Issuu on Google+

2011

LETRAS GALEGAS 2011 1º A

Revisando os danos revisando os danos revisando os danos…

A man dereita á dereita do corpo

a man esquerda á esquerda.

En plenas facultades,

1 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2011

teño a cabeza no centro do mundo

e voulle cambiando os argumentos

ós meus soños escasos e prudentes

Revisando os danos revisando os danos revisando os danos…

2 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2011

VERTEBRADOS VIVOS EN DIRECTO Viñeron á nosa aula. Pasámolo xenial e aprendemos moitísimas cousas

Os coelliños tiñan medo ao principio. nosas

Logo xogaron con nós e rillaron as merendas.

As tartarugas van a modo pero non teñen acougo. Camiñan e camiñan sen parar. Será por iso que gañan ás lebres nas carreiras?

Os paxaros son moi educados: se lles asubías, primeiro escoitan e despois contestan.

As cadelas e os cans son os nosos mellores amigos. Os seus bicos son lambetadas.

3 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2011 Cando un gato move o rabo en zig-zag significa que está enfurruñado, nervioso, sente perigo.

Os peixes abúrrense moito nos acuarios

“ Canelo”, o año aínda tiña o cordón umbilical.

A profe conseguiu unha ra. Pero cando lle abriu a tapa do bote para que respirara… A ra decidiu “ facer a gata” e non chegou ao cole.

4 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


ACRÓSTICOS POÉTICOS

2011

5 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


AS ADIVIÑAS DE 3ºA

2011

6 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2011

POESÍAS DE 3ºA

7 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2011

SAÍDA SALÓN DO LIBRO O día 28/2/2.011 fomos ao SALÓN DO LIBRO a Pontevedra. Cando chegamos separáronnos en dous grupos. Cada un tiña un guía. Ensináronnos o casco vello de Pontevedra . Pasamos por moitas prazas : a do Teucro , a da Ferrería , a da Verdura , a da Pedreira , a Da Leña etc, e explicáronnos que se chamaban Praza da Leña ,porque antigamente vendíase leña; o mesmo da Verdura; a do Teucro en honor ao arquero grego chamado Teucro. E a da Ferrreria porque antigamente había ferreiros .Contáronnos cousas interesantes como que a porta da delegación de Facenda era a porta da cidade. Despois marchamos a visitar O SALÓN DO LIBRO . Este ano o tema era a mentira e había traballos feitos por nen@s de diferentes colexios de Pontevedra (contos, debuxos, etc). Ao rematar fomos á biblioteca a ler libros. Alí estaba a mascota que era un lobo chamado ORBIL , que é a palabra libro ao revés. Era moi garimoso e sacamos moitas fotos con el. Cando viñeron os outros compañeiros marchamos a coller o autobús con destino ao colexio

8 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2011

A RATIÑA PRESUMIDA O noso compañeiro Aarón leunos PRESUMIDA con pictogramas.

na clase o conto da RATIÑA Atopábase nervioso porque era a primeira vez que o facía diante dos compañeiros/as, pero ao mesmo tempo feliz porque nos estaba ensinando a ler pictogramas. Resultoulle difícil pero o conseguiu. Despois fixémoslle preguntas como por exemplo: ¿costouche moito memorizar os pictogramas? Ou ¿Qué parte do conto che gustou máis?.

Ao rematar démoslle un forte aplauso polo seu esforzo.

4º A 9 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2011

ADIVIÑAS, ACERTIXOS E ENIGMAS Un tren eléctrico circula cara o Norte. Se o vento vai cara ao Sur Cara a onde sairá o fume?

Vinte patos camiñaban ao mesmo compás E vinte camiñaban cunha pata, non máis. Como pode ser certo esto? De que cor son as caixas negras dos avións?

Si todas as miñas garavatas son vermellas menos dúas, todas azuis menos dúas e todas marróns menos dúas. Cantas garavatas teño?

Un home está condeado a morte e ten que emitir un

enunciado. Si o enunciado é verdadeiro, será afogado e si o enunciado é falso, será aforcado. Que enunciado terá que emitir para confundir aos verdugos?

