Issuu on Google+

O Boletín Nº 16 / Marzo 2012 Edición trimestral

Embaixadores do cocido O Presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, foi nomeado comendador da festa do cocido de Lalín na súa corenta e catro edición. Como manda a tradición, a Queiruga foille confeccionada unha capa para lucir durante esta ocasión. A Casa do Concello foi o lugar onde se desenvolveu o Capítulo Xeral da Encomenda do Cocido, e que nesta ocasión incorporou a esta orde sete novos comendadores.

Sempre estarás con nós O mes de febreiro de 2012 é unha data triste para o movemento asociativo da discapacidade. O fundador de COGAMI, o noso compañeiro e amigo Domingos Dosil, deixounos para sempre. Non se cansou, nin se cansará alá onde estea, de pelexar polos dereitos das persoas con discapacidade. Lonxe diso, estará pensando “agora tócavos a vós seguir loitando para conquerir unha igualdade de oportunidades real e efectiva. Cando unha persoa nos deixa (aínda que sempre estará con nós), queda a súa obra. Con Domingos, permanece a súa loita por uns dereitos que lle foron negados por estar sentado nunha cadeira de rodas. Intentou, primeiro dende a súa prezada vila natal de Muros e logo dende Galicia, que a sociedade, os políticos, as administracións tomaran conciencia de que unha persoa é moito máis que unha circunstancia. Domingos logrou que se empezaran a ver capacidades e esforzos, máis aló da discapacidade.

www.cogami.es

O movemento asociativo débelle moito a este home que cría que a unión facía a forza e a forza lexitimouna a base de traballo, compromiso, diálogo, feitos, oportunidades, insercións laborais, formación, asociacionismo, alianzas, colaboracións con outras entidades, con outros países,... en definitiva, fíxonos crer que xuntos podíamos e... xuntos podemos! O ano 2012 será recordado polo movemento asociativo como un ano triste, como un ano no que nos deixa unha gran persoa. A súa familia adoptiva que somos todas as persoas deste colectivo choramos a morte dunha gran persoa, dun gran loitador que cría que a mellora do conxunto supón a mellora dun mesmo e que, por tanto, ese é o único camiño para acadar unha sociedade máis xusta, unha sociedade mellor.

Ata sempre, compañeiro!

O alcalde de Lalín foi o que ordenou a Anxo Queiruga comendador do cocido. A continuación, Queiruga deixou constancia do seu estreado nomeamento no libro do concello, como manda a tradición.

Neste número: Presentación datos Quérote Entrevista Susana L. Abella GES entra nas redes sociais Problemas en Adisbismur


NOVAS En COGAMI traballamos con igualdade

Co fin de evitar a discriminación por razón de xénero dentro da entidade, en COGAMI existe un plan de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. Este proxecto fomenta un modelo de xestión que respecta a conciliación entre a vida laboral e a vida persoal. A través das políticas empresariais de igualdade inténtase que á hora de seleccionar persoal sexa polos méritos curriculares e non polo xénero, que a formación interna sexa equitativa para todo o cadro de persoal e que os

Xuntanza co alcalde coruñés para falar de integración e accesibilidade

Membros da directiva de COGAMI reuníronse co alcalde de A Coruña, Carlos Negreira, para achegarlle ao rexedor municipal a situación do colectivo das persoas con discapacidade que vive na cidade. O encontro, enmarcado na rolda de contactos que o concello mantén con entidades da cidade, serviu para explicarlle ao alcalde coruñés os proxectos que COGAMI está a desenvolver na zona e tamén para presentarlle as necesidades do colectivo.

postos de responsabilidade estean abertos a homes e mulleres. O plan de igualdade pretende tamén facer compatible a vida laboral, familiar e persoal dentro da entidade porque se a persoa traballadora é capaz de conxugar estes tres ámbitos prodúcese maior benestar no cadro de persoal

Carlos Negreira comunicoulle á Confederación o seu compromiso en materia de integración tanto laboral como social das persoas con algún tipo de discapacidade, ademais de facer unha aposta pola mellora da accesibilidade na cidade. O concello confirmou que teñen 400.000 euros que van destinar á eliminación de barreiras.

de foto Á dta. o alcalde de A Coruña charla co Pres. dePie COGAMI

Finaliza con éxito un programa pioneiro de educación afectivo sexual

De esq. a dta. O Pres. de COGAMI, o Dir. Xeral de Xuventude e o Pres. de Down Galicia

2

O Día Europeo da Saúde Sexual foi a data escollida por COGAMI e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado para presentar un programa pioneiro de educación sexual e afectiva e que a Confederación considera que foi un éxito.

