Page 1

Proposta de traballo multidisciplinar

O Entroido Curso 2009/2010

Grupo de Traballo de TICs Libro de Traballo con Actividades IES Xunqueira I Pontevedra

Pรกxina 1


IES Xunqueira I

Dpto. de Filosofía

AS FESTAS DO EXCESO: O ENTROIDO ACTIVIDADE 1 Nesta actividade reflexionarás en torno ás seguintes cuestións:  As diferenzas entre o “tempo ordinario” e o “tempo extraordinario”  A necesidade antropolóxica de romper coa economía da rutina e os diferentes xeitos de facelo  A existencia de festas do exceso noutras culturas  As razóns antropolóxicas do exceso do entroido galego. O documento de base é o seguinte texto. Leo con atención: “A fecundidade nace do exceso. A festa engade á orxía sexual a inxestión monstruosa de bebidas e alimentos. As festas “primitivas”, preparadas con grande anticipación, presentan en alto grao ese carácter que se conservou de modo sorprendente nas civilizacións máis refinadas. Nas Antesterias atenienses dábase a cada un unha odre de viño: daquela organizábase unha especie de torneo onde vencía o primeiro que baleiraba a súa odre. Durante os Purim, o talmud indica que se debía beber ata que non se puideran distinguir os dous gritos específicos da festa: “Maldito sexa Anam” e “Bendito sexa Mardoqueo”. En China, se temos que acreditar nos textos, acumúlanse os víveres en “montóns máis altos que un outeiro”, cávanse fosas que se enchen de viño e sobre os que poderían navegar as embarcacións, o mesmo que se poderían organizar carreiras de carros sobre os montóns de víveres.

riquezas amoreadas, sacrificadas. Xa se sabe a importancia que tiñan os duelos de vaidade nos festíns e nas orxías dos

Representación de Sedna

Cada un debe atracarse ata o límite do posible, encherse coma un odre distendido.

xermanos, dos celtas e de outros moitos pobos. É preciso forzar a prosperidade das próximas colleitas gastando sen límite o contido dos “graneiros” e esaxerando aínda mediante o xesto e a palabra. Ábrense concursos ruinosos para ver quen dará a máis rica prenda nunha especie de aposta co destino, co obxecto, de facerlle devolver con exceso ao céntuplo, o que recibira. Cada un pensaba obter, conclúe Granet, comentando as proezas chinas “una remuneración mellor, un rendemento máis grande dos seus traballos futuros”.

A esaxeración das descricións tradicionais manifesta outro aspecto dos excesos rituais: o torneo de xactancia e charlatanería que acompaña ao estrago de

Os inuit (esquimais canadienses) fan o mesmo cálculo. Os intercambios e distribucións de regalos que acompañan as festas de Sedna ou a explusión das

Páxina 2


IES Xunqueira I

almas no máis aló posúen unha eficacia mística. Fan a caza proveitosa. “Sen xenerosidade non hai sorte” sinala Mauss, fundándose na observación de que “o intercambio de regalos ten por efecto producir a abundancia de riquezas”. O que aínda se practica en Europa con motivo do Aninovo (ou do Nadal ou de Reis) aparece coma un mesquiño vestixio dunha circulación intensa de todos os tesouros, noutrora destinada, ao cambiar o ano, a rexenerar a existencia cósmica e a fortalecer a cohesión da existencia social. A economía, a acumulación, a medida, definen o ritmo da vida profana; a prodigalidade e o exceso, o da festa, o do intermedio periódico e exaltante de vida sagrada que interrompe aquela devolvéndose saúde e xuventude. Do mesmo modo, aos xestos regulamentados do traballo que permiten acumular as subsistencias oponse a axitación frenética do dilapidado. A festa, en efecto non comprende só orxías consumidoras, da boca e do sexo, senón tamén orxías de expresión, do verbo ou do ademán. Berros, inxurias, duelos de bromas obscenas ou sacrílegas entre un público e un cortexo que o atravesa (como nas Antesterias, no entroido, na festa medieval dos tolos), loita de invectiva e alcumes entre o grupo das mulleres e o

Dpto. de Filosofía

dos homes, constitúen os principais excesos de palabra. Os actos non se quedan atrás. Mímicas eróticas, xesticulacións violentas, loitas simuladas ou reais. As contorsións obscenas de Baubo, provocando a risa de Deméter, espertan á natureza do seu letargo devolvéndolle fecundidade. Dánzase ata o agotamento, xírase ata o vértigo . Pronto chégase á brutalidade: na cerimonia do lume entre os warramungas, doce dos participantes collen fachos prendidos. Un deles desafía aos que ten enfronte servíndose do seu facho coma dunha arma: prestamente iníciase o tumulto xeral, as fachos comezan a golpear cas cabezas e o lume aparece entre os corpos que combaten.” CAILLOIS: O home e o sagrado

E a continuación resposta ás seguintes cuestións:

Paxina 3


IES Xunqueira I

Dpto. de Filosofía

1.- Fai o esquema do texto sobre a seguinte guía:

2.- Indica con que teñen relación os seguintes termos e expresións utilizadas no texto (marca cun  a resposta correcta) Economía

 Festa

Tempo profano

Prodigalidade

 Festa

Tempo profano

Exceso

 Festa

Tempo profano

Acumulación de subsistencias

 Festa

Tempo profano

Intermedio periódico exultante

 Festa

Tempo profano

Regulamentación do traballo

 Festa

Tempo profano

3.- Busca información sobre as seguintes festas ou deidades que son citadas no texto: as Antesterias gregas, os Purim xudíos, a deusa Sedna inuit, a deusa Baubo e a deusa Deméter gregas. Podes utilizar os seguinte enlaces http://es.wikipedia.org/wiki/Purim http://es.wikipedia.org/wiki/Antesterias

Paxina 4


IES Xunqueira I

Dpto. de Filosofía

http://es.wikipedia.org/wiki/Dem%C3%A9ter http://es.wikipedia.org/wiki/Inuit http://es.wikipedia.org/wiki/Sedna_(deidad)

4.- Busca información nos seguintes enlaces para recoller información sobre o entroido en Galicia. A continuación tenta completar a táboa que segue. Utiliza tamén a información dos cadros de texto que tes máis abaixo. http://www.nontedurmas.org/familias/article/o-entroido-en-galicia http://www.galespa.com.ar/tempodemascaras_carloscasares.htm

Feitos

Manifestacións

Explicación antropolóxica

Ruptura normas regulamentadas de comportamento Dereitos das máscaras, entroidos, piliqueiros, mecos...

Inversión identidades

de

Ridiculación poder

do

Ruptura das normas de alimentación

Paxina 5


IES Xunqueira I

Os

Dpto. de Filosofía

oprimidos

por

un

poder

As rutinas da vida resultan

deben nalgunha ocasión poder

cansas para calquera, hai

impoñerse a el aínda que sexa

momentos en que se deben

simbolicamente. Isto crea cohesión

romper, e ao mesmo tempo

social

explorar outras experiencias, mesmo que só sexa por uns poucos días

É habitual a transformación de homes en mulleres ou ás avesas

O entroido sitúase no ciclo do inverno antes do episodio da

chegada

Rómpense os horarios habituais, os espacios de varóns convértense en femininos, pódese satirizar, bromear, enfariñar a descoñecidos...

Cómese

de

escaseza

antes

da

da

primavera

(consúmese todo o que hai, aínda que o resto do inverno se pase con dificultade)

xeito

excesivo,

especialmente porco e doces

Rómpense

os

habituais,

espacios

Os personaxes que teñen

de

“dereitos”

en

ocasión os habituais, senón

femininos, pódese satirizar,

os simbolicamente atribuídos

bromear,

pola

varóns

os

horarios

convértense

enfariñar

a

descoñecidos...

non

súa

son

nesta

vestimenta,

comportamento, rol na festa, etc.

