Persépolis, M. Satrapi

Page 1

PERSÉPOLIS Persépolis (2007) é un filme de animación realizado por Marjane Satrapi en colaboración con Vincent Paronnaud. Está baseada no cómic do mesmo título, realizado Satrapi e publicado en Francia entre 2000 e 2003.

SINOPSE Persépolis é unha historia autobiográfica que comeza en Irán en 1979, cando a autora ten nove anos e vive un cambio social e político importante: a caída do Sha de Persia e a revolución islámica liderada polo Ayatolah Jomeini. Case na adolescencia, trasládase a Austria para cursar estudios no Liceo Francés de Viena, a instancias dos seus pais, unha familia de clase media que quere que Marjane reciba unha educación máis liberal. En Europa coñece outra cultura e outro modo de vida, pero a súa integración non será fácil. Marjane decide regresar e, xa en Irán, decátase de que a vida baixo un réxime islámico non é doada e que segue a ter problemas de adaptación. Máis información www.guiadelcomic.com/comics/persepolis.htm www.vertigofilms.es/persepolis/

IRÁN, UN POUCO DE HISTORIA A República Islámica de Irán foi coñecida dende o I milenio a. C. ata 1935 como Persia. - III milenio a. C.: Imperio Elamita. Aparece unha forma de escritura en Susa (sueste de Irán). - II milenio a. C.: pobos iranios (indoeuropeos) establécense na meseta de Irán. - I milenio a. C.: - S. VI créase o Imperio Persa baixo o mandato de Ciro II o Grande, da dinastía do Aqueménidas, quen extende o seu poder ata o mar Mediterráneo. - S. V a. C. Darío I reorganiza a administración do Imperio e ataca as cidades gregas de Asia Menor. Teñen lugar as Guerras Médicas entre Persas e Gregos, nas que estes resultan vencedores. - s. III a. C. Alexandre Magno invade e conquista o Imperio Persa e adopta costumes orientais. Na súa campaña queima e saquea a cidade de Persépolis, unha das capitais do Imperio Aqueménida, con magníficas construccións palaciais. Trala morte de Alexandre (323 a. C.), os seus xenerais repártense o seu Imperio, formando parte Irán do Imperio Seléucida. - S. III d. C. créase o Imperio Sasánida, que tenta recuperar a antiga gloria dos Aqueménidas. Prodúcense enfrontamentos co Imperio Romano. Persépolis. IES de Melide. Páx. 1


- S. VII Invasións árabes, que impoñen a relixión islámica. - S. VIII-XV: sucédense no poder dinastías árabes e iraníes de relixión islámica. Invasións mongois e seliúcidas (turcos). - S. XVI: Créase Imperio Safaví, unificado e independente, que reafirma a identidade iraní. O mandatario recibe o nome de «sah», recuperando a tradición sasánida. - S. XIX: baixo a presión de Rusia e Gran Bretaña iníciase un proceso de modernización. - S. XX: O descubrimento de petróleo provoca a hexemonía británica e a súa intervención na economía do país. - 1925: Riza Pahlevi faise co poder e noméase emperador co apoio británico. O novo sah acelera a modernización, evitando a formación dun estado relixioso. - Na Segunda Guerra Mundial Persia foi ocupada por soviéticos e ingleses, celebrándose alí a conferencia de Teherán en 1943. O sah é derrocado e sucédeo o seu fillo Mohamed Rezah. - 1951 Mossadeg, xefe de goberno, intenta a nacionalización do petróleo, o que provoca a intervención da CIA. Os americanos someteron ao país a un bloqueo que prohibía a exportación do petróleo. Mossadeq foi substituído e Mohamed Reza, que fuxira do país volveu subir ao trono. - 1979 prodúcese a Revolución contra o sah, que acaba exiliándose. Mediante eleccións o pobo elixe creación dun Coronación do Sah en 1967 estado relixioso liderado por Jomeini, un dos principais opositores ao sah que regresara do exilio. En abril de 1979 créase a República Islámica de Irán. - 1980 Irak invade Irán co beneplácito de EEUU e os países occidentais. O seu presidente, Saddam Hussein, temía a influencia relixiosa do país veciño no réxime laico do seu país e pretendía anexionarse territorios iraníes. A guerra rematou en 1988 sen un vencedor claro, deixando un millón de mortos, dous millóns de feridos e a economía do dous países destrozada. - Tras a morte de Jomeini en 1989, Alí Jamenei foi nomeado xefe de estado, quedando a xefatura de goberno aberta a eleccións cada catro anos. O Ayatolá Jomeini

CUESTIÓNS Coa axuda de Google ou outro buscador investiga 1. Quen é o presidente de Irán e a que partido ou ideoloxía pertence. 2. Ultimante Irán ven ocupando numerosos titulares tanto na prensa como nos noticieiros de televisión. Por que? Como son as súas relacións políticas cos países occidentais? Cal pensas ti que é a causa destes problemas? 3. Irán é un dos países do mundo no que se producen máis execucións. Entra na páxina de Amnesty Internacional e anota as noticias relacionadas coa pena de morte en Irán. Hay noticias positivas? 4. Se es capaz, busca información e imaxes de execucións en Internet e comenta as principais formas nas que se realiza. Persépolis. IES de Melide. Páx. 2


5. Como cres que reacciona o pobo iraní ante as execucións públicas? 6. Cres que en Irán se respectan os dereitos humanos? Cres que ti podes contribuír dalgún xeito a que se respecten?

En grupos dun máximo de cinco persoas comenta e prepara unha pequena intervención sobre os seguintes aspectos da película: 7. Coñeces a historia recente da túa familia, do teu entorno? Pensas, como o tío Anouche, que é importante «non perder a memoria»? Que está a pasar agora coa memoria histórica en Galicia, España... ?

8. Comenta as seguintes viñetas. Estás de acordo co tío Anouche? Cres que houbo situacións similares á de Irán noutros países?

9. Comenta esta imaxe. Coñeces outros contextos nos que se empregase este tipo de propaganda?

10. Comenta estas imaxes. Cales son as consecuencias para Marji? Cres que unha relación amorosa pode destruír a unha persoa?.

Persépolis. IES de Melide. Páx. 3


10.

11. Como é o regreso a Irán de Marji, por que?

12. A avoa é un personaxe importante na vida de Marji. Comenta os trazos da súa personalidade e a influencia que ten sobre a súa neta partindo destas viñetas.

13. Comenta esta viñeta. Cal é a imaxe que tes ti das mulleres musulmanas?

No cómic podes encontra moitos máis detalles sobre a historia de Marjane. Anímate a lelo! está na bilbioteca do instituto

Persépolis. IES de Melide. Páx. 4