10 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2011

Cal é o animal que come coas orellas? Da miña nai nacín eu sen fundamento de pai e logo morrín e de min naceu a miña nai. Quen son? Ten orellas de gato, rabo de gato, Ollos de gato e gato non é. Quen é?

Alto ou Baixo, deitado ou de pé, Sempre está calado e non hai quen Que fale mellor ca el. Esta figura ten sete pauciños iguais e forma tres triángulos. O reto consiste en formar 4 triángulos iguais con só 6 pauciños.

5ºA 11 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2011

AS XOANIÑAS (Coccinella septempunctata) Os neno/as de 1ºB decidimos polo entroido de Redondela disfrazarnos de xoaniñas porque o tema do entroido era “o bosque” e cada ciclo tiña asignado un papel dentro do bosque, os do 1º ciclo eramos todos animais, nos en concreto, insectos ( xoaniña, moi típica desa época do ano, moi común e moi vistosa ).

Aproveitando esto, decidimos investigar un pouco sobre este insecto e encontramos entre outras moitas cousas divertidas: unha gran cantidade de nomes diferentes para este insecto e unha gran cantidade de refráns, cancións… de diferentes partes do mundo e de Galicia.

12 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2011

DIFERENTES NOMES : María, Mariquiña, Maruxiña, Barrosiña, Xoana, Xoaniña, Cascarrubia, Costureiriña, Rei, Reirrei, Rinchín, Voíña, Pitasol, Papasol, Papoia, Voaniña, Voandiña, Ceboliña, Buxaniña, Doaniña, Santa Teresiña, Mosca de Deus, Polboretiña de Deus, Xoaniña de Deus, Ghaliña de Dios, Mariquita de Dios e Meniña de Dios. DIFERENTES IDIOMAS : Vaquita de San Antonio(Argentina); Sarantonton(Lanzarote); Ladybird(Australia, Reino Unido); Joaninha(Portugal y Brasil); Kalinka(Bulgaria); Ladybug( EE.UU); Coccinelle(Francia); Marienkafer(Alemania); Paskalitsa( Grecia); Coccinella(Italia); Catarina (México)......

REFRÁNS : * Voa Xoaniña voa

* Biquiño de “Dios

que teu pai vai en Lisboa

cóntame os dedos

cun saquiño de Boroa

e marcha con Dios

e a túa nai está na cama comendo pan e cebola...

* Deviñón, Deviñón ¿mañá vai ou non?

13 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2011

REFRANEIRO

O curso de 2ºB coa axuda dos país fixemos un pequeno refraneiro,a continuación un pequeno avance.

14 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2011

Auga de xaneiro, cada gota vale un diñeiro

Se en setembro ves chover, outono seguro é

En outubro o campo de follas se cobre

Decembro xea a cana ou asa a castaña 15 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2011

16 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2011

17 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2011

NUNO 4ยบB

18 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIร‘A


2011

As cíes

A excursión as Cíes, foi xenial, a mellor de todas as excursións que fun na miña vida enteira.. Todo empezou no apeadeiro do tren na Picota, que o usamos para ir ata a estación de tren de Vigo. Logo, collemos o Vitrasa para ir ata o porto de Vigo, e así coller o barco para ir as Cíes. O barco mareoume un pouco, pero máis ao meu compañeiro Hugo que vomitou. Fomos dende o porto ata a Pedra da Campá, que está no alto do monte. Tamén foi unha excursión un pouco dura, porque fomos todo polo monte por pedras, ao sol, todo costa arriba.. Viñemos rebentados da excursión as 8:00 da tarde, pero eu aínda quería ir xogar a Xunqueira, jejejeje!. O mellor de todo foi que nos deixaron bañar na mellor praia do mundo, ...e tamén unha das mais frías!. Outra cousa que me gustou bastante, foi as vistas que hai dende o miradoiro de aves que está no alto do monte. Despois baixamos ata o cámping para poder comer e xogar un pouco, para ir despois ata a praia e poder bañarnos. Oxalá volvamos algún día!

