Issuu on Google+

BOLETÍN INFORMATIVO DEL CLUB NÁUTICO DE PORTOSÍN Nº 12. Octubre - Noviembre de 2003 Dep. Legal nº C-1701-03

PEREIRIÑOS Decano de la da prensa náutica del Barbanza Boletín Informativo Biblioteca do CEIP do Foxo

BOLETÍN Nº13 ABRIL 2006

PRESENTACIÓN

No noso Cole estamos a pasar unhas xornadas xogando cos versos, iniciamos as “I Xornadas Poéticas do CEIP do Foxo” e FAREMOS TORRES NO AR. Queremos que xoguedes coa poesía, que coñezades algúns poetas, os seus versos, algunhas cancións recitadas, a poesía noutras linguas (francés, inglés,...) e que rematedes por escribir, os vosos propios poemas, segundo as vosas vivencias, sentimentos..., dunha forma sincera, fresca e chea de vitalidade. Como actividade central, para conseguir este ambicioso obxectivo, imos recibir no noso Centro, o próximo venres 7 de abril, á poeta ANTÍA OTERO que nos vai axudar a descubrir todo un universo poético. Unha escola que abre as súas portas á ledicia fai POESÍA Un cativo que dá co seu corpo no chan fai POESÍA Un mestre que vive as aventuras dos contos que bote sorrisos sinceros que non toca aos nenos cos seus dedos fríos está a facer POESÍA

SUMARIO Páx. 1 PRESENTACIÓN. Páx. 2 QUEN É A NOSA INVITADA? APUNTAMENTOS AUTOBIOGRÁFICOS. Páx. 3 O NOSO UNIVERSO POÉTICO. Páx. 4 FACENDO TORRES NO AR.

Los campeones de la Regata Mar de Finisterre Silfo II, recogiendo su premio.

Antonio García Teijeiro Deseño e Maquetación: Aula de Informática


Páxina 2

PEREIRIÑOS

QUEN É A NOSA INVITADA

A nosa invitada é a poeta Antía Otero Rodríguez. Os seus poemas e relatos curtos comezaron a xurdir da súa pluma xa nos tempos de estudante e comezou a gañar moitos certames reservados para estudantes. Os seus primeiros poemas comezaron a se publicar na Folla Voandeira Augas Verso publicada pola Fundación Cultural da Estrada. O seu primeiro poemario será O son da xordeira (Espiral Maior, 2003). No ano negro do 2003 colaborará nos libros Negra Sombra. Intervención poética contra a marea negra (Espiral Maior-Edicións Xerais de Galicia, 2003) e Sempre mar (Plataforma Burla Negra, 2003). Asimesmo no ano 2003 resultou gañadora do Premio de Poesía “Francisco Añón”, convocado polo Concello de Serra de Outes co poemario De porta un horizonte. Tamén é colaboradora co suplemento cultural dominical Sobrevivir de El Correo Gallego.

APUNTAMENTOS AUTOBIOGRÁFICOS Antía Otero Rodríguez

Eu aínda non estou cansa de ser valente. Por iso escribo e fálovos de min, daquelas que tecen de noite cando todos dormen... Empadroáronme na Estrada un catorce (anque na realidade nacín un quince) de setembro do ano 82. Dende aquela ata hoxe a miña vida estivo marcada polas costureiras. Son unha figuras que me emocionan porque dalgún xeito reflexan a miña infancia. Fanme lembrar días de outono e xordeira. Olladas a través do vidro, mentres as pingas da chuvia botaban carreiras nos cristais e eu agardaba a Godot sentada no medio do bocadillo. Sons de Singer e veciñanza no barrio alto do meu pobo... Non sei se garda algún tipo de relación pero, en pouco tempo, os meus pelos convertéronse en novelos de fío crecho. Nos primeiros tempos botei os dentes na aldea. Os castiñeiros do Colexio do Foxo e os sachos dos meus avós nos montes de Codeseda fixeron que me acollese á terra, á lingua de Cabada e Maripepa de San Picallo, ás bestas que cruzan as estradas cando ninguén as mira. Sinto á aldea e ás miñas mulleres. Ás que me precederon


Nº13. ABRIL 2006

na escrita e na vida. Ás silenciadas que non saíron na foto, nin puideron asinar co seu nome. Ás que hoxe aínda segan toxos e berran dende os tractores coma en campos de fútbol... A elas, que son eu, dedícolles os meus versos dende que comecei a encher os folios. Foi nos dous colexios nos que estudei e máis tarde no instituto, onde comecei a gañar os primeiros certames literarios. Xurdiron entón recitais e vermes que medraban dentro para non deixar que a actividade minguara. E o son da Singer soaba... Na actualidade estudo Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela e fórmome, con entusiasmo, nunha escola de teatro. Por suposto sigo a escribir, anque sexa aos poucos e moitos dos papeis rematen no lixo. Os domingos seméllanme días tristes. Daquela remexo entre as pedras e as frangullas que fican no fondo das caixas de galletas. Tento levar sempre na mente a imaxe daquela foto na que un día sen bombas aparecemos rindo...

O NOSO UNIVERSO POÉTICO (NOTRE UNIVERS POÉTIQUE)

Páxina 3


FACENDO

Noa Pampテュn Picallo

Sergio

T O R R E S

Manuel Ferradテ。ns Blanco

o Ferro

ij Reque

Xaime Mera Pereiras

Sonia Casal Bugallo

NO AR

MIL PRIMAVERAS Mテ!S PARA A CULTURA GALEGA...

CEIP DO FOXO


Pereiriños13