Quérote desenvolveuse en 11 concellos e contou coa participación de 364 persoas. Involucrar ás familias supón unha apertura porque serve para normalizar a sexualidade dos fillos. Houbo unha participación familiar dun 85%.

Dende hai tres anos estanse a impartir obradoiros afectivosexuais destinados a persoas con discapacidade física, intelectual, sensorial e mixta, ademais de familias e profesionais. A finalidade é poder integrar a sexualidade ao colectivo sen estereotipos sociais .

Na presentación dos resultados de Quérote estiveron presentes o Presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, o Director Xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, e mailo Presidente de Down Galicia, Delmiro Prieto, entidade que se estrea este ano dentro do programa Quérote+.


O Boletín Nº 17 / Marzo 2012

COGAMI reúnese coa Conselleira de Sanidade

Momento da xuntanza da Directiva de COGAMI coa Conselleira de Sanidade e a Xerente do Sergas

Os cursos de formación profesional serven como reciclaxe”

Membros da xunta directiva de COGAMI mantiveron unha xuntanza coa recentemente nomeada Conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera Álvarez, e na que tamén estivo presenta a Xerente do Sergas, Mª Nieves Domínguez. Dende COGAMI achegáronlle á Conselleira temas que lle preocupan ás entidades membro, sobre todo sanitarias. En relación ás instalacións do Hospital do Rebullón (Mos), a directiva da Confederación expresoulle a Rocío Mosquera

Esther Martínez Pereira é usuaria do Servizo de Intermediación Laboral de Vigo e pediulle á súa orientadora laboral información sobre os cursos de formación previstos neste ano por COGAMI. Un dos cursos é o de Atención sociosanitaria en Mos, unha oportunidade que Esther aproveitou porque, en breve, vai abrir un centro de día preto da súa casa e cre que é unha oportunidade laboral.

Esther Martínez Pereira é alumno do curso que imparte COGAMI en Mos

Xuntanza coa Delegada Territorial da Xunta

Á esq., Belén Do Campo, interésase polo que lle di o Pres. de COGAMI e a Coordin. de COGAMI-Coruña.

En horario de 16:00 a 21:00 horas, Esther e once alumnos máis aprenden contidos para o coidado das persoas maiores. “Levei unha sorpresa co curso. Pensei que cinco horas seguidas de clases polas

O Presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, acompañado pola Coordinadora de COGAMI-Coruña, Elena Antelo, reuniuse na cidade herculina coa Delegada Territorial da Xunta, Belén Do Campo. Dende COGAMI amosáronlle á Delegada Territorial a través dunha presentación, todas as actividades que se realizan dentro da Confederación, facendo fincapé en todas aquelas entidades e servizos que se desenvolven dentro da provincia de A Coruña.

o interese pola cesión total do espazo pola cesión formal dalgúns espazos para a súa habilitación como centro de recursos sociosanitarios para persoas con discapacidade de toda a comarca de Vigo. Outro tema tratado foi a presentación dun proxecto piloto para a recollida, almacenamento, recuperación e préstamo de produtos de apoio.

tardes ían resultar moi pesadas pero, todo o contrario. O curso está resultando ser moi dinámico porque facemos moita práctica e traballos en grupo”, cóntanos Esther. “Vexo que é intensivo, pero que tes posibilidades de acceder a un traballo, que hai saída laboral”. COGAMI vén de iniciar neste ano 6 cursos de FP, financiados pola Consellería de Traballo e Benestar a través da Dirección Xeral da Dependencia e Autonomía Persoal e mailo Fondo Social Europeo, dentro do convenio de Programa de Formación Profesional para persoas con discapacidade residentes en Galicia.

Belén Do Campo recoñeceu o labor importante que COGAMI desenvolve para favorecer ao colectivo e amosouse receptiva para poder colaborar en proxectos que se desenvolvan. Dende a Confederación incidiuse no importante que é que a Administración manteña o apoio destes servizos que se destinan á mellora de vida das persoas con discapacidade.