Diego M. Fernández Rodríguez 5ºB

19 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2011

20 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2011

Alumnos 1ยบC

Alumnos 1ยบC

Alumnos 1ยบC

21 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIร‘A


2011

22 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2011

ALUMNOS 2ยบC 23 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIร‘A


2011

REGUEIFA

24 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2011

3ยบC

25 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIร‘A


2011

26 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2011

27 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2011

A PAZ O 30 de xaneiro celebrámos o día da Paz no colexio e aproveitamos para reflexionar . . .

Que é a paz para os nenos e nenas de 5º A Paz é que non haxa guerras, pero non só o 30 de xaneiro senon tódolos días. (Alba) A Paz é que non haxa persoas que morran de fame. (María) A Paz é que paren as guerras, solucionar os conflictos falando. (Aarón) A Paz é cando os nen@s xogan e se divirten. (Brais) A Paz é un soño moi bonito que me gustaría que todos levaramos no corazón. (Andrea Darriba) A Paz é respectar aos compañeiros e compañeiras. (Daniel) A Paz é xogar tranquilos, sen pelexas. (Mario) A Paz é que non haxa abusos, nen explotación infantil. (Luis) A Paz é amor, cariño e tranquilidade. (Antonio) A Paz é compartir, axudar a quen o necesita. (Pablo.G) A Paz é que haxa amor no mundo. (Víctor) A Paz é non pelexar polos territorios. (Alberto) 28 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2011

A Paz é non discrimar ás persoas doutros lugares. (Inés) A Paz é querernos e axudarnos. (Fran) A Paz é ser todos amig@s. (Raúl) A Paz é compartir, non roubar, non pegar... respectar ás persoas. (Nacho) A Paz é un mundo mellor: axudar a quen o necesita, sen racismo, sen machismo, con xustiza. (Erica) A Paz é que todos nos levemos ben, compartamos e sexamos felices. (Andrea Pintos) A Paz é cando os medos desaparecen. (Claudia) A Paz é a amistade e non matar. (Pablo.R) A Paz é o amor que revolotea polo aire. (Samuel) A Paz é que tod@s podemos opinar sen que te metan no cárcere, como pasa nalgúns países. (Noelia) Para min a PAZ, ademáis da ausencia de guerras, é un sentimento de amor, alegría; o máis importante é ter a alma limpa. É tamén preocuparse polos amigos, pola xente que non ten nada para comer… A paz está representada por unha pomba, para min debería estar representada por un corazón xigante, onde coupesen todas as razas da terra. Agora, no mundo, hai moitas guerras e iso é moi triste. Nós temos que aprender a ser como Ghandi (unha persoa que debera ter un millón de premios nobeles da Paz) , ser conscientes de que as guerras só nos traen dor, miseria, destrución… (Paula). 29 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2011

COPLAS DOS MAIOS Na festa dos Maios, tan arraigada no noso pobo, o alumnado de 5º C lanzámonos a facer coplas. Somos os nen@s de quinto

Tantos deberes que temos

gústanos moito xogar

non podemos disfrutar

ao fútbol no recreo

senon nos mandan de mates

todos xuntos disfrutar.

son de língua castelá.

A estes profes de hoxe en día

Un traballo por aquí

gústalles ser moi mandóns

un traballo por alá

cando xogamos ao fútbol

ler un libro en quince días

quítannos sempre o balón.

seica nos queren matar.

Facemos hoxe esta copla

Hai novos ordenadores

para poder protestar

queremos usalos máis

“queremos patio cuberto”

non queremos usar lapis

para así poder xogar.

si queremos chatear.

Queremos patio cuberto

Queremos ordenadores

xa non aguantamos máis

queremos “Plan Abalar”

mollámonos no inverno

e buscar información

asámonos no verán.

para saber moito mais.

Os da xunta son moi malos

Este ano xa remata

non fan nada “pa” arranxar

xa nos imos despedir

o noso patio cuberto

para o ano voltaremos

e ímonos enfadar.

con máis coplas que dicir. 30 REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2011

1ºd COMO FACER UN MEDALLÓN CELTA

Primeiro facemos unha bola de arxila.

