Page 1

Dándoye á pebida. As cuñadas. Amores tardeiros Tres sainetes de Manuel García “Galano” Presentación de Xoán Babarro

1


Manolo en 1940

2


Manuel García Sánchez “Galano” nace en 1922 na Roda (Tapia de Casarego), onde, sendo neno, asiste a diferentes representacións teatrais, como ben recorda el mesmo en “Arriba el telón”, colaboración realizada para El teatro en La Roda (1999) do incansable actor Everardo Fernández González. É nesta localidade, así como na capital do concello, onde máis tarde contribuirá a manter viva a rica tradición dramática, como actor, como director e como tradutor e creador de textos. En 1984 dáse a coñecer como narrador con Parzamiques, unha obra que ampliaría nunha edición de 1993 con novos textos, entre os que figura ”A terra é a terra”, gañador do I Premio Xeira de Narracióis Curtias. Son tamén narracións curtas as que recolle en Faraguyas (2010). García Sánchez é autor, xunto con Jacinto Díaz López, do Vocabulario d’A Roda (Tapia) (1994) e colabora con artigos de temática diversa na revista Entrambasauguas, artigos que reunirá no libro titulado Vento d’outono (2005). Desde os anos setenta vén facendo públicas unha serie de pezas teatrais de carácter costumista, divulgadas a través de representacións e en libretos e editadas máis tarde en volumes como Mareaxes tapiegos (1993) e Erguendo el Telón (2000). Os seus méritos foron recoñecidos por amigos e veciños e tamén pola Academia de la Llingua Asturiana, que o nomeou membro de honor, así como polos organizadores do 1º Encontro d’escritores en Galego-Asturiano, celebrado na Veiga en outubro de 2008. Neste número de “Os Teixedais” presentamos, respectando as variantes lingüísticas dos orixinais, tres sainetes inéditos da súa autoría. De Dándoye á pebida, que se representou en Tapia no verán de 2007, dime o autor que llelo escribiu “da noite prá mañá a estas dúas muyeres tan entusiastas, que anduveran pringando en min para que yelo escribise, como si escribilo fose como prantar cebolín”. Por petición destas dúas amigas afeccionadas ao teatro tamén redactou As cuñadas e Amores tardeiros, títulos que formaban unha triloxía con outro terceiro, extraviado. A través destas pequenas obras, que incorporan coloquialismos da fala de Tapia e arredores, podemos observar a capacidade que posúe o autor para observar o comportamento humano a través de situacións impregnadas de humor, unha característica esencial do teatro de García “Galano”. X. B. G. Outubro de 2014

3


4


DÁNDOYE Á PEBIDA (Entremés de Navidá)

5


Salía pequena, con úa mesa camilla nel medio. Marica ta sentada fendo calceta. Dende fóra chama Sabela. SABELA

¡Marica, ei che vou!

MARICA

¡Pasa, Sabela, pasa! (Entra Sabela) ¡Ai, cónto ch’estimo que veñas verme, Sabela, touche tan sola! Y ademáis, ¡si viras el que teño que contarche! ¡Séntate, anda, séntate!

SABELA

Sento, sento; séntocheme de búa gana, mialma, que dereta xa tuven abondo tempo. Y tou cansada, mira; porque xa fun hoi andando hasta Casarego. ¿Qué che pinta?

MARICA

Que ques que me pinte, que teis un par de pernas que xa las quixera eu pra min.

SABELA

¿Pernas? Con setenta anos ás costas, xa me contarás. El que pasa é que me dixo a médica nova que tía qu’andar muito porque teño alta úa cousa que se chama glucosa, ¿nun sabes? Peró as mías pernas xa nun che son el que foron, non.

MARICA

Tampouco cho son as que foron as de Xosepa del Babuyo y... ¿a que nun sabes a novedá?

SABELA

¿Novedá, dices? Pois non, nun ouguín nada. ¿É qu’hai daqué de novo?

MARICA

Y tan de novo, que te vas a quedar pasmada, xa verás.

SABELA

(Mui interesada) Cóntame, cóntame, que tou babando por escuitarte. (Fai un movemento col corpo que demostra el interés por enterarse).

MARICA

Pos vou contarche, xa verás; peró é muito secreto, ¿ouguiche?, muito secreto. Y, anque lougo vai a falarse dafeito, nun quero que se sepa por min, qu’eu, ben lo sabes, (poñendo a mao nel pecho) nun soi muyer de díxome díxome, ¡ai, non, nin d’andar trendo y levando!

SABELA

Teis razón, y eu tampouco, ben lo sabe Dios, qu’é mui feo eso d’andar criticando a os demáis.

6


MARICA

Y que lo digas. Pois verás... Volvendo al que che dicía de Xosepa del Babuyo, ¡vai casarse! (Leve pausa) ¿Qué che pinta?

SABELA

¿Casarse? ¿Casarse, mialma? Home, nun m’amoles, Marica.

MARICA

Nun t’amolo, qu’é tan verdá como qu’eu tou aquí sentada.

SABELA

Ah, nía, ¿y con quén?

MARICA

¡Vai casarse con Antón del Corno!

SABELA

¡Nun me digas! ¡Con Antón del Corno! Déixasme pasmada. Nun se pode crer. Peró... escuita... ¿Vai casarse ou vai axuntarse? Él, xa veyo y viudo..., nun penso eu...

MARICA

Bueno, veya y viuda tamén lo é ela, así que...

SABELA

Pois é que, por máis voltas que ye dou, nun me cabe na cabeza, Marica. Nun m’esplico como úa muyer como Xosepa del Babuyo, que vive mui tranquilía na súa casa col fiyo y a nora, sin que ye falte nada, ye día a tolura de volver a casarse sin máis nin máis.