3


ENTREVISTA “COGAMI tivo desde os seus inicios un marcado carácter precursor ata ser hoxe un referente indiscutible do movemento asociativo en Galicia”

Susana López Abella, Secretaria Xeral de Igualdade. Onde se sinte máis satisfeita no lexislativo ou no executivo? En todas as responsabilidades públicas estiven e estou cómoda, en cada caso coas súas características. A Administración local ten o valor da proximidade á cidadanía, da percepción de proximidade, da capacidade de influír directamente no benestar dos teus veciños e veciñas. O meu paso polo Parlamento de Galicia durante dúas lexislaturas foi unha experiencia moi intensa e positiva, vivida desde as súas perspectivas posibles, como grupo maioritario de apoio ao Goberno da Xunta e como grupo parlamentario na oposición ao bipartito; foron 8 anos moi intensos. Nestes momentos nos que o presidente Núñez Feijoo me encomendou responsabilidades, primeiro na área de benestar e agora na de igualdade, teño a oportunidade de traballar en políticas e accións directas que inciden no desenvolvemento social de Galicia. É un exemplo de muller con cargas familiares e con éxito profesional. É posible a conciliación? Claro que si, pero a nosa sociedade aínda non ten cumprido ese obxectivo. É preciso remover obstáculos, superar costumes, tradicións, rutinas, prexuízos… e temos que facelo xuntos os homes e as mulleres. Creo que a corresponsabilidade é esencial para

4

A súa traxectoria política é unha carreira sen presa e sen pausa. A actual Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella, cambiou o micrófono de Radio Faro da súa vila natal, Chantada, para probar en política. Forma parte do goberno municipal como concelleira de cultura, logo como tenente de Alcalde e de aí, vén para Santiago, como deputada do Parlamento galego. Asume cada vez máis cargos de responsabilidade dentro do seu partido, o Partido Popular, para formar parte do goberno da Xunta, primeiro na área de Benestar e agora en Igualdade. universalizar a conciliación, e para que chegue un día no que esta pregunta non sexa necesaria. As estatísticas sobre a violencia de xénero non son halagüeñas, en 2011 foron 67 mulleres asasinadas -3 delas galegas- e no que vai deste ano xa son 9. Que falla? Nunca poden ser halagüeñas as estatísticas, mentres haxa unha soa muller que sufra violencia en calquera das súas manifestacións. Que falla? Pois ás veces falta a fortaleza necesaria, a compañía do entorno, a valentía da familia, das amizades… ese conxunto de factores que fan posible dar o paso ao fronte e presentar unha denuncia. A denuncia fai posible que se desencadee o protocolo de protección á vítima, con medidas de seguridade, axudas económicas e todos os recursos necesarios para a recuperación psicolóxica. Sempre me gusta poñer de relevo que as administracións temos os medios necesarios a disposición das mulleres para que poidan saír do ciclo da violencia, uns medios que en Galicia preservamos intactos, a pesar da crise, e mesmo crecen nalgúns casos, como na partida presupostaria para axudas periódicas que este ano é de 2,4 millóns, un 13% máis que o ano pasado.


O Boletín Nº 17 / Marzo 2012

Moitas mulleres con discapacidade sofren o maltrato dentro da propia familia, son silenciadas, minusvaloradas... os mecanismos que existen hoxe en día para detectar o maltrato, recollen este tipo de perfís? Partimos da convicción de que as mulleres con discapacidade sofren dobre discriminación, agravada no caso de haber malos tratos. Estamos avanzando para corrixir esta situación e eu mesma tiven a oportunidade de levar adiante unha iniciativa lexislativa en 2005 sobre xénero e discapacidade, unha cuestión que hoxe resulta prioritaria na acción política de todos os gobernos. Un dato recente, en Galicia un total de 19 mulleres con algunha forma de discapacidade que tiñan sido vítimas de violencia de xénero percibiron as axudas periódicas que concede a Secretaría Xeral da Igualdade, que teñen unha duración de doce mensualidades e o obxectivo de facilitar precisamente as condicións das que falabamos antes, para que a muller poida saír do ciclo de violencia e de humillación. As forzas de seguridade do Estado adoitan ser as primeiras en detectar situacións de violencia, de feito, contan con persoal específico. Ten pensado a Administración preparar a estes profesionais en maltratos a mulleres con discapacidade? Todas as administracións, sen excepción, tanto as locais, como as autonómicas e a estatal, mostran un firme compromiso de coordinación coas forzas e corpos de seguridade do Estado para optimizar a información e os recursos dispoñibles para previr e erradicar esta forma de violencia, cunha consideración e unha sensibilidade especial cando as vítimas son mulleres con algunha discapacidade. As persoas con discapacidade sofren as consecuencias da falta de accesibilidade en xeral, esta situación complicase cando se ten que acudir en caso de emerxencia ás casas de acollida, estase traballando na súa eliminación? Si, sobre este asunto hai moito avanzado, porque todas as administracións temos a obriga de cumprir o plan de eliminación de barreiras arquitectónicas nos edificios públicos. En concreto, podo citar o caso do Centro de Emerxencias para mulleres maltratadas, que está perfectamente adaptado e ten unha accesibilidade arquitectónica plena e persoal especializado para atender a mulleres con discapacidade. E nunha recente visita ao centro, as profesionais contáronme a utilidade de todas as medidas de accesibilidade implantadas, das que explicaban como exemplo o caso dunha muller cunha severa discapacidade física que durante varios meses residiu no centro.

