Page 1

BOLETÍN INFORMATIVO DEL CLUB NÁUTICO DE PORTOSÍN Nº 12. Octubre - Noviembre de 2003 Dep. Legal nº C-1701-03

PEREIRIÑOS Decano de la da prensa náutica del Barbanza Boletín Informativo Biblioteca do CEIP do Foxo

BOLETÍN Nº 121 XUÑO 2012

MANOELE DE FELISA A VOZ DO UNI(VERSO)

María Mariño Carou

PANTONE H685 8C


Páxina 2

PEREIRIÑOS

MANOELE DE FELISA Da súa avoa materna herdou un nome fermoso, tenro, musical, Manoele de Felisa. Sendo un pereiriño de oito anos principiou no mundo da música… dende aquela nunca deixou de musicalizar os Versos na partitura da Vida. Tiña sede e, claro, bebeu: Batallán, Amancio Prada, Andrés do Barro, Pablo Milanés… foron para o noso cantautor unha auténtica fervenza musical. En 1999, coñeceu a Suso Vaamonde, foi como rubir a Castrolandín e deixarse empapar polo orballo de medianoite, “orballo como vai caíndo, lento, como o vestixio platónico das horas, como o tempo…” Se tivese que escoller un lugar no Uni(Verso) seguramente escollería o seu Macondo íntimo, Piñeiros, a súa aldeíña especial na vila do Baño de Cuntis. Se tivese que escoller un froito da Terra escollería un saboroso Limón, froito (que el o explique) que lle permite dedicarse ao que máis ama, a música. Se tivese que escoller unha chanson na súa sinfonía vital cantaría calquera das que fala de Nós e nos fai sentir Galicia. Manoele, Manoele de Felisa, é unha das voces máis profundas, máis auténticas e máis fermosas que temos no noso país… pero é que ademais, e non é pouca cousiña, Manoele, Manuel Vázquez Fernández é unha das persoas máis cariñosas, cercanas e reivindicativas que coñezo. Benvido ao CEIP do Foxo, Amigo.


Páxina 3

Nº120. MAIO 2012

Orballo foi o primeiro traballo discográfico no ano 1999 "Edicións do cumio" adicado á memoria da figura de Roberto Blanco Torres, poeta e xornalista de Cuntis, que fora asasinado na Guerra Civil e posteriormente homenaxeado no día das letras galegas o 17 de maio de 1999.

Chove, composicións de corte intimista e repletas de gavanzas á terra, á xente e aos costumes tradicionáis. Cabe destacar O mar de Sampedro adicado á vida de Ramón Sampedro, e o prólogo realizado por Ángel Núñez Sobrino. No 2003 colabora tamén con Astarot, A Quenlla e nun recompilatorio de música Child Out e no 2004 participa noutro disco titulado Así é a miña terra con artistas como Xil Ríos, Suso Vaamonde, Astarot, A Quenlla, Seare, etc. producido por Alfredo Garrido de “2001productions”. No ano 2007 grava un novo disco adicado á poetisa María Mariño Carou A María Mariño e no 2008 “2001productions” edita un disco de artistas galegos no cal se inclúen temas de Manoele. Musicaliza tamén nese ano a Álvarez Blázquez. En 2010 presenta poesía viva coa musicalización de esritores como Miguel A. Fernán Vello, Antón Reixa, Pilar Pallarés, Xosé Luna. No 2011 fai un traballo de literatura infantil co libro de Rosalía Morlán A Coitada Lúa e algúns poemas de X. Neira Vilas. No 2012 pon música e voz ao libro de poemas de X. Fernández Abella Poemas de amor, loanza, condena e outros. Musica o poemario infantil Estrelas de Azucre de Rosalía Morlán. Homenaxea a Valentín Paz Andrade musicando catro poemas e pon ritmo ao libro Sol Rebulideiro de Xosé Luna.


UNHA ALDEA ESPECIAL

A miña aldea ten algo especial, estrelas de azucre lúa de cristal, un muíño de pedra que rula ao compás, un vento que canta en vez de zoar. A miña aldea ten algo especial palleiros de ouro regatos de sal.

Rosalía Morlán

O MELLOR FARO PARA IMPEDIR QUE OS POBOS TROPECEN É UNHA ESCOLA

Pereiriños121  
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you