Page 1

BOLETÍN INFORMATIVO DEL CLUB NÁUTICO DE PORTOSÍN Nº 12. Octubre - Noviembre de 2003 Dep. Legal nº C-1701-03

PEREIRIÑOS Decano de la da prensa náutica del Barbanza Boletín Informativo Biblioteca do CEIP do Foxo

BOLETÍN Nº 88 MAIO 2010

DAVID OTERO no CEIP do Foxo Mércores, 19 de maio CMYK azul crepúsculo


Páxina 2

DAVID OTERO

N

aceu en Santiago de Compostela no ano 1946. É mestre e animador á lectura. Foi membro fundador do “Pen Clube de Escritores Galegos”, de “Galix”, da “Fundación Castelao” e da “Asociación Cultural O Brado” da Estrada. Tamén é membro da “Fundación Alexandre Bóveda”, do “Pedrón de Ouro”, do “Patronato San Martiño”, do “Colectivo Cultural Estradense”, de “Nova Escola Galega” e da “Asociación de Escritores en Lingua Galega”. Ademais é socio de “Irimia” e de “Encrucillada”. Participa en actividades de Colectivos de Renovación Pedagóxica nas áreas de Lingua Galega, Animación á Lectura e Psicomotricidade. Formou parte do equipo redactor dos “Programas de Lingua e Literatura Galegas” para o ensino non universitario. Foi Director da Colección “Árbore” de Literatura Infantil da Editorial Galaxia. Na actualidade imparte docencia no IES nº1 da Estrada. Trátase dun autor que ten publicacións pertencentes a todos os xéneros. Así temos que en Literatura Infantil e Xuvenil publicou as seguintes obras: Cousas para facer, dicir e pensar (Edit. Galaxia), O albendar dos animais (Edit. Galaxia), Por se che pasa (Edit. Galaxia), A verdade na bufarda (Edit. Galaxia), Chano (Edit. Galaxia, 1993) e Contos de ir e volver (Ir Indo). Polo que atingue á poesía, publicou Para iso está o futuro (Edit. Fervenza, 2003). Tamén son varios os seus ensaios biográficos encol de diferentes persoeiros. Así temos: Castelao, corenta anos despois (Edit. do Castro), A vida de Rafael Dieste (Edit. Galaxia, 1995), A vida de Xesús Ferro Couselo (Edit. Galaxia, 1996), A vida de Don Eladio Rodríguez González (Edit. Galaxia, 2001) e Castelao (Ir Indo).

PEREIRIÑOS


Nº88. MAIO 2010

No que respecta á Didáctica da Lingua Galega, publicou Que facer coas palabras? (Edit. Galaxia, 1991). No eido da narrativa publicou Castromil no espello de Compostela (Ir Indo). E finalmente tamén se estreou no campo do teatro coa obra O Ciridonio (Edit. Fervenza, 2004). Asimesmo as súas amplas colaboracións tamén están presentes en moitas obras colectivas. Así temos nas seguintes obras: Contos da Xustiza (Ir Indo), Manuel Daniel Varela Buxán. Patriarca do Teatro Galego (Seminario de Estudios Deza, 2000), Polos camiños da literatura (Pen Clube de Galicia-Xunta de Galicia), Manuel Reimóndez Portela na lembranza (Edit. do Castro, 1996), Un futuro para a lingua (Xunta de Galicia), Manuel María (Ophiusa), Territorio auroral (Consorcio de Santiago de Compostela), Actas Congreso Castelao (1986-2000) (Fundación Castelao-Xunta de Galicia), Actas Congreso Eladio Rodríguez González (Xunta de Galicia), Meniños (Xunta de Galicia), Dez anos creando ilusións (Centro Xuvenil Don Bosco), E dixo o corvo (Hospital Xeral de Galicia-Xunta de Galicia), Contos para nenos (Citania), Contos de ler e contar (Xunta de Galicia), Narradio, 56 historias no ar (Edit. Xerais de Galicia), Homenaxe poético ao trobador Xoán de Requeixo (Edit. de Xosé Méndez e X. Lois García), na VI Forxa Literaria (Seminario de Estudos Deza, 2003) e Nun bambán de non virar baldo (2010) Tamén son cotiás as súas colaboracións en diferentes xornais coma: “El Correo Gallego”, “O Correo Galego”, “Revista Galega de Educación”, Fadamorgana”, “Faro de Vigo”, “La Voz de Galicia”...

Páxina 3


A escola que nós queremos, será chea de color. Os nenos teremos tempo de moitas cousas soñar. Poderemos ve-lo sol, as bolboretas voar. Verémo-lo ceo azul, e os paxaros cantar.

David Otero

O MELLOR FARO PARA IMPEDIR QUE OS POBOS TROPECEN É UNHA ESCOLA

Pereiriños88