Issuu on Google+

BOLETÍN INFORMATIVO DEL CLUB NÁUTICO DE PORTOSÍN Nº 12. Octubre - Noviembre de 2003 Dep. Legal nº C-1701-03

PEREIRIÑOS Decano de la da prensa náutica del Barbanza Boletín Informativo Biblioteca do CEIP do Foxo

BOLETÍN Nº 42 MAIO 2008

O LIMOEIRO DE XOSÉ VÁZQUEZ PINTOR E MARÍA Afastado do toleirón vento do norde, nun recuncho do noso Xardín da Poesía, (sobre o fondo verde das follas dos Versos) e tendo como alta testemuña a todas e todos os Pereiriños do colexio do Foxo; abrollará maxestosa da man amigo do noso sobranceiro poeta-, Xosé Vázquez Pintor; esta árbore orgullosa, que portará nas súas pólas poemas de Luz, Paz, Xustiza e Dignidade Será a árbore máis prezada do noso Universo Poético O Limoeiro de Xosé e María o noso Limoeiro... a Árbore da Vida María Mariño Carou Poema ensoñado co gallo da homenaxe que o CEIP do Foxo lle tributou a XOSÉ VÁZQUEZ PINTOR o día 23/04/08

SUMARIO Páx. 1 " O LIMOEIRO DE XOSÉ VÁZQUEZ PINTOR

Páx. 2,3 " HOMENAXE A XOSÉ VÁZQUEZ PINTOR

Páx. 4 " CANDO AS VOSAS MAUS...


Páxina 2

PEREIRIÑOS

HOMENAXE A XOSÉ VÁZQUEZ PINTOR

O son da música, a benvida de Xosé e María

Xosé Vázquez Pintor, todo un referente para o noso colexio

Afectos, palabras e agasallos da


Páxina 3

Nº42. MAIO 2008

23 DE ABRIL DE 2008

Vida dun dos homes imprescindibles na nosa literatura

O limoeiro de Xosé e María, a árbore da Vida

En fraternal aperta

Dando fe dunha xornada irrepetible


CANDO AS VOSAS MAUS... -Para as miñas amigas e amigos do CEIP do Foxo, en Rubín, A Estrada, polo seu cariño, pola súa palabra... e tanta INFANCIA.

Cando as vosas maus camiñen pola ausencia desta data e outra volta sexa abril unha e mil veces para a Lingua do Foxo e de Galicia, saberei escoitar no silencio este vó intermitente do vento e dos paxaros. Cabo de lonxe, aló onde me atopedes na risa por vos ter ao meu carón do soño e a paisaxe que nos medra en anos de ventura, quérovos comigo, agora e tamén sempre na espiral do canto que me acorda en madrugueiro a vos falar das cousas que inventamos: a danza da buxaina, o niño do carrizo, a última formiga da viaxe pola trabe do cuarto, os ollos da curuxa, o paso do golpe en agro de voda, o air bus daquela abella, a música dun sapo, as flores da mimosa, o sol e o pau de buxo, a noite cando escampa...

Xosé Vázquez Pintor Quián, 17/abril/2008

MIL PRIMAVERAS MÁIS PARA A CULTURA GALEGA...

CEIP DO FOXO


Pereiriños42