Page 1

BOLETÍN INFORMATIVO DEL CLUB NÁUTICO DE PORTOSÍN Nº 12. Octubre - Noviembre de 2003 Dep. Legal nº C-1701-03

PEREIRIÑOS Decano de la da prensa náutica del Barbanza Boletín Informativo Biblioteca do CEIP do Foxo

BOLETÍN Nº 31 NOVEMBRO 2007

PRESENTACIÓN

D

urante toda a xornada lectiva do pasado venres 9 de novembro festexamos no Cole o MAGOSTO e pasámolo moi ben facendo todas as brincadeiras que nos tiñan preparados os mestres… lembrades?

Mural con fotografías onde apareciamos todos guapísimos. Asando saborosas castañas no patio do recreo. Gozando dos xogos, “Á procura da Castaña D´Ouro”, bailes salón Varela Buxán… Observando as casiñas de paxariños que fixeron os máis picariños.

SUMARIO

Páx. 1 " PRESENTACIÓN

Páx. 2,3 no " O MAGOSTO É... Páx. 4

Saltando nunha piscina de cores e ilusións que había no pavillón. Todos xuntiños aloumiñados por un ronsel de refráns, cantigas

" POLO SAN MARTIÑO...

e

adiviñas. Observando a nosa realidade que é o máis máxico que existe. Ou hai algo máis máxico que o Outono no Foxo?

María Mariño Carou

Deseño e Maquetación Aula de Informática


Páxina 2

PEREIRIÑOS

O MAGOSTO É ...

O Magosto é unha piscina

de cores e ilusións

O Magosto é unha grande

“Castaña d´Ouro”

O Magosto é un baile

ao ritmo do San Martiño


Páxina 3

Nº31. NOVEMBRO 2007

O Magosto é unha morea de froitos de outono

O Magosto é imaxinación,

e sobre todo, moita, moita, moita:

enfeitizados coas castañas máis saborosas do Mundo, as do Foxo

creatividade

AMIZADE


POLO SAN MARTIÑO... (Adaptación e arranxos, Mercedes Frade Gómez) Xuntámonos neste día os nenos todos do Foxo, para asar unha castañiñas e celebrar o Magosto.

Bota as castañas para abaixo, bota aquelas máis grandiñas, bota aquelas máis grandiñas, e as pequenas para o refaixo.

Polo San Martiño castañas e viño, polo San Martiño hai noces tamén. Polo San Martiño castañas e viño, hai castañas e viño con mel.

Polo San Martiño castañas e viño, polo San Martiño hai noces tamén. Polo San Martiño castañas e viño, hai castañas e viño con mel.

Remataron xa as vendimas e veñen as esfolladas, así comeremos xuntos unhas castañas asadas.

Pequechiños e grandes faremos a festa á beira do lume, coidado cos tizóns negros, estouros e tamén fume.

Polo San Martiño castañas e viño, polo San Martiño hai noces tamén. Polo San Martiño castañas e viño, hai castañas e viño con mel.

Polo San Martiño castañas e viño, polo San Martiño hai noces tamén. Polo San Martiño castañas e viño, hai castañas e viño con mel.

MIL PRIMAVERAS MÁIS PARA A CULTURA GALEGA...

CEIP DO FOXO

Pereiriños31  
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you