembranza, como o Mato de Boado, as Riscas, Barreiros ou os Bosques, e con elas as súas pontes, pasos, arbores, e seculares meandros, -a paisaxe mesma-. Malia todo, o Limia, tenta nesta chaira esforzadamente, impero ao esquecemento dos homes de agora, rexurdir das miserias a que o imos encadeando. Continua dende Xinzo, sumándoselle aos arredores, pola esquerda, os ríos Arnos, o Ribeira, que vén de Sóutelo de Ribeira (900 m), e o río Grande que baixa dende O Carmen da Veiga (982 m) na parroquia de Sobreganade. Pola dereita, un pouco antes do antigo Ponte da Rúa na Veiga da Saínza (614 m), mestúranse as augas da desecada Lagoa de Antela, antes, tamén coñecidos como río de Antela ou Bión. É precisamente neste tramo onde se atopan o Museo da Limia, en Vilar de Santos, e a Casa da Lagoa de Antela en Sandias, visitas obrigadas para mergullarse no coñecemento da Alta Limia Logo destas augas, á mesma man, as dos ríos Bidueiro, Celme e Carpazas e pola esquerda, o río Ganade e o fidalgo Firveda, cuxa fermosa fervenza, ten sobrevivido á acción canalizadora, que o asfixia na súa recta final.

É, neste tramo, ata a Feira Nova, onde o Limia recobra o alento a pesares da canalización, e acubillado pola zona protexida das Veigas de Ponte Liñares, comeza a rexurdir. No mesmo pobo de Ponte Liñares, úneselle pola esquerda o Barceiro, que vén do Monte Castelo (1055 m). E a partir da ponte que o cruza, atoparémonos de novo co Limia en todo o seu esplendor natural e primixenio, -a pesares da cambadela que lle pon a minicentral que alí se atopa-. O río por aquí, amósasenos espléndido, e en toda a súa beleza, ata a ponte de Fornadeiros xusto na cola do embalse das Cunchas. Este tramo e ben coñecido por pescadores, é un dos máis fermosos do Limia, na Alta Limia; percorrelo é un goce para os sentidos e un acto de reconciliación coa natureza e co río mesmo, un deses paraísos perdidos, agochado entre árbores e lameiros deitados o seu carón, vieiro que no seu cabo, na Ponte de Soutelo, se amosa romántico e cinematográfico, sendo elixido este sitio para a rodaxe de algúns dos exteriores da longametraxe a Lei da Fronteira. Xa no encoro, que a pesares da desfeita que supuxo a súa construción, forma unha paisaxe de gran fermosura deixando que

33


34


Limia. O rĂ­o do esquecemento

35


o río flúa esparexido polo suave val ata o poboado das Cunchas (550 m), onde é detido violentamente por un impoñente muro de formigón. O Limia, aquí, recolle as augas do Pousa e o Porqueiros pola Esquerda, e do Cadones e Santa Cristina pola dereita, mentres fai de espello engalanado, para deixar mirarse nas súas augas, os restos do campamento Romano de Aquis Querquernis, a Igrexa de Santa Comba, ou as fermosos praias fluviais de Muíños, no parque Natural da Baixa Limia Serra do Xures. Pasada a presa, retoma a súa canle natural, e aínda que so, durante uns poucos quilómetros, podemos atoparnos de novo co Limia primitivo e verdadeiro, percorrendo o fondo val, agora con máis forza e violencia, encaixado na agreste paisaxe do profundo rego que van labrando os séculos. Continúa baixando atravesando os fermosos paisaxes próximos a Ponte do Torno que logo de traspasada, encamíñao cara os novos Aceredo, Buscalque, e Santiago, engordado artificialmente, produto das estrivacións do encoro de Lindoso, onde é represado, unha vez mais, agora en terras de Portugal, asolagando baixo as súas augas, un dos vales mais fértiles e fermosos que tiña o Limia, e

36

con el, a paisaxe esculpida durante milenios, o rico patrimonio natural e arquitectónico, por non falar do ecosistema que mantiña. Estragados para sempre. Neste tramo adhírenselle os ríos Grou, Casal, Marcosa, Buscalque e Castro Leboreiro, con nacente todos elles na serra do mesmo nome, cuxas alturas superan os mil metros. Pola dereita, serán o caudaloso Salas, o Lovios, o -morno- Caldo, o Nau, o Vidoeiro e o Madalena, que forma unha pequena trábella liquida, con Portugal. A partir de Lindoso (275 m), precipitándose cara o Océano, entra en terras Lusitanas, chegándolle, pola dereita, os ríos Castro, Cabril, Troufe, Azias, e Touvedo, -onde e represado outra vez-, e os alcumados Ribeiras, como a de S. Mamede, e a Ribeira dá Armada, a Ribeira de Serdedelo, o río Trovela, a Riveira (dá Veiga) dá Correlha, a Ribeira de Geraz, a Ribeira de Deao, a Ribeira de Deocriste, a Ribeira de Subportela, a Ribeira de Vila Franca, a Ribeira de S. Simao e a Ribeira Cóvo; E pola esquerda, o Peneda, o Veigas, o Adrao, a Ribeira de San Jorge, o río Vez, o Azere, o Cabreiro, a Ribeira dá Branda dá Aveleira, a Ribeira de Aboim dás Choças, a Ribeira de Sabadir,


Limia. O río do esquecemento

a Ribeira de Río de Moinhos, a Ribeira de Parada, a Ribeíra de Porto Cova, a Ribeira de Sístelo, a Ribeira de S. Cosmo e S. Damiao, a Ribeira dá Condorniz, o río Labruja, o Estoraos, a Ribeira de S. Lourenzo (dá Montaría), a Ribeira de Nogueíra, a Ribeira de Portuzelo e a Ribeira de S. Vicente; Todos eles, lévano caudaloso, e pletórico de paisaxes, mansamente ata a súa desembocadura, atravesando antes, terras de ensoñadores vales e mellores xentes, e poboacións con sabor a fado e a saudades: Como Ponte dá Barca ou a irmá Ponte dá Lima, que, aos Limiaos das Terras altas, nos fan sentir nostalxias dunha Gallaecia unida e fraternal, que un día, non fai tanto, o Limia atravesou en liberdade xunguindo coma hoxe, esta terra común e sobranceira. E despois de un apaixonante viaxe de 137 quilómetros, ¡por fin Viana!, onde o fado é musicado polo manso Limia fundíndose no Océano, facendo nosa, dos Limiaos todos, da amálgama das augas dos nosos ríos, das nosas xentes, da terra e da cultura, aquela cantiga saudosa que esperta a morriña, mesturando acentos e sentimentos, por Xinzo e Ponte de Lima, dende Couso ata Viana; Que a min, me soa a Ceo nos beizos de María:

Entre sombras misteriosas, Em rompendo ao longe estrelas. Trocaremos nossas rosas Para depois esquecê-las. Partamos de flor ao peito, Que o amor é como o vento. Quem pára perde-lhe o jeito, E morre a todo o momento. Se o meu sangue não me engana, Como engana a fantasia. Havemos de ir a Viana, Ó meu amor de algum dia... Xinzo de Limia, Agosto de 2008

37


limia Otero Pedrayo Nos ollos dos valentes bois, reflíctense os verdesceres da Limia e a clara beleza de Xinzo, como nas augas encoradas os ceos grises, os ceos azuis. Reserva dos mellores bens da montaña galega a vila, reflexa a fartura da terra, e cada mañá, cas primeiras badaladas e o primeiro cantar de traballo, confirma seus xuramentos de progreso e porvir, cinguidos co ser enteiro da Ga1iza.


un viaxe pola limia Xosé Benito Reza. Por moi galego que un sexa, e aínda máis se non o é e non coñece esta terra, sentirá no paso elevado das Estivadas cara a Ourense un sobresalto, unha serena e sutil euforia ao contemplar o mundo contrastado que abre aos seus pés, unha terra en nada semellante ó harmónico devalar do terruño galego, a ese tópico xeográfico que presenta Galicia morriñosa cortada nun milleiro de vales somnolentos, de vez invisibles, mesmo luctuosos e desafiantes, onde a penas chega a luz do mediodía no san Xoán. Non é o caso. Porque agora o que se dexerga dende aquelas estribacións que incardinan o Larouco co san Mamede é un mundo escorrentado de luces e sombras, divagando ceibes por unha chaira inmensa inesperada, onde o vento viaxa dacabalo de horizontes prístinos e luminosos, sempre distantes naquela inusual horizontalidade. Páramo ou estepa, terra mesetaria de arxilas e areas incrustadas no corazón pétreo e cristalino da vella Gallaecia. Foi nun tempo berce da lagoa máis extraordinaria da península, aquela enorme cunca. Ben diferente a visión que espalla agora da que reside na memoria anterior. Fagamos un itinerario polas terras lamacentas e pataqueiras da chaira limiá, bordeando de cando en vez os pregues cristalinos de cotos e montes que se achegan dende as altas serras. Para principiar, o mellor e coller dende Vilar de Barrio no norte, e tirar logo todo cara a baixo, cara ao sudoeste, deica a bocana final da Feira da Ponte ou Ponte Liñares. Por aquela banda setentrional, no medio e medio da chaira extensión, arrexúntanse a meirande parte dos concellos limiaos: Xinzo, Sandiás, Xunqueira de Ambia, Vilar de Barrio e Sarreaus. E é xusto no 40

punto de encontro dos tres últimos onde se instala, fachendoso e altivo, aquel fito da nosa máis remota antigüidade: A Pedra Alta da Limia, ao pé da vella verea que de Cortegada de Sarreaus levaba dende tempos inmemoriais asomando das augas da lagoa ata Xunqueira de Ambia. É ela unha das tres pedras fitas que en Galicia se teñen oficialmente por “menhires”, xunto coa Lapa de Gargantáns en terras pontevedresas de Moaña e a da Penagache de Verea nas terras próximas da Baixa Limia. Dende a Pedra Alta, a de maior envergadura das tres citadas, descubrimos coma en ningún outro lugar da Limia a sobriedade e serena quietude que impera nas paisaxes espidas, dominio dos ventos fríos que chegan do norte. Non é difícil imaxinar, dende aquela privilexiada e centrada posición, cómo era a maior lagoa da península ata mediados do século pasado. Un espello de prata xigantesco relando a luz difusa da invernías, 1.350 hectáreas lacustres que se lle calculan dentro do triángulo formado polas localidades de Xinzo, Sandiás e Vilar de Barrio, ateigadas con preto de duascentas especies diferentes de aves, un abouxar continuo de estridente vida no corazón máis húmido de Galicia. A gran lagoa de Antela ocupaba o lóbulo setentrional da chaira limiá, esgazado do lóbulo oriental ou veiga de Trasmiras por unha estreita cordal de outeiros onde despuntan o afamado mosteiro de Trandeiras e a torre de Pena, os dous alí pretiño, a un tiro de pedra pola banda do leste. É esa cordal prolongación orográfica das terras bravas do San Mamede que a xeito de punta de lanza tronza a chaira para morrer xunto ao pé da vila de Xinzo, capital admin-


Limia. O río do esquecemento

istrativa da Limia. Hoxe de toda aquela magnificencia acuática por desgracia xa non queda nada, pero queda o murmurio do vento cruzando a terra esteparia, rumores que baten con forza na Pedra Alta, que nos falan na orella dos tempos aqueles en que por aquí abundaban gansos, zarapicos, merguilletes, pitas cegas, galiñolas, bruións e incluso cisnes, tantos, tantos, que ao dicir dos máis vellos “nublaban o sol”. E queda tamén, cando contemplamos aquelas terras inmensas de labrantío, de agrarismo e pan levar, entre a poeira que levantan os tractores dos pataqueiros na labor, unha nostalxia terrible que nos esturruxa a alma. Hoxe aquela planura do norte limiao son todo agras, leiras e campos de cereais, onde cultivar na terra fonda e feraz, chan de lagoa, nabos, trigo, centeo, patacas e remolachas, principalmente. Unha extensión cruzada en todas as direccións polas canles de primeiro e segundo orde que a xeito de espiña de peixe serviron hai cincuenta anos para enxoitar a gran lagoa. E unha multitude de pistas que corren paralelas ás anteriores. Polas beiras e lindeiras de toda esa rede de drenaxe xunta aos viais nacen salgueiros apoucados e algún mato illado de xesta negra. E lonxe, nas abas que pechan o anfiteatro natural a todos os ventos, vense aínda boas masas arboradas de cerquiños coa follada apegada ata a próxima primavera. Son todos estes campos, estes grandes espacios abertos, terra a propósito para aves que gustan do chan e que, paradoxalmente, foxen da auga, ou para aqueloutras que gustan de viaxar dacabalo das térmicas

nas súas cazainas. Especies como os pazpallás ou as perdices, mesmo os xa escasos sisóns (Tetrax tetrax), ou como a rapiña cincenta (Circus pygardus) e a gatafornela (Circus cyaneus), e tamén escrutan o vello dominio da lagoa os teceláns ou lagarteiros (Falco tinnunculus). De todos os xeitos os que mellor se senten hoxe nas terras gañadas ás lamas e ás mornas augas son sen dúbida as aláudidas, cantos estridentes peneirando os aires de lavercas, cotovías e calandras. Seguimos na nosa viaxe pola pista que corre paralela á canle principal da lagoa, por entre salgueiros itinerantes que van demarcando parcelas extensas, sempre coa serra do Larouco, daquel deus do corazón das tebras coma pano de fondo. Pola banda da dereita ergue a silueta fendida da torre de Sandiás, de Sancho Díaz ou Sancho Ioannes, na cordal baixa que antecede os montes de Allariz. Porque en efecto estamos nunha terra de fisionomía tan castelá que tamén como na meseta ibérica medraron aquí en tempos os castelos. Fortalezas ergueitas para facer fronte á cobiza lusa chegada alén do Limia, pola gorxa do imperio camiño da sede bracarense. As andainas do primeiro rei Afonso Enríquez parece que foron sonadas pola Limia adiante e como réplica fundaron os condes da “Galiza do norte”, pé dos montes e con toda a chaira por diante, eses sentinelas do medievo, ollándose entre eles cos ollos grisallos da pedra ameada. Son os baluartes defensivos de Sandiás e Pena, e tamén o da torre da Forxa en Porqueira e o extinto de Celme en Rairiz de Veiga, dous pola banda do norte e dous pola do 41