A súa Secretaría Xeral ten contacto coa primeira asociación de mulleres con discapacidade en Galicia, Acadar. Que pensa sobre o papel da sociedade civil e como debe ser a relación coa Administración? A sociedade civil sempre vai por diante das administracións. O tecido asociativo é un piar fundamental do estado do benestar e un auténtico acicate para as administracións, que necesitan da opinión, dos criterios e da experiencia das asociacións para orientar as súas políticas. A colaboración da Xunta de Galicia con Acadar é estreita, moi produtiva e agardo que se intensifique aínda máis, como garantía de que facemos unha política social realista e axeitada aos requirimentos da cidadanía. Téñolle que preguntar sobre COGAMI. Ímola poñer nun apuro: tres cousas que pensa que facemos ben e tres cousas nas que pensa que temos que mellorar. Enumerar as cousas que COGAMI fai ben non é ningún apuro, se acaso, por poñer a proba a miña capacidade de síntese, porque son moitas e moi valiosas as súas achegas ao longo da súa traxectoria. COGAMI tivo desde os seus inicios un marcado carácter precursor e foi crecendo ordenadamente ao longo destas dúas décadas ata ser hoxe un referente indiscutible do movemento asociativo en Galicia. A contribución de COGAMI na dignificación e na visibilización dos homes e mulleres con discapacidade é un orgullo para toda a sociedade galega e creo que é de xustiza facer un recoñecemento ao papel de Domingo Dosil, que abriu un camiño seguido despois por outras asociacións, e de cuxa continuidade se ocupa hoxe Anxo Queiruga, cun notable criterio de eficacia e profesionalidade. E por mellorar, pois quizais podemos afondar nas vías de colaboración coa Secretaría Xeral para avanzar tamén na igualdade, porque nesta cruzada todas e todos somos necesarios, por iso considero tan importante o impulso e apoio que dende COGAMI se lle está a dar a ACADAR.

Susana L. Abella, acompaña ao Pres. de COGAMI e á Pres. de ACADAR

5


CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO

O alcalde de Lugo visita as instalacións

Dixardín estrea páxina web Cambios no grupo empresarial de Galega de Economía Social. Primeiro foi a fusión entre as dúas empresas de xardinería Iso Riparia e Íntegro que derivou en Dixardín e agora esta nova marca intenta adaptarse aos novos tempos e crea unha páxina web para presentar todos os servizos que realiza. A nova páxina web www.dixardin.es é dinámica, fácil de manexar ecompletamente descritiva da actividade que realiza a empresa.

A través de fotografías amosa os traballos acometidos en parques, xardíns e zonas verdes para que os posibles clientes poidan facerse unha idea de como desenvolven a actividade. Outras das particularidades da páxina de Dixardín é que ten consellos para o coidado das plantas, para deseñar xardíns e que informa sobre as zonas verdes públicas que está a coidar.

O Concello de Lugo cede instalacións a Artegalia para nova iniciativa empresarial O ano pasado, dez persoas con discapacidade formáronse nun curso AFD sobre Operacións auxiliares en empresas de comercio electrónico. Cinco meses máis tarde, rematou esta acción formativa coa contratación de seis persoas a través da empresa Artegalia de Galega de Economía Social, para abrir e xestionar redes sociais no grupo empresarial. Os seis traballadores están nunhas instalacións cedidas polo concello de Lugo no CEI NODUS e dende alí realizan as funcións de community manager, xestionar a diario o Facebook e Twitter que as empresas de Galega de Economía Social teñen abertas.

