Revista Século 21_2016

Page 1

1

2015/16

SÉCULO 21


Oferta Ciclos de grao medio: Ciclo de grao medio Farmacia e parafarmacia. Ciclo de grao medio en Preimpresión dixital. Ciclo de grao medio Impresión. Ciclos de grao superior: Ciclo de grao superior en Anatomía patolóxica e citoloxía. Ciclo de grao superior de Deseño e xestión da producción gráfica. Formación Profesional Básica: Agroxardinería. Artes gráficas. Mantemento de vehículos. Peiteado e estética.

2 Avda. Montecelo, 16

• 36161 Pontevedra • Telf.: 986 850 261 •

Fax: 986 866 857

e-mail: ies.montecelo@edu.xunta.es


Índice 2016 Século21 Letras Galegas

Vida e Obra do galardonado

en 2016 coas Letras Galegas

Manuel María

páxina

28

Editorial Director: Benito Oubiña

Maquetación: Daniel Regueira

Portada: Lúa Campos Daniel González

Outros artigos Editorial. . . . . . . . . . . . . . . . . . . 2 Entrevista a Lúa Campos ���������4 Biblioteca de vangarda. . . . . . . 11 Devorando comics. . . . . . . . . . 12 Actividades biblioteca . . . . . . . 14 Mediación . . . . . . . . . . . . . . . . 16 Actividades IES Montecelo �����18 Historia da Nintendo. . . . . . . . 24

Colaboracións:

Manuel María . . . . . . . . . . . . 28 Programa Erasmus+. . . . . . . 32 Proxectos de cooperación �����38

Saídas formativas. . . . . . . . . . . .26

Begoña Acuña Daniel González Manuel Soto Borja García E. Alexandre Couto Martín García Jonathan Pardo Daniel Regueira

3

2015/16

SÉCULO 21


Editorial O lugar estaba alí, a pessoa apareceu

“O lugar estaba ali, a pessoa apareceu, despois a pessoa partiu, o lugar tinha feito a pessoa, a pessoa havia transformado o lugar.” F. Pessoa Con esta cita na portada, presentaba o proxecto de dirección do IES Montecelo o 11 de abril de 2012. Era consciente de que o centro precisaba un cambio, tanto de organización como de funcionamento, que era preciso revisar e unificar modelos de actuación, empezado por aprobar un Proxecto Educativo de centro que non se había modificado dende 1998 a palabra a manexar no centro, procurando detectar a tempo aquelas situacións que poidesen derivar en conflicto, de modificar a planificación da xestión económica de xeito que a mellora das instalacións e das infraestructuras fose posible e racional. Catro anos despois creo que está conseguido, e prácticamente todos os obxectivos daquel proxecto presentado, utopía

irrealizable para algúns, logrados; grazas sobre todo ás persoas que me acompañaron no equipo directivo (o mellor equipo e o que non quixera perder), da orientadora, que sin ter cargo a consideramos de sempre o quinto membro, e dun claustro que se foi sumando e adherindo claustro que se foi sumando e adherindo ás propostas que se facían, promovendo novos proxectos dentro dun marco común de mellora global do centro (Mediación, Erasmus, Cuale, traballo colaborativo, aprendizaxe e servizo…) que se sumaron a reformas continuas das infraestructutas como á organización da actividade docente; e tamén en que o centro modificou as nosas vidas. A día de hoxe considero que a este proxecto aínda lle queda percorrido, que é visible a senda marcada neste período; pero, qué tamén se poden albiscar novas utopías ás que facer realidade, porque como decía Einstein, a única maneira de obter resultados distintos é cambiando a maneira de facer as cousas.

4

SÉCULO 21

2015/16


Desexo, que os contidos deste número da revista século 21, que lembran parte do acaecido no presente curso escolar no IES Montecelo, sexan de agrado compartido. Juan Miguel Carballa González Director do IES Montecelo

P.D. Neste curso xubiláronse tres compañeiros deste centro (Palula, José María e Pili), os que lle desexo gocen deste novo estado co merecemento que lles corresponde.

5

2015/16

SÉCULO 21


Lembranzas da nosa Biblioteca Entrevista a Lúa Campos

B

ióloga de profesión e escritora e pintora por afección, Lúa é unha muller polifacética á que tivemos o pracer de coñecer polo venturoso capricho do azar. Aterrou no noso centro, o pasado mes de novembro, para exercer a docencia no CM de Farmacia e así foi como puidemos ir descubrindo todo o que agochaba no seu interior. Para afondar máis na súa interesante vida solicitámoslle que se sometera a esta entrevista, á que accedeu sen problema facendo gala da súa amabilidade. Poderías desvelarnos a túa biografía para axudarnos a coñecerte mellor?

Para empezar, como te describirías? Admiro a vida en tódalas súas formas. Encántanme os animais (en especial os cans) e de feito son vegana. Adoro a natureza, os bosques, as viaxes a lugares exóticos.... Supoño que son de perfil polifacético e creativo (pero non chego nin moito menos ao nivel co que me describe tan amablemente a profesora Ánxeles). Trato de ser coherente, empatizar, guiarme pola ética e aplicar a lóxica. Polo demais prefiro manter “ese halo de misterio”, para que quen me coñeza poida sacar as súas propias conclusións

Nacín en Compostela, xa vai camiño de medio século. Crieime coa aboa entre Compostela e Suíza (onde vivían os meus pais e onde puiden aprender unha filosofía de vida que me marcou), pero sempre que podía regresaba para perderme na aldea. Por que e cando tomaches a decisión de estudar Bioloxía? O por que é simple, como ser vivo, sempre sentín que era parte da bioloxía e a bioloxía parte de min. Era consciente

6

SÉCULO 21

2015/16


de que este planeta é a única casa que temos, e non me gustaba (nin me gusta) como os humanos o tratamos, nin como tratamos aos seus habitantes. Penso que coñecer a biodiversidade e os ecosistemas era fundamental para intentar protexelos.