MARICA

Pois agora cho esplico eu, verás... Eso de que vive tranquilía... nada de nada; as cousas nun son el que pintan por fóra, ben lo sabes. Díxome mui en sacreto Rosenda da Penafonte, que yo ouguíu a Petra del Valín, que Xosepa, a probe, anque vive na súa casa, a que manda y goberna nela ¡é a nora!

SABELA

¿Ves tu? Tamén che ye pasa outro tanto a Feliciana del Cabo; peró xa cho contaréi; agora sígueme falando de Xosepa, anda, a ver, a ver...

MARICA

Pois xa che digo, a nora piyóu el goberno da casa, poxo os calzóis del home –que muito esbardayar por fóra, pero na casa cala como un morto– y , claro, a probe de Xosepa enchéuse d’aguantar y vaise.

SABELA

Nun che m’estraña que s’enchese, mira, nun m’estraña miga.

MARICA

¡Claro! Enchéuse, porque úa muyer que sempre dispoxo y gobernóu a súa casa como ye deu a gana, que ye chegue agora úa nora –que dicen qu’é das de escacha pesegueiro– y se ye impoña...

SABELA

Y el fiyo calando, qu’é el pior. Sí que é pra encherse, teis razón. Eu ouguira qu’a nora era goberneira, mui goberneira; peró, goberneira y todo, si soupera aloumiñar á sogra... pode que...

MARICA

¡Claro, qué menos que mimala un pouco, muyer! 7


SABELA

Ah, nía, peró... ¿cómo Xosepa foi dar con Antón del Corno? Ou Antón del Corno dar coela que ben a ser lo mismo, ¿qués dicirme? Porque Antón del Corno é muito máis veyo qu’eu, lougo terá oitenta anos, penso.

MARICA

Esplícocho nuistante, verás... Lo d’Antón del Corno sóupenlo por Maruxa del Valín –que, por certo, me decamentóu pra que nun lo falase con naide, peró digocho a ti nomáis–. Resulta qu’el fiyo, qu’é aluado ademáis de folgazán, trai a sou padre por el cabeceiro, ¿entendes? Y Antón, que sempre foi un home de mandar na súa casa, nun sosta que quiran agora levalo por el cordel, ¿entendes? Y, pra ter a festa en paz, vaise.

SABELA

Non, os veyos témoslo mal, jura diez, y condo os fiyos nun salen al xeito...

MARICA

¡Qué ques que che diga, Sabela! Pois ei teis a razón del xuntoiro que che conto. ¿Creslo agora?

SABELA

Creo creo, como nun lo vou a crer. A verdá é que se ve cada cousa...

MARICA

Pois xa tas enterada; pero nun quero que lo digas a naide ¿eh?, que nun me gusta a min pasar por contequeira, que nun lo soi, ben lo sabes.

SABELA

Sei, sei; non, y eu tampouco, tampouco a min me gusta miga andar levando y trendo, non. Así y todo, teño que decirche outra cousa que che vai a chamar el atención, xa verás.

MARICA

Dime, dime, qu’hoi nun perdemos xeira.

SABELA

Vou contarcho, peró xúrame que nun lo vas a dicir a naide.

MARICA

(Poñendo os didos en cruz derriba d’os labios) ¡Xúrocho!

SABELA

Esto sí que che é, xa verás... Dicen que Mercedes del Figo tímase , polo visto, con sou cuñado.

MARICA

(Poñéndose dereta) ¿¡Mercedes del Figo, mialma!? ¿Y cómo t’enterache?

SABELA

Xa hai tempo que me chegara un bule bule y agora aseguróumo Sinforosa da Veiga, que yo ouguíu á misma Sinforosa, a que ta casada fóra, ¿nun sabes?, que foi a que la sorprendéu máis d’úa vez botándoye oyuadas a sou cuñado.

8


MARICA

Bueno, nía, mirar pral cuñado, vivindo na misma casa, tampouco é pra celarse, digo eu, ¿ou qué?

SABELA

Ai sí, peró haiche muitos xeitos de mirar: úa cousa é mirar como miro eu pra ti y outra cousa é (abrindo muito os oyos y achegando a súa cara á de Marica) chantarye os oyos nel focico a sou cuñado, ¿ou qué?

MARICA

Pos tamén teis razón. A verdá é que ta el mundo perdido, ¡ta el mundo perdido! Oise fóra úa voz berrando... ¡¡Sabela!!

SABELA

(Poñéndose dereta) Chámame el home; voume, voume. Xa volveréi por ei pra contarche lo d’Aurita y Miguel de Riba, que, mialma, che dá pra úa tarde; pero xa volveréi. Nun cuntes a naide el que che dixen, ¿eh?

MARICA

Non, non, vaite tranquila. Y tu tampouco el que che contéi eu, ¿eh? Y volve axina por ei.

SABELA

(Xa salindo) ¡Hala, hasta outro día!

