Issuu on Google+

a02[a]. Unhas pequenas cuestións sobre hidratos de carbono e lípidos.

1. ¿Por que se chama Hidratos de Carbono ós glícidos? (Valoración 0,5 ptos)

Porque a proporción de Hidróxeno e Osíxeno en relación ó Carbono é a mesma que na auga (CH2O), que ven dos típicos grupos H-C-OH dos carbonos asimétricos, tanto nas aldosas coma nas cetosas. Nas aldosas o carbono do grupo aldehido (-CHO) non garda esa proporción, pero queda compensada co Hidróxeno extra do carbono terminal (-CH2OH). Nas cetosas no grupo ceto (-C=O) faltarían dous hidróxenos que se compensan cos dous hidróxenos extra dos dous carbonos terminais (-CH2OH). En definitiva, nos glúcidos sempre hay dous átomos de Hidróxeno e un de Oxíxeno por cada carbono; isto dou en pensar, nun principio, que se trataba precisamente de hidratos de carbono. Unha vez desvelada a estructura carbonílica, mantívose a denominación tradicional.

2. ¿Cantas moléculas de glucosa produciranse na hidrólise de dúas moléculas de: (Valoración: 0,5 ptos)

Sacarosa ----> 2 de alfa-D-Glucosa (tamén chamada dextrosa) (e outras dúas de alfa-D-Fructosa (tamén chamada levulosa). Celobiosa ----> 4 de beta-D-Glucosa Maltosa ----> 4 de alfa-D-Glucosa

NOTAS: Un erro típico nas respostas a esta pregunta consiste en describir perfectamente as moléculas pero non contestar á pregunta, isto é, non indicar expresamente a cantidade de glucosa que se obtén nos tres supostos. Evidentemente, isto leva consigo unha reducción da cualificación.

3. Relaciona o tipo de enlace glicosídico coa capacidade reductora dos glícidos. (Valoración: 1 ptos)

Podes atopar unha boa explicación aquí. Observarás que o asunto radica na presenza de grupos carbonilo libres para reaccionar, non bloqueados no establecimento de unións


glicosídicas. Precisamente nesa propiedade se fundamentan os métodos clásicos de recoñecemento de azucares reductores e non reductores (última ligazón I.M. J.A. Cortés)

4. Un polisacárido formado por restos de glicosa e localizado nun tecido vexetal, dou por hidrólise un disacárido diferente do que se obtén da hidrólise do glucóxeno. Razona cal é o polisacárido e de que disacárido se trata. (Valoración: 1 ptos)

Os homopolisacaridos (o enunciado indica que están formados por restos de glucosa, entendemos que únicamente por restos de glucosa) de orixe vexetal son os almidóns (amilosa e amilopectina) e a celulosa. Se hidrolizamos estes compostos ata obter disacáridos obteriamos os seguintes disacáridos (indícase o tipo de ligazón glicosídica en cada caso)

Glucóxeno ----> maltosa [glucosa-alfa(1-4)-glucosa] amilosa ---> maltosa amilopectina ---> maltosa e isomaltosa [glucosa-alfa(1-6)-glucosa] celulosa ---> celobiosa [glucosa-beta(1-4)-glucosa]

A maltosa está presente en todos excepto na última. Xa que logo, o polisacárido problema é a celulosa e o disacárido é a celobiosa.

5. Procura na rede un esquema no que se observen as diferencias estructurais entre amilosa e amilopectina e insértao nas respostas desta tarefa. (Valoración: 0,5 ptos)

Na seguinte imaxe (a) é amilosa e (b) amilopectina.

(fonte orixinal: http://ead.univangers.fr/~jaspard/Page2/COURS/3CoursdeBiochSTRUCT/2GLUCIDES/2FIGURES/99DiversOSES /8SUITEdivers/2AmylAmyl.gif)


6. A hidrólise dun determinado composto da glicerina, ácido butírico, ácido fosfórico e etanolamina [HO-CH2-CH2-NH2] na proporción 1:2:1:1 ¿De qué composto se trata? Escribe a súa fórmula (podes usar o Paint ou calquera programa de debuxo e logo pegar a imaxe nas respostas) (Valoración: 1,5 ptos)

O composto sería a fosfodibutiletanolamina (unha fosfatidiletanolamina) A estructura xeral das fosfatidiletanolaminas sería a seguinte:

sendo R1 e R2 sendos grupos -CH2-CH2-CH3, para o caso concreto proposto no enunciado.

7. A hidrólise de determinado composto produce ác. palmítico e glicerina na proporción 3:1 ¿De que composto se trata? Indica a súa fórmula. (Valoración: 1,5 ptos)

O composto é o tripalmitilglicerido. Podes ver a súa fórmula na solución do último exercicio e a a súa estructura de seguido

NOTAS: Na cualificación desta pregunta pódese perder a metade da puntuación no caso de non indicar un nome para o composto. A fórmula pódese indicar noutros formatos diferentes do aquí indicado, sempre que sexan correctas.

8. ¿Cantos diglicéridos distintos pódense formar con dous ácidos graxos diferentes? (non teñas en conta os isómeros ópticos) (Valoración: 1,5 ptos)

3. Nomeando como 1 e 2 os dosu ácidos graxos distintos e situándo cada un deles nunha das tres posición posible de esterificación do glicerol, as posibilidades serían as seguintes:


A resposta é, xa que logo, 3 diglicéridos diferentes.

9. A saponificación, con NaOH, de certa graxa dou lugar á formación de glicerina e palmitato sódico na proporción 1:1. Escrebe a reacción de saponificación. (Valoración: 1,5 ptos)

Fonte orixinal: http://www.fcfar.unesp.br/alimentos/bioquimica/imagens/formacao_sabao.JPG


cuestiones hidratos de carbono y lipidos