se a podía vivir a través das distintas historias que me gustaban. A pena é que daquela era moi difícil acceder a todas as lecturas que hoxe en día están ao alcance da nosa man e no meu caso sempre votaba en falta poder ter mais libros que ler. Unha mágoa que todas as

Que che aportou a bioloxía a túa vida? Ferramentas para coñecer e aprender a coñecer os seres vivos, o lugar onde viven, as relacións entre eles e a confirmación de que os humanos temos moito que aprender das demais especies da Terra. Deixar de ver a Terra e os seres vivos dende unha perspectiva antropocentrista, para facelo dende a empatía. Sabemos que es doutora, sobre que versou a túa tese doutoral? Recorrín distintos espazos naturais protexidos e (sobre todo) non protexidos de Galicia para estudar máis de 300 especies dunha familia de escarabellos. Unha pequena aportación ao estudo da fauna e a biodiversi dade de Galicia, xa que en concreto o mundo dos insectos é tan inmenso que aínda aquí mesmo, quedan moitas especies por descubrir e moitas cousas por coñecer. Eu mesma tiven a sorte de poder atopar e describir unha especie nova para a ciencia (Platyderus preciosae, que bauticei co nome da miña aboa). Ímonos centrar nunha das túas grandes afeccións, a literatura. Podes dicirnos a que idade empezaches a ler? Tan pronto como puiden recoñecer as letras e xuntar as palabras. Empecei pronto, xa que sobre os 3 anos a miña aboa xa me ensinaba como facelo. Descubrín que a vida era moito mais divertida e con moitas máis posibilidades

“O Ciclo” (Óleo sobre lienzo)-Premio Comarcal -XI Certamen Internacional de Terras de Iria (Padrón, 2008). “Quemados por su propia codicia, los gigantes languidecerán y en medio del camino la esperanza renacerá de nuevo. El ciclo es eterno”.

posibilidades que temos agora se valoren tan pouco. Que xénero literario é o teu favorito? Non teño xénero favorito, senón argumento que me enganche. O que máis me gusta e deixar de ser lectora para converterme nun personaxe máis da historia que leo. Esa historia debe ser como unha boa receita de cociña, o importante é que os ingredientes sexan de calidade e ben mesturados, logo xa depende do gusto de cada un. Pero para min se ten algo de misterio, terror, fantasía ou ficción, romance, tramas e personaxes ben desenvoltas, boa ambientación e escenarios ben descritos nalgún lugar do mundo ou nalgún momento do tempo, seguro que me encanta. Tamén valoro

7

2015/16

SÉCULO 21


“Petroglifos” (Óleo sobre lienzo). Serie Petroglifos de Galicia.” Profundas cicatrices en las piedras, donde quedaron grabadas ancestrales huellas”.

moito aprender ao mesmo tempo que me entreteño lendo. E, cando decidiches empezar a escribir? Lembras cal foi o teu primeiro traballo literario? Recordo exactamente ese momento no que por fin me decidín a levar a un dos meus paseos cos cans, unhas follas de papel e un boli, para comezar a escribir a aventura que tiña na cabeza. Debía ter uns trece anos. A tarde pasou sen que me dera conta e decateime de que ao longo da miña vida quería seguir escribindo. Algún ano despois un pequeno relato do cal non conservo copia, gañou o primeiro premio nun concurso entre institutos. Pero o meu primeiro traballo literario, non o publiquei ata moitos anos despois. Foi o “O Ciclo”, publicado no libro Verbas de Atenea da editorial Contos

estranos. Un relato escrito dentro dun xénero que a editorial bautiza como agroterror, ambientado na Galicia rural. Nel, un antigo terror infantil encobre en realidade un maltrato machista continuado ao longo de xeracións, ata que a protagonista descobre que o único xeito de romper o ciclo é enfrontarse aos seus medos. Precisamente escoitamos aquí no IES Montecelo un fragmento dese relato, a través do programa “O Sombreiro de Merlín” de Radio Obradoiro, e logo amables voluntari@s realizaron unha lectura compartida con motivo do día da Muller. Aproveito para dicir que co meu agradecemento vos deixo na biblioteca un exemplar deste libro. Cal é a túa temática preferida á hora de escribir? Gústame escribir sobre as mesmas temáticas que me gustan ler, intentando que sexan orixinais e cun estilo propio, no

8

SÉCULO 21

2015/16


calquera autor tomar esta decisión, de que obra ou traballo literario –publicado ou sen publicar- te sentes máis orgullosa?

que moitas veces aporto parte dos meus recordos. Tamén sabemos que tes varias publicacións no mercado, podes falarnos delas? Teño moi poucas publicacións, pero en ámbitos variados. Por un lado, un libro faunístico e diversos artigos científicos. Publiquei nas redes algún artigo e parte do proxecto dun libro divulgativo. E por outra banda, no campo da literatura publicáronme varios relatos e ilustracións; unha crónica de viaxes, e dous dos meus poemas foron escollidos por sendos grupos como letra das súas cancións. Pouca cousa ata o de agora, pero moitos proxectos en mente. Quixera seguir facendo crónicas das miñas viaxes (algo que me encanta); seguir escribindo artigos, poemas relacionados cos meus cadros... E en breve presentar a concursos ou publicar algún relato que xa teño escrito e poñerme a rematar a novela que levo empezada. Participaches nalgún concurso ou certame literario? De ser así, como foi a experiencia? Participei e participarei. A verdade é que hai bastantes e agora é sinxelo atopalos por internet. A experiencia é boa, no sentido de que ter unha data límite para presentarte a un certame, significa ter un aliciente para adicarlle máis tempo a escribir. Só gañei unha vez como dixen, na miña época de instituto, pero ademais do premio, doume ánimos para seguir escribindo. Fai pouco quedei finalista nun certame de relatos, no que os beneficios do libro recompilatorio serán para os animais. Aínda a sabendas de que é moi difícil para