42


Limia. O rĂ­o do esquecemento

43


mediodía, para mellor vixiar a gran chaira e o paso cerimonioso do río, camiño de culturas e civilización. Non moi lonxe, logo de cruzar a vella estrada nacional N-525, entramos nunha zona ben diferente: o dominio da area, área industrial. Despuntan no horizonte os perfís metálicos de dragalinas, grúas, cintas transportadoras, naves industriais, e hai un continuo ir e vir de camións-bañeiras trasfegando a cobizada area do subsolo limiao. E sen embargo, con todos eses artificios, con tanta explotación humana por medio, abraia e sorprende a extraordinaria vida silvestre que temos agora por diante. Porque a explotación de áridos na Limia trouxo como consecuencia a aparición case milagreira dunha chea de pequenas e medianas lagoas ao asomar o nivel da capa freática residente nestas terras de aluvión, reductos hoxe de indiscutido valor natural logo do enxoitamento de Antela. Nestas recuadas pozas artificiais, ben na lámina libre da auga ou acantonados entre os xungos, espadanas e canas das beiras e noiros mollados, viven centos de aves de moi diferentes especies onde destacan, ben pola importancia das súas poboacións ben pola relevancia da especie, os merguilletes grandes e pequenos (Podiceps cristatus e Tachybaptus ruficollis), a manzaneta común (Ixobrychus minutus), a garza inverniza (Ardea cinerea), o anelo chirlo (Anas crecca), o negrón (Aythya fuligula), unha multitude de patos reais (Anas platyrhynchos) e os recentemente chegados corvos mariños (Phalacrocorax carbo). Con todos eles nestas pozas, dispondo de tempo abondo e de bo material óptico, pasará o amante da nosa natureza unha xornada inesquecible. Palabra. Deixamos o dominio das areeiras e collemos de novo o noso rumbo, sempre parellos á canle principal de Antela. Agora deixamos o concello de Sandiás, cruzamos polo sur o de Vilar de Santos e finalmente chegamos ao de Rairiz de Veiga. É neste último concello limiao onde atopamos o cruce da canle co río Limia que vén da vila de Xinzo, dese “Lima” da fermosísima Viana atlántica que recollía neste punto as augas da extinta lagoa. Vén aínda modoso e somnolento, procedente das veigas de Trasmiras e os altores modestos de Sarreaus, que é en efecto onde agroman aquelas augas primarias, unhas augas que logo 44

morrerán no océano, nesa fartura de augas semisalgadas, aquel esteiro impresionante de Viana, pé do castelo de San Tiago. Agora, neste punto do noso percorrido con ser aínda canle artificieira xa teñen as augas máis cara de río, máis personalidade, nesa transición das augas que chamamos de lénticas a lóticas. É un roteiro agradable e amigo, pois indo a modiño descubrimos aquí e acolá moita vida silvestre, entrefebrada e acubillada na fecunda vexetación natural das ribeiras e na que asoma das augas, entre cabazas (Nymphaea alba e Nuphar lutea), entre a xonza negra e branca (Carex e Cyperus sp.), nas chantaxes das augas (Baldellia ranunculoides), entre máis canas (Typha latifolia), xungos (Juncus sp.) e espadanas (Sparganium erectum), e entre os bións (Scirpus lacustris), unha especie esta última tan aproveitada polos ribeiregos da lagoa dende tempos inmemoriais que mesmo deu outro nome á lagoa: O lago Bión. Vénse con frecuencia neste Limia domesticado de augas ateigadas de vexetación boiante ou emerxente especies típicas como pitas (Gallinula chloropus) e galos (Fulica atra), e non é raro ver tamén aquí negróns e o anelo chirlo (Anas crecca), ou incluso o anelo serrano (Anas querquedula), e de cando en vez sorpréndenos o estrondo poderoso dun bando de alavancos remontando o voo dos nosos pés. E así, deste xeito, chegamos por fin á zona da Limia máis pura e virxinal, aló onde a man inqueda do home moderno a penas teimou no seu imperioso afán por domear a natureza. Son as veigas da Saínza, de Ordes, de Congostro, todas no concello de Rairiz de Veiga. Son terras de asolagamento, que cumpren hoxe ao igual que hai milleiros de anos o seu ciclo natural de seca e asolagamento. Son logo terras que viven ambientes extremados, nun frenesí continúo ao longo de todo o ano como resposta ás tan mudables vicisitudes climáticas. E esa é a razón da enorme importancia destes ecosistemas, onde cohabitan especies adaptadas a tan cambiantes e cardíacos ritmos. As veigas, emprazadas na área onde desembocan os humildosos ríos Bidueiro e Fírveda, ocupan unha banda intermedia entre a canle do río e as leiras arboradas. É unha franxa aparentemente núa, que cando non está asolagada loce pastos dun verde esmeralda


Limia. O rĂ­o do esquecemento


46


Limia. O rĂ­o do esquecemento

47


purísimo, ecotono ou fronteira entre o propio río e as agras lamacentas sucadas de evocadores camiños, das vereas de antes, por onde van as regas anchas cuspindo as enxurradas, camiños de auga e follada silvestre. Nesa vasta e singular extensión herbácea aínda se ven hoxe algunhas vacas limiás e ovellas, e vellos e vellas con can rubio mirando cómo viaxan os nubeiros, e un cruceiro sen moitos requirimentos chantando o pé na veiga de terra mol. É unha terra de paz última, onde o tempo semella estar pechado nunha cápsula de cristal. A vida silvestre que mora por estas fronteiras de terra e auga, na última Thule limiá, é un agasallo para o visitante máis esixente. Agora xa non hai artificios nin sons abouxadores neste relicto ou reliquia do que foi un día a Limia. Entre a grama, entre as rosiñas e trevos, na xesta branca e negra, no codeso, nas pozas e nas canles agora si naturais que particionan aquel territorio, nas silvas, nichas e queirugas das brañas, no bosque mesto de carballos, bidos e sanguiños que a xeito de barreira aparentemente infranqueable separan o mundo natural e o mundo dos homes, vive un número inxente de persoeiros silvestres. Andan pé das augas, aloumiñando as humidades terreiras, os ríos e os regueiros, ras, salamántigas, cobras, lagartiñas, incluso londras. E polo verde pasteiro ollamos o andar cavilativo dun número cada vez maior de cigoñas. Garzas que levantan o voo cadencioso e cruzan a canle cara ás terras de Porqueira, bandos de choromicas inverneiras (Vanellus vanellus), algunha arcea (Scolopax rusticola) na captura das abondosas miñocas, cabras do aire (Gallinago gallinago) e biluricos (Tringa sp.). E campean por aquí con voo planificado e maxestoso os buxatos (Buteo buteo) e os miñatos negros (Milvus migrans) xunto con algunhas rapiñas que andan a escrutar os rasos. Na distancia próxima, inminente, están as leiras e os labrantíos invisibles de envexables e valiosísimas sebes. ¡Como engana aos ollos a uniforme horizontalidade! Porque o que semella dende as veigas unha fraga pecha e inaccesible non é máis que o cortizo do corazón máis puro da Limia, a paisaxe humanizada por excelencia que personalizou dende séculos esta terra. Cruce o visitante calquera dos camiños que dende as veigas de Rairiz 48

levan a aparente fraga e aos lugares dos homes que van un chisco máis arriba. Atravese esa barreira inicial onde as augas encoradas bican os pés das árbores en pantalla, e topará por sorpresa cun mundo mesurado, cavilado hai moitísimo tempo atrás, un mundo hoxe reducido e minorado na gran extensión limiá. Van as lindeiras en terra de homes con patacas, nabos e remolachas ateigadas de carballos esplendorosos, e entre pé e pé de carballo, seguindo os sombrizos camiños, asoman os brillos misteriosos e perpetuos dos acivros, a maraña de trabadas silveiras, as follas coma moedas douradas dos salgueiros outonizos, os cortizos anacarados dos bidueiros coa póla fina da cor do viño. E van os niños das cigoñas da cabalo dos carballos vellos decotados. É o mundo respectuoso do home coa natureza, ese do que hoxe se fala tanto sen saber ben o que é –aquí hai un claro exemplo para ver-, chamado “desenvolvemento sostible”. Porque aquí o galego, para vivir durante séculos innumerables, non tivo que arrasar nin deturpar todo o que a Natureza puxo ao seu dispor dende tempos inmemoriais. Lamentamos profundamente, con gran pesar, a desfeita arboricida da Limia durante o proceso de concentración parcelaria. E pedimos unha mudanza nos acenos e nos actos, unha maior racionalidade e un maior esforzo para comprendermos o papel que xogan todos os elementos naturais na definición das nosas paisaxes culturais, hoxe en vías de desaparición. Saímos das veigas cara aos lugares dos homes, para rematar definitivamente no desaugue natural de Antela, nese lugar engaiolante con ponte, capela, cruceiro, peto, campo da feira e restos da vía militar romana chamado Ponteliñares. Porque aquí remata a Limia e comeza outra terra ben diferente. Porque xusto aquí o Limia xa é un río de verdade tal e como nós entendemos que debe ser un río. Erguen as terras, xorden abas e vales esporentes onde afloran granitos luídos polos temporais, vaise o río por unha corga estreita devalando cara a Portugal, polo mesmo camiño que morre o sol na época do Nadal. Lonxe, no comezo do camiño, unha néboa espesa apegada ás alturas das Estivadas esparexe pola Limia coma se fora leite a ferver.


Limia. O rĂ­o do esquecemento


50


Limia. O rĂ­o do esquecemento

51


o rio das lembranzas Federico Cocho.

Quizais non tiñamos unha vila con moito pedigrí históricoartístico que digamos, con monumentos, pazos, rúas con engado e cousas desas, pero o noso río ía morrer (coido que, se non o desviaron en Portugal, inda vai) directiño ao océano Atlántico. Daquela, tiñamos técnicamente un río principal, cousa da que non podía fachendear a nosa veciñanza vilega competidora. Así é que, de primeiras, o río era, mira ti, un motivo para presumir na liga asobal da rivalidade intraprovincial. Un día, de volta do verán na Guarda, leváronme a ver a desembocadura do Limia desde o santuario de Santa Lucía, en Viana do Castelo. Aquela magna e fermosa visión reconfortoume e encheume dun orgullo patrio só comparable ao día en que o Joel foi xogar para o Ourense F.C. ou aqueloutro –maxistralmente relatado polo noso Antón Riveiro–, en que gravaron unha escea da serie televisiva “Los camioneros” (starring by Sancho Gracia) no cruce da praza. O meu pai contárame a lenda do río do Esquecemento. Na miña infancia dos anos 60 a historia inda non era moi do coñecemento popular. Foron precisas varias pasadas pola Ponte Nova, nunha daquelas bicis “de muller” coas que dominabamos a Limia chairega, para acougar e dar por confirmado que, en efecto, a lenda era iso, só lenda, sen consecuencias cerebrovasculares aparentes no século XX. Esquecemento? Guiado polo signo dos tempos puxen “Río Limia” en Google por ver que se falaba del no orbe virtual. Nunca tal cousa debín facer, porque o ordenador rebotoume unha listaxe abraiante de desfeitas medioambientais, merecedoras das penas do inferno. Se cadra hoxe os romanos alcumaríano o 52

río do Sufrimento. Mais o Limia sempre será para min o río das mulleres lavando a carón da ponte. O das lavandeiras nerviosas e dos peixes que nunca pasaban pola caña do meu pai. O río dos xuncos, das cadeliñas e das merendas da nenez. O da Ponte Vella, a do gando, vítima da túzara insensibilidade administrativa. O río do matadoiro matador. O río do verán nas Riscas, a salvo de contaminacións sanguinolentas. O río das primeiras brazadas, do medo ás pozas, dos remuíños, das artistadas dos tarzáns de plantilla e do discreto encanto das mozas máis lucidas. O dos vestiarios entre as xestas e das tardes de guitarra, grilos e bicos ás agachadas. O río dos excesos do inverno, das cheas que chegaban ata o noso entrañable, esencial, colexio Santa Marina. O río dos cágados collidos nas pozas que deixaba na Ladeira nas súas habituais excursións fóra de cauce. O Limia do paseo fluvial que non dá chegado. O Limia para non esquecer, o das augas que non volven pasar nunca polo mesmo sitio, pero singularizan o sinal cósmico dos limiaos, das xentes desta Limia feita un mar de longos ventos, como a sentira o chorado Antón Tovar. Escenario fixo do anónimo e potente coro verde de ras que interpretaba a súa inesgotable banda sonora nocturna, mentres o tempo se detía no espolón. Auga do río da miña vida. Río das Lembranzas. A Coruña, xullo de 2008


54


Limia. O rĂ­o do esquecemento

55


cousas da limia Vicente Risco A veiga, ou sexa a chaira, con moitas terras de pan -houbo quen chamou á Limia “o graneiro de Galicia” -, lameiros intensamente verdes, rodeados de carballos cerqueiros, en onde alternaban algunhas vacas marelas co gando negro, o “bos ibericus” de aquí, de Viana, de Caldelas; A veiga está rodeada de montañas que azulexan ó lonxe, cada vez con azul máis claro. Ollando ó Sur, destácase no horizonte o Outeiro dás doce: cando o sol está verticalmente na cima, é o mediodía; é un reloxo cósmico. Ó pe dos montes do primeiro termo, está a torre de Porqueira. Dos castelos que exaltaron a Benito Vicetto, a don Benito Fernández Alonso e a outros: Sandiás, a Pena, Porqueira, non sobreviviron máis que as torres... Sentado ó pe da torre dá Pena, vin voar sobre a miña cabeza unha garza real; sen dúbida traía algún mensaxe da Idade Media, que quedou tan segrego dentro de min, que eu mesmo non me enterei. Aquela torre domina a veira sur da lagoa. Cando a lagoa sexa desecada –agora asemella que vai de veras- botarémola de menos os románticos, os cazadores e as súas vítimas. ¿As aves raras –alí foron cazados dous cisnes boreais, os cisnes de Apolo …Hiperbóreo Deben atoparse disecados na Universidade de Santiago– en onde van atopar despois descanso? Pero o que non podemos esquecer é que Galicia ten alí a súa Atlántica: a cidade de Antioquía, asolagada baixo as augas. Todos alí oíron as súas campás e os seus galos, aínda que non queiran dicilo. Pero diso haberá que falar outra vez.


