Page 1

Todo o grupo agrario, do primeiro ciclo superior, realizamos unha actividade ata a finca ornamental, que foi podar. Como no caso dos enxertos, a maioría da xente xa tiña certos coñecementos sobre como realizar unha poda. No meu caso, tiven que aprender desde como realizalo corte coa tesoira de podar, para non danar a árbore. Estivemos cos liquidambar sp. Había que realizar os cortes tendo en conta o número de xemas, dúas ou tres, que había que deixar. A poder ser, que a ramificación fose curta e que as xemas non foran xemas inferiores. Tamén estaba relacionado, como tiñamos que realizar os cortes tendo en conta a capacidade de volume que a árbore ocupaba. Non foi doado, pero todos terminamos por realizalo ben. Coñecemos algunhas ferramentas.

2 Cortasetos 3 Serrucho

1 As tesoiras dunha man. 4 Tesoiras de dúas mans 5 Tesoiras de llunque.

Os restos de poda, foron recollidos por nós para realizar unha queima controlada de eses restos. Por último, desinfectamos as tesoiras. Unha actividade moi importante.

Poda  

Poda actividade

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you