Page 1

Xornadas A21EG. 2012: Desenvolvendo competencias coa educación ambiental

A EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL NOS MARCOS DA A21EG E DUN PROXECTO eTwinning Teresa Susana Vázquez Regueiro CEIP Virxe do Portal. Sobrado.

“A educación é de importancia crítica para promover o desenvolvemento sostible e aumentar a capacidade das poboacións para abordar cuestións ambientais e e desenvolvemento. (...) A educación é igualmente fundamental para adquirir conciencia, valores e actitudes, técnicas e comportamentos ecolóxicos e éticos en consonancia co desenvolvemento sostible e que favorezan a participación pública efectiva no proceso de toma de decisións.” (Artigo 36 da Axenda 21) Unha das limitacións que, con frecuencia, encontramos os profesores para comprometernos en diferentes ideas innovadoras que imos coñecendo é o tempo. Temos un programa a desenvolver, unhas actividades pre-programadas polo centro ao que pertencemos, certos compromisos persoais con determinadas ideas profesionais e… moita información sobre cousas que outros fan e nos encantaría incluír no noso quefacer diario. Conxugar iso é case un problema alxébrico. Co paso do tempo fun comprobando que moitos programas educativos non precisan dun espazo único de desenvolvemento. Pola contra, compleméntanse á perfección con outros, xerando un novo sistema cartesiano de desenvolvemento, onde non é preciso coordinar todas e cada unha das actividades realizadas, senón deixar, naturalmente, que conflúan, cando así o suxira o seu desenvolvemento. Matematicamente poderíamos usar unha metáfora visual: véxase unha liña (seguramente non recta) á que conflúen en diferentes puntos diferentes trazados. Esa liña vai crecendo en grosor coas incorporacións e dá a impresión (ilusión óptica ou virtual) de ser máis forte ao fin.

A A21EG é un deses programas. Despois de anos de experimentación, de asistencia e participación de teorizacións sobre a Axenda 21 Escolar de Galicia, cheguei á conclusión práctica de que é ese o trazado de partida. E o é porque, por definición, a A21 é unha estratexia para encontrar os ámbitos de actuación prioritaria, establecendo, neles, as accións e identificando os recursos para a mobilización na

8 e 9 de Xuño. 2012. Santiago de Compostela.

1


Xornadas A21EG. 2012: Desenvolvendo competencias coa educación ambiental

procura dun modelo de desenvolvemento sostible, fóra da escola, a longo prazo, dentro da aula, a curtísimo.

“A Axenda 21 Escolar é o compromiso da escola, de cada comunidade educativa que o asuma, para traballar pola calidade ambiental e a sustentabilidade do centro educativo e o seu contorno, aceptando a súa parte de responsabilidade en mellorar o presente e o futuro de todos e contribuíndo así, desde o seu nivel local, á sustentabilidade global do planeta.” (LÓPEZ RODRÍGUEZ, R e GARCÍA GANDOY, J, 2004, p. 37) Deseñar actividades que desenvolvan este programa é algo case innecesario se, de partida, organizamos a nosa tarefa seguindo o desenvolvemento transversal do contido intrínseco do mesmo. Non é facer A21EG, é que a A21EG sexa a liña do que facemos. É dicir, unha deseña unha liña de traballo para o mes / trimestre /curso... Esa liña ten que ver con facer máis competentes aos seus alumnos en diferentes aspectos da súa formación. Alén diso, ten que ver con valorar cada centímetro cúbico que se vive. E valorar non só é querer, gozar, plasmar... senón coñecer e dar o valor que ten en comparación con outros medios ou co medio que sería desexable. Esa liña de traballo transversal nunca se ve superada, de aí que, ao longo dos tempos educativos de que dispoñamos, vaiamos a ela unha e outra vez para fortalecer, fomentar, asimilar o que nela imos aprendendo. Entrando aí outras experiencias educativas, que, desde as súas perspectivas parciais, enriquecen aquela de partida. E suman. Por iso son positivas. É nesa aprendizaxe onde nos imos convertendo en cidadáns máis comprometidos co noso contorno máis próximo e, a medio e curto prazo, cos contornos máis globais que vaiamos conquistando. Actuar localmente pensando globalmente. É nese actuar onde facemos confluír factores naturais, sociais, económicos... os mesmos que conforman a propia vida do lugar en que vivimos. Metodoloxicamente trátase de que o alumno e o grupo de alumnos e profesores convidados sexan os construtores dos seus coñecementos, cadaquén daquela parte que lle compete e tamén da parte que é fundamental para o grupo, dando conta da interacción (social e co medio natural) que garanta non só a adquisición de contidos senón a implicación do emocional no intelectual que nos sirva, en vindeiras situacións, para unha abordaxe madura propia dun pensamento global. É o xeito co que, como adultos, estaremos en condicións non só de coidar o medio ambiente, senón de actuar para melloralo, de anticiparnos aos problemas ambientais e evitalos, na medida das nosas posibilidades.

