Issuu on Google+

BOLETÍN INFORMATIVO DEL CLUB NÁUTICO DE PORTOSÍN Nº 12. Octubre - Noviembre de 2003 Dep. Legal nº C-1701-03

PEREIRIÑOS Decano de la da prensa náutica del Barbanza Boletín Informativo Biblioteca do CEIP do Foxo

PRESENTACIÓN

BOLETÍN Nº18 NOVEMBRO 2006

O

Tilirín en palabras do seu autor, Héitor Picallo - “depende das nenas, nenos e mestres do CEIP do Foxo...”. Por iso, dedicámoslle este número especial do Boletín SUMARIO Informativo da Biblioteca, a ese neno aventureiro co “G” no peito Páx. 1 que foi quen de que todo o noso cole reparase nesa marabilla PRESENTACIÓN da que todos formamos parte, O UNIVERSO. Páx. 2 UN AGASALLO DE HÉITOR

Páx. 3 PLUMA CONVIDADA: DAVID OTERO

Páx. 4 CHOIVA DE ESTRELAS

Los campeones de la Regata Mar de Finisterre Silfo II, recogiendo su premio.

Deseño e Maquetación Aula de Informática


Páxina 2

UN AGASALLO DE HÉITOR

PEREIRIÑOS


Páxina 3

Nº18. NOVEMBRO 2006

PLUMA CONVIDADA: DAVID OTERO

(PROFESOR E ESCRITOR)

Sabio é aquel que constantemente se marabilla André Gide

A

migas e amigos ben sabemos que gastamos e malgastamos os recursos do noso Planeta, os da TERRA UNIVERSO tan ben ilustrada por Héitor, incluídos nela o aire e maila auga. E facémolo como se non existise o mañá, pois cargámonos o “chiringuito”…! Velaí logo o oportuno deste Libro para traballalo como deus manda, para mediar ben con el e lelo en activo, a pensar compartido,animados e animando, pois poderemos soñar. Soñar coas nenas e cos nenos, soñar e tratar de ver neses soños un PLANETA UNIVERSO para netos, bisnetos e tataranetos. Un Planeta sostíbel, respirábel, potábel, habitábel… onde poidan desenvolverse as formas de vida, onde entre moitas cousas máis… se poida pensar. Pensar para escribir,para ilustrar, e publicar,e editar, e valer de axuda para iso, e LER, Ler para pensar mellor, para transformar e construír nun entorno de PAZ e de solidariedade. A través da lectura medrará o tamaño dos nosos soños, faranse inmedibeis e así polo mesmo tamén este libro O TIRILÍN ha ser un pequeno xigante, pois as cousiñas todas, esas como este libro feito no entusiasmo enorme de Héitor, a ninguén lle fan mal e moito axudan a vivir. Léndote, TIRILÍN, aínda poderemos dicir: … que neste anaco de Sol aquí na Terra, aínda quedan moitos… Son as nenas e os nenos que poderán ser os mellores e que hai que axudalos. E a lectura axúdaos, se eles queren… Libremente. Porque eles

non deben ter as ideas gastadas. E así con imaxinación nesa intuición coa lectura poderán resistir. Poderán superar o tanto mal que lle facemos ao noso Planeta. E buscarán remedio no encantamento por descubrir no encantamento da novidade. Pois nós os maiores -créndonos donos do PLANETAxa hai ben tempo que cometemos os mesmos erros. E a única solución… parécenos que é seguir na mesma. Na mesma até as últimas até máis alá dos límites e desaparecer… E PARA SEMPRE…! eles… As nenas e os nenos Nesa esperanza… NON HAN QUERELO…!


CHOIVA DE ESTRELAS Choiva d´Outono Sobre o noso cole Do Foxo... Choiva Saudosa Choiva Sabedeira Choiva Feiticeira Choiva de Estrelas Auga de Versos, Liñas que sobrevoan O Uni(verso). Choiva d´Outono Sobre o noso cole Do Foxo... Nebulosas, asteroides, Eclipses e soles...

E cando volva a lúa Alumear o planeta? Cando volva a lúa alumear o planeta Nós, os Pereiriños, ensoñaremos co Cometa. Choiva d´Outono Sobre o noso cole... Choiva de Estrelas Auga de Versos Liñas que... Liñas que -ensoñadas por Héitor Picallo Fuentesnamoran o Uni(verso)

MIL PRIMAVERAS MÁIS PARA A CULTURA GALEGA...

CEIP DO FOXO


Pereiriños18