MARICA

(Y sola, sola. Saca el teléfono móvil del bolso del mandil y marca un número) ¡Ruperta! Soi Marica, nía. (......) Teño que contarche úa cousa... que te vas a quedar pasmada, ¡peró pasmada, ¡eh! Dígocho eu! (......) Nun cho podo dicir por teléfono porque é muito secreto y ten que quedar entre tu y eu, xa lo sabes. (......) Pos contóumo Sabela del Roxo, que se acaba d’ir, que yo ouguíu a Sinforosa da Veiga, peró xurmentóume para que nun lo diga a naide. (......) Xa lo sei, nía, xa lo sei que tu nun es como outras que todo lo parlan y nun yes queda nada nel papo. (......) Eso, hailas que nun fain máis qu’andar levando y trendo y eso a min... (......) Teis razón; pois vas a quedarte pasmada, a ver condo veis por ei. (......) Pois espérote. Hala, adiós, Ruperta. (Guarda axeito el teléfono nel bolso y diríxese al público, erguendo os brazos) ¡Dígovos eu que ta el mundo perdido! Si nun fora por a pouca xente qu’inda quedamos como é debido... ¡É qu’hai tan pouco de quen fiarse, que... dígovos eu...! Oviedo, Diciembre de 2006 Manuel García Galano.

(Este entremés estrenóuse nas festas del brao de 2007 en Tapia, y foi interpretado por Trinidad Zaragoza, nel papel de Marica, y Pepita Marcos, nel de Sabela).

9


10


AS CUÑADAS (Sketch)

11


PERSONAJES: Dos mujeres de edad. Son cuñadas y viven juntas. Una de ellas, Sabela (que es algo parada, pero no tonta), era hermana del marido de la otra, Marica, que está viuda. La escena representa una modesta salita de una casa. En el centro, una mesa camilla y un par de sillas. Marica está sentada calcetando. Sobre la mesa, hay un bastón. MARICA

(Llamando) ¡Sabela! (Espera un rato. Al ver que no contesta, llama más fuerte) ¡¡Sabela!! (Tampoco tiene contestación. Entonces toma el bastón, se levanta apoyándose en él y, mirando a la puerta, grita) ¡¡¡Sabela!!!

SABELA

(Entrando. Con cara de pasmada y como si no hubiera oído) ¿Chamácheme?

MARICA

(Algo enfadada) ¿Pos nun m’ouguiche? ¡Levo un cacho berrando por ti, nun sei únde tas metida!

SABELA

Taba nel escusado.

MARICA

(Volviéndose a sentar) ¡Nel escusado! ¡Dícese nel baño!

SABELA:

(Que sigue de pie) ¿Y qué máis dá?

MARICA

Teis razón, anda, tanto dá. (Mirándola y recalcándole las palabras) Vaime á mía mesía de noite y traime un tubo de pastillas que teño alí. ¿Entendícheme?

SABELA

Sí, que che traiga un tubo de pastillas. (Pero se queda parada, sin apurarse).

MARICA

Eso. (Al ver que Sabela se queda parada, le chilla) ¿Pero entendiche ou non? ¡Nun te quedes ei apazguatada, nía, que me dole muito esta perna y teño que tomar a pastilla!

SABELA

(Sin prisa) Xa vou, nía, xa vou. (Sale).

MARICA

(Sola, pero en alta voz, a la vez que sigue calcetando) ¡Virgen, Virgen, que penitencia me cayéu con esta muyer! ¡É que cada vez ta pior! El caso é que ye prometín al meu difunto –Dios lo descanse– mirar por súa hirmá y nun teño más remedio que felo y aguantala!

SABELA

(Asomando. Con cara de tonta) Nun las topo. 12


MARICA

¿Nun las topas? ¿Mirache nel caxón?

SABELA

Non.

MARICA

(Ya algo enfadada, pero sin chillarle) ¡Pos mira nel caxón, Sabela, mira nel caxón, que pra eso ta! (Se va Sabela) É búa verdá que nun hai naide sin a súa cruz. (Breve pausa) Y a mía nun é pequena con esta muyer, ben lo sabe Dios.

SABELA

(Entrando) Topéilas. Toma. (Le da las pastillas a Marica y se queda de pie mirándola algo embobada).

MARICA

Menos mal; trai, anda, trai. (Abre la caja, saca una pastilla y la mete en la boca seguida de un trago de agua de un vaso que habrá sobre la mesa).

SABELA

¿Pos tas mala? ¿Qué che dole?

MARICA

¿Pos nun sabes que tou mala d’esta perna, Sabela, nun lo sabes? ¿Por qué pensas que ando con bastón, por presumir?

SABELA

Ahora anda muita xente con bastón. ¡Gustaríame a min tamén levar bastón, mira!

MARICA

(Que sigue calcetando y sentada) Pos a min gustaríame poder deixalo.

SABELA

Hai muita xente mala por ei. Escuita... Ayer, condo fun por as patacas al “Árbol”, taba falando Concha del Gabioto que fora al médico y que tía lamar d’alto el colesterol; que tía... ¿cónto me dixo, nía? ¡Ai, sí, que tía doscientos cincuenta!

MARICA

Nun ye fagas caso, qu’é úa chufúa.

SABELA

Y pois, ¿eso é pra chufar?

MARICA

En Concha sí; Concha é capaz de presumir... ¡hasta del colesterol!

SABELA

Y a todo eso, ¿qué ben a ser el colesterol, Marica?

MARICA

Mira, Sabela, déixame en paz col colesterol, que me dole muito esta perna pra poñerme ahora a explicarche el qu’eu inda nun sei ben.

SABELA

(Algo enojada) Sabes, sabes. É que nun mo ques explicar. (Leve pausa) Nunca me ques explicar nada. (Otra leve pausa) Eu soi a burra desta casa. (Va levantando la voz) ¡Sabela pra aquí, Sabela pra alí, Sabela traime as pastillas... Sabela pecha a porta...! (Subiendo el tono y 13


levantando los brazos) ¡¡Xa me tou enchendo!! ¿Sabes? ¡¡Xa me tou enchendo!! MARICA

(Que la habrá mirado y, ante el tono amenazante de Sabela, deja la calceta en la mesa y se levanta, apoyada en el bastón, encarándose con Sabela) ¿Qué che falta a ti nesta casa, vamos a ver, ques decirme? ¡A que se ta enchendo soi eu! ¿Enténdesme ou non? ¡¡¡Soi eu!!!