Creo que a resposta é un tópico de autor, pero sempre intento sentirme (non orgullosa) pero si a gusto co último que estou levando a cabo cada vez. De non ser así non tería a motivación suficiente para seguir creando. Cal é a maior dificultade coa que te atopas á hora de desenvolver esta afección? O tempo e a economía. A falta de perspectivas ou posibilidade reais de vivir exclusivamente do arte e decatarte de que o posible talento e o traballo artístico non son os principais baremos a valorar, desanima moito. O arte é un mercado limitado, o que leva a que moitas veces un non atope o seu lugar, pero a pesar diso aconsello aos novos artistas que non se desanimen. Só queda repasar a historia para ver a cantidade de casos de autores que dalgunha maneira se adiantaron ao seu tempo, e non foron recoñecidos ata moito despois. Se che parece imos agora coa faceta pictórica. Cando empezaches a pintar? Se do momento en que escribín a miña primeira historia me lembro, do que empecei a debuxar non. Era moito máis pequena. Fun sempre autodidacta (daquela era difícil atopar onde aprender) e por falta de recursos empecei por facer debuxos a lapis. Anos despois probei con acuarelas, retratos a carbonciño, ...e non foi ata hai uns anos cando pintei o meu primeiro óleo. Dende que descubrín os óleos son a miña técnica favorita. Que che aporta a pintura?

9

2015/16

SÉCULO 21


Mentres que escribir é algo introspectivo, que require unha gran capacidade de concentración, pintar significa todo o contrario, unha forma relaxante de evadirme da realidade. Considero que os meus cadros son figurativos á vez que conceptuais, cun estilo persoal, que decidín chamar, empregando verbas latinas, Naturaenigmata, pola súa relación coa natureza e o contido simbólico que quero transmitir. Así cada un dos meus cadros vai acompañado dun pequeno poema, que intenta definir o significado desa pintura para min. Tamén fago retratos e cadros por encargo, reproducións de obras famosas, pinto roupa ou

decoro obxectos con deseños personalizados… Que técnica utilizas basicamente? Como dixen a que máis me gusta é o óleo, pero tamén usei acuarela para ilustracións, carbonciño para os retratos, tinta nas ilustracións de carácter científico, pintura téxtil para a roupa e acrílicos para outras superficies. Fixeches algunha exposición da túa obra -tanto organizadas de xeito individual como participando en exposicións conxuntas-? Participei en varias. Actualmente expo-

“The winter is coming” (Óleo sobre lienzo). Lobo Huargo de Invernalia-Juego de Tronos Fan Art. “Sintió la nieve en las pestañas, la saboreó en los labios...Era el sabor de Invernalia, el sabor de la inocencia, el sabor de los sueños”.“Canción de Hielo y fuego “(George R.R. Martin)

10

SÉCULO 21

2015/16


to máis en crear, que en intentar dar a coñecer as miñas creacións. A falta de éxito, tamén é importante a satisfacción persoal que se consegue con cada obra.

ño en Santiago. Parte da miña obra está exposta en internet en diversas webs. Creo que internet é unha boa forma de darse a coñecer que ademais de ser cómoda, non ten fronteiras.

Volvo meterte nun apuro, se tiveras que renunciar a algunha destas dúas afeccións, con cal te quedarías?

E tes participado nalgún concurso? Tamén, aínda que cos cadros é máis complicado porque é bastante máis difícil e caro envialos por correo ou transportalos persoalmente ata o lugar. Agora cada vez hai máis certames que che permiten presentar a obra mediante unha foto dixital o cal está moi ben. Acadaches algún premio con algún dos teus cadros? Acadei un premio co meu terceiro cadro ao óleo. Era unha pintura titulada “O ciclo” (Si, o mesmo titulo que o relato). Curiosamente ese nome tan significativo para un biólogo doume sorte. Nela un pequeno carballo loita por medrar no medio dunha plantación de eucaliptos queimados. O cadro pareceu gustar bastante, de feito cando estaba no certame, xa tiña comprador no caso de que non gañara. Iso animoume moito para seguir pintando. Foron a literatura ou a pintura unha fonte de ingresos para subsistir nalgún momento da túa vida? Nalgún momento si me permiten algún capricho e algunha viaxe, pero non é fonte de ingresos segura e continuada. Poder subsistir do arte en xeral é moi difícil, e hai que ser conscientes de que para acadalo hai outros factores que non dependen tan só do talento artístico de cada un. Tampouco tiven oportunidade de adicarme ao arte exclusivamente. E o tempo que teño case sempre o invis-

De feito, temporalmente non me queda máis remedio que aparcar unha para poder tratar de desenvolver a outra. Este ano estiven máis volcada na literatura, pero o mellor é sen dúbida poder conxugar ambas. O ideal é atopar a receita na que ambas se poidan mesturar. Trato de escribir o que pinto e de pintar o que escribo. Que consello lle darías, sobre todo aos máis novos, para que cheguen a amar a lectura? Que lean, pero que lean escollendo libremente para poder atopar o tipo de lectura que lles guste. Que aproveiten e que valoren todos os recursos que hai ao seu alcance hoxe en día, non sempre foi así, e pode que non sempre sexa. Que non che guste unha determinada obra ou estilo non quere dicir que non che guste ler, só que tes que seguir buscando. Para seguir buscando, hai que seguir lendo. A recompensa non só é o que vas a poder gozar cando atopes o que che gusta, senón todo que aprendiches durante o camiño. E para que se animen a plasmar os seus sentimentos por escrito? Simplemente que non pensen que están plasmando os seus sentimentos, senón que escribir é a maxia que che permite vivir a historia que che gustaría vivir, ser persoa que che gustaría ser, perder os

11

2015/16

SÉCULO 21


noso paso por este Instituto. E xa por último, que recomendacións ou consellos nos darías para dinamizar e tratar de mellorar o funcionamento da nosa biblioteca?

“La Torre Invertida” (Óleo sobre lienzo)(Sintra-Portugal). “Todo es el principio y el fin de la misma espiral. Nada es el círculo del eterno retorno. Subiendo o bajando en la Torre Invertida llegarás al Todo y alcanzarás la Nada”.

teus medos, acadar os teus soños, ordenar as túas ideas, aclarar os teus sentimentos,... Cres que, en xeral, temos reparos á hora de expresar por escrito o que sentimos ou pensamos?