Os

personaxes

característicos teñen dereitos de aceptación e de intromisión (deben ser recibidos, as súas bromas deben ser aceptadas...)

Os/as

alcaldes,

médicos,

gobernantes varios/as, etc, son satirizados en cantigas, rimas e de formas diversas

Paxina 6


IES Xunqueira I

Dpto. de Filosofía

5.- Elabora unha composición sobre o seguinte tema: O Entroido en Galicia coma festa do exceso. Debes abordar as seguintes cuestións: 1. Definir as festas do exceso Utiliza as consideracións do documento base Aclara en qué campos distintos se poden producir os excesos Utiliza algún dos exemplos do documento base 2. Refírete

ás

características

do

entroido

en

Galiza,

descríbeo

mínimamente Personaxes Días sinalados Normas de alimentación e comportamento 3. Analiza por que nos detalles do entroido en Galicia que comentas se producen as características de festa do exceso (ruptura e as súas causas e efectos) Por que hai ruptura en roles, alimentación, comportamentos, horarios, calendario, vestimenta Como a ruptura nas distintas áreas que comentes produce o efecto social de liberación ou cohesión En alimentación En comportamento social En respecto ao poder En canto á división de xéneros, etc 4. Conclúe a composición cun parágrafo no que conclúas que o entroido é unha festa do exceso e a función social que cumpre. Este parágrafo non debe ter menos de 5 liñas.

Paxina 7


IES Xunqueira I

Dpto. de Grego

Festa popular que precede á Cuaresma e se celebra nos países de tradición cristiá. Polo xeral, celébrase durante os tres días que preceden ó Mércores de Cinza. A sua orixe está en ritos paganos, dos que temos xa vestixios nas antigas civilizacións. EXIPTO Festas en honor de Apis

Apis, touro sagrado no que se encarnaba o deus Ptah, creador do mundo e soberano dos deuses.

Rituais de morte, aos 25 anos se sacrificaba afogándoo nunha fonte sagrada Rituais de sucesión, aos 60 días, mentras era embalsamado, enterrábase o corpo do boi. Nese momento, os sacerdotes do deu Path, buscábanlle un sucesor. GRECIA “... nomi¿zete th\n me\n tw=n Panaqhnai¿wn e(orth\n kai\ th\n tw=n Dionusi¿wn a)ei\ tou= kaqh¿kontoj xro¿nou gi¿gnesqai...” Festas en honor do deus Dioniso

Dioniso (Dio¿nusoj), deus das vides e do viño, da unión do home co sentimento, da embriaguez, da vexetación e da procreación.

Grandes Dionisias, festas en honor de Dioniso nas que se portaban falos e se danzaba ao son do ditirambo (variedade de poesía), de onde xurdirá posteriormente o teatro.

Antesterias, festas en honor de Dioniso e relacionadas co viño novo

ROMA « ...duas tantum res anxius optat panem et circenses »

Paxina 8


IES Xunqueira I

Dpto. de Grego

Festas en honor do deus Saturno

Saturno, deus da fertilidade da terra, inventou o cultivo e a poda da vide. Identificado co tempo.

Saturnales, días consagrados a Saturno cos que remataba o mes de Decembro e o ano. Estaban ocupados por festas licenciosas nas que se subvertían as clases sociais.

Lupercales, procesión que se celebraba o 15 de febreiro na que os lupercos (sacerdotes que celebraban o culto de Fauno), daban a volta ó Palatino provistos de correas feitas con pel de cabra e azotaban ás mulleres para facelas fecundas.

Careta, úsase exclusivamente para cubrir o rostro, para disimular rasgos da cara. Máscara, pode cubrir todo o corpo e foron usadas con fines relixiosos. A súa orixe remóntase á máis remota antigüidade, xa nas pinturas rupestres atopáronse restos de máscaras. Comezaron a utilizala os actores para representar os distintos personaxes nas obras.

Paxina 9


IES Xunqueira I

Dpto. de Grego

Adoptouse o seu uso nas Saturnales en Roma e comenzáronse a usar con carácter festivo.

Moitos pobos primitivos usaron as máscaras e caretas para os rituais relixiosos, e estas representaban deidades, seres mitolóxicos ou espíritus malignos.

As caretas actuais, producto da fantasía, da imaxinación e a creatividade, forman parte dos carnavais do todo o mundo.

Paxina 10


IES Xunqueira I

Dpto. de Grego

ACTIVIDADES 1- Identifica estas imaxes cos deuses anteriores e conta algo da súa historia.

2- Traduce o seguinte texto sobre o nacemento de Dioniso Zeu\j d ) (¿Hraj kru¿fa Seme¿lh suneuna¿zetai. (H de\, e)capatwme¿nh u(po\ (¿Hraj, ai)tei=tai toiou=ton au)to\n paragi¿gnesqai oi(=oj h)=lqe mnhsteuo¿menoj (¿Hran. Zeu\j de\ duna¿menoj a)naneu=sai paragi¿gnetai ei)j to\n qa¿lamon au)th=j e)f ) a(¿martoj a)strapai=j kai\ brontai=j, kai\ kerauno\n ba¿llei, o(¿j Seme¿lhn e)kerau¿nwse. Zeu\j d ) e)camhnai=on to\ bre¿foj e)k tou= puro\j a(rpa¿zei kai\ e)mpra¿tei t%= mhr%=. 3- Di si é verdadeiro ou falso Ó deus Apis matábano aos 25 anos Das festas Antesterias xurde o teatro Os pobos primitivos usaban caretas nos rituais relixiosos As festas Saturnales celebrábanse en Grecia no mes de Decembro As caretas usábanas os actores para representar os personaxes As caretas úsanse nos canavais de todo o mundo As máscaras disimulan só os rasgos da cara Os lupercos eran os sacerdotes do deus Apis Saturno e Dioniso eran o mesmo deus Nas Grandes Dionisias portábanse falos

Paxina 11


IES Xunqueira I

Dpto. de Economía

EFECTO MULTIPLICADOR DO…

ENTROIDO

Indice: • • • •

Introducción Concepto Efecto Multiplicador Entroido e as súas implicacións económicas Efecto multiplicador das Festas do Entroido nunha economía Local • Conclusións

Paxina 12


IES Xunqueira I

Dpto. de Economía

Introducción Fronte as dificultades e sinsabores que dispensan os tropezos da economía, a explosión de risas e diversión que proporcionan as Festas do Entroido en todos os pobos e cidades da xeografía española, permite os cidadáns relativizar sequera durante unhas horas os apuros cotiáns e sustituir as preocupacións pola risa e a diversión. Pero, xunto a esta oportunidade, o Entroido revelase ademais, como un enérxico motor da economía do ocio e un estimulante dos atractivos dos diversos pobos no exterior. Polo tanto, as Festas do Entroido, non son só un instrumento para aparcar momentaneamente as preocupacións e propiciar ledicia e diversión , senón que ademais, constitúen un poderoso estímulo para moitas pequenas empresas e proxectan unha imaxe do pobo en cuestión como un icono da cultura, diversión… En definitiva, este binomio, economía do ocio e promoción local, rexional, nacional ( e mesmo a veces, internacional) son dous pilares básicos para moitos pobos e cidades, nos que as Festas do Entroido teñen un papel moi importante e que en moitas ocasións, constitúen un balón de oxíseno económico. Trataremos de determinar as implicacións e os efectos económicos que provocan a celebración destas Festas para unha cidade ou pobo, explicando o concepto de Efecto Multiplicador, e dicir, a sucesiva cadea de consecuencias positivas que teñen para unha economía local a celebración de tales Festas.