SABELA

(La amenaza con los puños cerrados y se acerca a Marica) ¡¡Nun me berres!!

MARICA

(Bajando algo el tono) ¡Teño que berrarche, Sabela, teño que berrarche! ¿Qué che falta? ¡Viviche sempre nesta casa al aveiro de tou hirmau, qu’era el meu home, y nunca che faltóu de nada nin mentras él vivíu nin ahora que moríu y me deixóu a min a penitencia de cuidarte, ¿entendiche?; porque é úa búa penitencia, ¡ben lo sabe Dios! (Le da la espalda y va hacia su silla).

SABELA

(Que se achanta, y como arrepentida) Nun t’enfades, anda, nun t’enfades.

MARICA

(Que, vista la actitud de su cuñada, se vuelve a sentar y baja el tono) ¡Cómo nun me vou a enfadar, Sabela, cómo nun me vou a enfadar, si me volves tola! Por si nun tía abondo con esta dichosa perna, teño que aguantar as túas fatedades.

SABELA

(Que se habría dado la vuelta, algo enfurruñada, como un niño mimado, se vuelve a mirar a su cuñada. En son de queja) ¡Nun me ques!

MARICA

(Contemplándola) ¡Qué cousas teis! Quero, nía, quero; tate tranquila, anda, ¡cómo nun te vou a querer!

SABELA

Díceslo, peró nun me explicache lo que é el colesterol.

MARICA

(Mirándola) Pos é que la tomache col colesterol da puñeta.

SABELA

Escuita... Pos xa que nun me ques explicar lo del colesterol, teis que decirme outra cousa que tampouco la entendo.

MARICA

¿Outra cousa? ¿Qué cousa?

SABELA

É que ouguín qu’el Ayuntamiento ye chamara el atención a Pepa del Carozo, porque tía as senaugas y as bragas tendidas na ventá.

MARICA

(Mirándola) ¿Que ye chamóu el atención, dices? 14


SABELA

Sí.

MARICA

¿Y por qué?

SABELA

Polo visto dixéronye qu’era por culpa del impacto ambiental (Muy recalcadas estas dos palabras).

MARICA

(Riéndose) Nun m’extraña, porque a verdá é qu’as bragas de Pepa nun son pra enseñar.

SABELA

Sí, peró eu quería saber el qu’é el “impacto ambiental”.

MARICA

Mira, en conto me faga efeuto a pastilla y me pase algo a perna, explícoche el qu’é impacto ambiental y el colesterol, y todo el que quiras. Peró ahora vai buscarme as zapatillas, anda, que las teño na veira da cama.

SABELA

(Que está en zapatillas, mira para sus propios pies y no contesta).

MARICA

(Le mira también a los pies y se levanta enfadada) ¡Puñetera! ¡¡Teis as mías zapatillas postas!! ¡¡É que vas a acabar comigo, Sabela, vas a acabar comigo!! ¡¡Nun me fais más que falcatrúas!! ¡¡Ahora, pra coronar a festa, poiste as mías zapatillas!! ¡¡Nun sei lo que mereces, mira!! ¡¡Dábache de búa gana úa cachuada nel cul!!

SABELA

(Engallándose) ¡¡Nun me berres!! ¡Meu hirmao antes de morir díxome qu’esta casa, con todo el que ten dentro, era prás dúas! ¿Entendiche?

MARICA

Eso xa lo sei; peró nun che dixo que as mías zapatillas podías poñelas tu; ¿ou qué?

SABELA

(Bajando el tono y como arrepentida) Non, é verdá que non. Eso nun mo dixo. (Agachándose con gesto de descalzarse) Toma, anda, toma as zapatillas (le da una).

MARICA

(Complaciéndose) Non, nía, non; é igual, anda, sigue cuelas postas; y quédate cuelas, que chas dou. (Se vuelve a sentar. Para sí) ¡Mía probe!

SABELA

(Que se volvió a calzar las zapatillas) ¿Tas enfadada?

MARICA

(Amable) Non, nía, non, nun tou enfadada, tate tranquila.

SABELA

Vou piyar un corteyín , que m’entróu fame. (Sale).

MARICA

Vai, nía, vai. (Deja la costura y levanta la cabeza, como mirando al público) ¡Bueno, haberá que ter pacencia! Ela é así, danye estas 15


venatadas, peró... despós de todo... (Suena la llamada del móvil. Lo atiende). ¿A ver? (......) ¡Ai, sí, mira... Chaméi á casa esa da nevera y sálenme con el soniquete de sempre... “Si quiere nun sei qué, marque el uno; si quiere nun sei cónto, marque el dous”, xa sabes; total que me pasaron al servicio técnico y musiquita por aquí, musiquita por alí... y que “espere un poco que nuestras líneas están ocupadas...”, total que me tuveron un cuarto d’hora esperando, y colguéi. (......) Sí, sí; é muito miyor que chames tu, anda. Estímocho. (......) Bueno, hala, ¡hasta despós! (Apaga el móvil). SABELA

(Entrando. Simula mordisquear un trocito de pan que trae en la mano) ¿A que nun sabes el que tuven pensando?

MARICA

Pos non. ¿Qué tuviche pensando?

