Page 1


sumario as nosas

cousas

3editorial 4xogamos cos bolechas 6somos os “peques” 7fixemos un xardín 8así somos os de 1º 10o susto máis grande... 11o estoxo 12visita á zona vella de santiago 14viaxe a lugo 16saída a orazo 17teatro na estrada 18a historia de david 19ovellas negras? 20nun lugar pouco coñecido 22un verán de libros 23o magosto 24o entroido 26as nosas poesías 30maría mariño carou 31compromiso 32día da paz 34carreira campo a través 36despedida de 6º

nº 27

xuño 2007

ceip do foxo

Edición non venal Nº 27 - xuño 2007 DESEÑO E MAQUETACIÓN: Aula de Informática


editorial Outro número máis, unha nova revista traballada e deseñada por vós. Entre tanto barullo de actividades, en serio vos digo que non é doado traballar para tirar adiante esta publicación. A elaboración vaise cociñando durante todo o curso. Os ingredientes engádense pouco a pouco, por parte de todos os mestres e nenos, agardo que a persoa que colla esta revista nas súas mans entenda que detrás destas “NOSAS COUSAS” está o traballo de todo un Colexio. O Equipo de Normalización Lingüística do Centro ten como meta que exista unha dinamización lingüística e que se cumpran os obxectivos centrados en potenciar o uso da lingua galega: promovendo o galego como lingua de comunicación, lectura, actividades deportivas, traballos administrativos, etc... Porque nós estamos orgullosos de sermos galegos! Pretendemos ser unha xanela aberta a través da que podemos ver algunha mostra do traballo dos alumnos e mestres, que, conscientes sobre todo do mundo actual e do papel que xoga nel a escola, tratan de acadar o obxectivo de educar para ensinar a vivir e convivir, pois o gran desafío da educación na actualidade é: aprender a vivir cos demais respectándoos; por iso aquí podedes atopar desde contos, cartas, saídas, convivencias, compromisos, ... Trátase de intentar facer boa xente no noso Centro e de momento parece que o imos conseguindo. Animándovos a seguir na mesma liña e que fagamos posible que cada ano publiquemos unha nova revista, despedímonos ata o vindeiro curso. Equipo de Normalización Lingüística.

as nosas cousas 3


infantil 4 anos Os alumnos de Educaciテウn Infantil de 4 anos traballamos e xogamos coas letras dos BOLECHAS.

BOLECHAS

S B

B

CH O

S

E L

A

O A

L

B

CH E

S

テイ

BOLAS SAL LOBA CHELO

Construテュmos estas palabras coas letras de BOLECHAS. BUSCA TI

E FAI Mテ!S! 4 as nosas cousas


Tamén eliximos aos nosos personaxes preferidos. Saíron elixidos TATÁ e CHISPA.

as nosas cousas 5


infantil-3 anos

SOMOS OS “PEQUES” DO COLE, QUERÉMONOS PRESENTAR. PARA SABER OS NOSOS NOMES TES QUE NOS ATOPAR.

6 as nosas cousas


infantil-5 anos

NA CLASE DE 5 ANOS FIXEMOS UN XARDIN

as nosas cousas 7


1º curso de primaria

ASí SOMOS @S DE PRIMEIRO CURSO ...

8 as nosas cousas


Debuxo: Nacho

as nosas cousas 9


contiĂąos

O susto mĂĄis grande da miĂąa vida William Cabaleiro Taboada

10 as nosas cousas


O estoxo Jesús Muiños Rico

Ola! Sabedes quen son? Vale,vóuvolo dicir. Son un estoxo. Eu xa estou cansado de estar na mochila: cheira mal, fai moita calor, ando dun lado para outro, e aínda por encima ando todo cheo de lapis, gomas, bolígrafos,tesoiras e o peor de todo, o pegamento sempre mo deixan destapado e pégase a min. Cando chego á escola non fan máis que abrirme e cerrarme durante cinco horas seguidas. Cando quero dormir xa hai que volver para a casa outra vez. Despois ao chegar á casa, tíranme por alí como se fose un trapo. Ao pasar dúas horas xa me volven a coller outra vez, e volta a abrir e pechar, máncharme, métenme máis cousas dentro,etc. Despois vólvenme a meter na mochila e tírannos en calquera lado. Xa estou canso, vou desaparecer e así non me volverán tratar mal, e se queren xa me buscarán e seguro que lles perdoarei polo que me fixeron pasar todos eses días. Agora vou descansar e mañá xa marcho. Porque o peor non é iso que vos contei, senón que me mareo de andar sempre a golpes, e non... non é así. Así que eu marcho. Pero non vou ir moi lonxe, vou estar máis preto do que se imaxina...