58


Limia. O rĂ­o do esquecemento

59


60


Limia. O rĂ­o do esquecemento

61


primeira lembranza Carlos Casares. Roula, muíño triste, roula as lembranzas de antano. As tardes nos eidos cas vacas, enredando ca navalla nun pao de carballo. Ai tardes, tardiñas acesas xa so me quedan os cádavos. Xinzo, Lamas, Sabucedo, a nai Francisca, o Cándido, o Enrique, os cas, o probe Celso e o prado da Lomba qué lonxanos! Tempo sobor do tempo que se foi espallando polo Limia louro da vida abaixo

62


viaxe o pais do limia Alvaro Cunqueiro (...) Toda a calada noite permanece solitaria, e ascendemos por ela, ó tempo, pola terra e pola néboa, hate onde racha, como unha enorme fiestra, a luz luar, e a néboa detense nas xambas, tal e a onda mariña nos beizos de area e rocha da terra firme. (...) baixo a lúa fría e a despregada estrelada, resucita a Limia. Pero, ¿vamos a entrar no país do esquecemento? ¿Vamos a atravesar o auga lenta onde a memoria fuxe, como un peixe

asustado? Esas luces son Sandiás. Baixo esta ponte comeza seu camiño o Limia. Non se escoitan as súas augas, porque son simplemente soños, e corren a traveso de un sono. A lúa nova sega estrelas sobre Xinzo. Esas longas franxas de prata son a lagoa. ¿Está feita de auga ou de soños humanos ou memorias, perdidos vasos, esquecidas vidas?


68


Limia. O rĂ­o do esquecemento

69


limica Florentino Cuevillas A Limia e solemne e grave como unha badalada, saída da Berenguela compostelán. Hai terras cuxa alma pode expresarse coas notas dun violín, ou coas dunha gaita, ou de unha guitarra, pero na terra da Limia ancha, forte e chea dunha robusta vitalidade, so pode interpretarse co son do órgano ou do bronce. Elo ven sen dubida do seu orixe lacustre, das tradicións pasadas, das xunqueiras da súa lagoa, e da maxestade do pobo romano que cruzou

por ela. Hai vella maxestade e vella historia e nobres tradicións en esta terra chan, aburatada por grandes pozas e atravesada por un río lacaceiro, que semella querer botarse a durmir en cada recuncho, tendido nun leito de xuncos. Ai grandeza na amplitude do horizonte, e graza nos carballos cerquiños que rodean os predios, e fresco e manxares delicados a sombra das carballeiras da Sainza.


76


Limia. O rĂ­o do esquecemento

77


Antón Tovar Cando chegue o meu día i o derradeiro viaxe, enterráime na dorna dun adriño aldeán, poñéime nela espido sin sudario -no chanque xa teño ún pra mín feito só de paisaxe. Cando o meu corpo morra xunto á frol das toxeiras seréi un acio máis tripado en gran vendima polas patas dos bois, os bois da miña Limia, nun lagar oceánico de longas carballeiras...


lembranzas Suso Vaamonde. (…) Altas terras da Limia dos outonos dourados e das chousas sombrizas. (…) Nos camiños do Vieiro onde o corisco funga ten o seu pazo o inverno (…) Alá embaixo, entre seixos, pasa o Limia cantando unha canción de arrieiro.


82


Limia. O rĂ­o do esquecemento

83


O Rio Letes e os Campos Elísios Claudio Lima.

“Si hubo Campos Eliseos eran estos y si no los hubo, seran estos.” Antonio de Sousa Macedo

Lendas são o que são: herança inestimável de imagens em movimento, alimentadas na mais facunda matriz de um povo. Ou melhor dito, seguindo Gentil Marques nas Lendas de Portugal, constituem na sua essência o anseio espiritual do homem de sempre ao tentar conhecer e dominar os mistérios do Universo(1); ícones emergentes de utopias possíveis, imaginários aglutinadores de desígnios colectivos. Tive a sorte de nascer num reino maravilhoso que nada fica a dever ao transmontano-duriense de Miguel Torga. Este reino de verde derramado que tem por balizas e por cenários o rio Minho de João Verde, o rio Lima de Diogo Bernardes e o rio Neiva de Sá de Miranda. Território de paisagens paradi-síacas, gentes simples e hospitaleiras, pedras vivas e livros vivos que atestam, às sucessivas gerações, o peculiar modo de sentir este chão de ubérrima generosidade e edénico encanto. Letes chamaram ao rio Lima e Campos Elísios a estas suas terras ribeirinhas de sortilégio e de magia. Poetas e historiadores, séculos a fio, têm enaltecido tais qualidades, em vários registos de inspiração e em coincidentes ímpetos de arrebatamento. Inspirado, provavelmente, na lírica de Diogo Bernardes, João Nunes Freire escreveu o romance pastoril Os Campos Elisios (1626) (2) situando-os, ao longo de doze jardins, ora nas margens do rio Douro, ora nas do Lima, com maior propensão para a segunda hipótese, levando em linha de conta a beleza verde84

jante e pletórica que alastra em suas margens, - um permanente convite à divagação lírica, à prática do passatempo amoroso e ao descuido das agruras que a vida nos trama. Repare-se neste pequeno trecho extraído do jardim quarto em que uma fermosa pastora recorda a felicidade perdida, acrescentando mais as lágrimas e suspiros com a lembrança do bem que ali lhe faltava e continuara em ua profundíssima tristeza, que as lembranças lhe davam, se não divertira o pensameento com o som de ua frauta que ouviu, tendo já saido da frescura do vale, e estando já na praia do rio, cuja suavidade saía por entre uns penedos e uns amieiros frescos de junto do Lima com tanta graça, que parece que o Rio, descuidado com esta glória, se esquecia de fazer com pressa o costumado caminho, levando a corrente vagarosa, por gozar da suavidade com que o som daquele rústico instrumento o ia entretendo. É Diogo Bernardes justa e consensualmente considerado o grande cantor do Lima, dedicando-lhe duas das suas obras, publicadas em 1596, um ano após a sua morte: Rimas Várias, Flores do Lima e O Lima. Aí podemos constatar o quanto o rio e suas veigas bordejantes se constituiram em tema recorrente, direi que obsessivo, do grande vate ponte-barquense. Ao ponto de ser difícil escolher um ou dois poemas que, específica e genuinamente, se possam constituir como paradigmáticos daquelas leteas agoas. Por isso, quase a esmo, opto por transcrever um de cada obra citada. De Rimas Várias, Flores do Lima, este Soneto XXXX: “Meu patrio Lima, saudoso, e brando Como naõ sentirá quem Amor sente,


Limia. O río do esquecemento

Que partes deste valle descontente, Donde tambem me parto sospirando? Se tu, que livre vás, vás murmurando Que farei eu cativo, estando ausente, Onde descansarei de dôr presente; Que tu descansarás no mar entrando? Se te naõ queres consolar comigo, Ou pede ao ceo que nossa dôr nos cure, Ou que trespasse em mim sua tristeza: Eu só por ambos chore, eu só murmure, Que d’hum fado cruel o curso sigo, Naõ tu, que segues tua natureza. (págs 36/37), (3)

E de O Lima, este excerto magnífico da Écloga XV, entre Peregrino e Limiano: Está hum bosque ali verde, e sombrio, Que sombra nos dará, assento o prado, Fermosa vista o monte, o valle, o rio. O rio, que verás tam sossegado, Que te parecerá que se arrepende, De levar agua doce ao mar salgado. (págs 105/106) Também seu irmão mais novo, no século Agostinho Pimenta, que ao tomar o hábito monástico (capuchinho arrábido) adop-

85


tou o nome de Frei Agostinho da Cruz, não resistiu à tentação de cantar o seu pátrio rio, associando o seu fascínio ao estro poético de Bernardes. Citarei apenas alguns tercetos das Elegias IX e X, escritas pelo frade aquando da morte do irmão: “Claras agoas do nosso doce Lima, Seccou no Tejo já vossa corrente, Onde me sécca a dôr, que me lastima. (…) Junto das bravas agoas Oceanas Choro quanto cantei na mocidade Ó som daquellas mansas Limianas: Daquellas, que já foram noutra idade Com nome de Letheas celebradas Por lhes faltar do curso a liberdade. (…) Mostrai-vos, claras agoas, tão sentidas, Quanto vos deu Bernardes de brandura, Vejam-vos de correr ficar corridas. (…) Cuidai que não se achou memoria antiga, Que tanto vosso nome celebrasse, Quanto não faltará quem melhor diga. (págs 111, 113/114) Outro grande poeta limiano foi António Feijó. (5) A sua obra, escrita entre finais do séc. XIX e inícios do séc. XX, a par e passo se reporta ao seu Lima natal, tanto mais sublime e sedutor quanto mais envolto de pesado véu de saudade, sentido e suportado nas longínquas e frias escandinávias, para onde o exilaram as obrigações diplomáticas. Dos muitos poemas da sua obra, oscilante entre o simbolismo, o parnasianismo e o neo-garretismo finesseculares; trespassada ora por uma poesia densa de pendor existencial, ora por uma versificação lúdica e brejeira, destaco estas belas quadras extraídas de Ilha dos 86

Amores (1897): Nasci á beira do Rio Lima, Rio saudoso, todo crystal; D’ahi a angustia que me victima, D’ahi deriva todo o meu mal. É que nas terras que tenho visto, Por toda a parte por onde andei, Nunca achei nada mais imprevisto, Terra mais linda nunca encontrei. São aguas claras sempre cantando, Verdes collinas, alvôr dareia, Brancas ermidas, fontes chorando Na tremulina da lua cheia… (pág. 97) Um poema que, na sua simplicidade, transmite todo um estado de alma de quem padece o acerbo espinho garreteano, o pungente sentimento de distância, de ausência ou de perda. E tanto se popularizaram estas quadras, que a Edilidade as elegeu para letra do Hino Limiano, com um contagiante arranjo marcial do conceituado Amílcar Morais. Outros excelentes poetas, nados ou radicados na nossa região, não resistiram a exprimir pela via poética o que a paisagem lhes inspirava, atingindo-lhes as mais sensíveis fibras da sensibilidade. Citá-los, reproduzir os seus cantos laudatórios ao rio do esquecimento, a este mágico filete de prata que enfeitiçou as hostes romanas de Décio Júnio Bruto (cerca de 135 a.C.), que concitou o interesse de geógrafos e historiadores como Políbio (cerca de 200 a.C./cerca de 120 a.C.), Tito Lívio, o autor do oblivionis flumen, (59 a.C./ 17 d. C.) e Estrabão (cerca de 58 a.C./ cerca de 25 d.C.), - seria tarefa árdua e volumosa. Assim, referirei ainda e apenas dois nomes, porque incontornáveis em qualquer incursão lírica de temática limiana: António Ferreira e Teófilo Carneiro, ambos nados na vila que do rio o nome toma: Ponte de Lima. António Ferreira (1885/1963), juiz conselheiro, poeta e escritor de grandes


Limia. O río do esquecemento méritos, publicou em 1934 uma obra notável, Limianas, de que saíram 2ª e 3ª edições em 1949 e 1996, respectivamente. Aí exalta as belezas da terra, as virtudes da gente, a nobreza da história do vetusto burgo. Transcrevo parte do poema intitulado Canção Limiana. “Ando em Riba-de-Lima; velho crente E velho peregrino, Palmilho a raia em busca da nascente Do rio cristalino. Caminho só… e por oculta senda Regresso aos tempos idos, O misterioso cântico da lenda Embala docemente os meus sentidos! (…) Velha flauta! Por ela a tuba de ouro Quereria trocar em tarde calma E debaixo dum álamo ou dum louro Eu lhe daria o bafo da minh’alma. Mas não a encontro! Certamente, ó Lima, Os ocultos penates que ma exigem Querem que a vá buscar, caminho acima, À fonte de cristal da tua origem! (…) Quero arrancar apenas uma cana Junto à nascente pura E sentir nela a água limiana, Gorgolejando em mágica doçura.