Como a arxila está moi dura temos que amasar moito.

Por fin temos as bolas preparadas.

Agora hai que aplastatalas.

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA

31


2011

Cando a teñas ben aplastada, colle un cordel e ,como facían os celtas, fai ti, o debuxo que queiras.

Ves? Nós fixemos unha espiral.

Non esquezas varnizalo con mistura de cola e auga para que endureza.

Xa temos os nosos medallóns! Só tes que pasarlles un cordón e a presumir como facían os castrexos.

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA

32


2011

A COCA

Conta a lenda que, fai moitos séculos, vivía cerca de Redondela un dragón que de vez en cando chegaba á vila para levar unha rapaza para a súa cova. Así o fixo varias veces, ata que os mozos mariñeiros armáronse de coraxe e un día acordaron encararse ao monstro. Así o fixeron e despois dunha loita saíron vitoriosos. Xa vencido trouxérono ao pobo. Ao mesmo tempo que liberaron as mozas que tiña na súa cova. Foi aquí en Redondela despois de que o dragón dera os seus últimos suspiros cando os valentes mozos colléndose as espadas uns aos outros empezaron a bailar arredor do dragón.

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA

33


2011

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA

34


2011

A RUTA DA SEDA

A ruta da seda orixinouse no século II antes da nosa era. Nun principio creouse respondendo máis ós intereses militares e políticos que a ambicións comerciais. O primeiro en viaxar por este traxecto foi un oficial chino de nome Zhang Quian.

Alí atopou uns cabalos preciosos e volveu a China e díxollo ó Emperador que rapidamente o mandou a el e a máis militares para que lle trouxeran os cabalos . Así se descubriu A Ruta da Seda

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA

35


2011

ÁRBORES PARA A PAZ

WANGARI MUTA MAATHAI

Naceu en 1940 en Kenia nunha familia de labregos, Wangari ten a sorte de ir á escola e obtén unha beca de estudos para ir a EEUU. É a primeira muller de África do Este en ter unha licenciatura en bioloxía. No seu país as mulleres son marxinadas na vida política e social, pero ela é unha muller comprometida. En 1976 participa no Consello Nacional de Mulleres de Kenia e lanza un proxecto:

plantar árbores para salvar a

terra. Maltratada pola policía declara: “O Estado cre que ameazándome e golpeándome pode calarme , pero teño unha pel de elefante e fai falla que alguén fale alto e claro”. A través do movemento “ Cinturón Verde” que fundou, logrou plantar xunto a outras moitas mulleres, 30 millóns de árbores en Kenia.

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA

36


2011

Wangari Muta creouse moitos inimigos na súa loita, pois enfrontouse a proxectos inmobiliarios que necesitaban a destrución de bosques, denunciando a corrupción no seu país e que os intereses particulares primaron sobre a preservación dos recursos naturais. ! En cantos lugares sucede o mesmo! En 2004, recibiu o Premio Nobel da Paz polo seu traballo a favor do desenvolvemento sostible que se apoian na democracia e no respecto aos dereitos humanos en xeral e nos das mulleres en particular.

Na tradición africana a árbore é o símbolo da Paz. !Que historia real tan valente!

“A terra estaba espida. A miña misión foi intentar vestila de verde” WANGARI MAATHAI Alumnado 3º CICLO

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA

37


TEATRO DE SOMBRAS

2011

No festival das Letras Galegas o alumnado de 6º fixemos un teatro de sombras no que representamos tres lendas; a continuación contamos a lenda “ O Castro de Negros” (Santo Estevo de Negros. Redondela.) No castro vivían mouras moi bonitas e con moito diñeiro. … Na croa do castro, que tamén se chama a Roda, facían festas as mouras. … Un rapaz dunha aldea veciña quedou citado cunha moura, pola noite, no castro, e díxolle que tiña que arrincarlle un caravel da boca unha vez convertida en serpe. O mozo, chegado o momento, tivo medo pola grandura da serpe e non fixo o que a moura lle dixera para desencantala. Despois quixo seguir á moura, pero os mouros non lle deixaron; entón o mozo, desesperado, tirouse polas pedras do castro e apareceu esnafrado. … Un mozo quedou citado cunha moura moi fermosa que lle dixo que, unha vez convertida en serpe, tiña que pegarlle no rabo cun pao e facerlle sangue. Así o fixo, e casou coa moura e foi moi rico.

