Issuu on Google+

BOLETÍN INFORMATIVO DEL CLUB NÁUTICO DE PORTOSÍN Nº 12. Octubre - Noviembre de 2003 Dep. Legal nº C-1701-03

PEREIRIÑOS Decano de la da prensa náutica del Barbanza Boletín Informativo Biblioteca do CEIP do Foxo

BOLETÍN Nº 86 MAIO 2010

XOSÉ NEIRA VILAS no CEIP do Foxo Mércores, 5 de maio ás 16.00 h. Salón de Actos Varela Buxán CMYK azul crepúsculo


Páxina 2

PEREIRIÑOS

XOSÉ NEIRA VILAS Nace en Gres (Vila de Cruces) en 1928.

Vivíu ata os dezanove anos na comarca do Ulla. Fillo de labregos, compaxinou ata os catorce anos a asistencia á escola cos labores do campo. Traballou logo varios anos nas oficinas dun aserradeiro mentres estudaba Comercio por correspondencia, loitaba por non afundirse na miseria (económica e cultural) que o rodeaba e procuraba completar a súa formación lendo todo o que tiña ao seu alcance. En 1949 emigra a Arxentina, onde, ao tempo que desempeña os traballos máis dispares, segue a estudar e vencéllase á cultura galega a través dos intelectuais exiliados, tales como Luís Seoane, Rafael Dieste, Eduardo Blanco Amor,.... feito que lle fai tomar conciencia da realidade de Galicia e iniciar un intenso activismo en prol da cultura galega. En 1953 funda as Mocidades Galeguistas e en 1956 participa na organización do I Congreso da Emigración Galega.

En Xenebra (Suíza), 1994.

En 1957 casa coa escritora cubana Anisia Miranda e con ela funda “Follas Novas”, editorial e distribuidora do libro galego en América. En 1961 instálase en Cuba e comprométense activamente no proceso revolucionario ; no 69, Neira Vilas pon en marcha a Sección Galega do Instituto de Literatura e Lingüística da Academia de Ciencias de Cuba organismo que desenvolverá un labor sen precedentes de investigación e recompilación das aportacións da emigración galega na illa. Neira Vilas volta a Galicia en 1972 e instálase definitivamente en Gres en 1992. Un ano despois crea, xunto a súa dona, a Fundación Xosé Neira Vilas, centro cultural que conta cunha Biblioteca Pública, un Museo Etnográfico e unha Sala de Exposicións e Concertos. Premios (entre moitos outros): Investidura como Doutor Honoris Causa polas universidades da Coruña e da Habana; o Premio da Crítica Española (1978) na categoría de narrativa por Aqueles anos do Moncho; o Premio da Crítica Galega (1981) na modalidade Con Otero Pedrayo e con Neira Vilas en Buenos Aires, 1959.


Nº86. MAIO 2010

Páxina 3

de ensaio por Galegos no golfo de México; o Pedrón de Honra (1986); a Medalla Castelao (1988); o Celanova Casa dos Poetas (1989); o Premio Irmandade do Libro (1999), a Vieira de Prata (1999) e o Premio Trasalba (2004). Dende o ano 2001 é membro numerario da Real Academia Galega. En xaneiro do ano 2006 o concello de Vila de Cruces nomeouno Fillo Predilecto. Narrativa: Memorias dun neno labrego,Editorial Follas Novas de Bos Aires, ano 1961. Ediciós do Castro, 1968. Libro que foi traducido ao inglés. Xente no rodicio, Galaxia, 1965. Camiño bretemoso, Galaxia, 1967. Historias de emigrantes, Patronato da Cultura Gallega, Montevideo, 1968. Ediciós do Castro, 1975. A muller de ferro, Galaxia, 1969. Remuíño de sombras, Castrelos, 1973. Galaxia, 1991. Aqueles anos de Moncho, Akal Editor, 1977. Xerais, 1989. Premio da Crítica Española, 1978. Querido Tomás, Ediciós do Castro, 1980. Tempo novo, Ediciós do Castro, 1987 Papeis, serie “Contos do Castromil”, 1992. O home de pau, Xerais, 1999. Relatos mariñeiros, Xerais, 2003.

Memorias dun neno labrego, o betseller da literatura galega.

Narrativa para nenos. Cartas a Lelo, Ediciós do Castro, 1971. O cabaliño do buxo, Edidciós do Castro, 1971. De cando o Suso foi o carteiro Ediciós do Castro, 1988. Chegan forasteiros, Ediciós do Castro, 1993. Espantallo amigo, Celta, Lugo, 1971. Glaxia, 1989. A marela Taravela, Celta, 1976. Glaxia., 1989. Poesía: Dende lonxe, Follas Novas, Bos Aires, 1960. Inquedo latexar, Xistral, 1960. Cantarolas e contos prá xente miúda, escritos coa muller, Anisia Miranda, Akal Editor, 1975. Bágoas e outros poemas, separata de “Papeles de Son Armadáns”, 1968. Poesía recadada, Espiral Maior, 1994. Cantatolas, escritos coa muller, Anisia Miranda, Xerais, 1995. Chegada por primeira vez a Galicia. Gres, 1972. Dende Gres, Ediciós do Castro, 2004.


ANISIA Tamén ti es de Gres amiga amada. De Gres e miña, nosa, de nós todos. Deste río, deste val e destes montes. Es desta terra, deste vello lugar, da xente desta aldea que te agarima dende que aquí pousaches as túas ás de pomba tropical. Es de aquí e dalá —daquela Antilla, daquel soleado corazón—. Es palma e piñeiro, sinsonte e rula, gaita e bongó. Dúas patrias que o mesmo mar abraza. Es de Gres, deste eido. Así o sinto cando regas acivros e camelias, e ollas estes campos verdescentes, e bebes destas augas, e recolles un seixo milenario, e vas polos meus carreiros ou falas cos veciños na lingua ancestral, viva e sagrada.

Toda unha vida compartida.

Anisia, cidadá do mundo, árbore florecida con raíces en Cuba e a vizosa ramaxe con espazo de seu, intransferible neste doce, inmemorial recanto. Xosé Neira Vilas

O MELLOR FARO PARA IMPEDIR QUE OS POBOS TROPECEN É UNHA ESCOLA


Pereiriños86