Efecto Multiplicador En economía utilizase este concepto para expresar un conxunto sucesivo de consecuencias positivas para a Economía dun país ( ou rexión, cidade, pobo), debido a unha decisión inicial de efectuar unha maior inversión, ou un maior consumo o un maior gasto público. Cando nun país se efectúan novas inversións ou se estimula o consumo, esto provoca unha maior producción, que trae como consecuencia un incremento do emprego. Esto xenera unha maior renda dispoñible para os habitantes, propicia un maior consumo e polo tanto, será necesario producir máis para satisfacer o incremento de demanda. A súa vez, será necesario efectuar novas inversións ….. Este efecto en cadea ou o efecto dominó propiciado polas decisións de inversión ( ou maior consumo ou gasto público) producen efectos positivos que se estenden e multiplican polo conxunto da Economía dun territorio. Ós alumnos de 1º Bacharelato, lle poñemos o seguinte exemplo: Supoñamos que unha persoa ( Xoán), ten 10 euros e gasta 8. Digamos que eses 8 euros os recibe o panadeiro por venderlle o pan a Xoán. O panadeiro tamén é consumidor e nunha seguinte ocasión gasta en mercar carne o carniceiro. O panadeiro toma os cartos que Xoán lle dou,

Paxina 13


IES Xunqueira I

Dpto. de Economía

para pagarlle o carniceiro, 6 euros. Este tamén é consumidor e mercará, por exemplo, leite o tendeiro. O tendeiro a súa vez, os recibe, e digamos que utiliza 2 euros para comprar froita no mercado…. ¿Qué podemos deducir deste exemplo?:  Si Xoán non pon seus cartos en circulación, o panadeiro, o carniceiro, o tendeiro e o vendedor de froita terían menores ventas e polo tanto, tamén veríanse afectadas as súas compras  Xoán tiña 10 e gastou 8. Si se suman tódolos pagos que se fixeron : 8+6+4+2=20 , pódese ver que na economía local do noso exemplo, houbo un fluxo de efectivo que duplicou a cantidade inicial. E aínda que puxen a Xoán como iniciador desta cadea, o mesmo tempo, o panadeiro, o carniceiro, o tendeiro e o vendedor de froita, seguramente estaban realizando outras compras, polo que o efecto multiplicador de cada un deles, sumaríase o de Xoán. De ahí o nome de Efecto Multiplicador para nomear está situación.

Entroido. Implicacións económicas

A relación entre Festas do Entroido e Economía, podemos establecela en torno a un conxunto de actividades que se desenrolan con motivo de ditas Festas, e nas que o contido económico das mesmas é evidente:  Existe un primeiro e importante sistema de actividades con respecto a festa propiamente dita. Trátase da economía articulada polas entidades e grupos carnavalescos, disfraces …..  Un segundo grupo de actividades corresponde os servizos e productos ligados directa ou indirectamente coa economía do entroido-turismo: a rede hoteleira, os transportes (terrestres, aéreos, ferroviarios…), as axencias de viaxes, os operadores de turismo, os restaurantes, bares, aluguer de vehículos, taxis, transporte público, industrias de alimentos e bebidas… Actividades típicas da industria cultural e do ocio, vencelladas especialmente co negocio do espectáculo: músicos, artistas, técnicos diversos, discos….  Outras actividades, que representan un elemento moi importante da economía do entroido, e o comercio na rúa, co seu importante continxente de persoas ocupadas temporalmente, fundamentalmente vendedores ambulantes, limpadores….

Paxina 14


IES Xunqueira I

Dpto. de Economía

Efecto Multiplicador Festas do Entroido Para moitas economías locais, unha vez o ano, móvense grandes cantidades de diñeiro en consumo de bens e servizos relacionados coas Festas do Entroido. Nalgúns casos, é tan alto o movemento comercial, que existe, que familias enteiras xeran ingresos para o resto do ano, baseados na venta de bens e servizos polo miúdo, pero en grandes cantidades. E ademais das familias, tamén as empresas experimentan un incremento dos seus ingresos e incluso o Sector Público ( Concellos, fundamentalmente) teñen nesas datas un notable incremento da recadación, sobre todo debido a:     

Alugueres de vivendas ou apartamentos Incremento da ocupación hoteleira Incremento da actividade artesanal, orfebres, deseñadores de vestidos, tinturerías, floristerías, seguridade, limpeza, fotografía… Aumento da venda ambulante de todo tipo de productos típicos Incremento da recadación por parte da administración pública: impostos ( indirectos, fundamentalmente), taxas….

E todo este incremento de actividade, xera fontes diversas de emprego (hostalería, comercio, construcción, prestación de servizos diversos : electricistas, técnicos…) que provocan un aumento da renda dispoñible na localidade, e polo tanto, prodúcese unha xeración de riqueza debido a dita actividade económica. Aqueles pobos ou cidades, que pola súa especial tradición e importancia destas festas atraían a un gran número de turistas nacionais e mesmo estranxeiros, verán incrementado e multiplicado este efecto positivo, que ten para as economías locais o impacto das Festas do Entroido. Non existen datos estatísticos fiables sobre o impacto económico do Entroido, pero a modo de exemplo, no ano 2010, o impacto económico directo e indirecto provocado polas Fallas de Valencia, estimouse en uns 800 millóns de euros.

Conclusión A demanda que xera unhas festas como as do Entroido, provoca un conxunto de efectos sucesivos que interactúan no sistema, de tal forma que, o fin do proceso, o impulso inicial provocou un “ efecto multiplicador” sobre o conxunto da economía, ben sexa local, rexional ou nacional. Polo tanto, as Festas teñen un efecto positivo sobre o desenrolo xeral dun pobo ou cidade receptora destes fluxos derivados das festas.Como consecuencia, o impacto ou resultado directo destas festas, son o reflexo económico de máis salarios, máis rendas, máis beneficios…, derivados directamente das entradas percibidas polos factores productivos relacionadas con ditas festas e dos vinculados o

Paxina 15


IES Xunqueira I

Dpto. de Economía

mesmo, a consecuencia dos consumos e gastos realizados polos participantes en ditas festas. Nestas épocas de crise e recesión que nos toca vivir, non estaría de máis un Pacto de Goberno entre todos os partidos políticos (Goberno, oposición), sindicatos, empresarios… para que consensúen, apoien e defendan un catálogo máis amplo das Festas locais, co triple obxectivo de distraer, facer rir e de paso, estimular a economía. Cando moitas ferramentas de política económica parecen esgotadas ou cando menos, ofrecen poucos resultados a corto prazo, a utilización das Festas como revitalizante dunha economía triste e apática, parece unha hipótese a estudiar con moita “seriedade”. Estamos cerca (relativamente) de épocas electorais e nunca se sabe…..

