Page 1

BOLETÍN INFORMATIVO DEL CLUB NÁUTICO DE PORTOSÍN Nº 12. Octubre - Noviembre de 2003 Dep. Legal nº C-1701-03

PEREIRIÑOS Decano de la da prensa náutica del Barbanza Boletín Informativo Biblioteca do CEIP do Foxo

BOLETÍN Nº 81 MARZO 2010

OS DE INFANTIL VAN Á FEIRA

O

Sr. Tendeiro esterricou o seu brazo por riba de todas as viandas e

dounos un anaquiño de queixo, que semellaba unha media lúa, a cada un de Nós, ao tempo que exclamou con esa súa voz ronca:

- A estes meniños hai que coidalos, que son o futuro… Eu non entendín moi ben iso do futuro pero o Sr. Tendeiro caeume moi ben… E o queixo, que semellaba unha media lúa, era moi, moi sabedeiro…

CMYK verdehierba


PEREIRIÑOS Páxina 2

Os pequenos do cole foron de excursión á feira. Percorreron todos os recunchos do mercado. Fixeron cola para pagar na caixa do supermercado. Visitaron a Praza de Abastos. Comeron na Praza do Mercado e brincaron en Brincadeira, a casa das bólas… Na súa andaina pola Estrada descubriron os produtos que consomen nas súas casas… E (re)coñeceron moitas froitarías, carnizarías, peixarías, panaderías, mercerías, zapaterías, librarías, tendas de xoguetes, de roupa… Os tendeiros e toda a xente da Estrada foron moi amables e agarimosos cos pereiriños, déronlle queixo, churros, galletas… o Sr. Policía Municipal, que lucía galóns de Inspector, axudou a que o Autobús Escolar puidese aparcar sen problemas… O Xerente, a encargada e as empregadas do Gadis coidaron


Páxina 3 Nº81. MARZO 2010

de que todo estivese listo para a visita ao supermercado. O Sr. Alcalde da Estrada saudounos moi alegremente na Praza do Mercado. O encargado da Praza de Abastos guiounos por todos os seus recunchos… e os nosos pereiriños respondíanlle a todos eles cun grande sorriso nos beizos…

E é que ir mercar á Estrada, o día de feira, évos moi divertido.


NA FEIRA DA ESTRADA Na feira da Estrada véndese de todo. Os vendedores son tan profesionais que as persoas que acoden os mércores de feira á Estrada mercan o que lles cómpre e o que non lles cómpre. O día que fomos nós, un vendedor vendía cousas raras: o río Liñares, a Torre de Guimarei, as nubes de Ouzande, os mares da Lúa, o océano Pacífico, a Ría de Arousa… dáballe a cada comprador unha escritura de propiedade, para que todo o mundo soubese quen era o dono desas cousas. Tiña unha labia extraordinaria. Falaba tan ben que convenceu a unha chea de xente para que levase a súa mercancía. Ao cabo dunha hora só lle quedaba por vender a cidade de París. Quen quedou coa cidade de París foi un barbeiro da Porta do Sol chamado Filipe, a cambio de cortarlle o pelo e a barba a aquel home. Filipe enmarcou a escritura e púxoa nun lugar ben visible da súa barbería, para que todos os clientes a puidesen ler: “Propietario da cidade de París”. Filipe aprendeu moitas cousas sobre a cidade de París e fachendeaba; - É unha cidade de Francia, máis aínda, é a capital de Francia. - Por ela pasa un río que se chama o Sena. - Está fermoseada pola Torre Eiffel… Filipe foi aforrando pouco a pouco, e finalmente marchou a París para ver a súa propiedade. A cidade era marabillosa, e Filipe atopou aos parisienses moi amables e moi guapos. Pero nin el entendía unha palabra do que lle dicían os parisienses ni estes entendían nada do que dicía Filipe. - Son o dono da cidade, non volo dixeron aínda? Os parisienses asentían coa cabeza, porque non entendían nada… e o Filipe poñíase todo contento. Cando volveu á súa barbería de A Estrada, Filipe comentaba cos clientes: Unha cidade así a cambio dun corte de pelo e barba…. verdadeiramente merquei ben barato… Pero o Filipe enganábase. Pagara de máis. Porque cada neno que vén a este mundo ten dereito a gozar do mundo enteiro sen pagar un céntimo. Só ten que abrir os ollos e collelo coas súas mans.

O MELLOR FARO PARA IMPEDIR QUE OS POBOS TROPECEN É UNHA ESCOLA

Pereiriños81  
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you