Page 1

AS VANGARDAS AS VANGARDAS SON MOVEMENTOS ARTÍSTICOS INTERNACIONAIS QUE SE DESENVOLVERON ENTRE 1910-1930. REPRESENTAN UNHA RUPTURA E UNHA REACCIÓN CONTRA A LITERATURA E A ARTE DO SÉC. XIX. CARACTERÍSTICAS: • A LIBERDADE CREATIVA É O MAIOR VALOR DO ARTISTA. •

A ARTE NON DEBE IMITAR A REALIDADE SENÓN QUE TEN QUE SER AUTÓNOMA.

DEBE BUSCAR A NOVIDADE E A ORIXINALIDADE.

TEN UN SENTIDO LÚDICO E TRANSGRESOR QUE RACHA COAS NORMAS E COA TRADICIÓN.

OS DIFERENTES MOVEMENTOS DE VANGARDA CHÁMANSE ISMOS E CONSTITÚEN DIFERENTES MANEIRAS DE RENOVACIÓN DA ARTE. OS PRINCIPAIS SON: FUTURISMO, CUBISMO, DADAÍSMO E SURREALISMO. FUTURISMO

Creado polo italiano Marinetti.

Exalta a modernidade, as máquinas e o progreso.

Rompe coa sintaxe e a puntuación en literatura.

Deus vehemente dunha raza de aceiro, automóbil ebrio de espazo, que choras cheo de angustia, co freo nos dentes estridentes! Oh formidable monstro xaponés de ollos de fragua, nutrido de lapas e aceites minerais, famento de horizontes e presas siderais o teu corazón expándese no seu taf-taf diabólico que os seus rexos neumáticos se inchen para as danzas


que bailen polas brancas estradas do mundo solto, por fin, as túas bridas metálicas... Lánzaste con embriaguez ao Infinito liberador. Marinetti. CUBISMO

Descompón a realidade e recompona de novo mediante formas xeométricas.

Destaca a técnica da colaxe.

Un caligrama (do francés calligramme) é un poema visual no que as palabras "debuxan" ou conforman un personaxe, un animal, unha paisaxe ou calquera obxecto imaxinable. Debemos ao poeta vangardista Guillaume Apollinaire a moda da creación deste tipo de poemas visuais no séc. XX. A influencia de Apollinaire na poesía posterior a 1918 supuxo a creación de numerosos exemplos de poemas visuais en diversas linguas e culturas. El sapo

DADAÍSMO

• • •

Nace en Suíza con Tristán Tzara. Negación de todo, concibe a arte como puro xogo. Movemento moi provocador.Pretende plasmar o absurdo e o caos que sente o artista ante a situación mundial.


Para facer un poema dadaísta Colla un xornal. Colla unhas tesoiras. Escolla no xornal un artigo da lonxitude que conta darlle ao poema. Recorte o artigo. Recorte con coidado cada unha das palabras que forman o artigo e métaas nunha bolsa. Axítea suavemente. Agora saque cada recorte un tras doutro. Copie concienzudamente na orde na que saíran bolsa. O poema semellarase a vostede. E é vostede un escritor infinitamente orixinal e dunha sensibilidade fascinante, aínda que incomprendida polo vulgo. SURREALISMO

Liderado por André Breton.

A arte debe expresar o subconsciente, os soños e as emocións máis íntimas.

Creación da escrita automática, liberada da lóxica e da razón. A VANGARDA EN GALICIA

Os movementos de vangarda influíron tamén na pintura galega.

Entre os anos 20 e 30 xorden os pintores galegos coñecidos como “os novos”

Destacan Maside, Colmeiro, Laxeiro e Maruja Mallo, entre outros.


vangardas  

tema de literatura

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you