Foi Teófilo Carneiro (1891-1949), advogado e poeta, outro grande enamorado do rio e seus encantos. Teve curta existência para afirmação de um raro e requintado estro. Todavia, a obra que nos deixou, dispersa e descoordenada,(6) basta para lhe garantir um lugar de destaque na galeria dos líricos limianos. Registo este pequeno excerto de um poema em que ele, extasiado, aconselha os pintores a não ousarem transpor para suas telas tanta e tão excelsa beleza: “Pintores de Portugal, ajoelhai! Isto é um milagre, não é cor nem tinta!… Mas não pinteis, pintores! Orai, rezai! Uma beleza destas não se pinta!… Muitos outros poetas e prosadores aqui poderiam ser evocados na sua íntima e afectiva relação com a nossa terra, banhada por um prateado e cantante fluxo de sonho, o rio Lima, que a irmã Galiza generosamente nos oferece e o mar em Viana impiedosamente nos tira. Citarei um pouco de memória os nomes de António Vieira Lisboa, Delfim Guimarães, Júlio de Lemos, Conde d´Aurora, João Marcos, António Manuel Couto Viana, Amândio de Sousa Vieira, os irmãos Luís e Amândio Dantas, o brasileiro Augusto Frederico Schmidt, etc. Só um rio fascinante como este e uma paisagem idílica como esta poderiam enfeitiçar tanta e tão conceituada gente…

Braga, Junho de 2008

Embora, pois, a terra irmã divise Doutro país, não me confundo ou nego… Que importa que o pé luso também pise Algum torrão galego? (Págs 67/69 da 3ª ed.) 87


88


Limia. O rĂ­o do esquecemento

89


ILLA DOS AMORES imno de ponte de lima Antonio Feijó. Nasci à beira do Rio Lima, Rio saudoso, todo cristal, Daí a angústia que me vitima, Daí deriva todo o meu mal. É que nas terras que tenho visto Por toda a parte por onde andei Nunca achei nada mais imprevisto, Terra mais linda nunca encontrei. São águas claras sempre cantando, Verdes colinas, alvor de areia, Brancas ermidas, fontes chorando Na tremulina da lua cheia. Oh meus amigos, quando eu morrer, Levai meu corpo despedaçado. Na minha terra, já sem sofrer, Dormir eu quero mais descansado Belos domingos os das aldeias, Manhãs serenas, que alegria, Um Deus amável até as feias Leva cantando à romaria! Danças alegres há pelas eiras Cantigas tristes pelas quebradas, Capelas brilham entre roseiras, As flores sorriem às namoradas. Rindo e sonhando, passam as horas Pelos outeiros do meu lugar Lábios risonhos tintos de amoras, Bocas vermelhas sempre a cantar... 90


Limia. O rĂ­o do esquecemento

91


92


Limia. O rĂ­o do esquecemento

93


Luis de Camões. Ó ribeira do Lima, celebrada de mil brandos espritos sempre sejas, sempre de brandas Ninfas povoada. Fujam longe de ti duras invejas; peçonha de pastores, morte sua: tudo sintas amor, tudo amor vejas. De dia o claro sol, de noite a lua em teu favor inspirem de maneira que sempre fértil seja a praia tua. Vamos ali, que ali bosque sombrio nos dará fresco abrigo, assento o prado, formosa vista o vale, o monte, o rio: o rio, que verás tão sossegado que te parecerá que se arrepende de levar água doce ao mar salgado. Nem cabra nem ovelha ali ofende erva, folha, nem flor, ou ferro duro; a planta pelo ar livre se estende. Verás caindo em gotas cristal puro no vão de uma caverna carcomida, por entre o musgo mole e verde-escuro. Quando vires , Learda , o nosso Lima , Que lá vai de meu choro acompanhado, Tornar com suas aguas para cima, De seu curso esquecido, costumado; Entaõ embora julga , entaõ estima , Que tenho n'outra parte o meu cuidado: Mas deixaráõ os rios de correr Primeiro que deixe eu de te querer.


96


Limia. O rĂ­o do esquecemento

97


98


Limia. O rĂ­o do esquecemento

99


O PASO DO LETHES: A Festa do Esquecemento

100


Historia e mitoloxía do río Lethes Antonio Balboa Salgado.

O coñecido como río Lethes é un dos máis senlleiros lugares míticos da antiga Gallaecia. O seu nome remite á mitoloxía clásica, en concreto á topografía do inferno antigo, pois os mortos, unha vez que bebían das súas augas, perdían a memoria da súa vida terrea. Un lugar mítico de tanto alcance rematou sendo identificado na Antigüidade cun río realmente existente no extremo occidental do mundo coñecido, o río Limia. Semellante identificación tivo lugar ao inicio do contacto dos romanos con estas terras. En concreto, na primeira expedición importante que tivo lugar sobre o 137 a.C. por parte de D. Xunio Bruto. Esta incursión hai que situala no contexto das duras e longas guerras lusitanas e celtibéricas que os romanos desenvolveron para dominar o centro da Península Ibérica. A expedición debe considerarse, pois, como unha incursión de recoñecemento e saqueo das terras que se estendían no extremo norte de Hispania. Foi unha expedición importante, que se desenvolveu nos territorios comprendidos entre os ríos Texo, Douro e Lethes (como sinala Apiano) e na que os romanos tiveron que enfrontarse a diversos pobos, como os brácaros, que combatían acompañados polas súas mulleres, que loitaban como os bandidos, sen presentar batalla formal. Así e todo, non foi a dureza e a crueldade da incursión o que

102

marcou o seu desenvolvemento, senón a existencia de dous episodios de forte contido mítico: un río lendario e a posta do sol no extremo occidente. Neste sentido, algúns autores como Plutarco lembran que Bruto foi o primeiro en atravesar o río Lethes, empregando o episodio do cruzamento do río como o elemento que marcou a expedición. O outro acontecemento salientable foi, recordando o que escribe Floro, que Bruto, percorrida a costa do Océano, máis alá dos célticos e dos lusitanos, dos pobos de Callaecia e o río do Esquecemento, que causaba o pánico entre os soldados, retirouse temeroso tras ver a posta do sol e o lume xurdido das augas. Hai que lembrar que estamos nos extremos do mundo coñecido, onde tales prodixios son perfectamente concibibles. Tamén resulta posible observar a raíz mítica da zona no feito de que eruditos gregos que habitaban no sur da península, como Asclepiades de Mirlea, localizaron aquí a diversos heroes retornados da guerra de Troia, algúns dos cales non regresaron directamente ao seu país percorrendo outras terras estrañas, como lle sucedeu a Ulises. Eses retornos son coñecidos como nostoi. O Limia cruza polo territorio dos grovios, cun nome que recorda ao dos gregos, o que deu pé a que fosen considerados unha fundación destes, como, na mesma zona, o pobo dos hellenos e a cidade de Tyde (Tui). Tal recurso foi moi


Limia. O río do esquecemento

empregado no mundo antigo por gregos e romanos para reclamar a lexitimidade do seu dominio sobre un territorio, sobre o que terían dereito porque xa fora colonizado ou visitado nun pasado remoto por míticos heroes gregos. Volvendo á expedición de Bruto, esta foi considerada moi importante e valeulle ao seu protagonista a celebración do triunfo e o alcume de “calaico”, como sinalan Ovidio e outros autores. Así e todo, non supuxo a conquista definitiva do noroeste de Hispania, que terá que agardar aínda un século, ata as Guerras Cántabras, en época de Augusto. O río foi coñecido baixo diversas denominacións xa na Antigüidade, o que pode deberse á existencia de distintas tradicións, que recollen autores como o grego Estrabón, que escribe no cambio de era, quen afirma que o río Lethes é chamado tamén Limia e Belión. O cruzamento do río foi salientable non só polo nome do mesmo, senón porque en consonancia con tal nome tivo lugar un episodio memorable, que foi recollido polas fontes clásicas. Este consistiu, como recorda Tito Livio, en que cando chegaron a él, os soldados se negaron a atravesar a corrente fluvial, ante o cal, D. Xunio Bruto colleu o estandarte, cruzouna e foi chamando polo nomes aos seus homes, co obxecto de demos-

trar a falsidade do mito. Nos últimos tempos, autores como Guyonvarch e García Quintela teñen relacionado o nome do río cun termo celta similar, que podería estar na base da confusión dos dous nomes. Ese termo é “letavia”, e fai referencia ao Outro Mundo. Hai que salientar que no mundo celta as augas son o lugar de paso cara ao máis alá. E como é posible que os romanos coñecesen esa tradición indíxena sobre o nome do río? Pois ben, as fontes clásicas facilítannos unha valiosa información acerca da orixe do nome do río Lethes. O autor que nos informa é, de novo, Estrabón, quen afirma que o seu nome se debe a unha revolta do pobo dos célticos, que habitaba no noroeste de Galicia (onde efectivamente se coñece a presenza de pobos celtas, como os nerios, os ártabros e os célticos supertamaricos), que estaba relacionado con outro pobo que vivía na zona do río Guadiana, onde tamén se coñece a existencia de pobos célticos. Aqueles realizaron unha expedición desde o sur xunto co pobo dos túrdulos, pero todos eles, tras cruzar o río, perderon o seu xefe e caeron na anarquía. Quizais a clave de como chegou tal mito indíxena aos romanos estea nos célticos do sur, quen llela puideron dar a coñecer. O Lethes, o Limia, cunha entrada tan rechamante na historia

103


do mundo antigo, foi perdendo pouco a pouco o seu carácter mítico. Isto resulta claro en autores máis tardíos como Plinio e Ptolomeo, cando é cualificado como “fabulosus” e se lembra que foi coñecido polos antigos como o río do esquecemento, ou cando aparece como un río máis, perdido entre multitude de topónimos, como acontece na grande obra xeográfica de Ptolomeo. O río Lethes e o Limia están tamén relacionados coa célebre e mítica Lagoa de Antela, hoxe lamentablemente desaparecida. Sobre a lagoa superpuxéronse ao longo da historia diversas tradicións das que se fixeron eco autores do s. XIX tan importantes como Murguía, que recolle noticias de autores anteriores. A tradición máis senlleira sobre a lagoa infórmanos que baixo as súas augas se agachaban os restos dunha cidade lendaria: a cidade de Antioquía, como lembran autores como Luís Monteagudo e Taboada Chivite. O tema das cidades asolagadas é un dos maiores temas mitolóxicos que existen na tradición galega, e que están presentes en moitos lagos, costas e estanques galegos. En resumo, son cidades pagás que son visitados por personaxes sacros que non son debidamente atendidos. Por iso desaparecen para sempre engulidas polas augas en castigo polo seu paganismo, desconsideración e falta de fe.

104

O tema das illas e cidades afundidas nas augas, sobre todo no mar, é un tema moi coñecido noutras fisterras atlánticas, como Irlanda ou Bretaña. Precisamente, é neste último lugar onde se documenta a tradición máis coñecida, a da cidade de Is, afundida polos pecados da filla do rei Gradlon, Dahud, que afoga coa cidade. A tradición foi ampliada nun artigo monográfico publicado por Taboada Chivite. Entre as tradicións recollidas por este autor, a cidade pasa por ser fundada polo heroe grego Anfíloco (dándolle o nome de Anfiloquia, semellante a Antioquía) e o motivo concreto da súa perdición foi o pecado da idolatría pola adoración da figura do galo. Aínda en certas noites especiais, como as de San Xoán, Nadal e Reis pódense escoitar os galos e as campás da cidade maldita. De novo atopámonos ante augas que se relacionan co Outro Mundo, como elemento particularmente favorable paro o contacto con aquel. Elas separan (e permiten o contacto ao mesmo tempo) a terra dos mortais da terra do esquecemento e de míticas cidades asolagadas nelas. Semella tentador relacionar as dúas tradicións: a dun río que simboliza o esquecemento e a dunha cidade fantasmal localizada nunha lagoa asociada co mesmo río, mergullada baixo as augas; augas que conceden o esquecemento para os que as cruzan ou ás cidades ás que cobren.


O RÍO do ESQUECEMENTO Luís Romero Becerra. A lenda tece o seu saio secular. Cronos dubida e cheira a moitas choivas: que borran a pegada de vellos pasos romanos pola codia galaica. O pasado e sombra xigante e morta: baleiros do silencio con resonancias estrañas de pobos, culturas e relixións perdidas; aureola que aloumiña o alado cabalo da fantasía. Un xeneral romano olla o segredo que agochan as verdes augas do Lethes: o do esquecemento. O medo a desmemoriarse sobrecolle, atenaza; as xentes foxen do maleficio. Baixo as árbores, que dan sombra as súas ribeiras, pacen rabaños a grama que o río refresca. Ao lonxe o pastor escoita un non sei qué murmúrante e misterioso, o queixido calaceiro e plañideiro de voces fondas, que espantan. As augas revólvense, enróscanse, e do seu seo mortal surxe unha nube opaca, movediza, que as ramas desflecan e o ar esparexe... O guerreiro altivo de centelleantes aguias, que vencedor chegou a súa veira, treme empavorecido. O vaidoso romano que dezmóu a grei céltica, covarde se detén. A ondulada, corrente fascina, valeira o cerebro, mata a memoria e leva a súa sombra a equivocarse, o pálido Elíseo. Xunio Bruto non vacila, flama o signífero, e as apracibles augas abren paso ó seu Cabalo. As aguias imperiais relumbran na outra veira; o

108

feitizo está rachado. Roma, dona do mundo coñecido, desfai o encantamento... As tribos bicárense, e galaica sométense o seu poder; Cinnania, a cidade do chumbo, e Lámbrica a mariñeira do Umia, aureolan a fama do procónsul que, máis tarde, Roma coroará con rosas no Tiber. Novos pobos apacentan os seus rebaños sobre as verdes augas; novas formas de vida sucédense no periplo histórico. O deus ignoto que nas noites de plenilunio adora a asemblea céltica baixo o carballo sagrado o rumor da fonte habitada por espritus, bondadosos e desterrado do rústico altar levantado sobre a rocha pelada. O culto druídico fúndese no Lethes sagrado. (…) O río -agora Limia- sigue rastrexando o cheiro salobre do inmenso atlántico: leva sobre o seu lombo de vidro escuro, a boga romántica de saudades e cantigas. Un incendio de sol que se pon, da cor de sangue as augas. O solpor aprisioa a luz e faina sombra navegante polos mundos do silenzo; Na noite cega de luces, no alto, o río e o medo pagan, o carro do esquecemento, que a morte leva a súa sepultura fría e liquida.