Paxina 16


IES Xunqueira I

Dpto. de Música

LAS MÚSICAS DEL CARNAVAL Un carnaval es una celebración pública que tiene lugar inmediatamente antes de la cuaresma cristiana, con fecha variable (desde finales de enero hasta principios de marzo según el año), y que combina algunos elementos como disfraces, desfiles, y fiestas en la calle. Por extensión se llaman así algunas fiestas similares en cualquier época del año. A pesar de las grandes diferencias que su celebración presenta en el mundo, su característica común es la de ser un período de permisividad y cierto descontrol. El origen de su celebración parece probable de las fiestas paganas, como las que se realizaban en honor a Baco, el dios del vino, las saturnales y las lupercales romanas, o las que se realizaban en honor del buey Apis en Egipto. Según algunos historiadores, los orígenes de esta festividad se remontan a las antiguas Sumeria y Egipto, hace más de 5.000 años, con celebraciones muy parecidas en la época del Imperio Romano, desde donde se expandió la costumbre por Europa, siendo llevado a América por los navegantes españoles y portugueses a partir del siglo XV. La celebración del carnaval más grande del mundo es la de Río de Janeiro, pero muchos otros países tienen importantes celebraciones, como la que se celebra en Italia, en el Carnaval de Venecia, el Carnaval de Santa Cruz de Tenerife, o el Carnaval de Cádiz ambos en España.

GÉNEROS MUSICALES EN EL CARNAVAL SUDAMÉRICA El candombe es un género musical original de la actual Angola, de donde fue llevado a Sudamérica durante los siglos XVII y XVIII por personas que habían sido vendidas como esclavos y perduró principalmente en Argentina, Uruguay y Brasil. Fue en las grandes barriadas negras de Montevideo donde esta música se mantuvo viva y donde el candombe termina adquiriendo su actual fisonomía en el Barrio Sur y el barrio Palermo durante los siglos XIX y XX El candombe, a través del desarrollo de la milonga es un componente esencial en la génesis del tango rioplatense Inicialmente, la práctica del candombe corría exclusivamente por parte de los negros, quienes tenían destinados lugares especiales llamados tangós. Este vocablo origina en algún momento del siglo XIX la palabra tango, aunque todavía sin su significado actual. Posteriormente surge La Comparsa, es la agrupación que congrega a los personajes típicos del candombe como son La Mama Vieja, El Gramillero, El Escobero y un numeroso cuerpo de baile representado por bailarines de ambos sexos, vibrando con el ritmo generado por La cuerda de tambores. Es un ritmo de cuatro negras por compás con clave 3:2 (misma clave 3:2 de son cubano)

Paxina 17


IES Xunqueira I

Dpto. de Música

El candombe uruguayo hoy en día se toca con tres tambores: el chico, el repique y el piano. En Argentina se toca con dos tambores: el “llamador” o “base”, que es el grave, y el “contestador” o “repicador” que es el agudo. Se pueden usar otros idiófonos como el quisanche (semejante a la sanza africana) y la “quijada” de burro. El candombe se puede tocar sentado o en desfile y se trata de una práctica vocalinstrumental, existiendo un nutrido repertorio de cantos en idiomas africanos arcaicos, en español o en una combinación de ambos. Suelen estructurarse en forma de diálogo y se interpretan de manera solista, responsorial, antifonal o en grupo. Aunque generalmente el canto es una práctica femenina, también intervienen hombres. En los casos que hay más de una voz, siempre es al unísono. La samba. Las raíces de la samba se remontan a África, principalmente Angola, donde la danza samba fue su predecesora. Se desarrolló como una forma típica de música en los inicios del siglo XX en Río de Janeiro (entonces capital del Brasil), bajo la fuerte influencia de los inmigrantes africanos del estado brasileño de Bahia. En los años 30 se fundó la primera escuela de samba y se transformó el género musical para que encajara mejor en el desfile del carnaval. En esta década, la radio difundió el género por todo el país, y se convirtió en la música oficial del Brasil. En años posteriores la samba seguirá muchos caminos, uno de ellos la bossa nova. Existen varios tipos de samba según su estilo interpretativo: -

samba- enredo: cantadas por hombres acompañados por el cavaquinho y la

batería samba común: de temas muy diversos y acompañada por un pandero, cavaquinho, banjo y guitarra acústica. pagode: de letras divertidas, acompañada por el banjo y tocada en los bares y cafés al aire libre samba de bregue: contaba historias incluyendo diálogos partido alto: llamativa por la improvisación y la percusión aguda del pandero. Samba-canção: más lenta y romántica y de temas lírico-trágicos

Paxina 18


IES Xunqueira I

Dpto. de Música

EL CARNAVAL DE CÁDIZ La chirigota es una agrupación músico coral de carácter carnavalesco que canta principalmente por las calles ofreciendo coplas humorísticas al pueblo. También se denomina genéricamente chirigotas a las canciones interpretadas por estas formaciones corales Las chirigotas son coplillas recitativas y monólogas y poseen unas formas musicales muy simples procedentes del pasodoble, la rumba, la sevillana, el tanguillo, la seguidilla, la jota, la isa canaria etc. Las letrillas inventadas se acoplan a esta música y tratan de muy diversos temas, centrándose sobre todo en la actualidad, tanto política como de la prensa del corazón. En muchos carnavales del mundo se celebran concursos donde los grupos compiten por diversos premios, valorándose principalmente tres aspectos: el vestuario o presentación, la calidad de las voces y la agudeza de las letras. El objetivo principal de la chirigota es hacer reír al público a través de la crítica satíricohumorística. La Chirigota está compuesta por un total de 12 componentes que interpretan el repertorio con diferentes voces (8 cantantes, 2 guitarras, una caja y un bombo) Los coros de carnaval: es un tipo de agrupación carnavalesca genuina de Cádiz que sale a la calle en carrozas a cantar y ofrecer coplas al pueblo. Está compuesto desde 12 hasta 45 componentes (35 voces y 10 orquesta). Cantan en diferentes voces: tenor, segunda y bajo. La orquesta es de pulso y púa y los instrumentos que tocan son la guitarra, la bandurria y el laúd. Su repertorio se compone de presentación, tangos, cuplés, estribillos y popurrí. La comparsa: es la modalidad más comprometida. A diferencia de la chirigotas se centra más en tratar temas sociales que en hacer reír. Está compuesta desde 12 hasta 15 componentes que cantan en diferentes voces. Se acompañan de dos o tres guitarras, un bombo, una caja y pitos o güiros El cuarteto: además pueden ser de 3 y de 5. Se acompañan con claves o palos, pitos o güiros y ocasionalmente de una guitarra. Suelen representar una parodia con distintos personajes.

Paxina 19


IES Xunqueira I

Dpto. de Música

EL CARNAVAL EN CANARIAS Las murgas: consisten en un grupo de personas que cantan con letras en las que se hace crítica generalmente hacia a la política, pero también a los problemas de la sociedad en general. Frecuentemente desarrolladas con humor e ironía, las composiciones se hacen sobre la base de canciones populares, a las que se les cambia la letra, con los pitos murgueros (kazoo) que portan cada uno de los integrantes. El grupo suele ser numeroso (de 25 a 60 personas, siendo la media de 45) y es acompañado únicamente por percusión. Son uno de los elementos más populares de los carnavales y se hacen concursos en donde se premian a las murgas más destacadas en vestuario, letras e interpretación.