Cada vez que estou alí voto de menos algo moi importante. Algo sen o cal unha biblioteca só pasa a ser un espazo onde habitan libros, moitos bos e interesantes libros...que repousan demasiado tempo nos andeis. Boto en falta os outros habitantes da biblioteca, que son os lectores. Sen dúbida @s alumn@s do Montecelo son os que coa súa presenza contribuirían a mellorar o funcionamento e darlle o seu auténtico significado. Tamén estou segura de que unha boa maneira de encher algún dos andeis ou o mesmo Libro Branco, sería cos súas propias historias e relatos, que están agardando a ser escritos. Pois non queremos roubarche máis tempo. So nos queda pedirche un último favor, que nos deixes unha pequena mostra da túa obra no noso “Libro branco” e agradecerche tanto as túas achegas como que nos permitises coñecerte un pouco mellor. Que saibas que foi un auténtico pracer poder conversar contigo. Moitas grazas e moita sorte no futuro.

Si, porque no fondo somos conscientes de que as palabras as leva o vento, pero as letras escritas quedan aí. Coñeces o “Libro branco” da nosa biblioteca? A profesora Ángeles foi a mellor guía, mostrándome todos os tesouros da biblioteca. Entre elas ese fermoso libro. Como saberás non é un “libro branco ao uso”(para recoller as sinaturas dos visitantes ou as súas voluntarias achegas), senón que naceu para que calquera persoa da nosa comunidade educativa puidese atopar na biblioteca unha ferramenta onde plasmar as súas reflexións, opinións, sentimentos…ou ben onde ler o que outros escriben. Que opinión che merece esta iniciativa? Paréceme unha fermosa idea para darnos a coñecer mutuamente e ao mesmo tempo un valioso recordo que deixar do

Por suposto, será un honor e o pracer é todo meu, non só por concederme a oportunidade de contar as miñas humildes inquedanzas, senón porque tiven a sorte de poder gozar aquí a aventura de ser profesora. E iso conseguino sen dúbida grazas á acollida que se me dou neste centro, tanto por parte d@s profesores, como alumn@s e en especial o “meu” grupo de segundo de Farmacia e Parafarmacia que sempre contribuíron a que as clases fosen un lugar onde se pode gozar ensinando e aprendendo. Xa formades parte das miñas historias. Grazas a tod@s!.

12

SÉCULO 21

2015/16


Biblioteca de vangarda Bliblio-Mesado: Hijos de la Tinta Ninguén dubida da importancia que ten poder dispoñer de estancias cheas de modernidade, atractivo, interese e mesmo deseño exclusivo; pero, se estamos a falar dunha biblioteca, esta importancia antóllase aínda maior. Guiado por este pensamento, o alumnado do 2º curso do CS de Deseño e produción empresarial, dirixidos polo seu profesor José Carlos Fernández Brea, foron quen de transformar o mesado da nosa biblioteca en auténticas mesas vangardistas que espertaron a admiración de todos os usuarios da mesma. Animámosvos a que lle dediquedes uns minutos a gozar coa lectura dos fragmentos literarios elixidos para a súa decoración ou mesmo coas imaxes dos autores alí representados. Aquí vos deixamos unha mostra do seu magnífico traballo, ao tempo que aproveitamos para felicitalos pola súa iniciativa e agradecerlle o seu esforzo. Os nosos parabéns!

13

2015/16

SÉCULO 21


Devorando comics Francisco Rojo Telmo, un lector de comics empedernido. Entendemos por cómic “unha serie ou secuencia de viñetas que contan unha historia mediante imaxes e texto, aparecendo o texto pechado nun globo ou bocadillo”. Aínda que tamén existen viñetas mudas, sen texto. O cómic presenta tres características principais: narración rápida -a historia que se conta sucede a gran velocidade, facéndose as descricións a través da imaxe-; linguaxe coloquial -integrando elementos verbais e icónicos- e utilización de recursos humorísticos -dado que a súa finalidade é predominantemente distractiva-. Trátase dun xénero literario difícil de clasificar, pois ao mesturar dúas artes diferentes produce unha síntese moi peculiar. Como todo xénero artístico, no cómic podemos falar tamén de varios subxéneros: de terror, humor, erótico ou ciencia ficción. En calquera caso, en todas estas historias o debuxo xoga un papel fundamental, pois a participación das imaxes dinamiza o que se está a contar. A mediados do século XX, o cómic popularízase nos Estados Unidos e difúndese ao resto do mundo. No noso país comeza denominándose TBO, xa que este era o nome dunha publicación infantil do momento moi popular, debendo transcorrer un longo período de tempo antes de

xeneralizarse o uso da palabra cómic en español. Durante moitos anos tamén formou parte da prensa escrita, na que aparecían viñetas con algúns dos personaxes máis coñecidos, e moitas obras da literatura clásica foron adaptadas a este formato para resultar máis amenas, divertidas e doadas para os lectores. Existen países que dispoñen dun xénero específico de cómic, como é o caso de Xapón e as historias “manga”. Este curso académico temos entre nos a Paco, alumno do CM de Preimpresión e asiduo usuario da biblioteca do centro. Amante da lectura confesa a súa paixón polo mundo do cómic, o que quedou patente ao converterse no máximo lector do ano lendo, entre outros moitos libros,

