Page 1

Axudas Sociedade da Informaci贸n - Plan Avanza 2010

Santiago, decembro de 2009


introdución O presente documento identifica e describe as liñas de axuda en materia de Sociedade da Información que serán lanzadas dende a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica para ano 2010, no marco do Plan Avanza. Os principais aspectos que se tiveron en conta para a súa elaboración foron: 1.O aliñamento co Plan de acción para o desenvolvemento da Sociedade da Información 2010 2.As liñas estratéxicas da Xunta en materia de Servizos Públicos de calidade 3.A orientación á demanda, promovendo os proxectos demandados polo tecido empresarial galego en colaboración coa oferta (Sector Empresarial da Sociedade da Información). 4.Impulso a grandes proxectos de colaboración entre empresas, sectorialmente e tamén trans-sectorialmente. 5.O marco establecido polas Addendas ao Plan Avanza de 2008 e 2009

| 2


introdución aliñamento co plan de acción para o desenvolvemento da S.I. 2010 Representación das liñas do plan de desenvolvemento da S.I segundo as entidades ou áreas demandantes e ofertantes de servizos e contidos TIC:

OFERTA

PRODUTORES DE CONTIDOS (EMPRESAS PRIVADAS, ESFL)

SECTOR TIC

SERVIZOS PÚBLICOS

Servizos públicos de calidade

CIDADANÍA

Nova Rede de centros de servicio para a S.I.

Telecomunicacións

EMPRESA

Incorporación de Pemes, microPEMES e autónomos á S.I. eGoberno

DEMANDA

Plan integral de apoio ao sector empresarial da S.I.

Apoio á produción de contidos e servizos innovadores

Dinamización do uso das TIC Sector Empresarial da S.I. Os 4 eixos de actuación principais da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica

| 3


introdución xustificación das actuacións O sector empresarial da Sociedade da Información, entendido como a conxunto de empresas TIC e produtores de contidos dixitais, debe converterse nun dos sectores produtivos claves no desenvolvemento económico e social de Galicia. Sen embargo, segundo os datos máis actualizados do Observatorio Galego da Sociedade da Información, o sector empresarial das TIC contribúe co 2,13% ao PIB de Galicia, situándose por baixo da contribución deste sector ao PIB de España que é do 3,06%. Á vista das cifras, parece preciso potenciar o desenvolvemento do sector empresarial da Sociedade da Información para converxer coas comunidades autónomas máis avanzadas neste eido en España. Neste sentido, as actuacións do Goberno Galego orientaranse tanto ao propio desenvolvemento das empresas do Sector Empresarial da Sociedade da Información (con medidas de apoio á internacionalización, á obtención de certificados de calidade ou á formación) como ao desenvolvemento de novos produtos, servizos e contidos dixitais avanzados. Nestas últimas incluíranse aqueles produtos, servizos e contidos orientados á mellora dos servizos públicos, de xeito de aliñado coa iniciativa do Goberno Galego referente a modernización dos servizos públicos (eGoberno 2013). Por outra banda, o grao de desenvolvemento da Sociedade da Información nas empresas galegas está condicionado en parte pola profunda fenda existente entre PEMEs e MicroPEMEs, principalmente no que respecta os seus niveis de equipamento tecnolóxico e de presenza na rede. Neste contexto faise necesario actuar impulsando a penetración das TIC nas PEMES e en especial nas MicroPEMES e autónomos, maximizando o efecto das actuacións canalizando as mesmas a través de asociacións sectorias ou trans-sectoriais, e mesmo involucrando directamente ao sector TIC no desenvolvemento das propias actuacións. Por último, compre sinalar que o nivel de emprego das Novas Tecnoloxías da Información e Comunicación e de Internet entre os cidadáns en Galicia é o ámbito no que existen maiores diferenzas con respecto ao resto de España. E preciso, polo tanto, continuar as actuacións dirixidas a fomentar a difusión, formación e outras iniciativas encamiñadas a impulsar as TIC e a Sociedade da Información entre a cidadanía.

| 4


introdución mapa das axudas Seguindo coa representación en base as entidades ou áreas demandantes e ofertantes de servizos e contidos TIC, as liñas de axuda que serán lanzadas desde a Secretaría de Modernización e Innovación Tecnolóxica quedan encadradas da seguinte forma: OFERTA

SERVIZOS PÚBLICOS

SECTOR TIC

Medidas específicas para o desenvolvemento do sector empresarial da Sociedade da Información en Galicia

CIDADANÍA

EMPRESA

DEMANDA

Adquisición e implantación de novos produtos e servizos TIC para o fomento da empresa dixital

PRODUTORES DE CONTIDOS (EMPRESAS PRIVADAS e ESFL)

Produción e publicación de contidos dixitais innovadores e de calidade

Actuacións de difusión e formación relacionadas co desenvolvemento da S.I. orientadas á cidadanía

Sector empresarial da Sociedade da Información Empresas Entidades públicas e privadas sen fin de lucro Beneficiarios das axudas

| 5


liñas de axuda 1. Adquisición e implantación de novos produtos e servizos TIC para o fomento da EMPRESA DIXITAL obxectivos Mellorar o grao de adopción e uso das TIC nas empresas mediante melloras nos seus sistemas de información, así como o desenvolvemento de solucións sectoriais e asociadas á cadea de valor en todos os ámbitos: desintermediación do sector turístico, sistemas orientados a garantir a trazabilidade no sector agroalimentario, ferramentas para a integración electrónica das xestorías cos seus clientes, desenvolvemento de solucións sectoriais nos principais sectores produtivos galegos, etc. Os proxectos subvencionados realizaranse necesariamente en colaboración cunha ou varias empresas do Sector TIC, terán que acadar un funcionamento real, e permitirán que posteriormente as empresas TIC participantes poidan ofertar eses traballos total ou parcialmente a outros interesados distintos dos beneficiarios. beneficiarios 

Empresas



Asociacións sectoriais



Asociacións de empresas

liñas de actuación 1.