Paxina 20


IES Xunqueira I

Dpto. de Servicios Socioculturais e a Comunidade

Paxina 21


IES Xunqueira I

Dpto. de Servicios Socioculturais e a Comunidade

INDICE

a) Introducci贸n: b) Antecedentes c) O Antroido en Galiza d) Calendario e) O antroido en Pontevedra

Paxina 22


IES Xunqueira I

Dpto. de Servicios Socioculturais e a Comunidade

O ANTROIDO

a) Introducción:

O Antroido ou carnaval é unha festa de carácter tradicional que se celebra entre os meses de febreiro e marzo, coincidindo co período inmediatamente anterior á Coresma (tempo de xaxún de 40 días anteriores á Pascua, conforme o calendario cristián). A palabra entroido deriva do latín introitus, que significa “entrada” ou “comezo” da primavera e do rexurdimento da vexetación. Na zona norte de Galiza emprégase antroido, mentres que no sur é máis frecuente entroido. A palabra aparece citada desde o século XIII. O antroido coñécese así mesmo como carnaval, que tamén é un termo galego, ou co nome francés mardi gras, literalmente “martes graxo” (derivado de graxa, touciño). A palabra carnaval vén do italiano carnevale, que ten como orixe, segundo a maioría dos etimoloxistas modernos o latín vulgar carne-levare, que significaba “abandonar a carne” (o cal xustamente era a prescrición obrigatoria para todo o pobo durante todos os venres da Coresma). Posteriormente xurdiu outra etimoloxía manexada no ámbito popular: a palabra italiana carnevale significaría que durante a época do carnaval a “carne vale”, ou sexa que se pode comer. Pero a fins do século XX varios autores comezaron a sospeitar a orixe pagá do nome. Carna é a deusa celta das fabas e o touciño

b) Antecedentes: As festas do "antroido" ou "entroido" teñen como antecedente lonxano as festas precristiáns que se celebraban na anterga Grecia para honrar o deus Dionisios e que logo pasaron a Roma, onde había a costume de celebrar grandes festas polo antroido: eran as bacanais, as

Paxina 23


IES Xunqueira I

Dpto. de Servicios Socioculturais e a Comunidade

saturnais (cando os escravos podían poñer as togas dos seus amos e finxían mandar neles... despois das festas as cousas voltaban ao seu rego) e as lupercais. Estas festas paganas serán "asimiladas" polo cristianismo e incorporadas aos ritos litúrxicos da igrexa. A igrexa católica relacionará o antroido co advenimento da coaresma, e deste xeito a " antroido " siñifícará a despedida das carnes : o martes de antroido marcará a remate das grandes esmorgas de carne de porco (cacheira, rabo, orella, soá, bandullo, lacón, filloas de sangue) pra entrar na abstinencia das coarenta días da coaresma. Por isto, os tres días denantes do mércores de cinza chamánse as "carnestolendas". O antroido terá un carácter de licenza e liberdade, o mesmo que aconteceu nas saturnais dos románs: no tempo do antroido está permitido facer cousas que non se poden facer no resto do ano, como roubar os ovos das galiñas ou os potes das casas, emporcallar á xente con barralla, farelos e mesmo lama, ou criticar púbricamente as persoas descubríndolles seus defeutos ou ridiculizando feitos das súas vidas. Asímesmo, nos tres días grandes do antroido fánse farsas, comparsas, sermóns ou simúlase unha guerra entre dous "exércitos" dirixidos cada un por un "xeneral".

O Entroido, coas súas artes, otou a san Matías fóra do martes (Refrán)

c) O Antroido en Galiza: O "Antroido" é unha festa moi popular en Galicia, sobor de todo nás vilas e aldeias, ainda que durante a "longa noite de pedra" do franquismo, coa prohibición das máscaras, esmorecéu un pouco. Non podemos esquecer o famoso "Enterro da Sardíña", no mércores de cinza, que estivo prohibido moito tempo durante o franquismo : pola noite saía a xente envolta nunha sábana e levando botafumeiros feitos de folla de lata nos que queimaban zapatos vellos, goma de llanta e todo o que cheirase mal.

Paxina 24


IES Xunqueira I

Dpto. de Servicios Socioculturais e a Comunidade

Co enterro da sardiña e a queima do boneco do antroido éntrase na Coaresma, nos coarenta días de xaxún, nos que non se "pode" comer carne, e a xente di adios ó antroido: Adios, martes de antroido, adios meu queiridiño; hasta o día de pascua non se come máis toucíño. Adios, martes de antroido, adios meu queiridíño hasta domingo de pascua non volvo untar o fuciño.

d) Calendario: O antroido, ao variar conforme a Pascua e a Coresma, non ten datas fixas. O martes de antroido adoita coincidir en febreiro ou nos primeiros días de marzo, pero as celebracións relacionadas poden comezar xa en xaneiro. É o que se coñece como ciclo do antroido, aínda que os días grandes adoitan ser o domingo e o martes de antroido, nalgunhas localidades a data referencial é o luns de antroido O antroido dura dúas semanas e media: as semanas de septuaxésima e sexaxésíma e tres ou catro días da quincuaxésima. Os días principáis destas festas en Galiza, son : •

O Domingo Fareleiro (ou de septuaxésima), canda os rapaces botan fardos au chísmas enriba das mozas e das mulleres.

O Xoves de Compadres e o Xoves de Comadres, días ámbalos dous nos que ten lugar unha guerra simbólica dos sexos : no primeiro xoves as mozas fan bonecos, os "compadres", e quéimanos loitando cos mozos, que pra impedilo botánlles as mozas auga, borralla ou chinas. No Xoves das Comadres son as "mozas" as queimadas.

O Domingo Corredoiro (ou de sexasésima), chamado así porque é o día no que se corre o antroido. É tamén o día no que se fai nalgunhas aldeias a "corrida do galo". Os rapaces e mozos botan auga, ovos podres, borralla, lama, mesmo formigas á xente. Nalgunhas aldeias os cativos fan (ou facían) chicotes (xeringas de cana de sabugueiro cun émbolo axustado con estopa pra tirar a auga con máis forza).

Paxina 25


IES Xunqueira I

Dpto. de Servicios Socioculturais e a Comunidade

O Domingo, o Luns e mailo Martes de Antroido son os tres días grandes do antroido. Neles fánse as grandes esmorgas, os desfiles de máscaras polas rúas ou polas corredoiras e mailos bailes de disfraces. As máscaras teñen unha gran importancia nestes días, sobor de todo o Domingo de antroido. Reciben nomes moi diversos, como cigarróns, peliqueiros, choqueiros, charrúas, felos e murrieiros. Cecáis as máis famosas señan os cigarróns dos vales de Laza e Monterrey na provincia de Ourense. Tamén hal máscaras máis finas, chamadas "damas" e "galáns", "madamitas" e "madamitos", e os "xigantes".

SEMANA

NOME

Septuaxésima

Domingo Fareleiro Xoves de Compadres

Sexasésima

Domingo Corredoiro Xoves de Comadres

Quincuaxésima

Domingo de Antroido Luns de Antroido Martes de Antroido

Paxina 26


IES Xunqueira I

Dpto. de Servicios Socioculturais e a Comunidade

e) O antroido en Pontevedra: Na cidade de Pontevedra é tradición dende fai varias décadas a celebración do Carnaval e unha característica da remate destas festas é a queima do loro Ravachol.

Ano 2008

Ano 2009

Este ano 2010, o cartel do Antroido foi realizado por Kiko da Silva.

Paxina 27


IES Xunqueira I

Dpto. de Servicios Socioculturais e a Comunidade

O ENTROIDO NA ESCOLA INFANTIL Proposta de traballo para o alumnado do 1º curso do Ciclo Superior de Educación Infantil

OBXECTIVO Realizar un estudo comparativo do tratamento didáctico do entroido en diferentes escolas infantís da comunidade galega.