NA FESTA DO ESQUECEMENTO Xose Benito Reza Rodriguez.

Eu, Hydatius de Lémica, estando xa na fin da miña vida e retirado do meu bispado de Aquae Flaviae, cando xa as parcas me murmuran docemente a orella e me contan da proximidade dos Campos Elisios, cando xa por fin din por rematado as miñas crónicas, compendio resumido ó xeito de San Xerome -que abrangue dende o emperador Teodosio ata o rei bárbaro Remismundo- faltaría eu a memoria e a miña propia vida senón contara; aínda que sexa polo miúdo,- da razón desta cívitas onde nacín, do Forum Limicorum, do grandor do imperio e da sabedoría dos antigos ós que tanto debo; e que mellor que lembrar aquel primeiro día, cando Roma pousou o seu manto de veludo, desta civilización que tanto adoro, sobre o noso territorio. Velaí o que contan os antigos daqueles tempos tan remotos: Era na mañanciña primaveral do ano 616 dende a fundación de Roma, 137 denantes da era do Noso Señor Xesucristo, había no alén un balbordo de paxaros mil enfiando cántigas nos salgueiros, nos amieiros e sabugueiros itinerantes das ribeiras daquel río de espantos. O Procónsul da Hispania Ulterior Décimo Xuño Bruto, xeneral dos exércitos, acordara instalar os

112

seus reais -sempre fiel ás ordenanzas castrenses-, nun pequeno outeiro aberto a tódolos aires que esfragaba cara ó río próximo, a penas trescentos metros de distancia. Lonxe, do outro lado da corrente fluvial, nas serras que ondulaban sen grandes pronunciamentos, correndo mainamente a fronte, polo horizonte do norte, ollábanse fumeiras espigadas que nacían das diminutas citanias dos indíxenas, xentes que dicían con moita fachendía ser fillos do mesmísimo Antíoco. A aquela hora xurdia do Oblivionis unha brétema preguiceira, e o campamento babuxaba a auga transpirada polo río durante toda a noite. Fora unha noite estrañamente silenciosa, calcada sobre daquela terra descoñecida e misteriosa, morada dos gallacoi: o ar quedo, algún paso fuxidío, murmurios baixos o pé das fogueiras, e os reclamos da rolda percorrendo mecanicamente a estacada; pero Décimo sabía que os pesadelos do Letheo, das augas que beben sen cesar os mortos para amatar a conciencia da vida no umbral das tebras, seguían a medrar no corazón de pedra da invicta lexión. Logo de grandes e fatigosos traballos bélicos reduciran definitivamente a Lusitania, axeonllada agora baixo das ás da aguia


Limia. O río do esquecemento

da república romana; unha campaña iniciada meses atrás e que agora, logo da desaparición de Viriato e da captura dos seus xenerais, se prolongaba por decisión expresa de Décimo -en contra da opinión de varios dos seus centuriós- nunha expedición de recoñecemento e castigo cara as terras incógnitas do noroeste de Iberia. De madrugara Décimo enviara catros grupos de équites percorrer arriba e abaixo a ribeira, chegaran había dúas horas: sen novidade -dixeran-, agás algún xinete illado voando na leite da lúa no seu carto minguante, e algún berro infame e provocativo proferido naquela lingua bárbara e indescifrable dende o outro lado do río, non había movemento de tropa ningunha. “A lexión está preparada, meu xeneral” anunciou con humildosa reverencia seu axudante de campo. Décimo achegou con pasos breves ata un penedo comesto polo tempo que sobresaía a xeito de atalaia por riba do Oblivionis, do río esquecemento. Bo traballo fixeran os druídas, naquela terra de fragas mestas e outeiros coma peitiños, aló onda o mundo remataba, no Finis terrae, onda dicían afogaba o sol nun mar infindo entre xemidos estarrecedores. ¡Que mellor estratexia que confundir aquela

terra ante a cobizosa ollada de Roma cos mesmísimos infernos, co Ades odioso que vixía o Can cerbeiro!. Roma era unha nación nova, cun potencial envexable e unha vastísima cultura herdada dos vellos atenienses, e o xeneral sabía que ningunha daquelas anárquicas e belicosas tribos sería quen de afrontar con éxito o temible embate do seu exército, daquela máquina de guerra perfecta que era a lexión romana. Outra cousa moi diferente eran os medos que medran na presenza insoportable dos deuses, as lendas e fantasías que punzan e debullan o espírito dos homes máis aguerridos e valorosos; (ningún dos lexionarios está disposto a entrar no inferno e perder a memoria terrea), así de explícitos foran os centurións na xuntanza vespertina celebrada na tenda de campaña do xeneral Pero -Décimo sabía a verdade: O xeneral cría no deus da guerra., e por iso mandara erguer a Hermódoros de Salamina un templo a Marte na cidade eterna, e tamén nos lares viales que o acompañaban e protexían nas longas campañas, nos caprichos dos ceos e na ira dos infernos, no sesear das Parcas e nos augures; pero tamén cría no destino de Roma, fonte de inspiración e agromar de civilización onde habían beber o resto

113


das nacións, e tamén cría na poesía de seu protexido Lucius Attius, e sabía interpretar e esmendrellar os medos e pantasmas que acougan na fondal máis escura da alma humana. Nun amplo campo fronte ó vao formou a lexión. Décimo Xuño Bruto percorreu da cabalo, sen mediar palabra, a primeira liña de soldados; colleu con firmeza o estandarte da lexión espetada no chan fronte das augas, e cruzou entre silencios que abouxaban o mundo o río Oblivionis, aquel que os indíxenas chamaban Limaia. Non houbo máis movemento nin máis son na mañanciña serea co agurgullo das augas do esquecemento. Unha vez na outra ribeira, ergueito e teso na montura, chegou coma unha fervenza a voz podente e caudalosa do xeneral estrondando sobre do nubeiro de cascos, sobre de lanzas, insignias, e estandartes que espallaban na distancia, cara ó mediodía: ¡Non hai máis inferno que aquel que mora nos corazóns dos traidores a Roma! ¡Nin máis esquecemento co que consume a conciencia no lume da covardía dos sen nome¡ ¡Pronto esta terra, dende aquí ata a mar océana, e a que dende agora chamaremos Gallaecia polos gallacoi que habitan inmediatos, beberá das nosas fontes, falará a nosa lingua, vivirá ó amparo do noso

114

dereito, por tantos séculos coma veñan! E acto seguido, como homenaxe á memoria, fragua onde forxan os homes tódolos seus soños, comezou a chamar polo nome a cada un dos centurións. Isto é o que contan os vellos da carón da lareira, e que eu, Hidatyus de Lémica, recollín no pé da cidade asolagada de Anthioquía para salvagardar a memoria da Gallaecia. E por todo iso, en lembranza daqueles que en troques de perder o nome o compartiron con nós para sempre, espero que algún día, neste mesmo Forum Limicorum onde agora escribo, na desolación e o abandono que todos malamente soportamos polas artes dos invasores chegados alén do Limes, un día, cecais dentro de mil anos, cecais máis, poidan rememorar os nosos fillos aquelas tan antigas e fermosas lendas, aquelas que, por moitos séculos que veñan como dixo Décimo, retornen de novo con renovada potencia ás conciencias; para lembramos cando, como e porqué un día naceu Galicia para o mundo. Feito en Lémica, ano 470 de XTO.


CARPE DIEM, CARPE HORAM Xosé Carlos Caneiro (Pregón da festa do esquecemento 2004: ano IV). Romanas e romanos, celtas, centurións e guerreiros, damas, damiselas, coristas e cortesanas, labregos, musas, homes e mulleres de toda condición, saúdovos efusivamente pregoando a festa máis auténtica do noroeste hispano, tres días de troula sen fin e de memoria, de abrazos e de camaradería, de ruído e silencio compartido baixo a lúa pálida e os lazos do viño e do pracer. Que non falten. Nin o pracer nin o viño. Un poeta clásico romano, Horacio, escribiu un verso glorioso que debemos repetir constantemente: “Carpe diem, carpe horam”. Aproveita o día, aproveita a hora. Non creo que exista no mundo unha mellor ocasión para lembrar este verso que este lugar e esta ocasión. Carpe diem, carpe horam. Xinzo de Limia e a festa do esquecemento. Permítanme felicitar a quen corresponda por exaltar a lenda, por dignificar a memoria, por facer da historia un motivo para a vida, a alegría, a felicidade plena. Nestes malos tempos nos que os noticiarios anuncian a diario, solemnemente, pateras naufragadas, guerras que ninguén soluciona, buques fundidos que permanecen no corazón, petróleo que aniquila as economías dos pobres, violencias, pendencias, acritudes... Neste mundo alentado pola estupidez e a inmundicia, a

118

idiocia crónica, os programas televisivos do corazón e a memez como estandarte... Neste mundo medio canalla e medio tonto é un síntoma de urbanidade, de sentido común, de bonhomía e dignidade organizar festas como esta. Festa do esquecemento. Festa do olvido. Toda unha metáfora na que debemos meditar a diario. Non é baladí a anécdota da que arranca a vosa festa. Os soldados romanos temían cruzar o río Lethes porque pensaban que olvidarían todo: os nomes, os lugares, a memoria das cousas importantes (incluso as lágrimas) que permanecen no adentro. Décimo Xuño Bruto cruzou o río e comezou a chamar aos seus soldados. Él non perdeu a memoria e eles perderon o medo. Cruzaron o río e os territorios do noroeste de Hispania empezaron a conformarse como a Gallaecia dos romanos. Alí conviviron durante anos cos poboadores primeiros deste país rico e fértil. Os poboadores resistiron, como resisten os poboadores de Irak, diante da bárbara ocupación levada a cabo polos soldados de Bush e Occidente. Resistir é a arma dos pobos que queren edificar, acertada ou equivocadamente, o seu propio destino. Resistir é a arma dos que gritamos non á guerra cada día. Dos que reivindicamos o verso de Horacio:


Limia. O río do esquecemento

Carpe diem. Aproveita o día. Levanta o estandarte do gozo en contra das miserias do mundo. Levanta a copa de viño. Durme nun campamento escoitando o asubío dunha sinfónica de grilos e as caricias da lúa nadando na lagoa que non vemos. Levanta a copa e baila no rumor dun bico agachado nas fronteiras dos soños. Levanta a copa e rememora o tempo perdido que cantaba Marcel Proust. Pero, sobre todo, intenta ser feliz. Esa é a lección que esta festa aporta ao sentir desta terra, deste país libertino e libertario, esta Gallaecia sumida nun ano Xacobeo que inzou Galicia de actos, concertos e florituras e que apenas se notou na provincia de Ourense. Pero nós posuímos o don da ilusión. Por iso gritamos aínda a consigna coñecida e amada: Imaxinación ao poder. Xinzo de Limia é, no entroido e ao longo de todo o ano, imaxinación e entrega. Agradezo vivamente que exista Xinzo e os seus soños, a lagoa soterrada, Antioquía enteira, esta Limia xenerosa capaz de organizar esta festa do esquecemento. Agradezo que a memoria se convirta en norma de conducta para que aprendamos do pasado. Agradezo portar nas miñas mans este pregón que dá inicio a tres días intrépidos e repito o apotegma do poeta William Blake:

o camiño do exceso conduce ao palacio da sabiduría. Exceso, pois, e viño, e gozo, e alegría e farándula. Viva Xinzo de Limia e viva a festa do esquecemento. A festa do olvido que celebramos, precisamente, para non olvidar. Como as películas amadas. Eu, cando miro Casablanca, sempre agardo un final distinto. Sempre espero que ela non marche, que quede con Humphrey escoitando o piano de Sam. Gustaríame tamén que nesta película, e desculpade a ousadía, tamén o final cambiase. Que ganen os que perderon. Que ganen por unha vez os que sempre perden. Que Xinzo de Limia se disfrace de azul. Que os furtivos, insensatos e apaixonados tomen ás rúas e as agullas da noite. Que a tristeza non exista. Que o tempo deteña o seu reló entre as trenzas da ilusión. Que o amor e o entusiasmo conquisten cada gramo de Antela. Que as bolboretas bailen boleros nas curvas das entrañas. Romanas e romanos, celtas amados, facédeme sitio no voso corazón (ou no voso campamento) para pasar esta noite de lúa e bicos. Non pido máis. Queda inaugurada a festa do esquecemento do ano 2004. Miñas donas e meus señores, brindo por vostedes. Carpe diem, carpe horam.

