Page 1

A NOTICIA DO DÍA Hoxe, na aula TIC, vimos outro tipo de xornais, os que están en rede. Accedimos desde o blogue do noso proxecto e puidemos ver xornais en diferentes idiomas. Despois, centrámonos nun xornal español, como se propoñía na actividade do noso proxecto. E aí vimos o máis importante que está a pasar no noso país. Como na casa e na escola oímos falar da “crise”, non nos estrañou ver novas en relación con ela, e escollimos unha que era, polo tamaño do seu titular, ben importante.

Bankia é un banco (agrupación deles) que está pasando un momento complicado e que, por iso, dificulta que España teña unha boa imaxe a nivel internacional. Como empresa que é, fixo algunhas operacións que non foron boas e iso fixo que se perderan cartos e que a xente non confíe nese banco. Como todo está moi relacionado, o feito de Bankia estar mal supón que os outros bancos e empresas españolas que cotizan en Bolsa sufran as consecuencias. Alén diso hai outro debate aberto: Debe o Goberno dar diñeiro para solucionar estes problemas?

Mirade aquí a noticia Pois moito foi o que falamos e... froito desa conversa, os rapaces galegos envían aos compañeiros portugueses unhas preguntiñas:


Por que despois de dez dĂ­as subiu a Bolsa?

Sobre que fala esta noticia?

Por que baixou a Bolsa?

Mirade debaixo do titular: Canto subiu Bankia?


Por que estamos en crise?

Como se chama este banco?

Canto costa Unha acci贸n de Bankia?

Quen dimitiu? (Mirade o gr谩fico)


A noticia do día  

Actividade de lectura de xornais

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you