Debuxo: Damián Vaamonde Villaverde

as nosas cousas 11


as nosas viaxes

Unha visita á zona vella de Santiago Pablo Cacho Espiño

O día 14 de marzo fomos de excursión a Santiago de Compostela. Vimos moitas cousas, pero unha das máis fermosas foi a visita guiada. Todo comezou despois de comer na Alameda onde nos esperaban dous guías turísticos chamados Susi e Iago. Empezamos o percorrido entrando pola Porta Faxeira, o seu nome vén da abundancia de faias na alameda. Susi comentounos que unha das casas que había alí tiña un gravado na parede; tiña a figura dunha pomba. Ese gravado significaba que a casa que o tiña pertencía á igrexa. Tamén nos dixo que, antigamente, toda a cidade de Santiago (o que hoxe é a zona vella) estaba rodeada por unha muralla de pedra. Seguindo co camiño chegamos á “ Ruela do Peso “ . Alí, era onde, antigamente, pesaban os cultivos que os campesiños cultivaban nas leiras das aforas da cidade e que posteriormente vendían nos distintos mercados. De súpeto chegamos á Praza do Toural. A praza do Toural ten unha fonte no medio e o seu nome débese a que alí se celebraba un mercado de touros (animais) ou de toros de madeira. Nesta praza está o Museo Eugenio Granell. Enriba da fachada do museo encóntrase unha escultura do Deus Atlas que soporta no lombo o globo terráqueo feito en

12 as nosas cousas

pedra. E como di a lenda, se un sabio ou sabia pasa por debaixo de Atlas cae o globo terráqueo. Polo de agora o globo aínda non caeu ... Máis tarde pasamos pola “ Rúa Nova “ , onde se encontran dous gravados: un, dunha cuncha, que significa que pertencía a Santiago, porque tamén tiña grabadas as letras de “STO” ; o outro era un pino e significa que pertencía ao segundo mosteiro máis grande de España, San Martiño Pinario, que está en fronte da catedral. Nesta rúa tamén se encontraban unha das tres mirillas máis antigas que existen hoxe e que servían para ver quen


petaba á porta. Tamén pasamos pola Rúa dos Bautizados, onde se bautizaban as persoas que se querían converter á relixión católica. Vimos tamén a rúa máis estreita de Santiago. Esta rúa chámase Entrerrúas. En moitas casas había uns arcos moi fermosos chamados soportais.

Na visita tamén pasamos pola Praza de Mazarelos.. Antigamente alí había un mercado de viño. Debe o seu nome a que se mazaba alí o viño. Tamén vimos unha estatua de Alfonso II “O Casto. Alfonso II mandou vir a Pelaio, que estaba en Asturias, para enterrar o corpo de Santiago Apóstolo. Pelaio foi o primeiro peregrino . Despois fomos á praza das Praterías, chámase así porque antigamente había un mercado de prata; seguidamente pasamos á praza da Quintana. A praza da Quintana divídese en duas: Quintana de Vivos e Quintana de Mortos. Na Quintana de Mortos había antigamente un cemiterio. Ao fin chegamos á praza do Obradoiro, desde onde accedemos á Catedral. Dentro vimos a primeira capela que se construíu para gardar as cinzas de Santiago Apóstolo. Tamén cumprimos o rito de darlle un croque ao Santo dos Croques que se atopan a entrada da Catedral. Ao saír da Catedral, xa nos fomos. Aparte de aprender moito, foi unha visita moi agradable e divertida.

as nosas cousas 13


as nosas viaxes

Viaxe a Lugo Paula Brey CaramĂŠs

14 as nosas cousas


Debuxo: Santiago MartĂ­nez Rey

as nosas cousas 15


as nosas viaxes

Saída a Orazo Laura López Rey (3º curso)

16 as nosas cousas


Teatro na Estrada Sonia Casal Bugallo (3ยบ curso)

as nosas cousas 17


que é un minusválido para ti?