14

SÉCULO 21

2015/16


toda a colección de cómics da que dispoñemos na nosa biblioteca. A súa afección polo cómic comezou aos cinco anos. A esa idade aprendeu a ler e foron os seus pais os que lle regalaron o primeiro exemplar do que aínda lembra o seu título, “Mortadelo y Filemón: El jurado popular”. Dende aquela non parou de ler, conservando na súa casa unha colección de máis de douscentos exemplares. Dentro deste xénero literario, o seu autor favorito é Francisco Ibáñez coa colección de “Mortadelo y Filemón” . Di que lle fascinan as historias tan divertidas e as magníficas ilustracións. De feito, é capaz de distinguir as viñetas debuxadas por ilustradores apócrifos que traballan para esta saga, como Ramón Mª Casanyes –que confesa coñecelo por ser o ilustrador dalgunhas cortomerietas (historietas cortas) de Mortadelo y Filemón ou do mesmo título “El caso de los párvulos”- e a Jesús de Cos. Coméntanos que a través de Internet fai o seguimento da produción literaria de Ibáñez, polo que sabe cando van saír novas publicacións. Leva lidos os douscentos primeiros títulos da colección de “Mortadelo y Filemón” -de feito consérvaos na súa casa- e agora está á espera de poder ler os números 201 e 202 que xa están na rúa. O 201 titúlase “Elecciones” e o 202 “Rio 2016”, sendo precisamente este último o que máis ilusión lle fai. Ademais o propio Ibáñez anunciou

na presentación do número 200, “El tesorero”, que van saír en breve tres títulos máis: “¡Miseria, la Bacteria!”, “Sueldecitos más bien bajitos” e “El Capo se escapa”. A pesar de ser Mortadelo e Filemón os seus favoritos, gústanlle tamén outros personaxes creados por Ibáñez, como “La familia Trapisonda”, “Rompetechos”, “El botones Sacarino”, Pepe Gotera y Otilio”

… Despois de Ibáñez, Goscinny é outro guionista que lle encanta, sobre todo pola súa colección de Astérix. Tamén nos fala da serie franco-belga de “Spirou y Fantasio” de Rob-Vel, como una colección interesante e de moitas outras. De feito, resume dicindo que é un gran afeccionado ao cómic en xeral, case que podería definirse como un “fanático do cómic”. En canto a súa faceta artística maniféstanos que lle faría enorme ilusión poder deseñar o seu propio cómic, tanto é así que está en proceso de facelo. Quere emular a Ibáñez reproducindo a colección de Mortadelo y Filemón nunha edición exclusiva para el. Acerca doutros xéneros literarios dinos que pode ler obras de calquera tipo, pero case que as súas preferidas son as de ciencia ficción, como demostra o feito de que acaba de rematar a lectura dos seis volumes de “Las crónicas de Narnia”. O equipo de Biblioteca felicítao polo seu hábito lector e anímao a que siga gozando coa lectura.

15

2015/16

SÉCULO 21


Actividades da biblioteca

O

Equipo de biblioteca agradécevos a vosa participación nas actividades programadas ao longo de todo o curso e, en especial, ao alumnado e profesorado da FPB de Xardinaría por contribuír a resaltar estes actos coas súas marabillosas composicións florais e ao alumnado do CS de Produción que, capitaneados polo seu profesor Carlos Fernández Brea, foron quen de deseñarnos un mesado de vangarda e unhas estupendas pegatinas da paz. Aquí vos deixamos unha pequena galería de imaxes..

Acto contra a violencia de xénero.

San Valentín. (Homenaxe a “Poetas en acción”)

Día mundial pola paz (Debate sobre a inmigración)

16

SÉCULO 21

2015/16


Día do libro (Banco de libros e repasrto de flores “literarias”)

Día Internacional da muller. (Lectura compratida do relato “O ciclo” de Lúa Campos)

GAÑADORA DO PREMIO: LIBRO DO ANO

Día das bibliotecas escolares. (explorando a actualidade e explorando autreores)

Letras galegas (Fragmentos dos poemas de Manuel María)

17

2015/16

SÉCULO 21


O noso equipo de mediciación Xestión de conflictos no centro educativo:novos tempos, novas estratexias. O conflicto, en calquer entorno (educativo, persoal, empresarial, deportivo…) ten unha consideración negativa. Pero temos que contemplar que cando somos capaces de resolvelo pode representar unha oportunidade de cambio, de transformalo, de saber xestionalo e convertir a súa aparición nunha oportunidade de aprendizaxe, evolución e crecemento das persoas implicadas. No noso centro temos exemplos de como o diálogo, a empatía e a asertividade poden cambiar situacións desagradables por novas oportunidades. Chegar a un acordo satisfactorio e que ambas partes do conflicto saian gañando é a función dos mediadores/as, que teñen que xestionar emocións e experiencias pasadas mantendo a neutralidade, procurando a máxima información para poder entender o problema e actuar de forma correcta, todo de xeito confidencial. Os responsables da coordinación son a Xefatura de estudos e o Dpto. de Orientación, e o equipo está formado por Ana, Minerva, África, Ángela, Adrián e Patricia (tamén recordar a Antía e a Paco que mediaron ata o comezo das prácticas

en empresa). Para eles a oportunidade de formarse en resolución de conflitos e axudar a outras persoas é o premio, o mérito de sacrificar o seu tempo para os demais é digno de elóxio. Polo que a min respecta, a motivación e ilusión seguen intactas despois de catro anos, entendendo a mediación coma unha alternativa real a outras medidas coma as expulsións, expedientes… Espero que o proxecto siga adiante e que a comunidade educativa entenda este equipo como unha fortaleza máis do noso centro, e que sexamos quen de abordar o desafío que supón ter un clima de convivencia correcto e respetuoso entre todos. Juan Ángel Porto Cupeiro Xefe de estudos

18

SÉCULO 21

2015/16


19

2015/16

SÉCULO 21


Actividades do IES Montecelo SAMAÍN

MAGOSTO

alimentos: do banco de so ur nc co do Farmacia) Gañadora ázquez (1º CM V s va ue C Miriam

Gañ a "Será dora d n": X o con oana curso d Rey Ruib e fotogr a al (1 º CS fía: Prod ucc

postería: concurso de re Gañadoras do ríguez (1º CS Producción) Rod B AAGG) Irene Iglesias renzo (2º FP Lo l lla ba ar C Andrea

ión)

20

SÉCULO 21

2015/16


NADAL

Gañadora do concurso da postal do Nadal: Xoana Rey Ruibal (1º CS Producción)

21

2015/16

SÉCULO 21


San Valentín Coincidindo co Entroido desenvolvemos as actividades do día de San Valentín baixo o lema "Concurso de declaracións de amor". Os participantes tiñan que escribir unha pequena mensaxe de amor no taboleiro do centro. Resultou todo un éxtio de participación e as mensaxes gañadoras foron:

Mirémonos en silencio e aos ollos.

