Issuu on Google+

BOLETÍN INFORMATIVO DEL CLUB NÁUTICO DE PORTOSÍN Nº 12. Octubre - Noviembre de 2003 Dep. Legal nº C-1701-03

PEREIRIÑOS Decano de la da prensa náutica del Barbanza Boletín Informativo Biblioteca do CEIP do Foxo

BOLETÍN Nº15 MAIO 2006

PRESENTACIÓN

N

este número especial do Boletín Informativo da Biblioteca, O PEREIRIÑOS, queremos informarvos que o próximo mércores, día 10 de maio, pola tarde, no Salón de actos teremos o privilexio de asistir á presentación do libro “CARLOTA E A GAIVOTA PATIAMARELA” do escritor Miro Villar, terceiro volume da exitosa serie de libros en verso, para ser lido por primeiros lectores, por pais e por mestres; por isto convidámosvos a todos, pais incluídos, que non perdades a oportunidade de gozar desta actividade.

SUMARIO Páx. 1 PRESENTACIÓN. Páx. 2 QUEN É O NOSO INVITADO? PUBLICACIÓNS DE MIRO VILLAR. Páx. 3 A MARMOTA DE MIRO VILLAR. Páx. 4 GAMELEIROS.

Los campeones de la Regata Mar de Finisterre Silfo II, recogiendo su premio.

Deseño e Maquetación: Aula de Informática


Páxina 2

PEREIRIÑOS

QUEN É O NOSO INVITADO Miro Villar Nace en Cee en 1965 Profesor de lingua e literatura galegas, poeta, narrador, tradutor e crítico literario en diversas revistas e publicacións. Formou parte do Batallón Literario da Costa da Morte.

PUBLICACIÓNS DE MIRO VILLAR Como poeta é autor dos libros Ausencias pretéritas (Espiral Maior, 1992), 42 décimas de febre (Toxosoutos, 1994), Abecedario da desolación (Espiral Maior, 1997; premio TívoliEuropa 1998), Equinoccio de primavera (Esquío, 1998; finalista do premio Tívoli-Europa 1999) e Gameleiros (Xerais, 2002). Textos poéticos da súa autoría foron traducidos ao castelán, portugués, italiano, francés, alemán, inglés, alemán, ruso, albanés e serbo-croata no volume Il cammino di Santiago. La giovane poesia d'europa nel 1997 (Melteni, 1998). Os seus poemas tamén se achan en numerosas revistas literarias e nos cartapacios colectivos Ao mar de adentro (1989) e A rota dos baleeiros (1991) das Edicións do Dragón, así como nas antoloxías Para saír do século (Xerais, 1997), Río de son e vento (Xerais, 1999), dEfecto 2000 (Letras de Cal, 1999), A tribo das baleas (Xerais, 2001) e nos volumes colectivos Nós. Batallón Literario da Costa da Morte (Concello de Corcubión, 1997), Mar por medio (Concello de Corcubión, 1998), Ourense, craro río, verde val (Concello de Ourense, 2001), 47 poetas de hoxe cantan a Curros Enríquez (Xerais, 2001) ou Poetízate (Xerais, 2006), entre outras. Como narrador recibiu nos anos 1985 e 1987 o premio de relato curto Modesto R. Figueiredo do Patronato Pedrón de Ouro por Augas de silencio e Verbas cruzadas con Amaranta (Ediciós do Castro, 1987/1988) e a Curuxa Literaria do Museo do Humor de Fene.Na literatura infantil e xuvenil publicou Carlota, a marmota (Xerais, 2000), Carlota e a bota perdida (Xerais, 2003) e Carlota e a gaivota patiamarela (Xerais, 2006). No eido do ensaio participou como relator en numerosos congresos e xornadas literarias, con relatorios recollidos nas súas respectivas actas, e publicou varias


Nº15. MAIO 2006

edicións críticas ou comentadas, como a Antoloxía poética de Gonzalo López Abente (Espiral Maior, 1995), Unha lectura de O soño sulagado (Xerais, 1998), Roberto Blanco Torres. Orballo da medianoite (Xerais, 1998), A poesía galega de Xervasio Paz Lestón (Do Castro, 1998), Indo para máis perto. Aseñardade no puño de Alexandre Cribeiro (Xerais, 2004), A roseira da soidade de Antón Zapata García (Xerais, 2005), Poesía galega completa e textos en prosa de Emilio Álvarez Blázquez (Xerais, 2005), alén de ser coautor dos volumes de Publicacións periódicas e Obras no Diccionario da Literatura Galega (Galaxia, 1997/1999) e, xunto a Xesús Alonso Montero, dos Textos e documentos para o congreso sobre García Lorca (Universidade de Santiago de Compostela, 1998). Na actualidade está a realizar a súa tese de doutoramento sobre a poesía galega de Antón Zapata García. Finalmente, como tradutor verteu ao galego o ensaio As pegadas de Santiago na cultura de Fisterra de Benjamín Trillo Trillo (Fundación Caixa Galicia, 1999), o poemario Calafrío de Jorge Justo Padrón (Xerais, 2000) e os poemas de Bernardino Graña en Poesía gallega contemporánea (Litoral, 1996).

A MARMOTA DE MIRO VILLAR Primeiro foi Carlota a marmota logo, Carlota e a bota perdida, e agora, en exclusiva para o noso Colexio, o autor ceense Miro Villar achéganos á última aventura da súa marmota preferida, Carlota e a gaivota patiamarela. Da man de Miro Villar e do ilustrador Enjamio comprobaredes coma o río non tiña segredos para Carlota, mais a marmota tiña un problema, nunca vira o mar. Resolverá Carlota o seu problema...? Mergúllate no mundo marabilloso de Carlota e descubre que animal soterrado no chan, intentaba saír do chapapote.

Páxina 3


GAMELEIROS DE MIRO VILLAR Mar de rostro, mar serio, mar revolto cabelo, mar cos brazos abertos para o coñecemento, onde a penas existen feridas que se esquecen na música da agulla do compás que é o tempo. Mar revolto cabelo, mar serio, mar de rostro.

No mar medran froiteiras e as mans do mariñeiro, mans de ferro, con fendas salgadas do traballo, collen xurelos de ollos cegos e escamas tona de prata, que relocen en cestos de esperanza; mentres o home interroga xa o día de mañá.

MIL PRIMAVERAS MÁIS PARA A CULTURA GALEGA...

CEIP DO FOXO


Pereiriños15