Issuu on Google+

BOLETÍN INFORMATIVO DEL CLUB NÁUTICO DE PORTOSÍN Nº 12. Octubre - Noviembre de 2003 Dep. Legal nº C-1701-03

PEREIRIÑOS Decano de la da prensa náutica del Barbanza Boletín Informativo Biblioteca do C.E.I.P. do Foxo

BOLETÍN Nº9 DECEMBRO 2005

PRESENTACIÓN

O

primeiro trimestre deste curso xa remata e chega o Nadal. Con motivo destas Festas, edítase este Boletín Informativo da Biblioteca, O PEREIRIÑOS, para contarvos todo o que acontece no noso Centro. As festas do Nadal son tempo de felicitacións e bos desexos; por iso os nenos e nenas do Colexio para celebralas, transfórmanse en artistas: actores, bailaríns, cantantes, modelos... para dar vida ao Festival que celebraremos no Salón de Actos o vindeiro día 22 de decembro. Ese día, teremos a honra de contar cun invitado moi especial, o mestre, investigador e escritor Olimpio Arca Caldas, autor da obra de teatro “Os reis do Panchiño” que poñerán en escena “Os Abrentiños”, grupo de teatro do CEIP do Foxo.

Pax. 1 PRESENTACIÓN

Pax. 2 OLIMPIO ARCA CALDAS

Pax. 3 FESTIVAL DE ABRENTE

Pax. 4 NOVIDADES DA BIBLIOTECA. UNS VERSOS PARA OS PEREIRIÑOS.

Los campeones de la Regata Mar de Finisterre Silfo II, recogiendo su premio.

Acto de presentación da Actividade: “As Nosas Aulas, os Nosos Persoeiros”


Páxina 2

PEREIRIÑOS

OLIMPIO ARCA CALDAS Nace en Cuntis no ano 1928. Presidente de Honra de Edicións Fervenza. Polo seu labor como mestre e escritor obtivo, entre outros, os seguintes premios: Cruz Alfonso X O Sabio, Mestre representativo provincia de Pontevedra, 1º premio Bretema de Lembranza, 1º premio xornalístico Manuel Reimóndez Portela, n o m e a d o Estradense de Honra 2001 pola Asociación cultural O Brado. Como investigador ten publicado distintas obras de recuperación da nosa memoria. Como dramaturgo é autor de obras premiadas en distintos certames de Teatro Escolar: Os reis do Panchiño (Ed. Fervenza), Hoxe naceu un neno, Y el equilibrio se impuso (mimo), Pelexa no Souto (Ed. Fervenza), Soprar a tempo (Ed. Fervenza), Conversas coa nobre dama (estreada por primeira vez na Universidade Autónoma de Madrid (1993) e O Enfermo 4 M (Ed. Fervenza), Mágoas de campesiños e señoritos (Ed. Fervenza) e Parasitos na escola dedicado aos alumnos de infantil de 5 anos do CEIP do Foxo. O teatro sérvelle ao mestre Olimpio para darlle libre canle ao seu labor docente. Todas as súas obras teatrais, todas, son pezas abertas, flexibles, non queren sentenciar senón que plantexan dúbidas e fan reflexionar ao espectador. As súas obras son, en definitiva, anacos de experiencia nas aulas. É Olimpio Arca un especialista en teatro escolar que creou sempre a súa obra guiado polo firme propósito de

que a riqueza do teatro forme parte da vida dos seus alumnos. Por iso é o seu un teatro lúdico e emocionante á vez que didáctico. A peza que hoxe aquí vos presentamos, Os Reis do Panchiño revitalizada coas ilustracións da artista venezolana, afincada en Ourense, Ana Margarita Pérez Rodríguez-, foi pensada e escrita, no ano 1972, para os alumnos do Grupo Escolar de Couso, que a representan, neste mesmo ano, nun festival de Teatro Infantil celebrado no Instituto Masculino de Pontevedra. Esta obra foi, asemade, galardoada co 2º Premio Provincial no concurso de representacións teatrais xuvenís de Pontevedra en 1973; e representada na Estrada, Forcarei, Silleda... polo grupo de teatro, fundado e dirixido polo mestre Olimpio, “Os Lóstregos” de Tabeirós, no ano 2000.


Nยบ9. DECEMBRO 2005

FESTIVAL DE NADAL ABRENTE-CEIP DO FOXO

Pรกxina 3


NOVIDADES DA BIBLIOTECA Na Biblioteca tedes á vosa disposición as seguintes NOVIDADES EDITORIAIS:

Ê Colección “Os Bolechas van de viaxe” de Pepe Carreiro. Ed. A Nosa Terra Ê Colección “Os Bolechas queren saber”de Pepe Carreiro. Ed. A Nosa Terra Ê Aydin de Jordi Sierra. Ed. Rodeira Ed. Ê Unha raíña negra de Fina Casalderrey. Ed. Rodeira Ê A galiña Paz de Gloria Sánchez. Ed. Rodeira Ê Contos para durmi-la avoa de Antonio Manuel Fabregat. Ed. Rodeira Ê Pé máis eu de Gloria Sánchez. Ed. Rodeira Ê Lémbrate dos dinosaurios, Ana María de Gabriel Janer Manica. Ed. Rodeira Ê Ra por un día de Mª Teresa Aretzaga. Ed. Rodeira Ê Down de An Alfaya. Ed. Rodeira Ê O xenio de Aladino García de Joaquín Carbó. Ed. Rodeira Ê Robin e a boa xente de Paula Carballeira. Ed. Rodeira Ê Troulas, andainas, solpores e unha farsa anónima de Paula Carballeira. Ed. Rodeira Ê Correo urxente de Paula Carballeira. Ed. Rodeira Ê Mauricio o achacoso de Maite Carranza. Ed. Rodeira Ê Narrativa contemporánea de Tabeirós-Terra de Montes. Carlos Loureiro (coordinador). Ed. Fervenza Ê Poesía contemporánea de Taberirós-Terra de Montes. Carlos Loureiro (coordinador). Ed. Fervenza

UNS VERSOS PARA OS PEREIRIÑOS... DE XOÁN XOSÉ FERNÁNDEZ ABELLA Dentro de ti Galicia, antes que nada, os nenos. Eles son o futuro. Traballemos arreo pra un fermoso mencer sobre o pobo galego. Deseño e Maquetación: Aula de Informática

MIL PRIMAVERAS MÁIS PARA A CULTURA GALEGA...

CEIP DO FOXO


Pereiriños9