Page 1

BOLETÍN INFORMATIVO DEL CLUB NÁUTICO DE PORTOSÍN Nº 12. Octubre - Noviembre de 2003 Dep. Legal nº C-1701-03

PEREIRIÑOS Decano de la da prensa náutica del Barbanza Boletín Informativo Biblioteca do CEIP do Foxo

BOLETÍN Nº 26 OUTUBRO 2007

PRESENTACIÓN

D

esde o PEREIRIÑOS queremos darvos unha agarimosa benvida e comunicarvos unha boa nova froito do traballo de toda a comunidade educativa: a concesión de 8.900 euros de subvención para empregar en fondos bibliográficos, mobiliario e en material informático ou audiovisual para mellorar a nosa Biblioteca.

O noso desexo, a nosa ilusión é que a nosa Biblioteca sexa como reza na porta de entrada- A Selva dos Libros, un espazo libre onde mergullarnos e descubrir, como se dun bosque se tratase, a frondosidade e o mundo marabilloso da lectura.

SUMARIO

Páx. 1 " PRESENTACIÓN

Páx. 2 " 15 MINUTOS AO DÍA " PRÓXIMAS ACTIVIDADES " RECUNCHO DA PRENSA

Páx. 3 " NOVIDADES BIBLIOGRÁFICAS " OUTRAS COUSIÑAS

Páx. 4 " INVESTIGA NA BIBLIOTECA " GALIZA

María Mariño Carou

Deseño e Maquetación Aula de Informática


Páxina 2

15 MINUTOS AO DÍA ... gozar, crecer, pasar, pasear, nadar, viaxar, xogar, rir, soñar... todas estas cousiñas e moitas máis podes facelas todos os días no teu “cole”... 15 minutos de lectura onde os libros e ti sodes os auténticos protagonistas. Principiaremos co Libro da Selva.

PRÓXIMAS ACTIVIDADES Este ano 2007 cúmprese cen anos do pasamento do ilustre médico estradense, Serafín Pazo Cumbraos (1828-1907). A súa recia personalidade, a súa verba limpa, fogosa e clara, a súa total e xenerosa entrega a prol dos doentes ben merece que neste centenario poidamos achegarnos á súa fecunda e altruísta biografía. O vindeiro mércores 24 de outubro o mestre e escritor Olimpio Arca Caldas estará na biblioteca do noso cole para falar máis polo miúdo do doutor Serafín Pazo. Da man do escritor e lingüista Valentín García Gómez chéganos unha segunda edición, corrixida e aumentada, da magna obra, A Estrada Rural de Manuel Reimóndez Portela (imprescindible para quen queira coñecer A Estrada). O vindeiro luns 29 de outubro o lingüista Valentín García estará na biblioteca do noso centro para falar máis polo miúdo das 51 parroquias que conforman o concello da Estrada.

RECUNCHO DA PRENSA De luns a venres, na hora do recreo, terás cumprida conta, na biblioteca do teu Cole, de toda a información deportiva e de toda a actualidade socio-política-cultural. Visita o Recuncho da Prensa e consulta os xornais: Marca, Galicia Hoxe e La Voz de Galicia.

PEREIRIÑOS


Nº26. OUTUBRO 2007

Páxina 3

NOVIDADES BIBLIOGRÁFICAS º Arte e Cultura de Galicia e Norte de Portugal. Etnografía Tomos I, II. Ed. Nova Galicia. º A billa de Xoán Ed. Nova Galicia. º O pequeno Yared Ed. Nova Galicia. º Os Bolechas van de excursión Ed. A Nosa Terra º Os Bolechas van a un festival Ed. A Nosa Terra º Os Bolechas van en caravana Ed. A Nosa Terra º Los Rescatadores Ed. Gaviota. º El emperador y sus locuras Ed. Gaviota. º El Rey León Ed. Gaviota. º El Rey León II: El tesoro de Simba Ed. Gaviota. º Mulán Ed. Gaviota. º La Sirenita Ed. Gaviota.. º Peter Pan Ed. Gaviota. º 101 Dálmatas Ed. Gaviota. º La Navidad de Mickey Ed. Gaviota. º La Cenicienta Ed. Gaviota. º Tarzán Ed. Gaviota. º Aladdin Ed. Gaviota. º Peter Pan: El regreso al país de Nunca Jamás Ed. Gaviota. º Tod y Toby Ed. Gaviota. º Serafín Pazo Cumbraos. Apuntes dunha biografía de Olimpo Arca Caldas. Ed. Gaviota.

OUTRAS COUSIÑAS A Federico de la Peña dará unha conferencia o vindeiro venres 26 de outubro.

A O ilustrador Anxo Fariña visitará proximamente a nosa Biblioteca. A Os rapaces e as rapazas de teatro do noso colexio andan a preparar tres pezas que de seguro nos sorprenderán: A importancia do Nadal, Camiño de Volta do artista, Presidente da Solaina de Piloño, Paco Lareo e O Partido do Século do cuntiense Fernando González Graña.

A Paco Martín reelabora tres relatos fundamentais da tradición literaria europea: Carapuchiña vermella, O parrulo feo e O gato con botas. A O plenario da Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas de 2008 ao egrexio tudense Xosé María Álvarez Blázquez (Tui, 1915-Vigo,1985).

Xosé M. Álvarez Blázquez


INVESTIGA NA BIBLIOTECA... TERÁS UN AGASALLO Que descubrimento fixo o doutor Serafín Pazo? En que día e ano lle adicaron a Serafín Pazo a rúa que leva o seu nome? Que nomes recibiu anteriormente a rúa Serafín Pazo? Se tés as respostas, non o dubides nin un intre, fica caladiño e ven o mércores 24 de outubro na hora do recreo á Biblioteca, terás un agasallo.

GALIZA Galiza docemente Está ollando o mar; ten vales e montañas e terras para labrar! Ten portos, mariñeiros, cidades e labregos cargados de traballos, cargados de trafegos! Galiza é unha nai velliña, soñadora: Na voz da gaita rise, na voz da gaita chora! Galiza é o que vemos: a terra, o mar, o vento… Pro hai outra Galiza Que vai no sentimento! Galiza somos nós: A xente e máis a fala. Si buscas a Galiza en ti tes que atopala! Manuel María

MIL PRIMAVERAS MÁIS PARA A CULTURA GALEGA...

CEIP DO FOXO

Pereiriños26  
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you