“Los conceptos, principios, objetivos y propuestas a los que se remite la educación ambiental -como estrategia y práctica orientada al análisis crítico del marco socioeconómico en el que se conducen las actuales tendencias de producción y consumo y la potenciación de las capacidades 8 e 9 de Xuño. 2012. Santiago de Compostela.

2


Xornadas A21EG. 2012: Desenvolvendo competencias coa educación ambiental

humanas que consigan transformarlo hacia su sustentabilidad- toman como referencia corrientes de pensamiento y líneas de acción de alcance mundial. “ PEREIRA, GUTIÉRREZ, RODRÍGUEZ (p.15) A punto de rematar a Década por unha Educación para a Sustentabilidade (2005-2014) que estableceu a UNESCO (www.oei.es/decada/) aínda podemos intervir no coñecemento e compromiso cos problemas relacionados coa contaminación e degradación de ecosistemas, o esgotamento dos recursos, os desequilibrios insustentables e a perda de diversidade biolóxica e cultural que nos ameazan. E sendo só unha simple mestra cun fantástico grupo de alumnos. Vaiamos, entón, ao caso. Durante este curso tiven a sorte de levar unha titoría de primeiro ciclo (agrupado) na miña escola, en combinación con clases de apoio específico a alumnos que así o necesitaban. No desenvolvemento da miña función, tiven a ocasión, novamente, de participar nun proxecto eTwinning (Proxectos Europeos de desenvolvemento virtual) para traballar a capacitación lectora do alumnado. Era un proxecto exclusivo de lectura, iso si, en moi diferentes soportes: manuais de instrucións, poesía, mapas... ata radiografías... Parece que, na orixe, nada de medioambiental había... O noso interese radicaba en facer que os nenos que coincidirían en España e Portugal, compartirían experiencias variadas para o procesamento de información contida en soportes variados. A creación desas experiencias era o noso reto, como mestras de pedagoxía terapéutica. E foi así como, a lectura deu en confluír con aquela liña descrita máis atrás, aquela transversalidade medioambiental que impregna a miña función formativa e autoformativa. E foi así como a experiencia que hoxe quero compartir tivo que ver con iso, coas confluencias, máis ou menos casuais, do traballo diario. Entón, estamos a falar de dúas liñas de traballo diferenciadas: a presentada como transversal ambiental e a de capacitación lectora. Nese desenvolver diario, estas liñas confluíron varias veces, ao longo do curso. Entran aquí as competencias básicas que protagonizan estas Xornadas. E convén facermos unha parada para analizar como, se partimos delas no deseño de cada unidade didáctica, o que facemos cada día encaixa perfectamente nun esquema de programación por competencias. O primeiro paso é partir dos obxectivos perseguidos. Eles marcarán as competencias básicas implicadas. A partir de aí, a selección de Contidos e demais elementos das competencias básicas: Habilidades, Actitudes e valores e Estratexias de Aprendizaxe. Convén despois fixar os descritores que nos permitan obxectivar a consecución e logro das competencias perseguidas, repartidos de forma equilibrada entre os elementos das competencias básicas citados. Sería o seguinte proceso:

8 e 9 de Xuño. 2012. Santiago de Compostela.

3


Xornadas A21EG. 2012: Desenvolvendo competencias coa educación ambiental

Para centrarnos na práctica, imos ver, someramente, catro unidades de traballo diferenciadas, todas elas en relación coa Educación Medioambiental, desenvolvidas desde aqueloutro proxecto de Competencia Lectora. Despois, centrarémonos na análise dos descritores que, obxectivamente, enmarcan estas actividades na educación por competencias de que estamos a falar. 1, Lectura de guías de observación de árbores.