METODOLOXÍA O traballo de investigación levarase a cabo en 4 fases diferenciadas:

Fase 1: Planificación e preparación da recollida de datos   

Elaboración dunha grella/rexistro de datos Selección das escolas infantís Redacción e envío da solicitude de permiso

Fase 2: Traballo de campo  

Contacto coa escola, marcar data e hora para a entrevista de recollida de datos Realización da entrevista, recollida de datos

Fase 3: Análise dos datos recollidos polos distintos grupos   

Posta en común da información recollida polos diferentes grupos Búsqueda de semellanzas e diferenzas entre os aspectos observados nas distintas escolas infantís Análise curricular das propostas escolares: detectar obxectivos, contidos, e criterios de avaliación do currículo oficial da etapa nas actividades levadas a cabo polas escolas  Recompilación de actividades para traballar cos nenos e nenas  Recompilación de actividades para implicar ás familias  Elaboración e redacción das conclusións

Paxina 28


IES Xunqueira I

Dpto. de Servicios Socioculturais e a Comunidade

Fase 4: Difusión e publicación da análise realizada  

Devolución dos datos analizados ás escolas infantís colaboradoras Redacción dun artigo para publicar na revista “Cuadernos de Pedagogía”

TEMPORALIZACIÓN Este traballo de investigación levarase a cabo durante o 2º e 3º trimestre do curso 2009-10. Das 8 sesións semanais do módulo, adicaranse 4 á realización do mesmo, concretamente ás sesións do xoves e do venres (dúas cada día), segundo a seguinte planificación:

FASES DO TRABALLO

TEMPORALIZACIÓN

fase 1

2º quincena de xaneiro: 8 sesións

fase 2

febreiro: 16 sesións

fase 3

marzo e abril: 32 sesións

fase 4

1º quincena de maio: 8 sesións

AVALIACIÓN A avaliación levarase a cabo en tres momentos: - antes de iniciar o traballo, - durante a elaboración do mesmo, nas distintas fases - ao final, valorando as conclusións e os resultados do traballo. Terá un carácter formativo. Farase unha heteroavaliación por parte do profesorado e unha autoavaliación que levará a cabo cada grupo de alumnos/as do seu propio traballo. Como criterios de avaliación teranse en conta os seguintes:  Eficacia do traballo grupal  Calidade e cantidade da información recollida  Capacidade de análise e síntese dos datos recollidos  Desenvolvemento das entrevistas nas escolas infantís  Manexo da información curricular  Presentación das conclusións

Paxina 29


IES Xunqueira I

Dpto. de Servicios Socioculturais e a Comunidade

RECURSOS Os recursos serán deseñados polo propio alumnado, como parte da actividade. Algunhas ideas poden ser as que seguen: 1- Grella de rexistro de datos para a entrevista nas escolas infantís:

planificación

SI

NON

OBSERVACIÓNS

Convócase reunión do equipo docente para planificar as actividades Existe coordinación entre as educadoras para a realización das actividades As actividades a realizar figuran na Programación Anual A planificación das actividades está aberta a suxestións do equipo docente As familias colaboran na planificación das actividades

desenvolvemento

As actividades están abertas á comunidade As familias participan no desenvolvemento das actividades O alumnado participa activamente na preparación das actividades Existe algún tipo de concurso ou competición Metodoloxía utilizada: rincóns, obradoiros,…

valoración

Recursos utilizados Grao de satisfacción por parte do alumnado Grao de satisfacción por parte do profesorado Aspectos a mellorar

2- Páxinas web de interese: http://escolasinfantis.net/ http://escolasinfantis.net/blogue_centro/

3- Listaxe actividades realizadas coa colaboración das familias: -Obradoiro de disfraces -Obradoiro de maquillaxe facial -Obradoiro de sabores do entroido -….

Paxina 30


IES Xunqueira I

Dpto. de Servicios Socioculturais e a Comunidade

4- Esquema para a recompilaci贸n de actividades realizadas co alumnado: 1. T铆tulo da actividade 2. Obxectivos 3. Contidos curriculares 3.1. Conceptuais 3.2. Procedimentais 3.3. Actitudinais 4. Desenvolvemento da actividade 5. Recursos 5.1. Materiais 5.2. Espaciais 6. Criterios de avaliaci贸n

Paxina 31


IES Xunqueira I

Dpto. de Matemáticas

A palabra filloa, igual que ocorre coa palabra portuguesa filhó, procede do latín foliola (pequena folla). A filloa tamén chamada típica do Entroido

freixó

e una sobremesa

Ingredientes: receta básica (pobre) • • • • •

1 litro de auga 1/4 quilo de fariña, 2 ovos Sal Touciño o manteiga de porco

Un filloeiro, ou tixolas (dúas para apurar máis)

O máis importante é o "amoado", que é a crema lixeira feita coa fariña, ovos e auga . Botamos o amoado a modiño no filloeiro ou na tixola quente untada procurando que quede ben repartida toda a superficie.

con

Cando levante os bordes, agarrámola punta dun coitelo dun borde e dámoslle a volta.

touciño, por

coa

Cando estea feita, o gusto, máis ou menos dourada,(segundo o gusto), sacámola para un prato. En repetimos o proceso ata acabar o amoado. Servímolas abertas e unhas enriba outras Pódense comer ou ben frías, ou quentes. Tamén pódense enrolar, untar en manteiga

das

Paxina 32


IES Xunqueira I

Diferentes variantes de filloas

Dpto. de Matemáticas

Poden ser redondas ou cadradas

Con leite no lugar da auga. Dará unha combinación un pouco máis fina y doce. Con caldo no lugar da auga. Dará unha filloa moito más saborosa, esta combinación irá mellor se queremos comer a filloa soa. Con cervexa no lugar da auga. Si pode ser con estrella galicia Con manteiga o aceite no lugar de touciño. A manteiga daralle un sabor máis doce; O aceite es una versión intermedia entre o touciño e a manteiga. Con una mestura de fariña milla e trigo a partes iguais Dará unha filloa máis gorda e un sabor moi diferentes. Nalgunhas zonas de Galicia a esta última variedade chámanlle Freixós. Aínda que noutras zonas chámanlle as feitas doces con recheo,, e noutras zonas ás feitas con recheo salgado (neste caso non son sobremesa). GRANDES FILLOEIROS Existen grandes filloeiros para as festas gastronómicas nas que se fan o mesmo tempo moitas filloas pero é preciso dispor de moitas mans para darlles a volta sacalas para os pratos, xa que o tempo no que se cocen é moi pequeno.

Paxina 33


IES Xunqueira I

Dpto. de Tecnoloxía

O Entroido e a Tecnoloxía. O tempo de entroido e unha manifestación cultural, que coincide coa Cuaresma católica, ainda que o seu orixe atende a outros principios. Podemos identificar este tempo de Entroido en por 3 características que o diferencian do resto do ano: 1. A apariencia visual. No entroido, as máscaras e disfraces fan que a plástica visual que podemos atopar en calquera dos nosos pobos sexa diferente ó resto do ano. 2. A gastronomía. As características da climatoloxía do noso pais, así como a época na que se celebra o entroido, fai que a sua gastronomía sexa moi particular, incluso poderíamos decir que moi localizada no tempo. Así, as orellas, os cocidos de porco a base de cachucha, a bica, as filloas, etc, aparecen nos fogares coincidindo coa celebración do entroido. 3. Os sons. Característicos desta celebración, os sons que acopañan ó entroido son tamén particulares, e non se utilizan nas festividades ou celebracións do resto do ano. A percusión con elementos tradicionais: bombos, tambores e sobre todo cencerros e cascabeis, fai que os sons que podemos escoitar nestas datas sexan perfectamente identificables co entroido.

Imos centrar a visión do entroido na área de Tecnoloxía no uso dos cencerros nesta festividade. Veremos como se elabora un cencerro e como se consigue a sua sonoridade. Os materiais que se empregan e a sua fabricación de maneira artesanal. Peliqueiro de Laza Para comenzar, o nome que reciben estes cencerros son “As Chocas”, e son unha ringleira de 6 unidas a un cinto de pel que poñen na cintura, quedando as chocas colgadas no lombo, e que fan soar ó compas dos seus movementos. De feito, ainda que non está moi claro o seu orixen, hoxe o que si fan e anunciar a chegada dos Peliqueiros de Laza ou dos Cigarróns de Verín.