A historia de David Cristina Vede Caramés (6ºB)

Nun colexio de A Estrada había un grupo de rapaces que eran...especiais, porque eran os que non estudaban, nin atendían nas clases. Eran os que se mofaban dos mestres... tamén aos que ninguén se lle podía achegar. A banda constaba dun líder: Iván “O feroz”, e o resto da tropa eran: David “O forzudo”, Miguel “O alacrán” e Xosé “O malvado”. O resto dos rapaces evitábanos, e os seus pais, ou estaban no cárcere, ou non lles importaban ou, no caso do “Feroz”, eran alleos á situación. Os mestres e a directora estaban fartos de mandarlle notas, cartas e chamalos por teléfono. Os rapaces vivían na mesma aldea e tirábanlle pedras ou tomates ás casas dos veciños, paraban aos coches e enchíanlle o parabrisas de ovos escachados. Facían unha desfeita. Un día un coche non parou e David non reaccionou a tempo e... todo foi moi rápido: o son do coche a toda velocidade, o berro de David, o son da ambulancia... Despois deste ruído todo quedou en silenzo. Todos marcharon para a casa sen tan sequera falarse ou mirarse.

18 as nosas cousas

Ao seguinte día pola tarde foron ver a David. David xa non volvería a ser o forzudo; estaba moi grave. De alí a unhas semanas o grupo volveu a xuntarse pero faltaba un bo amigo: David. Para sorpresa deles...CHEGOU DAVID!!! O peor era que, por mala sorte, tiña que usar cadeira de rodas. Días máis tarde foise despedir dos compañeiros porque comezaría de cero noutro colexio. Era incrible. A partir dese momento xa nada sería igual: xa non habería ningún grupo, faltaría David. A diversión rematara. Meses despois David voltou á aldea en cadeira de rodas, foi onda os seus amigos pero... David non era o mesmo, estaba moi triste, estaba distinto; cambiara de forma de pensar, agora estaba en contra da violencia e a favor da igualdade. Fixo que os demais se decatasen diso, porque antes, para eles, os discapacitados eran razón de burla. Penso que non debería haber desigualdade porque todos somos iguais: minusválidos ou non.


Ovellas negras? Bárbara Fernández García

Os minusválidos son como ovellas negras as que pouca xente quere coidar nin esquilar entre un rabaño de ovellas brancas ben esquiladas . Moita xente trátaos como persoas de segunda ,trátanas como se foran leprosos. Míranos con xenofobia , medo e rancor. Xente sen dereito a esta sociedade. Na que parece que para ser ben recibidos hai que ser prototipos de xente perfecta, sen sentimentos… de xeo. Fan que moitos minusválidos se sentan como desfeitos sociais sen dereito a nada. Un sentimento cada vez máis estendido. Agora ben, reflexionemos, se esas poucas persoas que son as que arrastran a todos os demais a mirar con temor aos discapacitados, esas poucas mazás podrecidas que podrecen toda a cesta non nos incitaran a tratar mal aos minusválidos. ¿Seríamos capaces de comprender aos minusválidos, de axudalos, converter a súa vida en algo co que gozar? A resposta sería dubidosa,

anque entre todos deberiamos dar cambiado a resposta a SI. E todos facer que os minusválidos se convertan nunhas ovellas brancas ben esquiladas e ben tratadas polo seu pastor. Ou polo menos anque non as convertan en ovellas brancas facer que se sintan ben, as poñamos nun espazo agradable con todo o apoio e todo o necesario ao alcance da man. E logo todos xuntos: ollos que non ven, pernas que non senten o solo, anatomías incompletas, persoas discapacitadas e as persoas que queiran e axuden aos minusválidos griten ao vento a mensaxe que entrara por portas e fiestras. Estender a nosa mensaxe TERMINADE COAS HOSTILIDADES E CREEMOS UN AMBIENTE DE BIENANDANZA. Se todos gritamos ben forte aos órganos políticos e culturais que fan caso omiso a todas as cartas, mensaxes, concentracións e mensaxes de nenos que choran e sofren o xugo da opresión dunha xente sen escrupulos e sen corazón que dan latigazos a estas persoas. Berremos a mensaxe con convinción para que chegue ao seu,

as nosas cousas 19


que é un minusválido para ti?

Nun lugar pouco coñecido Laura Fernández García

EU POR EXEMPLO

Este relato acadou o 2º premio do “V Concurso de Contos ASPAMITE”.

