Issuu on Google+

BOLETÍN INFORMATIVO DEL CLUB NÁUTICO DE PORTOSÍN Nº 12. Octubre - Noviembre de 2003 Dep. Legal nº C-1701-03

PEREIRIÑOS Decano de la da prensa náutica del Barbanza Boletín Informativo Biblioteca do CEIP do Foxo

BOLETÍN Nº11 FEBREIRO 2006

PRESENTACIÓN

X

a que no CEIP do Foxo queremos promocionar a actividade dramática, xa que temos moitas gañas de animarvos a ler, xa que temos moita ilusión por levar adiante iniciativas que están nacendo; este PEREIRIÑOS edítase para contarvos varias novas:

? O vindeiro día 15 de febreiro no Salón de Actos do noso Colexio recibiremos á dramaturga TERESA GONZÁLEZ COSTA que nos animará a ser grandes lectores.

? Darémosvos conta das novidades editoriais da nosa Biblioteca. Mergullarémonos no Mar e volveremos ter en cartel ao artista cuntiense Héitor Picallo, autor dun novo Tilirín e os peixes, coa posibilidade de abrir un foro de debate, a través da Biblioteca, sobre a súa obra.

Páx. 1 PRESENTACIÓN

Páx. 2 QUEN É A NOSA INVITADA PUBLICACIÓNS DE TERESA GONZÁLEZ COSTA

Páx. 3 LEMBRASTE DE TILIRÍN? NOVIDADES DA BIBLIOTECA

Páx. 4 FACENDO TORRES NO AR

? Faremos torres no ar.

campeones de la Regata Mar de Finisterre Silfo II, No noso Cole imos pasar Los unhas recogiendo su premio. xornadas xogando cos versos. Iniciaremos as “I Xornadas Poéticas do CEIP do Foxo”.

Deseño e Maquetación: Aula de Informática


Páxina 2

PEREIRIÑOS

QUEN É A NOSA INVITADA Teresa González Costa Nace no Grove, Pontevedra no ano1975. É autora, actriz, contacontos e docente. Licenciada en Filoloxía Inglesa e Filoloxía Italiana pola Universidade de Santiago de Compostela, con estadías de estudo en Turín e Dijon. Foi membro das compañías The English Theatre Group (1993-1996), Die Deutsche Theatergruppe (1997-1998) e Groupe FrancoAnglais (2001-2002). Asistiu a cursos de recitación actoral (Irene Zagrewski), de metalinguaxe e escritura de guión de cinema (Marco de María), de acrobacia (Osvaldo Bermúdez), iniciación á danza contemporánea (Beatriz Fuentes) ou de educación vocal e canto (Carmen Dolores). Participou como contacontos na Biblioteca 33 de Santiago e noutros centros culturais de Dijon e Galicia. Impartiu obradoiros de teatro para rapaces en diversos centros de ensino.

PUBLICACIÓNS DE TERESA GONZÁLEZ COSTA É autora das obras teatrais: 2001 Loft Stories 2002 Nesa fiestra non hai nada 2003 Aegri somnia 2003 Bolboretas vermellas 2004 Canun digas Narice 2004 El sueño de Leila 2004 Miles de bocas de peixes

Premios e Recoñecementos: 2004 Mención especial do xurado no II Premio Internacional Barriga Verde de textos para teatro de títeres por Canun Digas Narice. 2005 Finalista premio de Teatro Rafael Dieste.


Nº11. FEBREIRO 2006

Páxina 3

LÉMBRASTE DE TILIRÍN? Lémbraste de Tilirín? Si, o Tilirín de Héitor Picallo, aquel libriño onde os paxaros picaban nos labios o mel das palabras; pois, vén de chegar, fresquiño con arrecendo a mar e río, á nosa biblioteca o segundo libro da coleción, Tilirín e os peixes. Se, logo de lelo, queres remitirlle unha carta ou un debuxo ao artista cuntiense contándolle o teu parecer ou preguntando calquera cousiña, podes entregala na biblioteca e farémoslla chegar inmediatamente.

NOVIDADES DA BIBLIOTECA R “De cores e de amores” de Xabier P. Docampo/Xosé Cobas (Edit. Galaxia) R “Filla das ondas” de Fina Casalderrey/Xosé Chavete (Edit. Kalandraka) R “Ningunha primavera máis sen flores” XXXIII PremiosLiterarios Minerva 2005) R “Chove nos versos” de Antonio García Teijeiro (Edit. Xerais) R “Bernardo Rodríguez Ribeira Emigrante sobranceiro” de Olimpio Arca Caldas (Fundación Cultural da Estrada) R “Unha viaxe no Ford T” de Xerardo Agrafoxo (Premio de novela García Barros 2004) R “Cabaret Voltaire” de Jaureguizar (Premio García Barros 2005) R “Narrativa Contemporánea Tabeirós-Terra de Montes” de Carlos Loureiro Rodríguez (Edicións Fervenza) R “A Estrada. Miscelánea histórica e cultural. Museo do Pobo Estradense” de Manuel Reimóndez Portela (Nº 4, 5 e 6)


FACENDO TORRES NO AR No noso cole imos pasar unhas xornadas... Facendo Torres no Ar

Chove nos campos nas vilas nas cidades Chove nas rúas, nos tellados, nas vereas pero tamén nos ollos e nos corazóns, nos sentimentos nas emocións nos xestos nas palabras. En definitiva, chove nos versos.

MIL PRIMAVERAS MÁIS PARA A CULTURA GALEGA...

CEIP DO FOXO


Pereiriños11