Page 24

CONTRATOS DE SERVIZOS

Solvencia técnica e criterios de valoración (4): • Certificacións técnicas • As certificacións empresariais só se poden empregar como criterios de solvencia • Para os certificados sobre a formación do persoal integrado nos equipos técnicos, recoméndase solicitar como solvencia á empresa a acreditación ou declaración responsable de que está en posesión do número mínimo de certificados que se considera necesario para responsabilizarse da execución do proxecto • Os certificados técnicos persoais poden tamén incluírse como criterios de valoración. Unicamente ha de terse en conta que se xa foron incluídos como solvencia técnica, deberá valorarse unicamente a mellora sobre o mínimo requirido • Recoméndase que os certificados técnicos vinculados ao equipo de traballo, se cuantifiquen mediante fórmulas matemáticas, respondendo a criterios como o número de persoas que compoñen o equipo de traballo que contan cun certificado determinado, incluíndo, se procede, a segmentación por perfil e a dedicación ao proxecto.

24

Guía de Boas Prácticas  
Guía de Boas Prácticas  

Guía de boas prácticas nos procedementos de contratación das TIC

Advertisement