PRESENTACIÓN: Que que é un minusválido para min? Se o queredes saber lede este conto e xa saberedes a miña opinión. Espero que vos guste. con forza, para que resoe en todas partes, pois temos que coidar a estas pequenas ovellas, porque elas son as máis especiais. Que non se perda levado polo vento, con claridade para que esta xente non colla esta mensaxe e o converta nunha masa inerte e sen sentido, con confianza para que resoe en todas partes, pois temos que coidar a estas pequenas ovellas, porque elas son as máis especiais. Non convertamos o mundo nun matadeiro senón nun prado frondoso con todo o necesario e sobre todo con apoio e cariño. Aquí remata a miña historia. Estas son as palabras dunha simple nena de 5º pero gustaríame que esta mensaxe chegase a todas as persoas porque os minusválidos son persoas coma nós que non é o de “deberíase tratar ben os minusválidos” hai que tratalos ben. Espero que estas palabras chegasen aos vosos corazóns e vos gustara miña historia.

20 as nosas cousas

CONTO: Nun lugar pouco coñecido,( para ser sincera non o coñece ninguén ) que non tiña nome ningún, había unha raíña. Diredes vós, unha raíña haina en tódolos sitios, pero esta era especial. E non é porque tivera poderes máxicos ou voase, ou non tivese coroa... O problema é que era minúsvalida. A verdade é que a ela non lle importaba tanto, pois ninguén se burlaba dela. O que pasa é que se aburría. Pasaba día tras día, noite tras noite, sen saber que facer.Xogaba coas bonecas, coa pelota...¡máis nada¡ Entón díxollo aos seus pais. Seus pais facían o que podían. Cando xogaban con ela sorría e cando non, púñase triste. Xa non sabían que facer. Unha noite, Andrea, que así se chamaba a raíña, tivo un soño. No soño apareceulle unha voz que lle dicía: “Tes que pedirlle axuda a unhas das cousas máis fermosas que hai”. Andrea espertou algo sobresaltada, non entendía o soño para nada. Pasou o día pensando que podería ser, pero como non se lle ocorría nada esqueceuno.


o

De alí a un días, volveu a soñar coa mesma voz que lle dixo: “Non te esquezas do que che dixen o outro día, se non te queres aburrir”. Tan pronto espertou Andrea dixo: “Agora xa o entendo, xa o entendo todo”. Como lle gustaban tanto as flores foi a pedirlles axuda. Andrea deuse de conta de que estaba facendo o parvo. E quedouse pensando mirando cara o ceo. Entón dixo: ¡Claro! ¡O ceo! ¡O sol, a lúa e as estrelas! E falou co sol. Pero deuse conta outra vez de que estaba a facer o parvo, pero díxolle o sol: “Se necesitas axuda eu dareicha. Só tes que pensar que es minusválida e distinta dos demais”. E Andrea confiou nel. Cando se fixo de noite preguntoulle á Lúa e esta respondeulle: “Para min que te tes que divertir bastante xogando ás bonecas.” Cada vez, Andrea estaba máis confusa. E preguntoulle ás estrelas: “Tes que buscar un amigo para divertirte.” Andrea non sabía a quen lle facer caso e pensou que a mellor sería a do Sol. E fíxolle caso. Ao día seguinte deulle as grazas ao Sol. Só que se sentía rara igual có principio. Máis esa noite non houbo estrelas. E volveu soñar coa mesma voz, que lle dixo: “Non sabes elixir, elíxeo ben.” Andrea está confusa e máis triste cada vez. Pasaba o día triste sen saber que facer. Cada minuto que pasaba, para Andrea eran días e días que nunca terminaban. Como se aburría tanto, Andrea pensou en algo: Pensou nas axudas que lle deron e deuse conta de que a mellor opción era a das estrelas. Seus pais preocupábanse tanto que decidiron falar con ela.

Preguntáronlle que lle pasaba en cambio Andrea non lle respondeu nada. Pola noite non había estrelas máis chamou por elas. Apareceron todas unha a unha e pediulle axuda. Volvéronlle a dicir o mesmo e Andrea ao día seguinte foi dar un paseo pola vila onde fixo moitos amigos. Así que, xa sabedes, fiádevos moito das estrelas e das voces que vos aparecen nos soños, daranvos bo consello. Agora xa sabedes a miña opinión. Espero que vos gustase.

as nosas cousas 21


un verรกn de libros ... ...