Visita dos xuvenís e cadetes do SD Compostela a Trameve O centro de reciclaxe de vehículos Trameve recibiu a visita de vinte xogadores do equipo SD Compostela das categorías xuvenil e cadete. Esta visita forma parte do programa de actividades didácticas que seguen despois dos adestramentos. Os rapaces puideron percorrer todas as instalacións e ver como se despeza un vehículo coidando o

6

e como se reciclan as pezas para poder seren poder seren reutilizadas novamente. Sen dúbida, o que máis lles chamou a atención aos rapaces foi poder subir ao coche de competición do xerente de Trameve, Luis Penido, coñecido condutor de rallies de Compostela.

A nova iniciativa de Artegalia en Lugo, que se une as xa anteriores de comercialización de bolsas e de montaxe de manillas, fai que a Axencia de emprego e desenvolvemento local seleccione unha acción formativa máis que consiste nun programa de apoio ás persoas con discapacidade para o mantemento do posto de traballo. O concello apoia esta iniciativa con 12.000 euros que serven para implementar a formación primeira e para dotar ás persoas con discapacidade das habilidades sociais e comunicativas fundamentais para desenvolver o posto de traballo.


O Boletín Nº 17 / Marzo 2012

Traballadores de Ges xantan con outros integrantes do curso Quiosco da Rede Galega situado na rúa Rosalía de Castro de Pontevedra

Apertura de quioscos en Pontevedra O Presidente de Galega de Economía Social, Anxo Queiruga, vén de asinar un convenio co concello de Pontevedra para ampliar o número de quioscos da Rede Galega na cidade. Dos catro que xa estaban operativos na cidade, dous máis son os que van iniciar a actividade co que se crean 13 empregos estables para persoas con discapacidade hasta o ano 2016, data ata a que estará en vigor a xestión dos

quioscos en Pontevedra. Os quioscos están situados en Rosalía de Castro, Avenida de Vigo, Praza de Galicia, na praia fluvial –só operativo no verán- e os novos van abrir na praza do Mestre e na Avenida de Bos Aires. Catro deles contarán con aseos de uso público. Rede Galega ten 38 quioscos e neles traballan117 persoas.

Hornos seleccionada nun proxecto do BBVA De entre máis de cen proxectos presentados, Hornos de Lamastelle resulta escollida, xunto con outras seis empresas máis de toda España, para poder levar a cabo uns cambios dentro da propia empresa que suporán unha mellora tanto técnica como comercial. Hornos de Lamastelle presentou unha proposta de mellora a principios do ano pasado a Momentum Project, concurso promovido polo BBVA e por ESADE, que selecciona proxectos que se poderán poñer en marcha a través de préstamos con condicións melloradas con respecto aos ofertados por entidades bancarias tradicionais.

Pie de foto

Últimos retoques para a posta en marcha de Fresh Cut Frutas Nieves e Galega de Economía Social inauguran no mes e abril en Vigo unha planta de froitas e verduras frescas preparadas e envasadas. Fresh Cut é o nome desta iniciativa empresarial que se vai dedicar a preparados de compotas para distribuír a residencias de maiores, colexios e hospitais. Estas compostas son o resultado dun proxecto de I+D+i que se espera seguir innovando con novos alimentos funcionais.

Fresh Cut tamén prepara froitas e verduras de IV gama, que van frescas, limpas, talladas e envasadas para consumo. Este tipo de produtos van ser destinados tanto a colexios, como centros hospitalarios e hostalería. Para emprender esta nova iniciativa é preciso persoal cualificado, por iso dez persoas con discapacidade levan xa unha tempada preparándose para levar adiante este proxecto.

Hornos de Lamastelle vai dispor de orzamento para investir tanto en maquinaria como na potenciación da imaxe da marca e na mellora da distribución do produto. Ademais da presentación de documentación que acreditaba que a empresa podía formar parte das seleccionadas para este proxecto, o programa contemplou formación na Escola de negocios de Barcelona de persoal laboral de Galega de Economía Social. Colaboraron tamén no proceso de desenvolvemento de crecimento con directivos de Inditex, de BBVA e alumnos ESADE.