119


120


Limia. O rĂ­o do esquecemento

121


pregón do esquecemento: ano vi Xose Lois «Carrabouxo». En nome de Breogán noso xefe devanceiro e a luz do lume sagrado vou facer de pregoeiro. Ordeno a tódalas tribus que acudades á voz miña á Festa do Esquecemento aquí en Xinzo de Limia. Chamo á tribu dos Iadons alá, do cabo Ortegal e que traian uns percebes se non se lles pón moi mal. E que me avisen aos Nerios que viven pola Fisterra e de paso aos Presamarcos do Barbanza, boa terra, que poden traer un saco de ameixa fina ou babosa que ainda non hai chapapote e ten que estar deliciosa. E se veñen polo Tambre son os Supertamaricos os que poden fornecervos de salmóns grandes e ricos. E que chamen aos Caporos ao chegar a Compostela fan unha tarta de amendoas que é unha pásada comela. E se é que pasan por Lugo que chamen aos Poemáns que poden traer centeo se teñen libres as mans. E baixando ate Monforte están Suerros e Lemavos que poden traer chourizos de porco celta curados. Vinde tamén os Elenos dalá da zona de Vigo e traede peixe fresco e se pode ser marisco. E vinde por Ribadavia e vinde por Ventosela que seica hai unhas rapazas que mesmo dá xenio velas. Veñan os Grovios de Tui cunha bota de condado e máis o pan

122

do Porriño que vos queda alí ao lado. E se pasades por Arbo máis acá de Ponteareas aproiveitade e collede media ducia de lampreas. E veñan tamén, os Leunos dende o sur, en Portugal que fan un bon bacallau e ao futbol nonlle dan mal. Dixen un anacronismo máis non é porque me peta pois dixeronme que o futbol seica o inventaron os celtas. E os Querquennos de Bande e traede unha zanfona e unha fardela de peixes que os tendes de moita sona. E traédeme aos Equaesios que están nas veigas de Salas (como ainda non hai encoro será doado pasalas). E que veñan os Tamagos que para espantar os males cantan «verín de verín ai, carrete ira de Chaves». Mentres beben dona brancaviño que sempe responde e poden traer un pouco se queren e teñen onde. E alá, das terras do Bolo que venan os Nemetates con media ducia de androllas e un cabrito nos petates. E que os Cigurros da Rua nos traian algun godello que é unha ledicia bebelo ainda que sexa algo vello. E traede convosco aos Bíbalos de onda o Búbal e o Bibei con ben troitas e mencía que son manxares de rei. Vinde a modo cos cabalos por Larouco, ou vir a pé a ver se vos espetades ou vos quitan o carné.


Limia. O río do esquecemento

Veñan os Albións de Navia e os Ártabros de Ferrol tocarnos a sua música a golpe de bombo e fol. ¡Cibarcos de Ribadeo! ¡Célticos de Portugal! ¡Aobrigenses de Baiona! ¡e Govarros do Xistral! Vinde de todas as partes, vinde dun e doutro lado: ¡Na Civitas Limicorum xa prende o Lume Sagrado! Acudide que é moi tarde: xa está o druida plantando e invocando aos devanceiros e os romanos esperando. E agardándovos está aquí o povo luanco a beira desta lagoa (Ainda non existe Franco). Dono dunha arte divina, flor da cultura Limiá, e pasmo do mundo enteiro que é a pesca da rá. Se preguntas o segredo a esta xente tan afouta din que para pescar unha usan o pelexo doutra. Máis non se aclara o misterio para a xente forasteira: Se cunha rá pescan outra, ¿¡Con que pescan a primeira!?. Máis que queden co segredo que teñen o seu dereito vos probádeas se podedes que saben ben, bon proveito!. E eu remato este pregón xa neste mesmo momento berrar todos» viva Xinzo e a Festa do Esquecemento!!

123


Pregón do Esquecemento: ano VII Mariana Carballal dos Tonechos. Boas noites Pobo Límico, benvidos limiás e limiaos a VII edición da Festa do Esquecemento. Grazas a Asociación Civitas Limicorum por terme convidado a compartir con todos vós, habitantes das terras do Limia, unha festa que nos leva a raíz mesma da nosa historia. Cando de nena cruzaba as Estibadas saíndo do val de Monterrei, onde viviron os Tamagani, para ir de viaxe a Ourense, a miña fantasía viaxaba moito máis rápida que o Villalón que paraba en cada aldea para recoller ou deixar xentes. Imaxinaba que naqueles montes (que non arderan aínda), agochábanse seres fantásticos, guerreiros valentes, mulleres extraordinarias que tiñan un xeito ceibe de vivir. Deixaba atrás o val de Monterrei e ía camiño dunha terra cha, que se abría diferente diante de min. Unha estrada que non tiña curvas (menos mal porque xa levaba os fígados fora), unha lagoa que no seu leito, gardaba unha cidade fantástica. Os meus ollos podían perderse no horizonte, o sol brillaba con máis intensidade, o ar estaba detido. Eran as terras do Limia. Contábanme que había as mellores patacas do mundo, e xentes recias e traballadoras. Eran tan diferentes aquelas terras para os meus ollos de nena, que me imaxinaba, vagando por elas, raíña guerreira nas miñas fantasías. Mirade o que é a vida: Hoxe son guerreira, muller castrexa, raíña por unha noite se vostedes mo permiten. E ¿qué facía unha muller castrexa naqueles tempos nos que a vida transcorría sen tempo?. ¿Que facía despois de levantarse, facer o almorzo, peitear os seus longos cabelos, atender o gando, amasar landras para facer pan, recoller millo, facer a comida, limpar o castro, atender os seus nenos, tecer, engraxar, lavarse nas frías augas do Letheo, atender o home?, ¿que facía cando a noite cubría o ceo, e só os ruídos dos mouchos e o ouvear dos 126

lobos rodeaban o seu leito?. ¿Qué facía naquel tempo se non había “O Luar” ou “O Show dos Tonechos”?. ¿Qué facía?: SOÑAR. Soñar que ademáis daqueles homes barbados do seu pobo, había uns seres magníficos que tiñan o cabelo escuro, a cariña limpa, sen barbas, o peito de ouro. Soñaba. Non era que os homes do seu castro non lle gustaran. Non, non era iso. Sobre todo porque non había con quen comparar ... E que o ser humano, o de antes e o de agora, soña e desexa o descoñecido. Pois coma unha premonición, aquela muller castrexa anticipou cos seus soños os feitos que pronto acontecerían. Unha maña coma todas, percorreu o castro un lóstrego descoñecido. Axitáronse os animais nos cortellos, bateron con forza as súas ás os paxaros, choraron os nenos nos berces. Un rumor coma un trono íase achegando segundo o sol percorría o ceo. Os homes castrexos, guerreiros intrépidos, dende os seus postos de vixía, viron como se achegaban homes que relucían máis que o sol. As voces de alarma, sacaron as mulleres das súas ocupacións. Todos xuntos viron como se acercaban lexións de homes dispostos a roubarlles o seu mundo. Contemplaron como se detiñan ante as augas do Letheo. Foran testemuñas privilexiados do feito que nos permite reunirnos aquí hoxe. O Cónsul Décimo Xuño Bruto, de agora en diante “O Bruto”, detívose na beira do río. Os castrexos entender non entendían o que falaban, pero as veces un xesto vale máis que mil palabras. Aqueles aguerridos guerreiros recuaban como os nenos ante o home do saco. Non valían os berros do seu xefe, nin as ameazas. Aqueles homes pensaban que as augas daquel río, no que beben os mortos para


Limia. O río do esquecemento

borrar as lembranzas da vida, faríanlle esquecerse de si mesmos, do que eran, de onde viñan, do seo pais e da súa familia. Mentres os castrexos argallaban trampas e preparaban as súas armas, e as mulleres castrexas, feroces nas batallas, preparábanse para correr a pe firme a carón dos seus guerreiros, Décimo Xuño Bruto decide cruzar o río, para amosarlle ós seus homes que aquelas augas non teñen ese don, bérralles: Un centurión romano non se rende nin ante homes, nin deuses, nin ríos, unha lenda non pode parar o invencible exército de Roma. Fuxir nunca!. Chámaos de un en un, polo seu nome, e un a un cruzou o Letheo. ¿Que pasou logo? ¿Que historia é a certa, de todas as que recollen os libros? Non esquezamos que a historia sempre a escreben os vencedores, e píntana coas cores que máis lle gustan. Non sei que pasou. Pero o que si sei, e que aquela castrexa soñadora, quedou prendada e prendida dun tal Flavio, fero romano. Que o tal Flavio, non puido deixar de loitar ata caer ferido os pes da castrexa. Que, aínda que non debía, curouno e devo1veuno a vida, e que o dono, pasou a ser escravo do corazón da escrava. Que a única historia certa e a do amor. Que os pobos medran cando se mesturan. Que hoxe estamos aquí (sen saber canto temos de castrexos e canto de romanos) e que somos o resultado daquela loita. Homes galegos loitadores e defensores do seu. Mulleres galegas valentes e fortes: Herdamos o mellor de ambos. A forza, o valor, esta lingua que nos permite sentir e ser diferentes. Mesmo herdamos as ganas de preitear por un cachiño de terra. Celebremos a Festa do Esquecemento para lembrar o valor de esquecer as diferenzas, lembrar que as mulleres e os homes somos iguais, que os pobos deben medrar na procura da igualdade, da xustiza. Que nin a cor, nin a lingua nin a relixión, poden enfrontarnos.

E non esquezamos os que manipulan a verdade, os que levan os pobos a ruína da guerra. Os deuses de tódolos pobos qué nos nutren, deixáronnos dous marabillosos: Cal-leach, a deusa nai; A deusa da fertilidade, a deusa da guerra, deixounos o seu nome. Beltaine, luz de Bel, a capacidade de creación, e de pracer, a reivindicación do corpo como algo sagrado, e a divinizade da luz e o lume que enchen de enerxía e alegría, que exalta os praceres sensuais que espertan baixo a cálida aperta do aro solar. Así que convertidos nun so Pobo Limico e Galego, tomade o mellor dos nosos devanceiros. Limiás e limiaos todos: Esta noite a Xinzo vin a desexar festas boas para vos e para min. Que haxa festa e alegría ata que cante o galo. Que o final, cruzando o río, non se acorda un dun carallo. ( con perdón) Que saibades os Romanos que andarei por aquí cerca, por se algún quere facer despois de cear boa festa. Dende aquí digo e proclamo: Vivamos todos e ben e as festas do Esquecemento non as esqueza ninguén. Viva Xinzo !!! Viva a Festa do Esquecemento!!!!! Viva a Asociación Civitas Limicorum!!!!! 127


MÁIS JOHNNY WALKER E MENOS ESTRABÓN Luis Otero (pregón da Festa do Esquecemento 2008: ano VIII). En hora mala se me ocurreu buscalo, collelo e abrilo pola páxina 723. Estou rabioso, non podía comenzar o día de peor xeito. ¡A nai que pariu a Estrabón! Desexaba instruírme sobre o Limia e por iso teño ante min a obra cume de Estrabón que leva por título Flumen White Fluminis Label e no capítulo VII, páxina 723, leo que “o río Limia ou Do Esquecemento, outrosí denominado río Lethes, nace nas montañas de Sarreaus e, logo de regar os fértiles viñedos da Ribeira Sacra, move a pesada maquinaria do salto das Conchas, construido en tempos do emperador César Augusto, do que se deduce que os romanos tiñan luz eléctrica desde antes de Cristo. Introdúcese en Portugal e tras recibir as augas do Duero desemboca no Océano Atlántico”. Desgraciadamente Estrabón non foi o único que situara o nacemento no sur de Xinzus Limicorum e a centos de légoas da lagoa de Antela ou lago Beón, eles saberán por que, eu tamén e non lles arrendo as ganancias. Non terei piedade con Estrabón e outros tarambainas de onte nin cos seus epígonos de hoxe, banda de analfabetos e manipuladores da historia que vomitaron toneladas de fedorentos embustes e fecais patrañas sobre a canle sen mácula do Limia, rogo pois ás persoas sensibles e ás que padezan do corazón abstéñanse de seguir lendo. Unha precisión: dixen Xinzus Limicorum e non Xinzo de Limia xa que é o topónimo

128

preferido polos seus habitantes, que non en balde exprésanse en latín e recoñéceno como a súa única lingua, oficial e materna. Nestes folios só falarei do que sei por telo vivido ou por telo aprendido do meu mestre, o eximio limiólogo e eminente xeógrafo escocés Johnny Walker ou por telo escoitado dos máis vellos do lugar ou por telo visto, coma, por exemplo, vin que todolos invernos o Limia da miña infancia saía de nai para anegar a planicie da contorna ou lagoa de Antela, e cando pola primavera as augas recuaban ao seu leito natural e primixenio deixaban as terras enriquecidas cun limo de calidade superior e facíaas tan fecundas que sementabas unha pataca de vinte gramos e saíache unha palmeira de dez metros chea de dátiles, realmente máxico era o fenómeno que deixaba tan pampos aos lugareños como aos turistas que de moi lonxe se achegában a contemplalo. Mais ninguén logrou que dunha palmeira de dez metros chea de dátiles saíse unha insignificante pataca de vinte gramos e iso que moitos o intentaron. Malia ás evidencias e fama que a comarca da Limia ou territorio Lethes e desde tempos moi antigos foi considerado líder mundial na produción de patacas. O polígrafo e falangueiro Javier Nart non se cortou un pelo ao escribir no seu libro Fun Submarinista en Antela, o seguinte: “Cristóbal Colón na súa segunda viaxe levaba dous sacos de patacas da Limia espe-