22 as nosas cousas


as nosas festas

O Magosto Nerea Cimadevila Amboage (3ยบ curso)

as nosas cousas 23


as nosas festas

O Entroido (4ยบ curso)

24 as nosas cousas


as nosas cousas 25


as nosas

as nosas poesĂ­as

Alex Brey GonzĂĄlez

Daniel Servide Calvelo

26 as nosas cousas


poesías

Isabel Pazos Álvarez

Rubén Míguez Baltar

as nosas cousas 27


as nosas Manuel Martínez Rodríguez

Antía Expósito Guerrero Francisco Castro Domínguez

28 as nosas cousas


Rafael Fortes Otero

Estela Martínez Rodríguez

poesías as nosas cousas 29


maría mariño carou

Día das Letras Galegas 17 de maio de 2007

A celebración do Día das Letras Galegas, cada 17 de maio, foi instituída no ano 1963 pola Real Academia Galega para conmemorar a publicación do libro de Rosalía de Castro Cantares Gallegos, un 17 de maio de 1863 e homenaxear a algún escritor ou escritora en lingua galega. Cantares Gallegos está considerado como a obra literaria que inicia o «Rexurdimento» da literatura e da cultura galega moderna. A proposta de celebrar ese Día das Letras foi formulada por tres membros da Real Academia Galega, Manuel Gómez, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego.

A primeira escritora homenaxeada, no ano 1963, foi a mesma Rosalía de Castro seguíndolle en anos posteriores Alfonso Castelao, Eduardo Pondal, Francisco Añón, Curros Enríquez, López Cuevillas... Este ano 2007 dedícase á poeta María Mariño Carou, noiesa de nacemento pero que realizou a súa obra poética nas terras luguesas do Courel. Durante estes corenta e catro anos que leva instituído o Día das Letras Galegas só foron homenaxeadas tres mulleres: Rosalía de Castro, no 1963; Francisca Herrera Garrido, no1987 e, este ano, María Mariño Carou.

Eu non sei si xa pasou ou se inda ten que pasar; ou si aquelo que eu sentín non foi sentir, foi soñar. Vivo no preto quedo dun lonxano latexar. O silencio das cousas, hoxe, aboia, aboia en min. Remos navegan terra ó lonxe, volvendo as augas cara min.

30 as nosas cousas


dĂ­a das letras galegas

Compromiso Con motivo da celebraciĂłn das Letras Galegas, e logo dunha conversa na clase de 4Âş de primaria, todas as personas que estabamos ese dĂ­a decidimos asinar o seguinte compromiso:

as nosas cousas 31


día da paz

NO DÍA DA PAZ AS NENAS E NENOS DE 4º PROPOÑEMOS...

32 as nosas cousas


PROPOĂ‘EMOS...

as nosas cousas 33


carreira campo a través

Un ano máis o espírito olímpico chegou ao noso CEIP do Foxo e todos, -como se atletas da antiga Grecia se tratase-, participamos nun Cross onde, por riba de todo, primou a convivencia e a deportividade.

34 as nosas cousas


as nosas cousas 35


os nosos debuxos

Na clase de Plástica, os nenos e nenas de 1º Ciclo tamén elaboramos carteis das nosas películas favoritas.....

Adrián Puente Pena

Alex Brey González

36 as nosas cousas


Ana Lema Fernández

Manuel Martínez Rodríguez

as nosas cousas 37


despedida dos de 6º

Son escritores, lectores e actores Gústalles escribir As súas (Nosas) Cousiñas ler o Pereiriños e actuar nos Abrentiños. Son pintores Gústalles ensoñar a Laxeiro con Mil ceras de vivas cores. Son poetas Gústalles facer Torres no Ar e construír poemas co coraçao baixo os acordes do seu grupo musical. Son deportistas Gústalles saltar, correr, andar, bailar e xogar ao bádmiton , ao brilé , ao balonmán e botar o partido (de fútbol) do século. Son turistas Gústalles viaxar a centos de km no

38 as nosas cousas

autobús e todos xuntiños mergullarse nas quentiñas augas do Mediterráneo ou da piscina do hotel ou voar entre as nubes do Ceo da montaña rusa de Barcelona. Son moi noviños pero… Gústalles presumir de que son os maiores do cole. Son respetuosos, traballadores e responsables Son encantadores, caladiños, bos compañeiros e sempre foros moi unidos Son ao dicir dos seus mestres- moi boa xente, moi boas persoas e iso, de verdade, non hai cartos que o paguen. Son as alumnas e alumnos de 6º curso de Primaria do CEIP do Foxo. Os nosos Pereiriños.


UN DÍA DE PELÍCULA ... ...

O meu mestre sempre dicía ...

o que non sabe ler imaxes ...

non sabe ler de todo.


2007asnosascousas nº27  
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you