SABELA

Pos penséi que, como ahora se casan os homes cos homes y as muyeres coas muyeres, podíamos casarnos tu y eu.

MARICA

(Mirándola fijamente) Peró... ¿Tu tas borracha, Sabela? ¿Cómo teis esas ocurrencias? Peró... ¿qué che pasa hoi, nía? ¡Casarnos! É que tas tola, el demonio me leve. (Hace pequeñas pausas entre cada frase).

SABELA

Nun tou tola, non. (Poniéndose el dedo en la sien) É que eu discurro, eu penso, porque nun soi ningúa burra, xa lo sabes. Eu teño el meu xenio..., peró...

MARICA

(Cortándola y levantándose, siempre apoyada en el bastón) Peró bueno... ¿ques decirme, Sabela, d’únde demontres sacache tu ese pensamento? ¡Porque tu sacáchelo d’algún sito!

SABELA

Pos é verdá, saquéilo da televisión, qu’é a que nos ten al tanto de todo.

MARICA

Xa sei, xa sei que la papas d’afeito. Peró, ¿qué ten que ver eso con que quiras que nos casemos, a ver?

SABELA

¿Qué ten que ver? Pos muito. Si nos casamos, condo mueras tu, ¡cobro eu a pensión de viuda! (Breve pausa) Ouguínlo tamén na televisión. ¿Qué che pinta?

MARICA

¡Mira, mira a mosca morta! ¡Ah, nía! ¿Y por qué sabes que vou a morir eu primeiro que tu?

SABELA

Nun lo sei, peró, a que tuvo a idea, fun eu. 16


MARICA

Mira, Sabela... Nun che quito que vexas a televisión y la poñas unde che día a gana y vexas os programas que quiras; nun che quito, ben lo sabes. Peró mira..., nun teis que fer caso a todo lo que se diga por a televisión, nun hai que tragalo todo. ( Se vuelve hacia su silla) Si nun te casache de nova con un home, ahora confórmate col que teis.

SABELA

(Algo mosqueada) ¡Pos si nun me caséi de nova foi porque nun quixen! ¿Entendiche? ¡Porque nun quixen! Porque tía os mozos así... (junta las yemas de los dedos y los pone hacia arriba y se va hacia Marica), así..., nun sei si lo sabes. ¡Y andaban tolos detrás de min!

MARICA

(Sin levantar los ojos de la calceta) ¡Sería porque te poñías tu delantre delos!

SABELA

¡Xa! ¡Mira quen fala! ¿Nun anduviche tu al rabo de meu hirmao?

MARICA

¡Cala, cala! Fai úa pouca de tila y tómala, anda, que hoi tas... algo salida.

SABELA

(Cambiando el tono) É que tou esmolida por úa cousa que nun sabes.

MARICA

(Que para de calcetar y la mira) ¿Úa cousa que nun sei, dices?

SABELA

Sí; nun la sabes, porque nun cha dixen.

MARICA

(Se levanta otra vez y va hacia ella) A ver..., a ver..., ¿qué é eso que me teis calado? Dime...

SABELA

(Con cierto rubor) Pos... que se me vai el pis.

MARICA

(Interesándose) ¿Que se che vai el pis, dices?

SABELA

(Que sigue como algo avergonzada) Sí.

MARICA

¿Y qué é, muito ou pouco?

SABELA

Un gotín. É pouco peró é abondo, porque ás veces nun chego a tempo.

MARICA

¿Y por qué nun me dixiche nada, nía?

SABELA

Taba esperando, a ver si me pasaba.

MARICA

Esas cousas nun pasan solas, Sabela.

SABELA

Xa fun á boticaria y deume us empapadores, peró é úa xangada.

MARICA

Teis qu’ir al médico.

SABELA

Non, nun vou al médico. 17


MARICA

¿Y por qué?

SABELA

Porque me dá vergonza.

MARICA

¿Vergonza? ¿Y por qué che vai a dar vergonza? ¿Nun fuche tamén deciryo á boticaria?

SABELA

(Con media sonrisa burlona) Sí, peró á boticaria díxenye qu’eras tu a que te mexabas, ¡qué pensas!

MARICA

(Que monta en cólera y levanta el bastón amenazándola) ¡¡Sinvergüenza, embustera!! ¡Vou darche un bastonazo...! ¡Hai que ver cua mosca morta, qué ocurrencias ten! (Sabela se habrá retirado un poco al verse amenazada con el bastón y sonríe de forma socarrona) ¡Claro, ahora m’explico por qué ayer a boticaria, condo fun buscar as pastillas, me dixo “¿qué tal..., qué tal...?”. Y eu nun sabía por qué mo preguntaba. (Volviendo a mirar a Sabela) ¡É que me dan ganas... nun sei de qué, mira!

SABELA

Bueno, nía, é que tía tanta vergonza... Penséi que nun che pintaría mal.

MARICA

(Ya algo más calmada) Anda, anda, vaite; vaite y mira si acabóu a lavadora y tende a roupa.

SABELA

Xa vou (y se va).

MARICA

(Ya sola, en el medio de la escena, dirigiéndose al público) Y ben pensado, qué feiría eu sola sin esta muyer, anque m’enfade ás veces. ¿Nun vos parece? TELÓN Oviedo, Febrero de 2008. M. García-Galano

18


AMORES TARDEIROS (Sketch)

19


PERSONAJES: Dos mujeres de edad que viven juntas. Marica es viuda y su marido era hermano de Sabela; por tanto, son cuñadas. La escena se desarrolla en una salita modesta, con una mesa camilla al centro, sillas y la decoración adecuada. Marica está sentada haciendo alguna labor manual, como calcetando. Sobre la mesa tiene el bastón que usa habitualmente. MARICA

(Llamando) ¡Sabela..., ven acó!