7


REPORTAXE

O servizo de innovación de Galega de Economía Social

O actual paradigma económico é complexo. A diario escoitamos historias reais de negocios que pechan, persoas desempregadas, caída do consumo, contención de gastos,... en fin, temas que todos os días escoitamos nos informativos. Esta inestabilidade económica vívese tamén en Galega de Economía Social, que non é allea á volatilidade da economía. Como sucede no resto das empresas, reséntese da actual situación de caída do consumo. É preciso buscar alternativas, sendo unha delas, o departamento de Innovación e Procesos. Como o seu propio nome indica, o departamento de Innovación pretende pois, innovar, mellorar e actualizar a actividade dos nove centros especiais de emprego que forman parte de Galega de Economía Social. En xaneiro de 2010, a renovada Dirección Xeral de GES consideraba que esta tiña que ser unha área esencial se se quería dar un paso máis adiante na profesionalización do grupo empresarial. E así é como inicia este servizo.

nas novidades do sector que xurdan e que moitas veces poden ser aproveitadas e adaptadas ás necesidades propias. O mundo empresarial de hoxe en día, a competencia, fai necesario estar pendente do que pasa para adaptarse ás necesidades que demanda a sociedade. O consumo estase contendo, por iso hai que estar á última, non é preciso inventar, aínda que suporía un gran paso, basta con adaptarse aos tempos actuais.

Unha das actividades que se realiza no departamento é a vixilancia tecnolóxica. A diario, os profesionais que traballan aquí teñen que buscar e analizar información relacionada cos sectores dos que forma parte o grupo de empresas. Interesa tanto recoller datos sobre materiais, tecnoloxías, maquinaria, lexislación, formación, preparación, en fin, faise un seguimento segundo marcan as pautas da UNE 166002.

A identificación de concursos públicos e a procura de financiamento axeitado son outros labores esenciais dos que se encarga o persoal de Innovación. É importante para o grupo ter a oportunidade de presentarse a convocatorias, a premios que lle permitan un recoñecemento público e prestixio para as súas empresas.

O labor de vixilancia é un dos máis importantes porque unha empresa innovadora ten que estar atenta a todo o que sae novo ao mercado. Permite ter coñecemento dos concursos de contratación de servizos que hai, estar á última

8

Algunhas das melloras nas que xa está traballando o departamento de Innovación de Galega de Economía Social están relacionadas coa comunicación e o marketing das empresas, que inicia coa apertura de páxinas web, de redes sociais, co deseño de catálogos promocionais e a busca de novos canais de distribución e de novas liñas de negocio.


O Boletín Nº 17 / Marzo 2012

Pedímoslles aos integrantes do departamento de Innovación e Procesos que definan nunha soa frase as funcións do seu posto. Rosa Gutiérrez, Xefa do departamento “Non sabería resumir nunha soa frase o meu posto porque teño tarefas tan distintas… podería dicirse que o meu posto consiste en coordinar as accións e actividades de ese caixón de xastre que é o departamento de innovación.”

David Cao, Técnico informático “Eu encárgome de manter actualizadas e en bo funcionamento as aplicacións e programas lóxicos, ademais dos sistemas de operación de computadoras e os equipos informáticos en si.”

Eva Pita, Responsable de Prevención de Riscos Laborais, Axudas Públicas e Licitacións “Unha frase non me chega, necesito polo menos tres para resumir o meu traballo! Fago labores de supervisión, coordinación e asesoramento en materia de PRL, medioambiente e administración pública ás empresas do grupo; por outro, encárgome de tramitar licitacións e axudas públicas cando sexan precisas. Tamén me encargo da vixilancia dos aspectos que poidan afectar ás empresas do grupo.”

Lupe Pombo, Responsable de calidade “Ademais de levar a xestión da calidade, son a responsable da implantación dos sistemas e actualización de procedementos en Galega de Economía Social e as empresas que forman o grupo, isto inclúe I+D, UNEs, ISOs, OHSAS, medioambiente, etc. Realizo auditorías internas, apoiada por Eva nalgúns casos, e acompaño ás empresas nas auditorías externas.”

Lorena Casas, Responsable de comunicación “Podo facelo nunha palabra: conectar, que ao fin e ao cabo é o que fai a comunicación. Establezo conexión entre unos e outros, tamén actualizo as webs, redacto comunicados internos ou mesmo felicito o aniversario das amizades de LonxadeLetras no Facebook”.