As profesoras redactamos unhas guías de observación de 5 especies arbóreas presentes no contorno. Só tres delas estaban no recinto escolar. O alumnado aprendeu a ler esas guías como forma de identificación de árbores. Nun segundo momento, mediante fotografías, preparamos unha ficha de traballo para os compañeiros portugueses, enviando a nosa guía de observación e as imaxes das tres árbores identificadas, para que foran eles, mediante a observación indirecta, quen as re-identificasen. Así mesmo, eles levaron a cabo un traballo semellante e simultáneo, que recibimos nós. A descrición e presentación da actividade está recollida neste enlace.

8 e 9 de Xuño. 2012. Santiago de Compostela.

4


Xornadas A21EG. 2012: Desenvolvendo competencias coa educación ambiental

2, Creación dun conto colaborativo para celebrar o Ano da Enerxía Sustentable.

No marco anteriormente descrito, o alumnado compartiu, por quendas, a redacción dun conto sobre a sustentabilidade do noso comportamento na escola no que a consumo enerxético se refire. Esta actividade, contou con outras liñas de traballo accesorias, de coñecemento de medidas de aforro, de estudo de recibos de pago, de contabilidade de aparellos eléctricos utilizados... Esta actividade pode ser consultada neste enlace.

3, Identificación e estudo da rede eléctrica do centro e dos terminais conectados

O alumnado a partir dos planos do primeiro andar da escola: Identificou os puntos de toma de corrente eléctrica de cada estancia, as luces de emerxencia e os terminais eléctricos que, por norma, están conectados á rede, nese espazo.

Posteriormente, vimos en Internet varios documentos gráficos sobre aforro enerxético moi sinxelos e redactaron unha guía de aforro en clase.

Toda a actividade está descrita neste enlace.

8 e 9 de Xuño. 2012. Santiago de Compostela.

5


Xornadas A21EG. 2012: Desenvolvendo competencias coa educación ambiental

4, Reutilización de papel para facer artigos de agasallo.

Para a celebración do Día da Nai, os nenos reutilizaron papeis escritos por unha cara e cartolinas de refugallo para facer un caderniño que regalar ás súas nais.

Este proceso contribúe á asimilación de que reutilizar é creativo e interesante.

Este é o enlace no que visionar a actividade.

Estas actividades contribuíron, no seu conxunto á adquisición de competencias básicas, en relación con iso, e seguindo a Cabrerizo, Rubio, Castillo (2007), debemos recordar que os contidos de aprendizaxe están en relación cos outros compoñentes das competencias básicas que vimos antes e que son: habilidades, actitudes e valores e estratexias de aprendizaxe. Un dos obxectivos desta comunicación era describir, en termos obxectivos, como as actividades medioambientais contribúen á adquisición das competencias básicas. Para iso, voume valer do seguinte cadro de dobre entrada, no que aparece un reducido

8 e 9 de Xuño. 2012. Santiago de Compostela.

6


Xornadas A21EG. 2012: Desenvolvendo competencias coa educación ambiental

número de descritores (para facilitar a súa lectura) en función de todas as competencias básicas nas que se traballaron nestas catro sinxelas actividades. Unha simple ollada ao cadro supón, sen dúbida, unha comprobación visual, nun primeiro instante, unha verificación, nunha análise posterior, de que todas as actividades cumpren o seu obxectivo de espallar o seu radio de acción no nivel horizontal de desenvolvemento da programación que nos guiaba, de partida, contribuíndo á capacitación dos nosos alumnos e, tamén, á nosa formación como profesoras. A validez deste cadro permítenos a valoración do proceso, no que á súa adecuación para os obxectivos propostos se refire. Se, alén diso, a particularizásemos para cada alumno, en lugar de para cada actividade, serviríanos, tamén, para unha avaliación obxectiva do desempeño dos nenos, xa que, en parte, a avaliación será a comprobación do grao de adquisición das competencias básicas. Así, para cada competencia traballada, poderíamos fixar unha escala de número de descritores conseguidos como a que se dá como exemplo, seguindo aos mesmos autores: ● Competencia superados ● Competencia ● Competencia ● Competencia superados.

básica suficientemente adquirida: mínimo de 5 descritores ben adquirida: mínimo de 6 descritores. adquirida de forma notable: mínimo de 7 descritores básica adquirida de forma sobresaliente: mínimo de 9 descritores

8 e 9 de Xuño. 2012. Santiago de Compostela.