Rodeábame o silencio, pero

Busquemos xuntos formas de compartir e soñar

había algo que non me deixaba

a mesma realidade. Descifremos os códigos que hai

parar, una forza que me levou

entre o teu corpo e o meu, e así, poderás escoitar

a non rendirme, a non parar nunca…

o meu silencio a milímetros da túa pel. Patri Abilleira. 1º C.S. Deseño

Alí estabas ti, ao meu carón, como a mellor canción de amor, como o brillo da lúa nunha noite escura, alí, onde o silencio comenzaba a cortar. Ámote miña mellor casualidade. Fátima Ferreira. 2º FPB Xardinería

22

SÉCULO 21

2015/16


Entroido

Disfraces Individual: "Chica": José Ángel Gutiérrez (1º FPB Agro)

Barreiro

Grupo: "Muñecas de cuerda" (1º Farmacia) · Ana Martínez Menéndez · Rebeca Ferradás Calvar · Minerva Simón Rubia Karaoke Individual: "Rolling In Deep" Irene Iglesias Rodríguez (1º Producción) Grupo: Empate "Bomba" (2º FPB Agro) - José Manuel Crespo Gutiérrez - Anselmo Ferreira Juncal "Lela" (1º Producción) - Patricia Abilleira Boullosa - Irene Iglesias Rodríguez Repostería Individual: "Orellas" -Andrea Carballal Lorenzo (2º FPB AAGG) Grupo: "Tarta" (1º FPB Peiteado) - Estefanía Martínez Rodríguez - Sandra Sartier Díaz - Lara Sartier Díaz

23

2015/16

SÉCULO 21


Actividades Letras Galegas 2016 Carreira pola lingua

Campións de baloncesto

O 20 de maio celebramos os actos do Día das Letras Galegas nos que tivemos baloncesto, carreira a pé, final de fútbol e un pequeno concerto co grupo Chotokoeu! Ademais organizamos un Photocall no salón de actos a cargo do profesor Valcárcel. Tamén tivemos uns concursos que foron o deseño dunha Galcamiseta e poñer unha frase sobre a lingua que logo conformaría o Photocall

Campións de futbito

Campión da carreira

Os Becarios - 1º de Mecánica

M. Ángel Barreiro Gutierrez 1º Agrarias

Grupo musical

Galcamiseta

Adrián Acosta Pérez 24

SÉCULO 21

2015/16


25

2015/16

SÉCULO 21


Historia da N ¿Ultra 64?

A principio dos anos 90 Nintendo estaba desarrollando xunto con Sony unha unidade lectora de CD para a SNES, proxecto que nunca se levou a cabo e Sony aproveitou o que tiña para crear a PlayStation. No 1993 Nintedo empezaría a desarrollar unha nova consola de videoxogos (e non me refiro a VirtualBoy) co título provisional de Project Reality. En 1994 Nintendo cambiou o nome da consola por Ultra 64 e daría data de saída para ese mismo ano, desafortunadamente retrasouse ata 1996 onde tamén cambiou o seu nome por Nintendo 64.

Hacia finais da vida útil da consola apenas había xogos e moitos foron porteados a Nintendo GameCube. En 2001 saía o ultimo xogo da Nintendo 64, Mario Party 3.

Periféricos

A Nintendo 64 tivo moitos periféricos desde o seu lanzamento. Aqui unha lista dos periféricos:

-Controller Pack

Permitía grabar información adicional como configuracións ou records que o cartucho do xogo non podía gardar.

-Expansion Pack

Era un módulo de memoria que aumentaba a memoria RAM da N64 de 4MB a 8MB, reemplazaba o Jumper Pack. Era necesario en algúns xogos.

Logo da Ultra 64.

Lanzamento e vida útil

En 1996 por fin saería a Nintendo 64 con estas datas: -Xapón - 23 /06/1996 -América - 30/09/1996 -Europa - 1/03/1997

Modelo dun Expansion Pack.

26

SÉCULO 21

2015/16


NINTENDO 64 -Transfer Pack

Permite a conexión entre a N64 e a GambeBoy para intercambiar datos.

Modelo dun Transfer Pack.

-Rumble Pack

Este periférico facía vibrar o mando da consola en certos momentos.

-64DD

Permitía ler discos de 64MB e conectarse a internet. So saiu en Xapón e non vendeu moito polo que no se exportou ao resto do mundo.

VideoXogos

A Nintendo 64 tivo un gran catálogo de videoxogos, maiormente por Nintendo e RareWare, xa que Nintendo non tivo tanto apoio das third-parties. Os videoxogos máis destacados da consola foron: -Super Mario 64 -Mario Kart 64 -Mario Party -Paper Mario -Yoshi’s Story -Diddy Kong Racing -Donkey Kong 64 -Banjo Kazooie -Banjo Tooie -TLOZ: Ocarina of Time -TLOZ: Majora’s Mask -Star Fox 64 -F-Zero X -Super Smash Bros. -Resident Evil 2 -Perfect Dark -GoldenEye 007 -Killer Instict Gold -Jet Force Gemini Desafortunadamente a pesar destes xogos a Nintendo 64 non vendeu o esperado, principalmente pola PlayStation de

Modelo dun 64DD.

Sony.