9


ASOCIACIÓNS MEMBRO

A Deputada Provincial charla con Anxo Queiruga e Ángel Holguera durante a visita

Participación de usuarios de COGAMI na festa do cocido de Lalín

A Deputada Provincial de Benestar visita o centro de Mos

Adisbismur ten problemas co transporte do centro Valadares

A festa gastronómica do cocido de Lalín tivo este ano unha atención especial cara o colectivo das persoas con discapacidade. Por vez primeira, nesta corenta e catro edición, levouse a cabo unha iniciativa de Cocido Accesible que permitiu que trinta persoas usuarias, tanto do centro de recursos de COGAMI-Deza como do centro de recursos de COGAMI-Lugo, puideran participar activamente da festa.

A Deputada de Benestar Social e da Muller da Deputación de Pontevedra, Marta Iglesias Bueno, visitou as instalacións que COGAMI ten en Mos. Acompañada polo Presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, polo Presidente da Federación de COGAMI-Pontevedra, Ángel Holguera, e mailo Coordinador do centro de recursos de Mos, Celso Álvarez, a Deputada provincial puido coñecer as actividades que se desenvolven no centro de Mos, lugar ao que acoden a diario 42 persoas con discapacidade física e/ou intelectual.

A Asociación de persoas con discapacidade da Bisbarra de Muros (Adisbismur) e os familiares de usuarios, denuncian a falta de eficiencia do servizo de transporte dende que o concello de Muros se fixo cargo del.

Acompañados en todo momento por membros de protección civil, puideron gozar do paseo das carrozas galardoadas para a ocasión dende un espazo habilitado para eles o que lles permitiu non perder ningún detalle tralo desfile. Ao remate, foron todos xuntos a xantar a un restaurante accesible acompañados pola Concelleira de Servizos Sociais, Paz Pérez. Despois de xantar, fixeron un roteiro pola zona urbana para ver a exposición de figuras de porcos adornados, Porkart. As persoas usuarias de COGAMIDeza e Lugo presenciaron tamén, na casa do concello, a encomenda na que nomearon ao Presidente de COGAMI comendador da Festa do Cocido, un acto na que lle vestiron unha capa deseñada para a ocasión.

10

Momento da rolda de prensa de Adisbismur no centro de Valadares

COGAMI-Lugo durante o percorrido pola festa

Dende COGAMI recordáronlle a Marta Iglesias a necesidade de renovación do convenio entre a Deputación e COGAMI para seguir apoiando as actividades que tanto a Confederación como as asociacións membro realizan na provincia. Achegóuselle á Deputada Provincial a necesidade de, polo menos, de continuar os servizos que xa temos. Dende COGAMI tamén se lle agradeceu a Marta Iglesias o interese amosado pola nosa organización e que quedou demostrado nas dúas horas que estivo no centro de Mos nas que non deixou de preguntar e de interesarse polo traballo que desenvolvemos a favor do noso colectivo.

Ata o pasado mes de decembro Adisbismur, dispoñía de dúas furgonetas e de tres persoas encargadas do servizo que subvencionaba o concello de Muros. O concello deixou de subvencionar o transporte, faise cargo del e merca unha furgoneta de 9 prazas, insuficientes para as 14 persoas que o utilizan. O transporte agora fai dúas viaxes cos que as persoas que van na primeira quenda teñen que quedar soas ata que o centro abra. As familias rexeitan esta medida porque a maioría dos usuarios teñen discapacidade intelectual e non poden quedar sos. Dende Adisbimur e dende as familias dos usuarios de Valadares pídenlle ao concello unha xuntanza para poder achegar posturas que beneficien ás persoas usuarias do centro, que son as máis prexudicadas dende que se modificou a xestión do transporte.


O Boletín Nº 17 / Marzo 2012

Comparsa de Heroes e Villanos no desfile

Laura Barral, fisioterapeuta de A Coruña

As comparsas de COGAMI Lugo logran o terceiro posto

Ámbar organiza un concurso de fotografía sobre discapacidade

Inicia en A Coruña un obradoiro para previr lesións lumbares

Un grupo formado por preto de 30 persoas de COGAMI-Lugo participaron o martes de Entroido no concurso de disfraces que cada ano organiza o concello lucense. Repartíronse en dúas comparsas, unha delas era Vampiros sen barreiras e, a outra, comparsa Heroes e villanos: loita pola accesibilidade.