7


Xornadas A21EG. 2012: Desenvolvendo competencias coa educación ambiental

Cadro de descritores de competencias en función das actividades sinaladas

conto

Rede eléctrica

X

X

Comprensión das expresións dos outros

X

X

X

Busca de datos básicos e información

X

Expresión de datos e ideas de forma sinxela

X

X

X

X

estratexias actitudes

Participación democrática e activa

X

X

X

X

Cooperación grupal

X

X

X

Busca de información

X

X

X

Expresión de datos e ideas

X

X

X

X

Comprensión e asimilación

X

X

X

X

habilidades

Precisión no uso de termos

X

X

X

Descriptor de competencia

cadernos

árbores X

Carácter habilidades

Precisión no uso de termos

estratexias actitudes

MATEMÁTICA

EN COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA

competencia

ACTIVIDADES

X

Uso de conceptos matemáticos básicos aplicados ao medio

X

X

Resolución de problemas sinxelos

X

X

X

X

Relacións de influencia

X

X

X

X

Manexo de elementos sinxelos

X

X

X

Espírito crítico

X

X

X

X

Tendencia cara un desenvolvemento sostible

X

X

X

X

Comprensión e asimilación

X

X

X

X

Inicio na realización de mecanismos dedutivos

X

X

X

X

Comparación de elementos

X

X

X

Idear novas estratexias

X

X

X

8 e 9 de Xuño. 2012. Santiago de Compostela.

X

8


X

Busca de datos básicos e información

X

Relacións de influencia

X

X

X

X

Relacións de complementariedade

X

X

X

X

Manexo de elementos sinxelos

X

X

X

Respecto ao medio natural

X

X

X

X

Coñecemento de algúns problemas do medio natural

X

X

X

X

Relacións entre hábitos e formas de vida e saúde

X

X

Tendencia cara un desenvolvemento sustentable

X

X

X

X

Coñecemento dalgúns problemas sociais

X

X

X

X

Busca de información

X

Comprensión e asimilación

X

X

X

X

Inicio na realización de mecanismos dedutivos

X

X

X

X

Comparación de elementos

X

X

X

Resolución de problemas sinxelos

X

X

X

Habilidades

Busca de datos básicos e información

X

Expresión de datos e ideas de forma sinxela

X

X

X

Desenvolvemento do espírito creativo

X

X

X

X

Manexo de elementos sinxelos

X

X

X

Estratexias Actitudes

Espírito crítico

X

X

X

X

Cooperación grupal

X

X

X

Busca de información

X

Elaboración de traballos sinxelos

X

Comparación de elementos

X

Elaboración de propostas sinxelas

X

Habilidades

Comprensión das expresións dos outros

Estratexias

Actitudes

Habilidades

Resolución de problemas sinxelos

X

X

X

X

X

X

X

X X

X

X

X

X

X

X

X

X

X

X

Relacións de influencia

X

X

X

Relacións de complementariedade

X

X

SOCIAL E CIDADÁ

DIXITAL E DE TRATAMENTO DA I.

COÑECEMENTO E INTERACCIÓN CO MUNDO

Xornadas A21EG. 2012: Desenvolvendo competencias coa educación ambiental

8 e 9 de Xuño. 2012. Santiago de Compostela.