SABELA

(Que tiene una bata de casa, pero bajo ella oculta un vestido dominguero. Entra limpiándose las manos con un trapo, que guarda en un bolso de la bata) ¿Chamácheme, Marica?

MARICA

Sí; chaméite, porque fía falta que foses al supermercado y traigas todo esto que che teño apuntado neste papelín, ¿ves? (se lo muestra): 4 kilos de patacas..., úa coca-cola..., un paquete de leite, úa botella...

SABELA

(Cortándola) Para, para...; ¿a únde vas con tanta cousa? ¿Qué pensas, que soi un tractor? ¿Tu sabes el que pesa todo esto? ¿Tu sabes el qu’é vir con úa bolsa en cada mao dende “El Árbol” hasta a nosa casa? (Hace gestos balanciando el cuerpo, con los brazos abiertos simulando el peso) Zánguili mánguili; ¡home!

MARICA

Bueno, nía; sí é verdá; teis razón, pero podes felo en dous viaxes, si che parece, porque xa sabes como tou eu, que nun me sana esta perna...

SABELA

Fíanos falta volar nun carrín, Marica, tíamos que comprar un carrín; eu vexo que todas as muyeres levan un carrín, y é máis gracioso pra trer as cousas y todo...

MARICA

Pral que temos que trer nosoutras dúas...

SABELA

Xa, peró as cousas pesan y soi eu sola pra acarriar. El que pasa é que nun ques gastar os cuartos; claro, mentres a burra de túa cuñada pode... (Inicia la salida). Vou ver como ta el caldo.

MARICA

(Levantando la cabeza) ¡Güei! Nun sei que ye pasa hoi a esta muyer. Nunca se me queixóu por salir de compras, que ye gusta ben. Pinta que ta... como nerviosa, nun sei. Bueno, cualquera cousa. Xa ye pasará (haciendo pausas entre cada frase).

SABELA

(Que vuelve a entrar y trae una escoba y un recogedor) Temos a casa la mar de controsa. (Hace como que va recogiendo algo aquí y allí) Dá noxo ver como temos todo, Marica, si ten que vir daquén de fóra... 20


MARICA

Hoi todo lo ves torcido, Sabela; ¿¡quén vai a vir de fóra á nosa casa!?

SABELA

¡Ai, nunca se sabe! A lo miyor, condo menos se pense..., ten que vir daquén. (Y se va con el recogedor y la escoba).

MARICA

(Sola) Non, pois esta muyer algo ten hoi. Y nun penso que seña comigo, porque sempre nos levamos ben; a verdá é que nun lo sei. Pinta que ta algo nerviosa.

SABELA

(Volviendo a entrar, pero ya sin la bata) Vou a deixar a compra pra outro momento, ¿ouguiche? Xa iréi máis tarde.

MARICA

(Sin mirarla, por lo que no se da cuenta de que Sabela está vestida como para salir) Sí, nía, sí, xa irás despós. Condo quiras, anda.

SABELA

É que teño que falar contigo, teño que dicirche úa cousa.

MARICA

(Mirándola) ¿Teis que falar comigo? ¿Pois teis algo de novo?

SABELA

Pois... sí, teño algo de novo; pra ti... mui de novo.

MARICA

(Dándose cuenta del vestido de Sabela) ¿Y pois por qué puxiche el vestido novo, Sabela; é que vas a algún sito, ou qué?

SABELA

Non, nun vou a ningún sito. Peró ten que ver col que che teño que decir. A cousa é que nun sei por unde empezar.

MARICA

(Que dejó la labor y atiende a Sabela, que se le nota nerviosa) A ver, anda, fala. A ver qué é el que teis que decirme, tate tranquila. Séntate, séntate si ques.

SABELA

(Se sienta despacio. Habla con cierto rubor) Pos verás, Marica... Resulta... que tou enamorada.

MARICA

(Poniéndose en pie y haciendo breves pausas entre cada pregunta) ¿Qué me dices? (Se santigua) ¿Enamorada? ¿Enamorada tu? (Se ríe) ¿Y de quén, si se pode saber? (Se vuelve a sentar).

SABELA

Pos de quén vai a ser; d’un home.

MARICA

Eso xa lo sei; nun vai a ser dun cabalo, mira qué cousas. Eu el que quero é que me digas de qué home; quero que me digas quén é y que me digas si tas falando en serio ou é úa broma.

SABELA

Nun é broma, Marica, non; falo en serio y ben en serio.

21


MARICA

Mira, Sabela, faime el favor de nun andarme con medias palabras, nun me andes con xirigoncias y explícate... Vamos a ver... Dices que tas enamorada.

SABELA

Tou.

MARICA

¿Y desde cóndo?

SABELA

Pois... xa hai tempo

MARICA

¿É de Tapia él?

SABELA

Non.

MARICA

¿Pos d’únde é?

SABELA

É de fóra.

MARICA

¡De fóra... de fóra...! ¿Únde é ese fóra?

SABELA

Lonxe.

MARICA

(Poniéndose otra vez en pie y ya encarándose con Sabela, que también se levanta) Mira, Sabela, nun teño ningúa gana de reñir contigo, peró é que penso que me tas tomando el pelo; sí, ou me tas tomando el pelo ou tas borracha. ¿Tas borracha, ora? A ver..., ergue un pé. (Sabela levanta un pie y mantiene el equilibrio sobre el otro).

SABELA

¿Ves?; nun tou borracha.