“Viviendo en la comunidad 2012” é o título co que a asociación da comarca da Barbanza, Ámbar, denomina o concurso de fotografía que convoca por vez primeira. A través desta competición cultural, a entidade pretende que as persoas concursantes recollan a realidade vivida do colectivo das persoas con discapacidade.

A fisioterapeuta de COGAMI-Coruña tivo a idea de desenvolver un obradoiro gratuíto para ensinar como coidar o lombo, unha das partes do corpo que máis se resinte da actividade diaria e das máis castigadas por malos hábitos posturais.

Como os nomes xa adiantaban, as dúas comparsas, estaban caracterizadas por disfraces que pretendían ser unha chamada de atención ás barreiras arquitectónicas que día a día se atopan as persoas con mobilidade reducida por todos os recunchos das zonas nas que viven. Como o percorrido completo supón unha distancia considerable, como cada ano, COGAMI-Lugo únese ao desfile durante o último tramo, que coincide diante da casa consistorial lugar onde está o xurado. A comparsa de Heroes e villanos conseguiu o terceiro premio despois de facer a súa representación. O agasallo consiste nun cheque coa cantidade de 500 euros, uns cartos que xuntos cos 600 euros gañados na edición pasada, vanlles permitir a todos os participantes poder facer unha excursión. Noraboa aos gañadores.

O obxectivo do concurso é fortalecer a percepción da imaxe das persoas con discapacidade e a súa participación na comunidade. Polo tanto, as fotos deben amosar a vida en familia, cos amigos, en parella, no traballo, no lecer..., en fin, ofrecer unha visión normalizada.

Co nome de Escola de Costas, este obradoiro está orientado tanto ás persoas con mobilidade reducida como para o resto da poboación. Nel vaise intentar educar durante dúas sesións de hora e media cada unha, sobre os coidados e mecanismos corporais de protección, recuperación da dor, e prevención de futuras lesións.

O concurso, de inscrición gratuita, é aberto tanto a profesionais como a afeccionados da fotografía, que terán que presentar obras inéditas en formato dixital tendo o 1 de setembro como data límite.

Inténtase que as persoas asistentes coñezan a columna vertebral dunha forma básica tratando de ensinar exercicios de mantemento para unhas costas sas e analizar as actividades simples da vida diaria determinando cales son as posicións correctas e incorrectas.

Os premios van constar todos dun diploma de recordo ademais de 900 euros para o primeiro, 400 euros para o segundo clasificado e haberá mención especial tamén de 400 euros para a terceira persoa clasificada. A mención especial será para a obra que reflicta a discapacidade dentro da escola ordinaria.

O obradoiro Escola de Costas desenvólvese durante as tardes nas instalacións de COGAMI-Coruña de hora e media de duración cada unha. Na primeira delas verase anatomía e faranse exercicios, mentres que na segunda daranse as normas posturais seguidas doutra quenda de exercicios.

11


PECHE

Iniciamos o ano cunha nova reflexión estratéxica O mes de febreiro é a data na que inicia o segundo proceso de reflexión estratéxica que dará como resultado o Plan estratéxico de COGAMI 2013-2015, a folla de ruta que vai seguir a entidade durante os vindeiros tres anos. O primeiro paso que se dá é a constitución do Comité de Planificación, un organismo que se conforma de 12 persoas, sendo estas tanto membros da xunta directiva como persoal técnico. Xa hai deberes para o primeiro semestre do ano: o obxectivo previsto é coñecer minuciosamente a situación interna de COGAMI e como desenvolve o seu labor. As actividades que teñen que levar a cabo o comité formado por 12 persoas van ser dende realización de enquisas aos grupos de interese da asociación co fin de revisar a misión e valores de COGAMI, ata analizar dende os

seus comezos á organización para ter unha visión da súa evolución, ou describir as principais fontes de financiamento, facer un diagnóstico da situación financeira da organización así como analizar cal é a situación externa, como se desenvolve o terceiro sector e, en concreto, o eido d a discapacidade. Con todos os resultados das avaliacións realizadas dentro da organización, vaise elaborar a análise DAFO, un método de estudio do estado da organización, é dicir, vanse coñecer cales son as debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades que temos. Os resultados van derivar en máis deberes, desta vez para o segundo semestre do ano, momento no que hai que establecer as liñas estratéxicas e os obxectivos estratéxicos para os tres anos seguintes.

www.cogami.es


O Boletin 16