Issuu on Google+

Según a enquisa realizada cunha mostra de poboación de 23 persoas da terceira idade , chegamos á conclusión de que a maior parte das persoas maiores non van de vacacións, e si van, suelen ir en Xullo durante un mes, polo tanto ese será o noso mes de vacacións. Como os fins de semana suelen estar entretidos, poderemos cerrar. Tras o resultado de que a maior parte levántase de 8-9h, come ás 13h, déitase a partir das 23h e cando suelen estar na casa para atender o teléfono é pola mañan e pola tarde, as nosas chamadas serán ó gusto de cada un. O noso horario habitual será de 9:30h a 13:00h e de 15:00h a 20:30h. Levaremos a cabo a realización de excursións, xa que á xente que lle preguntamos, toda esta de acordo. Con referencia ao tipo de excursións será variada ainda que a maior parte das veces será a balnearios e centros comercias. Xa que a maior parte das persoas maiores non queren pasar a noite fóra da casa, as excursións serán de un día, no cal están dispostos a pagar entre 20-50 €. Serán realizadas en autobús, xa que a maior parte das persoas maiores non conducen e non teñen ningún inconveniente en viaxar en autobús. Non teremos límite de idade xa que as persoas maiores non lles importa estar con xente mais nova nin mais maior. Nos primeiros momentos intentaremos darnos a coñecer entre a xente do lugar atraves dos lugares de ocio da terceira idade, plantexamonos a posibilidade de ofrecer varios servicios gratuitos para darlle publicidade ao negocio xa que o boca a boca é a principal fonte de publicidade.


Informe de Estudio de Mercado