Page 1

BOLETÍN INFORMATIVO DEL CLUB NÁUTICO DE PORTOSÍN Nº 12. Octubre - Noviembre de 2003 Dep. Legal nº C-1701-03

PEREIRIÑOS Decano de la da prensa náutica del Barbanza Boletín Informativo Biblioteca do CEIP do Foxo

BOLETÍN Nº 67 OUTUBRO 2009

SUMARIO

Páx. 1

ANISIA MIRANDA, IN MEMORIAM

A

" ANISIA MIRANDA IN MEMORIAM

Páx. 4 " DE PASEO...CON ANISIA

nisia Miranda, naceu o 30 de decembro de 1932 na cidade cubana de Ciego de Ávila.

Filla de emigrantes galegos. Cando era unha meniña seus pais e ela trasladáronse a unha arredada zona campesiña. Traballaban unha pequena finca. Non había escola, e para que puidese estudar mudáronse para a cidade da Habana cando ela tiña nove anos. Rematou o ensino primario e estudou logo Maxisterio, e máis tarde xornalismo, para o que tiña unha moi definida vocación. Con doce anos publicou o seu primeiro traballo na prensa. E pouco despois escribiría o seu primeiro conto para nenos. En 1953 trasladouse cos seus pais a Bos Aires. Vencellouse ás actividades culturais galegas. En 1955 coñeceu a Xosé Neira Vilas. estudaron xuntos xornalismo.

1932-2009 CMYK azul crepúsculo


Páxina 2

PEREIRIÑOS

Casaron en 1957, ano en que fundaron "Follas Novas", unha organización editorial e distribuidora do libro en galego en América. Incorporáronse ambos a un seminario permanente para escritores. Colabora na prensa arxentina. Na prensa galega de Bos Aires publica o seu primeiro artigo en lingua galega en 1958. Tamén dá a coñecer por esas datas poemas de autores latinoamericanos traducidos á nosa lingua. Asiste a conferencias, exposicións de pintura e actos patrióticos galegos. Vive moi de cerca o Primeiro Congreso da Emigración, celebrado en 1956, e reúne a máis ampla información documental sobre o mesmo. En "Follas Novas" anima as tertulias sabatinas que se levan a cabo con xoves galegos e arxentinos de ascendencia galega. Coméntanse libros chegados de Galicia, lense poesías e narracións e debátense problemas diversos relacionados co noso país. Asistiu ás clases de lingua galega de Eduardo Blanco Amor, e tamén ás de Historia, Xeografía, Litaratura e Economía de Galicia que impartían, respectivamente, Alberto Vilanova, Ramón de Valenzuela, Rafael Dieste e Antonio Baltar. Anisia e Neira foron discípulos, compañeiros e amigos dos mencionados e tamén de Laxeiro, Emilio Pita, Suárez Picallo, Antón Alonso Ríos, Lorenzo Varela e outros. Co selo editorial de "Follas Novas" publica, en 1960, o seu primeiro libro, un poemario titulado Esta es Cuba, hermano. En 1961 Anisia e Neira trasládanse a Cuba, onde triunfara unha revolución popular. Traballou no Consello Nacional de Cultura como redactora da revista Pueblo y cultura, ao tempo que colaboraba noutras publicacións

Anisia Miranda e Xosé Neira Vilas, toda unha vida compartida


Nº67. OUTUBRO 2009

Páxina 3

periódicas. Escribiu programas de radio. Foi coordinadora nacional de edicións de libros para nenos e adolescentes. Máis tarde sería nomeada a xefa de redacción do semanario infantil Pionero. Cofundadora e xefa de redacción da revista para nenos Zunzún, dende 1980, e Bijirita, dende 1986. A primeira cunha tirada mensual de 250.000 exemplares e a segunda (para nenos que aínda non len ou comezan a ler) de 300.000. Creou un estilo moi persoal de xornalismo para nenos e nenas. Tras xubilarse en 1991, ela e o seu marido radicáronse en Galicia. Na aldea natal de Neira creouse a Fundación Xosé Neira Vilas, e Anisia participou arreo nas actividades do Centro Cultural que alí se estableceu: catalogou os libros infantís, puxo en marcha un sistema de selección por parte dos lectores e de rexistro de préstamos a domicilio, atendeu persoalmente a biblioteca nos primeiros tempos, organizou o museo etnográfico e tomou parte activa nos programas culturais que se levaron a cabo: exposicións, concertos, charlas, encontros, funcións de teatro, etc. Ademais foi xurado nos premios "Arume" e "Estornela" de poesía e teatro respectivamente. Era vicepresidenta da Fundación.

Anisia con Avelino Pousa Antelo, Presidente Fundación Castelao

Dalgúns dos seus libros, lévanse publicado milleiros de exemplares. Parte da súa obra está traducida a outras linguas. Narracións súas foron incluídas nunha selección de literatura universal para nenos, publicada en Bratislava pola editorial Wlade Letá, en 1985. Algúns títulos dos seus libros, publicados en galego: Mitos e lendas da vella Grecia, Os contos do Compay Grilo, A primeira aventura, A casa dos títeres, A volta do Compay Grilo, Pardela Amiga.

Anisia e Xosé Neira Vilas dous referentes da cultura de noso


DE PASEO... CON ANISIA CONTOS

DE PASEO

Vouche contar un conto de dous coellos, un deles aínda mozo e outro moi vello.

Aí vén a Caracola, paso a pasiño; non a apuren que trae consigo o fillo.

O coelliño mozo día por día, asistía á escola onde aprendía. E o coello moi vello contaba estrelas para, noite tras noite, viaxar con elas.

Ela vai churrusqueira, vai moi garrida; leva unha flor moi branca: a margarida. O fillo pequerrecho témelle ó sol e leva de sombriña un xirasol. Anisia Miranda

O MELLOR FARO PARA IMPEDIR QUE OS POBOS TROPECEN É UNHA ESCOLA

Pereiriños67  
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you