Page 1

“eTwinning, un programa innovador para a escola rural” LUGAR E DATA DE CELEBRACIÓN 16 /11/2012 Facultade de Formación do Profesorado USC: Campus de Lugo OBXECTIVOS/CONTIDOS -Contextualizar no medio rural experiencia innovadora eTwinning.

a -Escola rural: un contexto para innovar: Das nosas competencias ás capacidades dos nosos alumnos. -A liberdade do docente: entre a burocracia e o asentamento.

-Dar a coñecer o programa eTwinning.

-Programa e-Learning da UE: programa eTwinning.

-Analizar un proxecto eTwinning: deseño, creación, seguimento, avaliación.

-Deseño dun programa eTwinning / kits.

-Descubrir a plataforma virtual eTwinning e o TwinSpace.

-Desenvolvemento dun proxecto eTwinning: o TwinSpace. -Ferramentas TIC colaborativas dentro e fóra da plataforma eTwinning.

-Programar un proxecto eTwinning

-Deseño dun programa eTwinning / kits. -Desenvolvemento dun proxecto eTwinning: o TwinSpace. Ferramentas TIC colaborativas dentro e fóra da plataforma eTwinning.

DESENVOLVEMENTO DA SESIÓN

Sesións formativas


A sesión “eTwinning, un programa innovador para a escola rural” desenvolveuse para tres grupos de segundo do Grao, en sendas quendas consecutivas de 90 minutos, dentro do curriculo da materia Organización Escolar.

Iniciadas as tres coa contextualización na escola rural, cada sesión tivo o seu propio desenvolvemento, guiado polas cuestións, especialmente en relación á aplicación práctica dos contidos expostos, que o alumnado presentaba. Porén, en todos os casos, esta primeira parte foi a máis participativa para o gran grupo, en forma de debate aberto. A novidade do programa eTwinning foi a causa de que, na segunda parte, o peso da sesión caese sobre a explicación/mostra do mesmo e a análise (máis ou menos pormenorizada) dalgún proxecto real. Xa fóra de tempo, o alumnado aceptou participar nunha terceira fase da sesión, na que, por grupo, debían entregar unha idea de proxecto eTwinning. A participación foi moito máis que suficiente, presentando 10 traballos correspondentes a 10 grupos interactivos, rondando os 50 alumnos. (Acceso ao documento)

Alén disto, un compoñente de cada grupo-clase, prestouse a facer unha avaliación da sesión. Entre as súas valoracións, coinciden os tres no escaso do tempo: os 90 minutos fixéronse pouco para contextualizar a escola rural e coñecer o programa eTwinning. (Acceso ao documento) Considero que se cumpriron as expectativas no que aos obxectivos de partida se refire, mantendo que, de ser posible, sería interesante unha fase práctica no TwinSpace (da plataforma de entrenamento), o que foi imposible debido á falta de tempo.

Sesións formativas


O aspecto máis salientable foi a boa acollida da sesión, a participación dun alumnado que, partindo da teoría, pretendía unha achega á práctica e, por iso, non dubidou en manifestar as súas cuestións e os seus desacordos. Hai un espazo, no positivo da miña valoración, para a Facultade, que abriu as portas ao programa ao que representamos, e para o profesor, Don Francisco Silvosa Costa que nos brindou a nós a oportunidade de difundir eTwinning e aos seus alumnos a de coñecelo desde a perspectiva da docencia non universitaria actual. Sen dúbida, coñecer este programa, dentro da formación curricular dos seus estudos universitarios é unha ocasión óptima para difundir as opcións innovadoras do mesmo, nun tempo no que os recursos económicos nos centros educativos son escasos para viaxes non virtuais. eTwinning ofrece, máis que nunca, opcións reais de coñecer outras culturas, outras paisaxes, outros mundos, sen saír da clase, e dun xeito de compromiso emocional co contorno próximo e co descubrimento, coa experiencia diaria, que deben estar presentes en cada aprendizaxe (de alumnos e profesores).

Lugo, 20 de novembro de 2012

Teresa Susana Vázquez Regueiro

Sesións formativas

Valoración da sesión de formación  

Facultade de Formación do Profesorado. Lugo Novembro, 2012

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you