O 9 de marzo tivo lugar unha xornada de presentación na que se fixo o seguimento do Plan de Acción FLOSS, así como o anuncio do acordo de colaboración con CENATIC. Á presentación asistiron a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, o subdirector xeral de Infraestruturas e Telecomunicacións, Adrián Lence, e o director xerente do CENATIC, Miguel Jaque.