Limia. O río do esquecemento

ciais para sementar nas bodegas da carabela Santa María, e foi así como o novo continente descubriu o popular tubérculo.” A falacia cae polo seu propio peso, pois está dabondo demostrado que ata que Eroski non abriu tenda en Xinzus Limicorum só uns poucos veciños do territorio Lethes viran unha pataca de preto, algúns menos a tocaran e ninguén a degustara, xa que quen tiña unha pataca sementábaa. Son consciente de que o que acabo de sacar á luz pública repercutirá negativamente no produto interior bruto de Xinzus Limicorum, pero a verdade é a verdade dígaa Agamenón ou Javier Nart, ese tertuliano que, como vimos unhas liñas atrás, está en todo, sábeoo todo e sabe de todo e non para de pregonalo “urbi et orbi”. Item máis: sospeito que a noticia defraudará a millóns de madrileños que pasaron séculos mercando patacas que crían da Limia pero proviñan do antiplano Andino, e aderezando o asado con dátiles que crían de Exipto pero que procedían da Limia. Sinceridade obriga e se non o digo rebento: quen ao asado lle pon dátiles o máis suave que merece é sentirse defraudado por fantoche sen graza, por rebuscado ao estilo Ferrán Adriá e por esnob con pretensións de novo rico do sector da construción. Se quen ao asado lle pon dátiles cae por Piñeira de Arcos esa mesma noite levámolo de biosbardos. Vaia se o levámos. Na miña memoria de neno pasmado reteño con claridade unha

lagoa que as crecidas do Limia transformaran en mar e facían posible a navegación a remo, vela e vapor. Xa os galegos do territorio Lethes non necesitaban ir a Vigo para coller o barco que os levaría á emigración transoceánica. Lembro que os días de partida o espolón improvisado nun punto da N-525 era un pranto funeral, unha doída paisaxe de homes como carballos chorando coma meniños agarrados á nai que deixan quizais para sempre, a nais co alma crebada despidíndose do fillo que seguro non volverán ver, a esposas novas abrazadas aos seus maridos novos e cadaquén bicando as bágoas do outro, da outra. Por certo, o espolón do mar de Antela foi vilmente e con artes de rapiña trasladado á vila de Xinzus Limicorum para exhibilo na súa praza maior, desde entón rotulada Praza do Espolón. Xa probado que o Limia cruzaba a Antela para coas súas augas nutrila, en trances de abatemento preguntábame por que non é a Antela quen nutre ao Limia, velaquí un dilema que durante anos torturou o meu pensamento. ¿A lagoa de Antela sería o resultado dun río Limia beirante no inverno ou o río Limia puidese ser o que quedara da lagoa de Antela ao mermar durante a estiaxe? Na dúbida manteríame se dela non me sacase don Johnny Walker, que me honrou coa súa amistade e coa súa mestría. -¿E como cho explicaría, pequeno saltón, en prosa doada para

129


que o vulgo o enténda? -Tras unha pausa meditabunda e mirando ao infinito o mestre atopou as palabras exactas-. Téñoo: se a Antela fose vaca o Limia sería a súa columna vertebral.

-Póñamo en sinxelo, mestre, que non acado a interpretalo. -Poreicho. Río e lagoa se complementan mutuamente, conviven en perfecta simbiose. A vaca necesita unha columna vertebral para non derrubarse e a columna vertebral necesita dunha vaca á que apreixarse. -E agora, mestre amado, dígame se primeiro foi o Limia e logo a Antela ou viceversa. -Direicho, caro discípulo, cando ti me dígas se foi primeiro o ovo ou a galiña. -Grazas, mestre, por tan esclarecedora resposta. ¿E que lle diría a Estrabón se o tivera diante? -Que estou ata os mesmos estrabóns de ler parvadas -sorriume e bicoume a fronte, como un verdadeiro mestre, ¿que digo verdadeiro mestre? Como un verdadeiro pai. Nesas andabamos cando o xeneral anano e Ferrolán que camiñaba baixo palio ordenou ao ministro do ramo que ordenase aos enxeñeiros de camiños canles e portos que ordenasen aos obreiros baleirar de auga a lagoa de Antela e plagala de pistas forestais e así foi feito. E chegou o día no que o xeneral anano e ferrolán se presentou baixo palio arroupado por sete ministros, dous cardeais, catro bispos e un número infinito de coengos, sochantres e párrocos, e cortou unha cinta mentras anunciaba: -Felizmente rematadas as obras queda inaugurada esta desecación.

130

E á unha orde do cardeal primado toda a clerecía lanzouse desaforada a repartir hisopazos de auga bendita sobre a chaira e o xeneral anano e Ferrolán mandou parar: -Deteñan a rociada, que vin para inaugurar un areal, non un encoro. A multitude rubricou o acto con aplausos unánimes e co berro de ¡Franco, Franco, Franco! e ¡Arriba España! Durante tres décadas aproveitei as vacacións de verán que correspondían ao meu traballo fixo e con nómina para apañar un empreguiño que me fixese máis doado o fastío dos días de lecer. O meu dinamismo vital e acreditada laboriosidade impedíanme estar man sobre man vendo pasar o tempo e lavando o coche, se non fose polas seis horas diarias de praia ou piscina para min as vacacións non terían sentido. Xa que pretendía gozar da praia ou da piscina cando lumeaba o sol a miña ocupación tiña que empezar á tardiña, como moi cedo. Sen dúbida tratábase dunha actividade laboral dificilmente compatible coa conciliación familiar pero un é sacrificado e nunca lle pon mala cara ao traballo por noctívago que sexa. Ás tantas da madrugada, se non da mañá, concluía a miña esgotadora xornada e non ansiaba outra cousa que coller a cama e atallaba campo a través do vello solar da lagoa. Ao chegar onde cadraría a columna vertebral se a ex lagoa fose vaca, os efluvios do río Limia embargábanme de tal xeito que ao instante víame totalmente extraviado, enmarañado no labirinto de camiños que levan a tódalas partes e a ningunha, e no canto de tomar rumbo a Piñeira de Arcos collía dirección, é un


Limia. O río do esquecemento

supoñer, a Villar de Barrio e acababa en Chandrexa de Queixa. Ese desnortarme era sinal inequívoco de que o Limia seguía alí, inútilmente soterrado polos enxeñeiros da desecación, e seguía sendo o río do Esquecemento que me trastornaba a brúxula do sentido da orientación e me neutralizaba o GPS do sentido común. Grazas as faenas que me xogou o río do Esquecemento coñecín media España, non hai mal que por ben non veña. Paréceme de xustiza sinalar que xeralmente espertaba na miña cama e en Piñeira de Arcos, coñécese que por casualidade e ao bo tuntún, ou porque a Divina Providencia botárame unha man, ou porque tantas posibilidades tiña de acabar en Chandrexa de Queixa como en Piñeira de Arcos e o azar acertara. O que facía ao espertar era tusir, beber auga, meter dous dedos na boca para coa punta furgar na glotis e tomar un Alka Seltzer. Logo pechaba os ollos e teimaba en lembrar que fixera pola noite, como chegara, onde deixara o coche e quen me trouxera a casa. Asomábame á fiestra e o coche estaba á porta, coa roda dianteira esquerda montada na beirarrúa e coa traseira dereita no medio da calzada, vaia, non o perdín, non mo roubaron nin o deixei non sei onde, que ben. ¿Pero quen me trouxo a casa, quen conduciu o coche, quen me espiu, quen me meteu na cama?, maldito sexa o río do Esquecemento. Coa cabeza feita unha formigoneira chea de incertezas dando voltas acudía ao meu amigo e veciño Toniño Quintas, compañeiro de traballo en Xinzus Limicorum: -¿Ti sabes quen trouxo o coche esta madrugada? -¿Que coche?

-O meu. -¿Pero tes coche? -Sabes que si e supoño que esta noite traballamos en Xinzus Limicorun. -Non entendo nada, coma se falases en chinés. -¿Logo non fomos a Xinzus Limicorum? -Se fomos, non me acordo. E se non fomos, tampouco. -Pois vaia memoria. -¿Como me vou a acordar do que pasou fai tanto tempo? Entón recorría ao Pepe Peaguda, que por ser veciño de Xinzus Limicorum non atravesara o río do Esquecemento e acordábase de todo, o malo é que sempre fala en latín e custa seguilo. -Pois nada, que tiñas o coche aparcado na estrada de Baronzás, xa montaras e nisto que chega o Camilo Villarino con que os de tráfico estaban na recta facendo controis. E entón colliches polas pistas da lagoa adiante -contoume o latino Peaguda. -¿Ía eu só? -preguntei. -Non, non, tamén ía o Toniño Quintas. E finalizo declarando que Estrabón e demais tarambainas que viven do conto tráenma floxa. Pero a Johnny Walker que ninguén mo toque.

131


Lenda do Rio Lima Conde de Bertiandos, in Lendas, 1898. «Com relação ao rio Lima, história e lenda encontram-se tão interligadas que nem sempre é fácil delimitar onde acaba uma e começa outra. Foi sempre a beleza do rio a provocar encómios e o sentimento de incapacidade duma expressão condigna a atrair o poder sugestivo da lenda. Vem dos velhos tempos o processo. Estrabão designou-o por Beliom e relata ter ocorrido nas suas margens um episódio militar entre Túrdulos e Célticos. Iam já a atravessá-lo quando surgiu entre os dois povos uma discórdia. Lutaram e foi o sangue do próprio comandante que se juntou ao de muitos outros a macular a brancura das águas. Desorientados ficaram os soldados e, sem comando, se dispersaram pelas margens, em luta pela sobrevivência. Lucano chamou-lhe o “Deus do Tacitus”, em virtude da mansidão com que corriam as suas águas. Tito Lívio denominou-o “Rio do Esquecimento” (“Oblivionis fluvis ou flumen”). Surgiu, então, a sua identificação como Lethes da mitologia, que tinha o condão de provocar em todos os que o transpusessem o olvido do passado e da própia pátria. Campos Elísios passaram, em consequência, a apelidar-se os que circundavam, isto é, as suas margens. Mais semelhantes a jardins, no conceito mitológico; onde, segundo o testemunho de Políbio, só durante três meses do ano as rosas não floriam. E ainda Estrabão que nos diz ser esta a terra perfeita por

132

qualquer fugitivo de Roma. Dentro deste condicionalismo, aqui chegaram um dia, sob o comando de Décios Junos Brutos, as legiões romanas, com as altivas águias a tremularem nos pendões. Vitoriosas haviam pisado as terras que estavam para sul e propunham-se prosseguir. Desciam, a justante, dos lados de Ponte de Lima e teriam iniciado a jornada desse dia em Vitorino das Donas: “Daqui saiu Bruto pelos campos tão celebrados com o nome de Elysios a procurar lugar em que com o se exército pudesse vadear as cristalinas águas do Lethes tão respeitadas com a fabula virtude de encantadoras.” ( João de Barros, Antiguidades de Entre Douro e Minho). Encontravam-se no lugar da Passagem e fácil pareceu ao comandante a travessia. Nesse sentido emitiu ordens, mas encarniçada se revelou a resistência dos soldados, conhecedores como eram dos poderes sortílegos atribuídos às suas águas. Não perdeu ele a serenidade nem achou conveniente procurar convencê-los por meio de palavras. Tomou a bandeira, ergueu-a ao alto, transpôs o vau e, já da outra margem, a muitos chamou pelo nome e incitou a seguiremlhe o exemplo. Por esse meio os convenceu de que, afinal, não era verdade o que a lenda propalava. Assim exaltado nos advém, das mais longínquas eras, o fascínio deste rio que até aos nossos dias tem sido cantado por todos quantos puderam contemplá-lo.»


Limia. O río do esquecemento

“ Comandadas por Décios Junos Brutos, as hostes romanas atingiram a margem esquerda do Lima no ano 135 aC. A beleza do lugar as fez julgarem-se perante o lendário rio Lethes, que apagava todas as lembranças da memória de quem o atravessasse, os soldados negaram-se a atravessá-lo. Então, empunhando o estandarte das águias de Roma o comandante chamou da outra margem a cada soldado pelo seu nome. Assim lhes provou não ser esse o rio do esquecimento.”

Tapeçaria de Almada Negreiros existente no Hotel de Santa Luzia em Viana do Castelo.

133


PRENDIDO DO LUME SAGRADO Texto da teatralización inaugural da Festa do Esquecemento.

134

CIDADÁNS DA CIVITAS LIMICORUM HOXE, NA VIXESIMO SEGUNDA NOITE DAS CANDEAS DE AGOSTO, NO OITAVO ANO DO ESQUECEMENTO, PRENDEMOS O LUME QUE ALUMEOU OS NOSOS DEVANCEIROS NAS ESCURAS NOITES DO LETHES E DA ANTELA, PARA QUE NOS SIRVA DE GUIA ESTES TRES DIAS DE HISTORIA, LEMBRANZA E FESTA.

OESTE: PODERES DA AUGA!

DEUSA JUNO: SALVE, VIXÍAS DAS TORRES DO ORIENTE: PODERES DO AIRE!

(ENCENDIDO DAS LAPAS)

GINICIO: SALVE, VIXÍAS DAS TORRES DO NORTE: PODERES DA TERRA! BELTAIN: QUE AS FORZAS DA NATUREZA NOS PROTEXAN E NOS GUIEN QUE ASÍ SEXA E ASÍ SE FAGA

ANTIOCO: SALVE, VIXÍAS DAS TORRES DO SUR: PODERES DO LUME!

ANTIOCO: PRENDEMOS ESTE LUME, POLOS DEUSES CELTAS, OS GRANDES LUG, BEL E MORGADAE, E POLA DEUSA MAE CAL-LAEC.

