Issuu on Google+

HISTORIA DO NOVO MUNDO

   

­Ano 2112, xa había 100 anos que acabara o mundo pero a actual NASA (situada no novo mundo) intentaba buscar algunha imaxe para demostrar a orixe do novo mundo... Despois de moito buscar atoparon esta imaxe e se deron de conta que era do 21 de decembro de 2012, xusto o día que houbo a apocalipse... ­No 2012 os maias dixeron que o mundo acabaría no 21 de decembro. Ninguén lles fixo caso, decían que era unha parvada. Pouco a pouco ía chegando o 21, e algunha xente íase poñendo máis nerviosa ata o punto de construír refuxios, ir a cidades “que non lles ía afectar a apocalipse” e ir a altas montañas. Chegou o día, a gran parte dos rapaces de España estaban nerviosos porque nese día ían a recibir as notas polo que máis de un ía a permanecer todas as festas do Nadal na casa. O día transcorreu coma se nada, todo o mundo ríase dos maias e da súa “absurda” predicción pero chegou ás sete da tarde e empezou o menos esperado... De repente houbo un sismo demasiado forte. En Ribeira cundía o pánico, os únicos que estaban coma se nada eran os mariñeiros. Ninguén sabía o que tramaban. Todos os edificios derribáronse polo que so sobreviviron un pouco máis da metade da poboación. O sismo parou sobre ás oito da tarde e de


repente a serea da lonxa soou tan forte que todo aquel que estaba vivo acudiu sen pensalo dúas veces. Cando chegaron, viron aos mariñeiros e xunta eles había un barco, o único barco que non se fundiu polo sismo... A xente empezou a subir ao barco tal e como lles indicaron os mariñeiros. Cando xa estaba case todo o mundo abordo empezou outro sismo aínda máis forte. De repente unha luz apareceu no ceo, era un meteorito que ía a chocar contra a Terra. A xente do pequeno barco ribeirense non paraba de gritar, menos o mariñeiros que empezaron a darlle voltas a unha manivela. O barco empezou a emitir unha luz e a despegarse da auga. Pouco a pouco o barco foise convertindo nunha nave espacial. A xente non daba crédito ao que estaba vivindo. Un barco que se converte en nave espacial? Iso non podía ser certo, pero na vida nada é imposible. O meteorito íase acercando cada vez máis e a Terra sufría un sismo cada vez máis forte cando a nave empezou a despegar. Cando a nave estaba xa atravesando a atmosfera, a xente miraba o impacto do meteorito... Un silencio fundiu toda a nave... ninguén sabía que facer nin que dicir... O viaxe durou 2 meses e por fin chegaron ao novo mundo, Titán. Alí había un barco de cor branco azul, nel había dous mariñeiros ribeirenses pescando. A xente seguía sen dar crédito ao que estaba vivindo. Os mariñeiros contaron que eles xa levaban máis de dous meses alí e que non se estaba tan mal. O novo mundo, foi axudado por persoas da NASA que estaba refuxiadas nunha nave que estaba no espacio. Pouco a pouco, os ribeirenses foron mellorando este mundo...


Historadonovomundo