Chocas de Peliqueiro Dende tempos ancestrais, o uso dos cencerros e os cascabeis no gando, foi utilizado para que os gandeiros puidesen localizar as reses. Tamén servía de aviso de paso para rebaños e como alarma dunha posible estampida provocada por algún depredador como o lobo. O Pastor tamén podía localizar ou identificar o seu gando polos cencerros. O movemento dos animais fai soar este instrumento, e incluso hai quen afirma que según o son podemos saber o estado de ánimo do gando, como si de músicos se tratase. Sin entrar nesta última visión bucólica e

Paxina 34


IES Xunqueira I

Dpto. de Tecnoloxía

filosófica de estes aparellos, o que sí é verdade que tiñan e teñen unha función de servicio ó pastor. Froito desto, aparece o oficio de cencerreiro, ou máis tradicionalmente coñecido en galicia como ferreiro latoneiro. Este artesán traballa os metais para facer aparellos e apeiros relacionados coa gandeiría. Productos típicos deste oficio son as ferraduras para o gando, partes metálicas dos enganches dos animais, etc, ademáis dos típicos apeiros, como os sachos, fouciños, arados etc. Entre todos estos, e relacionado co tema que nos ocupa, falaremos dos cencerros ou chocas. As chocas. O sua fabricación artesanal. Ainda que hoxe en día se producen de maneira industrial, imos ver o proceso artesanal de fabricación dunha choca.

O proceso empeza por cortar unha plantilla de chapa de ferro de forma rectangular, á que se lle dará unha forma ondulada no xunque.

Despois esta peza métese na fragua ou no forno para quentala. Cando está quente, dóblase quedando cerrada por un lado e aberta polo outro.

Cando xa está feito o cilindro, pónselle a asa, e xa temos o cencerro de ferro feito. Este cencerro non ten o timbre metálico característico. Esto consiguese dándolle un baño de bronce ou latón no forno.

Envolvese a choca con barro e palla, metendo dentro un pedazazo de latón, que despois no forno se fundirá e repartirase polo ferro formando unha nova aleación.

Cando se saca do forno, esta ó roxo vivo, o latón fundeuse e repartiuse pola superficie do ferro, dando lugar á aleación superficial. Esperamos a que enfríe e despois rómpese o barro que o rodea e liberando a choca.

Paxina 35


IES Xunqueira I

Dpto. de Tecnoloxía

Agora xa ten o timbre metálico dexexado e esa cor dourada característica. O punto final é afinar o son da choca, que se fai golpeandoa no xunque, ata ter o son que queremos.

Cada choca ten o seu timbre particular, e non hai duas iguais, dado que por ser un proceso artesanal, todas son distintas.

ACTIVIDADES. Agora que xa sabes algo máis do entroido e das chocas, fai as seguintes actividades. 1. En YouTube podes ver un video demostrativo de cómo se fai unha choca. Visita os seguintes enlaces e entenderas mellor o seu proceso de fabricación artesanal. http://www.youtube.com/watch?v=9f7lUSSQTNk http://www.youtube.com/watch?v=x0NnobfGatk 2. No texto falamos de Peliqueiros e Cigarróns. Investiga cales son as diferencias entre estas duas persoaxes. 3. Busca outras persoaxes típicas do entroido e que utilicen tamén chocas ou cascabeis ou outro tipo de percusión. 4. Fai unha relación dos cambios que hai nas costumes da tua familia en tempo de entroido, sobre todo no que a gastronomía se refire.

Paxina 36


IES Xunqueira I

Dpto. de Xeografía e Historia

O ENTROIDO NA PROVINCIA DE OURENSE. O Entroido é unha festa popular que se celebra dende tempos inmemoriais. Para algúns podería ter a súa orixe no mundo celta, para outros na época clásica na adoración a Baco ou Dionisos, deus do viño. Esta celebración de orixe pagá logo cristianizouse. Indica a fin do duro e xélido inverno e o comezo da primavera, a isto únese a despedida da carne antes da Coresma, que principia o mércores de cinza. Trátase dun período de troula e rexouba, no que se racha con todas as normas, trócase de personalidade ou identidade ou ironízase sobre cuestións e temas do máis diverso, entre eles os que están de actualidade. Pola súa irreverencia, estivo prohibida durante a ditadura franquista, pero mantívose nalgunhas zonas do rural. No que atingue ó significado do termo entroido deriva do latín introitus, que ven sendo “entrada” ou “comezo” da primavera e do agromar da vexetación. Esta celebración non ten datas fixas, pois depende de cando sexa a Pascua e a Coresma. Pode ser no mes de febreiro ou marzo, pero as celebracións poden principiar no mes de xaneiro. As datas básicas, por orde cronolóxica, do ciclo do entroido son: domingo fareleiro, domingo oleiro, xoves de compadres, domingo corredoiro, xoves de comadres, domingo de entroido, luns de entroido, martes de entroido, mércores de cinza, domingo de piñata. Cecais o elemento máis importante do entroido galego son as máscaras que se dividen en dous grandes grupos: · As máscaras ourensás son ser coloristas e cobren a faciana, moitas están feitas en madeira e o seu fin é meter medo, baterlle ou escorrentar é xente. Poden ir en grupo pero moitas veces van de xeito individual. Entre outras destacan os peliqueiros de Laza, os felos de Maceda, as pantallas de Xinzo, os cigarróns de Verín, os murrieiros da Teixeira ou os boteiros de Viana do Bolo, Vilariño de Conso ou Manzaneda. · As máscaras da zona atlántica, dende a ría de Vigo (Vilaboa ou Hío) ata o val do Ulla. Neste caso son coloristas, pero distínguense dos de Ourense en que van coa cara descuberta. Destacan as damas e galáns de Vilaboa e Cangas do Morrazo ou os xenerais do Deza e do Ulla. O ciclo do entroido ten diferentes extensións segundo as vilas. O máis madrugador é o de Laza onde comeza ó dar as campanadas de fin de ano co primeiro folión. O de Xinzo de Limia dura cinco semanas, ao igual que noutras vilas da provincia. En Verín empeza co San Antón, o 17 de xaneiro, e en Vilariño de Conso coa Candelaria que é o 2 de febrero.

Paxina 37


IES Xunqueira I

Dpto. de Xeografía e Historia

A continuación imos comentar brevemente algún aspectos desta festa en varias vilas de Ourense. En Viana do Bolo un elemento típico son os folións, formado por un grupo de xente que tocan bombos e aixadas. Nas aldeas da contorna hai cadanseu. Os personaxes senlleiros son os boteiros. Trátase de mozos e mozas do pobo que disfrazados percorren as rúas e camiños acompañando ó folión. Este personaxe tamén o hai en Vilariño de Conso e Manzaneda. A súa camisa vai bordada con numerosos anacos de fitas de cores formando variadas figuras xeométricas. O pantalón, normalmente vermello, de seda, leva flocos de flores nos laterais, unha faixa con picos e borlas; o cinto leva unas pequenas campás; ten unas polainas negras; na man portan unha pértiga á que lle chaman monca, rematada cunha borla pequerrecha. A máscara, moi pesada, fórmana unha careta negra tallada en madeira e con amplo sorriso e unha figura xeométrica a xeito de pantalla frontal por enriba da testa. Outro elemento desta festa en Viana do Bolo é a fariña. O “xoves de compadres” e o “xoves de comadres” tíranse uns a outros este produto. No primeiro caso os homes ás mulleres e no segundo ó revés. Colócanse o “Lardeiro compadre” e o “Lardeiro comadre” respectivamente, que é un monicreque de palla. Quéimanse o martes de entroido ás doce da noite os dous. O domingo de entroido, desenvólvese un desfile dos folións e boteiros polo pobo. En Maceda os personaxes centrais son os felos. Teñen unha indumentaria propia desta festa. Destacan os calcetíns de la brancos, colcha con flecos claros ó redor do “van”, medias negras, ringleiras de borlas de cores, rabo de raposo no alto da “mitra”, varios colares e cunha arma para asustar. Na “mitra” píntanse animais ou aves rapaces da serra de San Mamede. Van desfilando e trouleando de aldea en aldea. Nunca destapan a máscara diante da xente.