27

2015/16

SÉCULO 21


Actividades formativas e culturais do IES Montecelo Porto: Visita a dúas empresas do sector e Museo das Artes gráficas

Ourense: Flexográfia e packaging

Santiago: Uniter e Tórculo

28

SÉCULO 21

2015/16


Coruña: Planetario, Acuario e Casa das Ciencias

Pontevedra: Farmacias moderna e antiga

Hospital Salamanca: Álvaro Cunqueiro: Museo do Automóvil da Microscopio electrónico Industria

29

2015/16

SÉCULO 21


Letras galegas 2016 Manuel María, poeta da terra cha A vida de Manuel María, nacido en Outeiro de Rei (Lugo) en 1929 e falecido na Coruña en 2004, caracterizouse tanto por unha extensa obra poética como polo seu profundo compromiso político co nacionalismo galego e a recuperación da cultura galega na clandestinidade, durante o franquismo. Os temas dos seus textos abordan desde a voz existencialista e o amor, ata o compromiso social e político. Foi colaborador de Burla Negra e a Plataforma Nunca Máis tras a catástrofe do Prestige. “A personalidade literaria encaixa perfectamente dentro do espírito e a acción e a letra e a música das ‘Irmandades dá Fala’”, manifestou o presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, na rolda de prensa na que se deu a coñecer o nome.

ron por primeira vez a luz na revista de poesía Xistral, fundada por Pimentel. De igual modo, o seu primeiro libro non tardou en chegar: ‘Muiñeiro de Brétemas’, que se publicou en 1950, cando o autor tiña só 19 anos. Este feito, segundo precisou a RAG, converteu a Manuel María no poeta máis novo que publicaba en galego na posguerra. Ademais, foi este primeiro poemario o que inaugurou a denominada ‘Escola dá Tebra’. Un ano despois, en 1951, Manuel María matriculouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela (USC). É nesta época cando concibe o libro de poemas ‘Morrendo a cada intre’, publi-

· Vida · Manuel María trasladouse a vivir a Lugo en 1943, onde cursou o ensino secundario entre o Instituto Masculino e o colexio dos Maristas. Foi nesta altura cando entrou en contacto con personalidades como Uxío Novoneyra, Luís Pimentel, Celestino Fernández de la Vega, Ánxel Fole, Álvaro Cunqueiro, Ricardo Carballo Calero e Aquilino Igrexa Alvariño. Chegado o ano 1949, os seus versos vi-

Manuel María coa sua dona Saleta Goi

30

SÉCULO 21

2015/16


cado en 1952, ano no que crea a editorial Xistral en Lugo. · Revista Alba · Tres anos despois, sobre 1954, este poeta lucense comezou a colaborar en revístaa Alba. Deste xeito, é na casa do director da publicación, Ramón González Alegre, onde coñece a Bernardino Graña e a Xosé Luís Méndez Ferrín. En concreto, con este último, segundo indicou a RAG, mantivo unha forte relación de amizade, que se intensificou cando os dous exerceron a docencia no colexio Fingoi de Vigo. No ano 1953, Manuel María volve a Lugo e, un ano despois, gaña os Xogos Florais de Ourense, e coñece a algúns dos máis importantes intelectuais ourensáns: Florentino López Cuevillas, Antón Tovar ou Vicente Risco. E en 1957 alcanzou o título profesional de procurador, que o levou a comezar o exercicio desta profesión en Monforte de

Lemos (Lugo). Dous anos despois, en 1959, casou con Saleta Goi García, a muller que o acompañou na maior parte dos seus proxectos e a quen o poeta quixo citar ao longo da súa obra. De feito, foi con Saleta con quen preparou a colección Val de Lemos, onde viron a luz poemas de Luz Pozo, Carballo Calero, Pura Vázquez ou Cabanillas. Xa no ano 1970, ambos abriron en Monforte a librería Xistral, auténtico centro de dinamización cultural da localidade. · Recuperación Cultural · Nos anos sesenta e setenta, Manuel María atende aos chamamentos e peticións que lle chegan de todas as organizacións que traballan pola recuperación cultural. Así, este poeta lucense impartiu conferencias, recitou poemas ou presentou a Nova Canción Galega. A súa obra literaria diversifícase e multi-

31

2015/16

SÉCULO 21


plica de acordo cos novos tempos –ensaio, narrativa e teatro, entre outros xéneros–, sen abandonar o cultivo da poesía. Do existencialismo e o seu pesimismo radical evoluciona, segundo precisou a RAG, cara a unha poesía de compromiso social, canalizando unha resposta nacionalista ao franquismo. Así, xunto ao traballo intelectual, o poeta manifestou o seu compromiso na militancia política clandestina, que culminaría na súa elección como concelleira no ano 1979. · Expresión “íntima e humanista” ·

en en as actividades de entidades como a Asociación Socio-Pedagóxica Galega ou a Asociación de Escritores en Lingua Galega. De igual modo, emprende unha serie de viaxes que o levan a diversas partes de Europa. Nesta época, son frecuentes as homenaxes, premios e recoñecementos. Xa en 1998, segundo relatou a RAG, Manuel María e Saleta Goi trasladaron a súa residencia á cidade da Coruña, onde este poeta pasou os seus últimos anos e onde mantivo un faladoiro no Kirs. Seis anos despois, o 8 de setembro de 2004, Manuel María faleceu.

A partir da década dos 80, a súa poesía alcanza unha expresión máis íntima e humanista, e, nestes anos, escribe e publica, segundo precisou a RAG, a súa “máis rico corpus poético”. Ademais, o poeta participa activamente Uxío Novoneyra, Saleta e Manuel María (1957).

O Carro Non canta na Chá ninguen, por éso, meu carro canta, canta o seu eixo tan ben que a señardade me espanta. Non hai canto tan fermoso: fino como un asubío, anque é, as vegadas, saudoso faise no ar rechouchío. O meu carro é cerna dura: sábese carballo e freixo. ¡Qué fermosa e a sua feitura! ¡Qué lixereza a do eixo! As cousas vanse aledando por onde meu carro pasa. ¡Carrétame herba pro gando! ¡Traime a colleita pra casa! Manuel María

32

SÉCULO 21

2015/16


O idioma é a chave coa que abrimos o mundo: o salouco máis feble, o pesar máis profundo.

Galicia docemente está ollando o mar: ten vales e montañas e terras pra labrar!

O idioma é a vida, o coitelo da dor, o murmurio do vento, a palabra de amor.