CAL-LAECH: SALVE, VIXÍAS DAS TORRES DO

GINICIO : PRENDEMOS ESTE LUME POLOS DEU-


Limia. O río do esquecemento

SES ROMANOS, O GRAN XUPITER, POR BACO, POR MARTE, E POLA FERMOSURA DA DEUSA VENUS. DEUSA JUNO: PRENDEMOS ESTE LUME POR TI, GRANDE LETHES, TI QUE ERES SEMENTE E COLLEITA TI QUE ESTAS FEITO DE SOMBRAS E LUZ TI QUE ES O SEÑOR DAS XACIAS E OS MEIGALLOS, TI QUE ES O RIO DA VIDA E DO ESQUECEMENTO CAL-LAECH: POLA TUA FORZA E PODER PEDIMOSCHE QUE NINGÚN MAL EIQUÍ POIDA ENTRAR, QUE AS PENAS QUEDEN MAIS ALÁ DOS LÍMITES DO TEMPO,ONDE A NOITE E O DÍA SE CONVERTAN NUNHA SOA COUSA. HOXE, GRANDE LETHES, POLOS PODERES DO

AIRE, DO LUME DA AUGA, E DA TERRA CONXURAMOS OS NOSOS DEVANCEIROS E RENOVAMOS O XURAMENTO DE HONRARTE E GARDAR A TUA MEMORIA. BELTAIN : QUE AS FORZAS DA NATUREZA NOS PROTEXAN E NOS GUIEN QUE ASÍ SEXA E ASÍ SE FAGA. LIMIA!: NON DES O ESQUECEMENTO DOS BARDOS, ESTA HISTORIA ESPERTA DO TEU SONO.... LIMICOS : ¡GLORIA A XINZO!, ¡GLORIA A LIMIA!.

135


O PASO DO LETHES NARRADOR: Estamos na época da dominación romana, a

súa conquista do mundo tiña empezado a penas cen anos antes. Chegaron a Hispania coa ambición, e a cobiza do ouro e das riquezas que aquí se agochaban; E co pretexto de botar os Cartaxineses do territorio Ibérico, comezaron unha lenta pero arrolladora incursión. Neses anos de loitas, os distintos pobos que habitaban a península, crearan unha heroica resistencia contra o invasor, aliándose tribos que ata entón eran feroces inimigas. As lexións romanas, Comandadas po-lo Cónsul Decimo Xuño Bruto, despois de atravesar una exuberante e misteriosa fraga, chegaban a veira esquerda do lendario Limaia, tamén chamado Flumen Oblivionem. Diante da fermosura do lugar, os soldados creron atoparse fronte o mítico Leteo que borraba toda las lembranzas de quen ousara atravesa-lo… Aínda que semella que ninguén nin nada os pode deter, pódense sentir os seus medos interiores. A loucura, o non lembrar nin familia nin amigos, nin patria sequera… O tribuno que se decata diso pregúntalle o centurión… TRIBUNO: ¡Centurión! ¿Como está a tropa? CENTURIÓN: Temen cruzar o río, esquecer, non recoñecer as súas mulleres, non saber o nome dos seus fillos.

(Aparece Décimo e todos se poñen firmes) CENTURIÓN: ¡Soldados! ¡Ave Décimo! TROPA: ¡Ave Brutus! DÉCIMO: Hoxe, seguiremos cas nosas conquistas, o outro lado teremos mais gloria para Roma. TRIBUNO: Meu xeneral, estas augas non serán atravesadas por estes homes. DECIMO: ¿Homes ou galiñas? CENTURIÓN: Serás ti quen alcances a gloria, ou perderas os recordos. DECIMO: Entón, eu pasarei diante. (Mirando o ceo sigue falando)

TRIBUNO: ¡Son soldados, débense a Roma!

DECIMO: Por Marte, deus da guerra, e por Roma.

CENTURIÓN: ¡Non pasaran ¡ As riquezas prometidas non son suficiente pago ante a posibilidade de voltar tolos.

(PASO DO RÍO)

TRIBUNO: ¡Soldado! 136

SOLDADO: ¡Non imos cruzar o Lethes! TRIBUNO: ¡Décimo ordena, el e o xeneral! SOLDADO: Nos loitamos cos galaicos pero...

NARRADOR: Un raio de luz atravesa un ceo cuberto pola bruma. A estes Lexionarios da sétima lexión, a favorita de Bru-


Limia. O río do esquecemento

to, veteranos das Galias e Britania, e extremadamente supersticiosos, o medo failles dubidar si cruzar a outra veira. (Colle o Lábaro) Bruto, acercase o aquilifer -que guarda con celo o sagrado estandarte, e arrebatándollelo das mans, cheo duna ousadía heroica, mete os pes na auga agarrando orgulloso o mastil das aguias, e mira cara atrás mentres se encamiña a outra veira atravesando o máxico e suave fluír do Lethes. A súa voz potente racha o absoluto silencio da maña… segundo avanza vai nomeando os seus homes.

non hai mais inferno que aquel que habita no corazón dos traidores a patria, nin mais esquecemento que o que consume a covardía dos débiles…. Cando xa non ten mais palabras co as que convencer os seus homes..., que pensan que po-la súa boca fala o fades infernal… so lle queda chamalos polo seu nome….

(VAI PASANDO)

CENTURIÓN: ¡E certo!, Acordase de min.

DÉCIMO: ¡Marco!, ¡Livio!, ¡Tito!, ¡Caio!, ¡Cornelio!

(Corre, e atravesa o río, chega a outra beira e prostrase diante do estandarte)

NARRADOR: E tamén nomea as cidades da súa adorada Roma... DÉCIMO: Roma, Pompeia, Cartago, Herculano... NARRADOR: Os soldados miran atónitos, agardando algún desvarío da súa mente. Pero Decimo chega a outra beira, clava o estandarte con forza, e da un berro que aínda resoa na historia desta terra dos Limiaos.

DECIMO: ¡Caio Cornelio!, ti que loitaches a caron de Scipion contra Numancia.

(EMPEZAN A PASAR OS SOLDADOS) NARRADOR: E así, un a un van vencer a covardía que os ten paralizados, nos seus ollos, e nas súas calugas van dando voltas os nomes da súa lonxana terra, as lembranzas da nenez, momentos tristes e alegres que non queren esquecer o chegar a outra veira. Mentres Bruto teimosamente, como si con elo estivera a facer algún xeito de meigallo segue a chamar por eles….

DÉCIMO: Terra dos limicos, son Décimo Xuño Brutus, que entra nestas descoñecidas terras dos Gallaicos, ignotas para Roma, nos confíns do océano. Traio a lei, a orde, e a cultura. Con nos seredes unha terra mais prospera e civilizada.

DÉCIMO: ¡Quintus!, ¡Proculo!, ¡Marcus!...

NARRADOR: A pesares do valentía do Cónsul, os soldados non se atreven a cruzar o río. Decimo que acaba de pasar a mais dura proba da súa carreira militar, Olla para aqueles homes inmóbiles; Mentres lles berra, cheo de emoción e orgullo, que

NARRADOR: Mentres chegan os soldados, algún decatase que falta un que non pasou, e que tampouco foi chamado.

(De cando en vez o narrador fará unha pausa para oír a voz de Décimo dicindo os nomes dos soldados).

CENTURIÓN: ¡Esqueciches o augur! 137


DECIMO: Eu chamo os homes, que os deuses chamen os seus servos.¡En marcha!

cheiran mal, que non falan oulean. ¡Unha ánfora de viño para o que mate mais bárbaros!

NARRADOR: As tropas xa están preparadas. O lonxe escoitase o griterio das hordas castrexas. Guerreiros de longos cabelos, mulleres armadas con paus e forquitas, cos seus corpos pintados de azul agardan que a sétima lexión do exercito romano se lles achegue.

DÉCIMO: ¡Polo pobo e o Senado da República de Roma !. ¡Roma non paga a covardes! ¡Roma Invicta est!

CASTREXOS: ¡Calaech!, ¡Calaech!

XEFE CASTREXO ¡Antes mortos que escravos! (BATALLA)

NARRADOR: A batalla esta próxima, ¡forza e coraxe! Correra o sangue nestas limicas terras, os castrexos galaicos están preparados para a loita. Vencer ou Morrer! Os xefes castrexos e romanos arengan nese intre, con paixón a homes, mulleres e nenos…. XEFE CASTREXO: Chegou a hora. Ou liberamos os pobos da Lusitania e da Celtiberia, ou nosos fillos viviran nun orde xa coñecido en Cartago. Somos homes ceibes, non ai nada mais alén do mar, si non o fin do mundo. GUERREIRO CASTREXO: ¿Onde fuxiremos se nos derrotan? XEFE CASTREXO: Somos a esperanza das almas vencidas antes ca nos, por eles, por as nosas terras e costumes. ¡Morte a Roma! CENTURIÓN: Non nos van a deter estes incivilizados, que

138

(Berros, saltos e aturuxos dos castrexos alzando o ceo as mans pedindo protección os deuses).

NARRADOR: Así conta a historia que aconteceu, O que aquí presenciastes pasara de xeración en xeración de vellos a nenos de pais a fillos, e descorrera, como descorren as augas deste río, mesturada coa sangue dos devanceiros polos canles da memoria colectiva deste pobo antergo e sobranceiro Limico e Galego. (NOMEAMENTO DE DECIMO ) NARRADOR: Moitos daqueles remotos heroes, deixaron a súa vida na veiras do Lethes. Os prisioneiros tiveron mellor sorte, pero o seu destino terá mudado para sempre, Mentres Decimo pasea as súas lexións saboreando a vitoria conseguida. Eles, os estranxeiros, os mais fortes, serán os que decidan o futuro desta terra galaica durante varios séculos. A historia adoita esquecer os que perden, pero os castrexos loitaron ata o derradeiro alento, e os romanos saben recoñecer a súa valentía.


Limia. O río do esquecemento

(Pouco a pouco vaise retirando o fume. Decimo fálalle o centurión). DECIMO: Que os soldados respecten as vidas e propiedades dos vencidos. TRIBUNO: Só os grandes guerreiros, e os homes nobres son xustos cos vencidos. Ti Décimo Xuño Brutus serás chamado “O GALEGO”, en lembranza deste momento, e sobre ti non caerá xamais o Esquecemento. DECIMO: ¡Oh! Deus Marte, a vos agradecemos esta vitoria, e que romanos e castrexos sexan capaces de vivir en paz. TRIBUNO: Guerreiros castrexos, a batalla rematou, erguede o corpo sen vida do voso xefe, e honrade a súa morte como se merece un valente. NARRADOR: A historia dos Limiaos, a de todo los galegos, empezou aquel día onde este río, coa coraxe dos castrexos e dos romanos, homes todos valentes ¡orgullo desta terra!, uns levantando os mortos as súas costas para ende xamais esquecelos, outros rachando cos temores ancestrais e avanzando con tesón cara o Fisterra! ¡¡¡O LETHES CHAMA POR NOS!!! NOTA: Estas teatralizacions que se representan na festa do Esquecemento, pódese considerar que están feitas de xeito colectivo, contendo anacos de textos de diversos autores, foron escritas por Carlos Gomez, con arranxos de Eduardo Ruiz León, Alfonso Carlos Lois, Manuel Fontemoura e Angelines Paz Portela entre outros.

139


140


Limia. O rĂ­o do esquecemento

141


142


Limia. O rĂ­o do esquecemento

143


Este libro rematouse en Xinzo de Limia no mes de Setembro do ano 2008. 2.624 “ab urbe condita”. 2.145 anos despois do paso do río Lethes por Décimo Xuño Bruto: “O Galego”.


o rĂ­o do Esquecemento


Orixe e autoría do material gráfico contido neste libro Fotografías por autor e páxina: Carlos Rocha, Viana do Castelo: Cubertas, 18D, 96, 97. | Alexandra da Lima e Carlos Gómez, Xinzo de Limia: 10D, 13, 25, 26, 27, 34, 35, 45, 49, 50D, 53, 54, 55, 56D, 62D, 66D, 68, 69, 70D, 72D, 74D, 78D, 80D, 83 cima, 85, 98D. | Marcos Longarela, Lugo: 20, 21, 22, 23, 30, 31, 38D, 41, 46, 47, 76, 77, 82. | Amandio A. Sousa, Photo Lethes, Ponte de Lima: 83 abaixo, 88, 89, 90, 91, 92, 93, 94D. | Xavier Gómez, Xinzo de Limia: 101, 105, 106, 107, 110, 111, 116, 117, 120, 121, 123, 124, 125, 139, 144, 145. (Os mosaicos conteñen ademais, fotografías de Foto Lúa, Pepe Fotografo e outros autores anónimos). | Daniel Atanes, Ourense: 115. | Francisco Moreno, Madrid: 109. | Gravados e debuxos: Xosé Lois Carrera, KENNEI: 9 | Xosé Lois “O Carrabouxo”: 140 | Quesada e Juan Valcarcel: 141 | Banda deseñada “A última Lexión”, Rufa 2001: 142 | Almada Negreiros, Tapeçaria en Viana do Castelo: 133 | Nelson Zumel, O paso do río do Esquecemento:143 | Arquivos e outras fontes: Arquivo Histórico Provincial de Ourense: 42D, 60 Mapa de Coello 1845, e 61. | Biblioteca Nacional, mapas Tomas López: 58, 59. | Arquivo Carlos de Vedmar: 64 e 65 (64 sup. Esquerda, de Fernando Henríquez Cadorniga); (64 Inferior dereita, corresponde a antiga Ponte da Pedra da carreteira de Damil derrubado a comezos do século XX) | Enguix. Rio Limia, 1964, Las Bellezas de Galicia, Enrique Caballero y Paisajes Españoles. Cromoastur S.L. Ed. Alarde. 14. | Ramón Dimas. Rio Limia, 1957. Galicia, Carlos Martinez Barbeito edc. Destino. 15


Limia  

río, Limia, paisaxe galega, escritores, poetas

Advertisement
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you