9

X


Habilidades Actitudes Estratexias Habilidades Actitudes

APRENDER A APRENDER

CULTURAL E ARTÍSTICA

Estratexias

Actitudes

Xornadas A21EG. 2012: Desenvolvendo competencias coa educación ambiental

Respecto ao medio natural

X

X

X

X

Coñecemento dalgúns problemas do medio natural e social

X

X

X

XX

Relacións entre hábitos e formas de vida e saúde

X

X

Tendencia cara un desenvolvemento sustentable

X

X

X

X

Espírito crítico

X

X

X

X

Participación democrática e activa

X

X

X

Cooperación grupal

X

X

X

Solidariedade e participación

X

X

X

Colaboración e axuda

X

X

X

Expresión de datos e ideas

X

X

X

Comprensión e asimilación

X

X

X

Participación en grupos de traballo

X

X

X

Comprensión das expresións dos outros

X

X

X

Expresión de datos e ideas

X

X

X

Desenvolvemento do espírito creativo

X

X

X

X

Manexo de elementos sinxelos

X

X

X

Espírito crítico

X

X

X

X

Solidariedade e participación

X

X

X

Colaboración e axuda

X

X

X

Expresión de datos e ideas

X

X

X

Elaboración de traballos sinxelos

X

X

X

X

Elaboración de propostas sinxelas

X

X

X

X

Participación en grupos de traballo

X

X

X

Idear novas estratexias

X

X

X

Resolución de problemas sinxelos

X

X

X

Busca de datos básicos e información

X

Expresión de datos e ideas de forma sinxela

X

X

X

Relacións de influencia e complementariedade

X

X

X

X

Desenvolvemento do espírito creativo

X

X

X

X

Manexo de elementos sinxelos

X

X

X

X

Espírito crítico

X

X

X

X

Participación democrática e activa

X

X

X

Cooperación grupal

X

X

X

8 e 9 de Xuño. 2012. Santiago de Compostela.

X X

X

X

X

10


Habilidades Actitudes Estratexias

AUTONOMÍA E INICIATIVA PERSOAL

Estratexias de aprendizaxe

Xornadas A21EG. 2012: Desenvolvendo competencias coa educación ambiental

Busca de información

X

X

Expresión de datos e ideas

X

X

X

Comprensión e asimilación

X

X

X

X

Inicio na realización de mecanismos dedutivos

X

X

X

X

Comparación de elementos

X

X

X

X

Elaboración de traballos e propostas sinxelos

X

X

X

X

Participación en grupos de traballo

X

X

X

Idear novas estratexias

X

X

X

X

Complementar coñecementos

X

X

X

X

Resolución de problemas sinxelos

X

X

X

X

Busca de datos básicos e información

X

Expresión de datos e ideas de forma sinxela

X

X

X

Desenvolvemento do espírito creativo

X

X

X

X

Manexo de elementos sinxelos

X

X

X

X

Tendencia cara un desenvolvemento sustentable

X

X

X

X

Espírito crítico

X

X

X

X

Cooperación grupal

X

X

X

Colaboración e axuda

X

X

X

Busca de información

X

Expresión de datos e ideas

X

X

X

Comprensión e asimilación

X

X

X

Inicio na realización de mecanismos dedutivos

X

X

X

X

Elaboración de traballos e propostas sinxelas

X

X

X

X

Idear novas estratexias

X

X

X

X

Complementar coñecementos

X

X

X

X

PARA SABER MÁIS: http://leer-ler.blogspot.com.es/

http://virxedoportalprimeirociclo.blogspot.com.es/ http://issuu.com/susanaguitiriz/docs/a21_2012_comunicacion susana.vazquez.r@edu.xunta.es

8 e 9 de Xuño. 2012. Santiago de Compostela.

X

11


Xornadas A21EG. 2012: Desenvolvendo competencias coa educación ambiental

Bibliografía:

•Cabrerizo Diago, J; Rubio Roldán, MJ; Castillo Arredondo, S (2008): Programación por competencias. Formación y práctica. Madrid. Pearson. Prentice Hall. •Delors, J (1996): La educación encierra un tesoro. Informe a la UNESCO de la Comisión Internacional sobre la Educación para el siglo XXI. Madrid. Santillana. Ediciones Unesco. •García, J.L., Rey, M., Vázquez, M. (2003): O traballo cooperativo: un recurso de atención á diversidade e mellora da convivencia na aula. Santiago de Compostela. Xunta de Galicia. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. •López Rodríguez, R; García Gandoy, J (2004): A axenda 21 escolar galega. Santiago de Compostela. Consellería de Medio Ambiente. Xunta de Galicia. •Robinson, K, (2009): El elemento: Descubrir tu pasión lo cambia todo. Barcelona. Debolsillo, clave. •Rodríguez Rogina, A; Pereira Cordido, JM; Gutiérrez Roger, J (rec) (2000): Estrategia gallega de educación ambiental. Santiago de Compostela. Xunta de Galicia.

8 e 9 de Xuño. 2012. Santiago de Compostela.

12

a21_2012_comunicacion  

Xornadas A21EG. Santiago de Compostela. Xuño. 2012

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you