MARICA

(Volviéndose a sentar) Pos era miyor que tuveras borracha, jura diez, porque as borracheiras pasan; peró xa que nun tas borracha, a ver, desbrocha dúa vez y dime ce por be qui é eso de que tas enamorada dun home, que non solo nun é de Tapia, sinón que é de lonxe. A ver, pare, cuenta.

SABELA

(Que sigue de pie) Pos verás... Vou contarche todo y axina. É verdá que tou enamorada d’un home, dun home que nun conozo inda.

MARICA

(Sorprendida) ¿¡Que nun lo conoces!? ¿É que che vén por Seur ou qué? Nun m’amoles, Sabela; ¿cómo, si nun lo conoces, puido enamorarte, nía?

SABELA

(Con vehemencia) Pos enamoróume cuas palabras, Marica, que tamén se enamora cuas palabras. ¿Ou nun lo sabes? Pois cuas palabras tamén se enamora. Pra acabar axina... ¡¡Enamorámonos por internet!! 22


MARICA

(Levantando los brazos) ¡¡Acabáramos!! ¡Así que por internet!

SABELA

Sí, hoi muita xente conócese por internet.

MARICA

Xa, xa, xa lo sei. De modo que chateando, ¿eh? Mira a espabilada, como aprendéu a manejar el ratón. (Transición) Peró, a todo esto, nosoutras nun temos ordenador; ¿cómo demonios amañache?

SABELA

(Se sienta) Pos, como Ruperta de Paco y eu fixemos el curso xuntas, falaba dende a súa casa. Foi ela a que m’enseñóu a chatiar. (Muy entusiamada) ¡Si viras! ¡É que m’embizquéi dun xeito...! ¡Nun sabes el ben que se pasa!

MARICA

Xa, xa, empézase pra pasar el tempo y despós...

SABELA

(Un poco avergonzada) Sí, así empecéi eu. Empecéi de broma y acabéi enamorándome. (Reaccionando) ¡Y nun me pesa miga, mira, nun me pesa miga; ¡nunca fun máis feliz que soi agora!

MARICA

(Se quita las gafas, hace que las limpia) Sabela, vamos a ver... ¿Cóntos anos teis?

SABELA

Os que tu. Setenta.

MARICA

Y a ti ¿píntache que a os setenta anos se pode andar nesos xogos de enamoramientos, Sabela?

SABELA

(Muy convencida) Pra enamorarse nunca é tarde, ¿qué pensas? ¡Nun conozo a ningúa muyer á que nun ye guste ter un pretendiente! ¿Por qué nun se vai a enamorar úa muyer anque teña setenta anos, por qué? (Levantando un poco la voz) El que pasa é que me teis envidia; é eso, porque tu nun teis con quen chatiar. (Se levanta).

MARICA

(Con un gesto de desprecio) ¿Envidia? ¡Envidia, ho! ¿Envidia de qué?, si nin siquiera conoces el pretendiente y xa te enamorache. A lo miyor é un cagayón veyo y escarrancado, ¡vai tu a saber! El que de lonxe vén, minte como quer, Sabela. Non, penso que te metiche nun bon lío, mialma. ¡Hache a salir caro el chateo, jura diez. ¡Como si lo vira ¡Enamorarse a os setenta anos, ho!

SABELA

(Muy decidida) Pos tou contentísima por enamorarme anque seña a os setenta, ¿sabes? Y además d’un home como Crisanto..., ¡un home culto!, ¡un home de mundo!, ¡un home intelixente!, ¡un home cariñoso!, un home... 23


MARICA

(Cortándola) Un home, xa lo sei, un home que lo ten todo pra ti, peró un home que nun sabes quen é, nin d’unde é. Así que xa podes presumir.

SABELA

D’unde é seilo, é d’Orense.

MARICA

Bueno, xa sabes algo.

SABELA

Y además sabe fer versos.

MARICA

Era miyor que soupese fer galochas.

SABELA

¡Bo...! Escuita... Fai us versos... que che cai el alma. Fai us versos qu’enamoran. Mira, vou lerche el último que me mandóu... (Saca un papel y lee muy ilusionada) Por una mirada, un mundo; / por una sonrisa, un cielo; / por un beso... yo no sé / qué te diera por un beso. (Embelesada) ¿Qué che parece, qué che parece? ¡Dime si nun é pra enamorarse!

MARICA

(Como pensativa) Nun sei por qué me sonan esos versos; penso que los lin nalgún sito, qu’eu de libros inda sei, que pra eso fun bibliotecaria. (Breve pausa. Mirando a Sabela) Penso que son copiados, Sabela, ¡seguro que son copiados!

SABELA

(Molesta) ¡Nun son copiados, son feitos por él! ¡Envidiosa, qu’es úa envidiosa!

MARICA

Serénate, Sabela, serénate, que tas nerviosa. Nótachese de lonxe. Cálmate. A ver... ¿Qué plais teis?; porque tu terás algún plan. ¿Vas a ir velo a Orense? ¿Vai vir él verte a ti? Mialma, a vosa relación é de sainete.

SABELA

(Como costándole) Non, vai a vir él verme a min.

MARICA

¡Mira, pouco a pouco vas soltando! Xa sei algo máis. ¿Y cóndo che vén?

SABELA

Un día d’estos.

MARICA

¿Tan axina? ¿Un día d’estos, mialma?

SABELA

(Con cierto miedo) Sí. Igual chega hoi.

MARICA

¿Hoi, dices? ¡Claro, por eso te puxiche a barrer hai un pouco, y puxiche el vestido novo! (Transición) Dícheye a dirección da nosa casa, claro.

