Issuu on Google+

BOLET N INFORMATIVO DEL CLUB N UTICONDE12. PORTOS OctubreN- Noviembre de 2003 Dep. Legal n

C-1701-03

PEREIRIÑOS Decano de la da prensa náutica del Barbanza Boletín Informativo Biblioteca do CEIP do Foxo

BOLETÍN Nº 139 MAIO 2013

XUNTOS CEIP PÉREZ VIONDI - CEIP DO FOXO Xuntos podemos chegar á meta de cada proxecto, xuntos collidos das mans compartindo sentimentos

PANTONE H685 8C


Páxina 2

PEREIRIÑOS

XUNTOS Xuntos imos viaxar ata o mundo das palabras, colleremos unas poucas para poder espallalas. Espertaremos ás que durman ás que estean agochadas, imos ciscalas no ceo as noites de lúa clara. Imos percorrer o mundo dos soños, piratas e fadas, chegaremos ata o mar coa súa escuma salgada. Ondiñas que veñen e van cada onda una palabra, igualdade, integración, risa, esforzo, esperanza. Darémoslle un bico á lúa, pintarémoslle na cara a palabra aceptación antes que chegue a alborada. Temos que escribir no aire versos que aloumiñen a alma, versos solidarios que dean pero non esperen nada.


Nº139. MAIO 2013

Vén comigo, meu amigo, vén amiga a miña casa, porque ti podes eu podo imos inventar palabras. Imos alcanzar os soños nunha viaxe imaxinaria, imos compartir o mundo coa palabra tolerancia. Fagamos chegarlle a todos palabras que sopra o vento, collamos moi forte as mans deixemos voar os versos. Xuntos podemos chegar á meta de cada proxecto, xuntos collidos das mans compartindo sentimentos. Soñemos xuntos durmindo, soñemos xuntos espertos, cando sexa media noite temos que espantar ao medo.

Vinde todos, vinde todas ata o mundo dos desexos, porque xuntos somos todos e porque xuntos podemos.

Páxina 3


DESEXOS A princesa do mar e a fada do vento saíron a pasear buscando desexos, desexaron un mundo sen fame nin medo, desexaron risas nas caras dos nenos. A princesa do mar e a fada do vento sementaron no ceo flores de desexos, un mundo sen fame un mundo sen medo, soamente sorrisos nos ollos do nenos. Rosalía Morlán

O MELLOR FARO PARA IMPEDIR QUE OS POBOS TROPECEN É UNHA ESCOLA


Pereiriños139