Paxina 38


IES Xunqueira I

Dpto. de Xeografía e Historia

En Xinzo de Limia o personaxe central é a “Pantalla”, que leva penduradas unhas vexigas cheas de aire, que no caso de romper hai que repoñer. O martes de entroido é o día máis importante que é cando se celebra o desfile. As celebracións comezan co “Domingo fareleiro”, que é tres domingos antes do domingo de entroido, nesta data a xente tírase fariña. Logo temos o “Domingo oleiro”, no que varias persoas en círculo tíranse unhas olas de barro e a quen lle caia e lle rompa paga unha botella de viño. O “Domingo corredoiro”, é cando desfilan as primeiras “Pantallas” e a xente disfrazada. O “Sábado

de

entroido”,

entre

outras

actividades as “Pantallas”, persiguen a quen non teñan disfraz e o “Domingo de entroido” é a data con máis asistencia ás celebracións, amenizadas con música de charangas. Logo o “Martes de entroido” é o desfile polas rúas no que se inclúen carrozas e o “Mércores de cinza” é o remate das festas co “Enterro da Sardiña”. En Verín os protagonistas principais son os cigarróns cos seus inseparables látigos cos que lle baten a quen lles saia ó paso nos camiños. O domingo é o desfile dos cigarróns. Teñen caretas de madeira, unha chaqueta, pantalóns con flecos, chocas e látigo. Hai quen afirma que a súa orixe estaría nos antigos recadadores de impostos do val de Monterrei, que ían polas casas ou que os enviaba a Igrexa para reafirmar as crenzas dos incrédulos no tema da fe. Son importantes tamén o “Domingo corredoiro”, o anterior ó de entroido, que é cando se fai a primeira fariñada e o “Domingo de Piñata”, que é a semana posterior.

Paxina 39


IES Xunqueira I

Dpto. de Xeografía e Historia

Por último, ímonos referir a Laza, que ten a celebración máis alongada no tempo, como xa dixemos anteriormente. O 1 de xaneiro, dende as doce da noite saen os mozos a facer sonar os “chocos”. O ”Venres de entroido” é o gran “Folión” onde participa toda a veciñanza. O “Sábado de Entroido” fanse “as cabritadas”, que é cando se asan os cabritos. O “Domingo de entroido” os Peliqueiros reúnense xunto á igrexa coas súas indumentarias e saúdan á veciñanza. Polo serán saen as carrozas escoltadas polos peliqueiros e as charangas. O día principal é o “Luns de entroido” que é o “día da Farrapada”, “da xitanada dos burros”, “día da Morena” e das formigas. O luns polo serán baixan a “Morena” que é unha cabeza de vaca cravada nun pau horizontal que esconde cunha manta un home, percorrerá as rúas de Laza erguéndolle as saias ás mulleres, mentres que outros xóvenes pícana con toxos. Cando a baixan do monte van con ela xóvenes con toxos e sacos ateigados de formigas grandes que guindarán ó público para que lles piquen. Logo reparten “cachuchas” entre o público asistente. O “Martes de entroido” rematan as celebracións, pola mañán saen os peliqueiros máis vellos e polo serán faise o “Testamento do Burro” e remata todo pola noite coas “Queimas do Arangaño” e o “Enterro do Entroido”.

· Actividades. · ¿Qué localidade ten o ciclo máis longo do Entroido? ¿cando comeza? · Cita varios dos personaxes centrais do Entroido ourensá e a que vilas se vencellan. Explica como é a indumentaria dalgún deles. · Enumera algúns pratos e postres típicos da gastronomía nesta época do ano. · Sitúa nun mapa de Galicia estas e outras vilas onde haxa tradición desta celebración. · ¿En que localidade das citadas se celebra o “folión de verán” no mes de agosto? · ¿Qué é a “Morena”?

Paxina 40


IES Xunqueira I

Dpto. de Francés

FRANÇAIS –

LE CARNAVAL

1. INTRODUCTION Le carnaval est une fête traditionnelle qui n´est pas exclusive de l´Espagne ou de la France, mais qui a lieu dans toute l´Europe et même dans tout le monde, quoique chaque pays présente sa propre manière de célébration. Cette tradition du carnaval nous ramène au Moyen-Âge. L’étymologie du mot « carnaval » la plus commune est « carne levare », qui signifie « enlève la chair ». À cette époque, les habitants, avant de jeûner pendant 40 jours, selon la tradition catholique du Carême, profitaient d’une cuisine riche et copieuse. Cette période festive était accompagnée d’une série d'animations : bals, mascarades, danses, farandoles, feux de joie, exhibitions diverses. Il était alors habituel de se moquer de tout et de tous, caché derrière des masques, protégé par des déguisements, jusqu’au Mardi-Gras. La première mention retrouvée de ces célébrations remonte à 1294. À partir de 1873, les cortèges ont commencé à se dérouler au coeur de la ville selon une dizaine de parcours différents, et une fois les animations terminées, la fête se prolongera dans les quartiers; de petits chars créés pour l’occasion deviendront les symboles

des

festivités

plus

localisées

encore.

2. CARNAVALS LES PLUS CÉLÉBRES La France possède des célébrations magnifiques tout au long de son territoire, mais celles que l´on connaît le plus sont :  Le carnaval de Nice.  Le carnaval de Nantes.  Le carnaval de Dunkerque. Pour regarder des vidéos allusifs, cliquez sur : www.daylimotion.com/videos/carnaval-de-nice www.daylimotion.com/videos/carnaval-de-dunkerque

Paxina 41


IES Xunqueira I

Dpto. de Francés

Chars coloriés-carnaval de Nice

Carnaval de Nice-chars coloriés

Les éléments typiques de ce carnaval sont : • les pêcheurs de morues et de harengs qui partaient en Islande pour des mois; • « Jean Bart », corsaire du Roi, qui a sauvé la France en lui donnant du pain; • « Cô Pinard » et d´autres tambours majors de la Bande : • Les travailleurs portuaires : marins, ouvriers, dockers; • Les Géants « Reuze Papa » et sa famille; • « Les Maquelours » ou les carnavaleux déguisés; • Les parapluies hauts perchés.

Paxina 42


IES Xunqueira I

Dpto. de Francés

3. ACTIVITÉS 1. Regarde attentivement une des photos et décris ce qu´il y en a en utilisant tout le vocabulaire souligné.

2. Explique quelques célébrations traditionnelles du carnaval galicien : Xinzo de Limia, Laza, Verín, Vilariño de Conxo, etc…

3. Cherche sur internet quels sont les produits typiques espagnols et français que l´on mange pendant le carnaval.

Paxina 43


Pontevedra, Maio 2010 .

O Entroido  

Traballo do grupo de TIC sobre o Entroido como tema transversal.

O Entroido  

Traballo do grupo de TIC sobre o Entroido como tema transversal.

Advertisement