Page 1

BOLETÍN INFORMATIVO DEL CLUB NÁUTICO DE PORTOSÍN Nº 12. Octubre - Noviembre de 2003 Dep. Legal nº C-1701-03

PEREIRIÑOS Decano de la da prensa náutica del Barbanza Boletín Informativo Biblioteca do CEIP do Foxo

BOLETÍN Nº 91 XUÑO 2010

uxío novoneira 17 de maio

letras

galegas

2010 I estes brazos inda son aqueles que sosteron no souto a cabeza dos soños? CMYK azul crepúsculo


Páxina 2

PEREIRIÑOS

UXÍO NOVONEYRA UXÍO NOVONEYRA (Parada de Moreda, O Courel, 1930 – Santiago de Compostela, 1999) estudou Filosofía e Letras en Madrid, cidade onde residiu entre os anos 1962 e 1966 e onde traballou na radio e na televisión, converténdose nun gran divulgador da poesía galega e universal. Retornado ao Courel no ano 1966 e afincado en Santiago de Compostela desde o ano 1983, foi presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Entre as súas obras, cómpre salientar Os Eidos (1955), Os Eidos 2 (1974), Muller pra lonxe (1987) e Do Courel a Compostela: 1956-86 (1988)

CRONOLOXÍA 1930 Uxío Novoneyra nace en Parada do Courel. 1936 Morre o seu irmán José dun tifo. O golpe de

1945 1947 1948 1950 1951 1952

estado colle o seu padriño, Manuel, de alcalde do Courel. Refúxiase na casa de Parada, onde permanece agochado os anos que dura a contenda civil. Comeza a estudar o bacharelato por libre en Lugo. María Mariño vai vivir ao Courel. Coñece a Manuel María á saída do cinema. Marcha estudar Filosofía e Letras a Madrid. Coñece a Clara Otero, á que lle dedicará varios poemas en Os Eidos. Encóntrase, en Madrid, por vez primeira, con Manuel Cuña Novás. Volve a Galicia para facer o servizo militar. Coincide nel con Manuel María. Realizan a instrución en Parga. Tamén comparten destino no cuartel de Compostela. Na cidade entran en contacto con Otero Pedrayo, Carlos Maside e Ramón Piñeiro. A finais dese ano contrae unha pleuresía que o mantén varias semanas internado

Uxío Novoneyra 1930-1999


Nº91. XUÑO 2010

1953 1955 1957

1962

1966

1967 1968 1971 1973 1974

1975 1976 1981 1982 1983 1985 1986 1987 1989 1991

1994 1995 1999

no Hospital Militar da Coruña. Volve ao Courel. Comeza a escribir Os Eidos. Galaxia publica Os Eidos. Participa en Compostela nun recital de “Homenaje a la poesía gallega”, onde fala en galego. É a primeira vez que a lingua se utiliza nun acto público despois da Guerra Civil. Trasládase a Madrid e comeza a traballar para a radio e a televisión. Entra en contacto co grupo Brais Pinto e coñece, no café Gijón, a Carlos Oroza. Volve ao Courel para unhas vacacións, pero acaba quedando definitivamente ante o estado de deterioro na saúde que lle ve aos seus pais. Morre María Mariño. Coñece a Elba Rey. Escribe “Vietnam canto”. Morre o seu pai. Casa con Elba Rey. Morre a súa nai. Galaxia publica Os Eidos 2 con poemas escritos entre o 1954 e o 1957. Nace o seu primeiro fillo, que morre ás poucas horas de nacer. Morre Franco. Nace a súa filla Branca Petra. Traduce ao galego poemas de Mao Zedong. Nace o seu fillo Uxío. É elixido presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG). Establécese en Lugo. Nace o seu fillo Arturo e establécese definitivamente en Compostela. Abandona a presidencia da AELG. Publica Muller pra lonxe. Volve ser elixido presidente da AELG, cargo que xa desenvolverá até a súa morte. Publica Do Courel a Compostela. Comeza a publicar unha serie de contos para rapaces ambientados no Courel. Publica “Tempo de elexía”. Publica Poemas da doada certeza. Publica Camelio xaponés. Morre en Compostela.

Páxina 3

A forza da palabra


NEVA e non leva. Anque o ceo amoia o silencio aboia. Neva como eu poño naquil poema neva. Falopiña a falopiña vai branqueando a cortiña. Cada miniña o seu soño... cada copo a súa flairiña...

CHOVE pra que eu soñe... 1953

O MELLOR FARO PARA IMPEDIR QUE OS POBOS TROPECEN É UNHA ESCOLA

Pereiriños91  
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you