Axudas promovidas polas empresas • •

2.

Axudas para á incorporación de ferramentas e servizos básicos en Pemes: informatización de determinadas áreas ou departamentos, etc. Desenvolvemento de solucións específicas para a empresa: xestión da cadea de produción, solucións de xestión empresarial, factura electrónica, comercio electrónico, con diferentes modos de prestación: adquisición e implantación de aplicacións, modelos ASP, etc.

Axudas promovidas polas asociacións empresariais Apoio á implantación de solucións sectoriais, incluíndo solucións para o desenvolvemento de novos modelos de negocio: central de compras, plataformas de distribución, etc. • Proxectos trans-sectoriais para o desenvolvemento de solucións transversais nunha mesma cadea de valor. •

| 6


liñas de axuda 2. Produción e publicación de CONTIDOS DIXITAIS innovadores e de calidade obxectivos Xeneración de contidos dixitais de interese social e creación de espazos sociais innovadores, que mostren un elevado potencial de desenvolvemento da Sociedade da Información. Inclúese nesta axuda o desenvolvemento de contidos destinados a promoción e difusión do Xacobeo 2010. Poderán considerarse contidos de nova creación ou existentes con anterioridade noutros formatos.

beneficiarios 

Sector empresarial da Sociedade da Información

liñas de actuación 1.

Desenvolvemento de contidos en xeral •

Apoio á creación de contidos dixitais multilingües, innovadores e de calidade, incluíndo soportes específicos (TDT, consolas, video dixital e dispositivos móbiles): • Orientados a súa utilización na práctica educativa • Que dean resposta ás necesidades reais dun determinado sector de usuarios ou actividade, en especial daqueles colectivos máis desfavorecidos (en risco de exclusión, ou relacionados coa saúde ou a dependencia) • Relacionados co patrimonio artístico, cultural, arqueolóxico, paisaxístico e turístico de Galicia, especialmente aqueles orientados a potenciar e difundir o Xacobeo 2010, etc. • Outros ámbitos de interese público.

| 7


liñas de axuda 3. Actuacións de DIFUSION e FORMACION da S.I. orientadas á cidadanía obxectivos Apoiar ás entidades públicas e privadas sen fin de lucro á realización de actuacións de difusión, de sensibilización e formativas relacionadas co desenvolvemento da Sociedade da Información orientadas á cidadanía.

beneficiarios 

Entidades públicas e privadas sen fin de lucro

liñas de actuación Actuacións de promoción e difusión da sociedade da información 2. Actuacións formativas dirixidas á cidadanía en xeral. 3. Actuacións formativas especializadas, no ámbito das TIC 1.

| 8


liñas de axuda 4. Medidas específicas para o desenvolvemento do SECTOR empresarial da S. I. obxectivos Medidas para o estímulo daquelas empresas que desenvolven a súa actividade económica especificamente no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións, co obxecto de fomentar a innovación, a iniciativa emprendedora, a internacionalización, as vías de cooperación e especialización, a exploración de novos modelos de negocio e o desenvolvemento de novos produtos e servizos innovadores beneficiarios 

Sector empresarial da Sociedade da Información

liñas de actuación Axudas á internacionalización 2. Axudas para o asesoramento, a obtención e o mantemento de certificacións de calidade (CCMI, ISO, etc.) 3. Gastos de formación en materia TIC do persoal propio 4. Apoio ao desenvolvemento de produtos e servizos TIC para a mellora dos servizos de interés xeral nos seguintes ámbitos: 1.

  

5.

Educación: ferramentas de creación de contidos dixitais de carácter educativo, plataformas de aprendizaxe on-line, plataformas de control do alumnado na aula, etc. Servizos sociais e sanitarios: desenvolvemento e implantación de aplicacións para a prestación e xestión de servicios sociosanitarios, especialmente os relacionados coa saúde ou a dependencia (teleasistencia, servizos e dispositivos de localización, de alarma, etc.) Outros ámbitos de servizos públicos electrónicos, non necesariamente vencellados á Administración.

Desenvolvemento de produtos e servizos avanzados: 

Converxencia entre a telefonía fixa/móbil e Internet, solucións tecnolóxicas que fomenten o acceso a Internet de calidade desde calquera dispositivo distinto de móbil ou ordenador produtos e servizos relacionados cos sistemas de información xeográfica (GIS), servizos emerxentes e avanzados de mobilidade, produtos e servizos interactivos para a TDT fixa e móbil, etc.

| 9


Condicionantes adicionais Consideracións sobre os marcos normativos nas convocatorias públicas de axudas. Convocatorias baseadas en Regulamentación UE e/ou no Decreto 432/2009 de axudas compatibles. •

-Sectores económicos admitidos ou excluídos.

-Intensidade das axudas en función do tamaño das empresas.

-Prazos para a execución dos proxectos.

Valoracións de solicitudes 

Afondar no uso e identificación de criterios numéricos obxectivos.



Comisións de valoración.

Melloras na planificación • • • • •

Identificación de liñas de actuación prioritarias Actividades económicas con maiores potencialidades para o Sector TIC galego. Visibilidade, dimensión e seguimento de resultados. Emprego de actuacións de demostración. Coordinación e non solapamento con outras iniciativas públicas de axuda.

| 10


Axudas Sociedade da Información - Plan Avanza 2010  

O presente documento identifica e describe as liñas de axuda en materia de Sociedade da Información que serán lanzadas dende a Secretaría Xe...