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA

38


CARTA DE DESPEDIDA

2011

Querido cole! Pasamos seis anos xuntos, nos que houbo momentos tristes, momentos de moitos nervios pero, sobre todo, momentos felices; polo que da mágoa deixarte. Deixamos atrás moitos recordos dende 1º ata 6º, algúns bos e outros malos pero, gustaríanos recordalos todos. Comezamos sendo uns rapaciños e rapaciñas asustados, que non sabiamos moi ben para onde íamos, pero pouco a pouco fomos medrando xuntos e coñecéndote ben a ti e a todos os teus mestres e mestras. Nestes anos fixemos grandes amizades e case con bágoas nos ollos temos que despedirnos de ti, que nos ensinaches tanto: matemáticas, lingua, coñecemento, inglés, música, educación física... Pero o que máis nos gustou foi que nos ensinaches a respectar, a querer, a que podemos ter outros amigos e amigas pero, sobre todo, a traballar en equipo. O que máis nos sorprende é que xa pasaron seis anos; e pensar que parece que foi onte cando empezamos a coñecerte!

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA

39


2011

Os momentos máis felices foron, como non, as distintas excursións, nas que o pasamos xenial. Visitamos lugares moi fermosos como: as Illas Cíes, a cidade de A Coruña, a Catedral de Santiago... Tamén recordamos momentos moi tristes como a despedida dos titores polo cambio de curso, e os momentos máis reinvidicativos, que tamén os houbo, como cando fomos a Santiago a pedir que nos fixeran un patio cuberto para poder saír ao recreo os días de choiva. Ai! Estes anos foron os mellores das nosas vidas. Pasamos moitas aventuras, fixemos grandes amigos e amigas, coñecemos a xente nova, e claro está, déronnos clase uns fantásticos profesores e profesoras. O patio do recreo é un dos nosos lugares favoritos. Alí tivemos moitas pelexas, reconciliacións, xogos, partidos, diversións... e agora que temos que marchar e deixar atrás todos estes recordos, as nosas aventuras, os noso sitios favoritos...poñémonos moi tristes! Pero agora faremos unha viaxe a secundaria, onde aprenderemos novas materias, faremos novos amigos e amigas e teremos un patio novo. Botarémoste de menos, tamén a Nana e aos

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA

40


2011

profes. Queremos que saibades que vos queremos moito e que sempre vos levaremos no corazón. Queremos dar as grazas a todos e cada uns dos mestres, xa que pouco a pouco fóronnos aprendendo a súas áreas, e con moito esforzo (non o negamos) chegamos “a meta de Primaria”. Gustaríanos dar ánimo aos alumnos e alumnas de cursos inferiores, e dicirlles que con esforzo todo se consegue. Sempre recordaremos o CEP. Santa Mariña polos seus mestres e mestras, que, aínda que algúns digan que son bos ou malos, sempre nos axudaron e intentaron facer o mellor para nós. Recordarémonos tamén os compañeiros, xa que é posible que nos separen na ESO. Sempre nos lembraremos polos bos momentos que pasamos e sobre todo polo moito que nos queremos. Por último soamente quédanos por dar as grazas a tódalas persoas que forman parte de ti, directora, administrativo, bedel, ANPA, e en especial, aos mestres e mestras Esperamos seguir todos xuntos nos seguintes anos. Por isto e por moito máis, adeus Santa Mariña. Alumnos e alumnas de 6º, promoción do 2011.

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA

41


2011

P.D: Se volveramos a nacer mil veces, mil veces volveríamos e elixir este colexio.

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA

42


curso 2010-2011