SABELA

(Cohibida) Sí, dinya. Penséi que nun che pintaría mal.

24


MARICA

Non, nía, non, nun me pinta mal. Por qué me vai a pintar mal, si a casa é tan mía como túa.

SABELA

(Como suplicando) Escuita... Teño que pedirche un favor, un favor mui grande. Resulta qu’anduven mirando y nun topéi úa cama en ningún sito; en agosto xa sabes como ta todo chen en Tapia.

MARICA

Eso xa, eso xa lo sei eu.

SABELA

(Junta las manos) Quería pedirche que, por Dios, ye deixes a Crisanto el tou cuarto pra dormir.

MARICA

(Levantándose y en alta voz) ¿Qué dices, nía? ¡Que che deixe el meu cuarto!

SABELA

Sí, penséi que podías ir úa noite ou dúas dormir á casa da túa sobría, nía, y así...

MARICA

(Muy enfadada) ¡Nin lo penses! ¡Que ye deixe a mía cama! ¡Home, tu nun tas ben d’a cachola, mialma! ¡Déitalo contigo, nun m’amoles a min!

SABELA

¡Deitalo comigo! ¿Qué pensas, que soi úa pendanga? As cousas al sou tempo. Tu si nun ques ferme ese favor, nun mo fagas y xa ta. (Amenazante) Peró, xa sabes, arrieiros somos, así que...

MARICA

(Que reconsidera la situación) Espera, mira, ouguínye entayer a Maruxa del Palombo qu’alquilaba úa cama; si ques, falo con ela.

SABELA

Bueno, si nun hai outro remedio... (Suena fuerte el timbre de la puerta) ¡¡A ver si ta ei Crisanto!! (Se pone muy nerviosa).

MARICA

(Desentendiéndose) Pos mira, vai aló tu, recíbelo tu, qu’a quen vén ver é a ti. (Sabela sigue nerviosa) ¡Anda, vai, nía!

SABELA

(Se mira a un espejo de mano y acicala el pelo) Xa vou, xa vou. (Sale. Suena fuerte el timbre del móvil de Marica o un teléfono de la escena, si lo hay).

MARICA

(Atendiendo la llamada) ¿A ver? (......) ¡Ai, es tu, Ruperta! ¡Anda que la fixestes búa tu y Sabela! (......) Xa, xa mo contóu todo esta mañá; nun tuvo máis remedio, porque ta esperando al pichón. (......) Mira, Ruperta, eu xa sei que pra ti é un xogo, pero pra Sabela non, Ruperta. Sabela, qu’é úa infelizúa, enamoróuse dun xeito... (......) Xa, xa lo sei. (......) (Al escuchar lo que le dice Ruperta pone gesto de sorpresa) Peró... ¿qué me dices? ¿Que nun vén? (......) Que la plantóu, vaya. (......) Xa nun m’olía 25


miga ben a min todo este fregado. (......) Bueno, lo pior é deciryo a Sabela. (......) Nun teño más romedio, anda, ¡adiós! SABELA

(Entrando, con cara de desilusión) Era un probe.

MARICA

(Va hacia ella) Sabela, ven pr’acó; séntate (se sientan ambas con calma). Acaba de chamar Ruperta.

SABELA

(Muy interesada) ¿Sí? ¿Qué che dixo, qué che dixo?

MARICA

Díceme que recibíu un mensaxe del tou mozo y que... suspende el viaxe, porque ten qu’ir a nun sei únde, y que xa chamará.

SABELA

(Desilusionada) ¡Que nun vén, vaya!

MARICA

(Contemplativa) Non, nun vén... de momento.

SABELA

(Levantándose. Leve pausa. Con tristeza) Nin de momento..., y pode que nin despóis. (Saca un pañuelo y se enjuga, levemente, una lágrima).

MARICA

Sí, pode que nin despóis. (Se acerca a Sabela) Pero, mira, nun te disgustes porque... eu xa sei qu’é úa gran desilusión pra ti; peró nun se sabe, nía, a lo miyor cualquera día chámate y...

SABELA

(Dolida, pero muy entera) Non, mira, nun me dores a píldora. Era todo demasiado guapo pra que podese ser verdá. (Pausa breve) Eu taba ilusionada..., qu’é verdá que lo taba, pero nun vayas a pensar que nun taba tamén preparada pra esto; sei que me podía pasar, porque xa mo advertíu Ruperta, qu’é máis espabilada qu’eu, pero... úa sempre pensa...

MARICA

Sí, xa lo sei, Sabela, estas cousas dolen. Así y todo, nun sabes el que m’alegra que afrontes a situación con agayo, mira. Hai que saber encaxar os fracasos, sí señor, y nel primeiro correo mándasye un corte de mangas y listo.

SABELA

(Con una leve sonrisa, pero desilusionada) Sí que yo mandaréi, sí. (Da dos pasos hacia el proscenio y por lo bajo, pero suficiente para que se oiga) ¡Qué cabrón! (Al público) É búa verdá que nun pode úa fiarse de naide, jura diez. Non, daquí pra riba, hei a ter máis cuidado col ratón, jura diez. Teréi que mirar ben unde pincho. M. García-Galano Oviedo, Diciembre de 2008.

26


[Os debuxos foron feitos polo autor para os libros Parzamiques e Faraguyas]

27


OS TEIXEDAIS 4

28

MANOLO GALANO: Dándoye á pebida. As cuñadas. Amores tardeiros  

Tres sainetes de Manuel García Galano para nenos e nenas. Presentación de Xoán Babarro

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you