Issuu on Google+

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS DO CEIP SAN XOÁN DE BECERREÁ.

MEMORIA DA ACTIVIDADE REALIZADA PARA A SEMANA DA ÁRBORE E A AUGA 1.OS MATERIAIS PARA O ALUMNADO O alumnado do noso centro, familiarizado coa lectura, aceptou de moi bo grado a chegada da “Viaxe polos ríos e árbores dos Ancares”. O feito de coñecer as paisaxes descritas nos relatos curtos fixo que os nenos estivesen especialmente receptivos para a súa lectura. Dentro do Plan Lector do centro, a lectura dun libro de contos sempre ten boa acollida. Neste caso, ao ser referente dunha actividade celebrada a nivel de centro, a súa utilidade didáctica foi optimizada polos titores. Tamén foi ben acollida a lonxitude dos relatos, que ao ser curtos, eran adecuados para todos os ciclos da educación primaria.

2.A GUÍA DIDÁCTICA A guía didáctica é útil, de feito, inclúe ideas de actividade que adaptamos aos nosos intereses e pensamos traballar sobre a toponimia do noso concello, suxestión que non tiñamos contemplado e que nos parece moi interesante para a nosa liña de traballo sobre o despoboamento.

3.A ACTIVIDADE NO SEU CONXUNTO Estamos habituados a compartir e reutilizar os materiais, na pocura dunha escola máis sostible, así que o número de exemplares, aínda que non deu para todos os nenos, foron suficientes, logo da planificación dun horario de distribución adecuado aos nosos grupos.


ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS DO CEIP SAN XOÁN DE BECERREÁ.

Cremos que a celebración puntual de eventos non é suficiente para a dimensión educativa que se lle quere dar. No CEIP San Xoán, decidimos ampliar a súa proxección, incardinándoa nas liñas de traballo existentes no centro e procurando, así, unha maior cobertura do tema. A celebración da semana incluíu as seguintes tarefas: –Inauguración da Exposición de Libros sobre Árbores –Reutilización de botellas de plástico para a creación de eco-macetas para sementar e plantar e, con elas, decorar o patio escolar. –Plantación de tres bidueiros e unha aciñeira, que serán coidados polos alumnos de cada ciclo, ao longo da súa escolaridade. –Reflexionar sobre o aprendido para contribuír á decoración de primavera do centro.

–Recepción aos representantes da Deputación de Lugo encargados desta actividade, incluído o Presidente da mesma, Don José Ramón Gómez Besteiro.

Toda a información relativa a esta liña de traballo está recollida na entrada correspondente do noso blogue do Plan Proxecta (http://planproxectaceipsanxoan.blogspot.com.es/) (enlace directo á nova 1 e á nova 2)

1.AS PROPOSTAS DE MELLORA Desde a análise da actividade, podemos dicir que sería bo conseguir a participación real do alumnado desde a planificación das tarefas a realizar. Por outra banda, tamén pensamos nunha mellor adecuación dos materiais ao alumnado de educación infantil. Susana Vázquez Regueiro. CEIP San Xoán. Becerreá. Lugo susana.vazquez.r@edu..xunta.es


MEMO