Actividade:
5.5.7 Formación e difusión do Software Libre para as PeMEs
Descrición:
O sector empresarial é un dos eixos principais da estratexia da Amtega para o fomento do software libre. As actuacións dirixidas a este ámbito veñen centralizándose en torno ao Centro Demostrador T ic de Galicia, contando tamén coa colaboración da rede CeMIT e o apoio dos diferentes axentes do Software Libre de Galicia. Continuando coa estratexia de anos anteriores que, segundo se reflicte nos estudos de uso de software libre realizados polo OSIMGA, está a dar bos resultados, unha parte importante das actividades formativas do CDTIC realizaranse sobre Software e Hardware Libre. a
Actividades 2018:
Incorporación dun novo aplicativo ao actual CDTIC Virtual. Elaboración do boletín de software libre empresarial, con novas con casos de éxito destacados de ferramentas de Software Libre que resulten de interese para as PEMES galegas.
Publicación de novos artigos de difusión tecnolóxica, centrándose en dar a coñecer casos de éxito, novidades do sector, boas prácticas no uso de solucións libres, comparativas entre solucións alternativas, …
Servizo de apoio e consulta sobre software libre ás empresas galegas. Apoio ao desenvolvemento de accións de fomento do software libre no Centro Demostrador TIC, enfocadas principalmente ao ámbito da formación para empresas, demostración de solucións e asesoramento a empresas en ferramentas de Software Libre. Area responsable:
Área de Sociedade Dixital
Actividade:
5.5.8 Formación e difusión do Software Libre para a cidadanía
Descrición:
A Amtega mantén colaboración con diversos axentes do ecosistema galego do software libre, como as Asociacións Galegas de Usuarios de Software Libre, o CIXUG das Universidades Galegas, e os Colexios Profesionais, para a organización de actividades de promoción de Software e Hardware Libre para diferentes colectivos da cidadanía. Estas actividades serven de complemento á oferta formativa en alfabetización dixital e sobre tecnoloxías libres impartida na Rede CeMIT.
Actividades 2018:
Convocar o premio ao mellor traballo universitario fin de grado con software libre en colaboración co CIXUG.
Difusión da información de actualidade do Software Libre en Galicia a través do portal mancomun.gal.
O CIXUG desenvolverá accións formativas e de difusión no ámbito universitario.
Plan de Acción 2018.Programa de actuacións.
Páx.193/244