Ten portos, mariñeiros, cidades e labregos cargados de traballos, cargados de trafegos!

O idioma é o tempo, é a voz dos avós e ese breve ronsel que deixaremos nós. O idioma é un herdo, patrimonio do pobo, maxicamente vello, eternamente novo. O idioma é a patria, a esencia máis nosa, a creación común meirande e poderosa. O idioma é a forza que nos xungue e sostén. ¡Se perdemos a fala non seremos ninguén!

Galicia é unha nai velliña, soñadora: na voz da gaita rise, na voz da gaita chora! Galicia é o que vemos: a terra, o mar, o vento… Pero hai outra Galicia que vai no sentimento! Galicia somos nós: a xente e mais a fala. Se buscas a Galicia en ti tes que atopala! – Galicia

O idioma é o amor, o latexo, a verdade, a fonte da que agroma a máis forte irmandade. Renunciar ao idioma é ser mudo e morrer. ¡Precisamos a lingua se queremos vencer! – A fala

33

2015/16

SÉCULO 21


FCT en Italia 2016 Programas Erasmus+ Un, se se imaxina o sur de Italia, seguro que o ve como unha desas belas estampas que o cinema clásico estívonos vendendo durante anos, imaxe que se vai gravando na nosa mente e, bo, nada máis lonxe da realidade. O sur de Italia non é así. Poida que o sexa en tempo de vacacións, non o negarei, en tempo de sol e calor. Pero non no outono/inverno. Nestas datas atopámonos un páramo ermo case sen vida máis aló dos recolectores de laranxas e olivas. Non foi unha primeira impresión agradable: son galego, necesito o verde para sobrevivir. Iso e unha convivencia con (isto imaxinádeo en negrita e con exclamación) seis persoas máis, fixo as primeiras semanas bastante difíciles. O tempo que pasaba, o mudarme daquel piso ás cinco semanas e, sobre todo, o bo ambiente de traballo fixeron que aos poucos todo se puxese no seu lugar. E é que, en serio vos conto, na miña vida atopárame cun ambiente de traballo mellor. O xefe é unha desas persoas que xa de primeiras son agradables, Piñeiro e Mari Angela son da miña quinta e sácanme por aí de paseo cada fin de semana, e logo está Pablo, un deseñador venezolano que máis aló de axudarme co idioma ensinoume moitísimo no campo do deseño informático, un auténtico Crack no seu. Ben, supoño que vos interesará máis

saber que fixen co diñeiro da bolsa que como paso o meu día a día facendo carteis, cartóns e publicidade variada non? ... ninguén contesta? ... deixádesme falar só e iso non é moi educado... Pois nada, farei o que me plazca xa que me deron carta branca para esta redacción. O piso non é que sexa un choio, é caro de narices e non teño Internet. A pesar de ser un ionki da rede, non creades que o boto moito de menos: teño uns libros fantásticos comigo e un disco duro ata os topes de cinema. Os días pásanse sen que pense moito na súa ausencia, a tecnoloxía móbil é a miña metadona. Vivir tampouco é tan barato como en Galicia, a compra sae un pouco máis cara, non demasiado. Se sodes uns sibaritas e

34

SÉCULO 21

2015/16


queredes irvos ás marcas dos anuncios, arruinarédesvos. Este tipo de experiencias axudaranvos a apreciar as ofertas e as compras por xunto. E ben, o pior, o maldito pior do sur de Italia: estraño o peixe, o ir á pescadaría e coller o peixe do día.... non é que aquí non haxa, pero custa medio ril... Despois dunha semana de duro traballo chegará a fin de semana, e con iso, as vosas inmensas ganas de saír a dalo todo á pista de baile, a tomarvos unhas cervexas coa xente que coñecésedes ou darvos algún caprichiño. Aproveitádeo!!! O ambiente é distinto ao de Galicia, pero non por iso decidades quedarvos na casa. Saíde, aínda que cheguedes a un pub, pidades un whisky e vexades a alguén cun tiramisú (crédeme, ao pouco verédelo normal). En período non vacacional non hai demasiados locais, pero hainos, e axudan a distraerse da envexa malsana que tedes dos vosos amigos en España. Tamén podedes facer outra cousa: viaxar, e moito. Coñecer non só o país que vos acolle, senón tamén o resto de Europa. Eu teño a sorte que desde Italia é baratísimo viaxar. Estiven en Nápoles e Salerno, nunha viaxe organizada coa empresa colaboradora aquí en Italia, tamén en cidades próximas como Rosano, Cosenza, Crotone ou Terranova dá Sibari. Fun dúas veces a Roma, unha delas cos meus amigos de España que foi realmente inesquecible (bo, tampouco tanto, o sábado foi de festa e practicamente esperteime sen saber onde estaba). Típicas visitas de rigor, festa e grupo de estranxeiras é un bo resumo. Pasei unha fin de semana en Milán, con tan só o gasto do avión, posto que ao coñecín a unha moza que estudaba alí e ofreceume un comodísimo sofá que ao final foi cama (non sexades mal

pensados, a súa compañeira de piso non estaba e quedeime a súa [tamén debedes pensar mal]). Berlín (catro días con apartamento 57€, un agasallo das ofertas da internet) foi iso, catro días, a unha temperatura máxima de -5º. A día de hoxe, a mellor viaxe da miña vida: visitei a unha amiga que vive e traballa en Alemaña, percorrín un campo de concentración e coñecín a Berlín máis underground cun grupo de artistas españois que coñecín alí, bares en antigos edificios okupas e uns monumentos que me deixaron pampo. E agora mesmo, mentres escribo isto estou a esperar o avión para ir a Praga. Parece que a bolsa dá para moito non? Pois non, pero se vos organizades e buscades as ofertas e demais, podedes pasarvos un semestre que nunca esqueceredes. Experiencia única e irrepetible, non vaiades coa idea de que un Erasmus+ é un Erasmus: aquí vén a traballar, e de xeito abondo. Pero co ben que queda no currículo, a experiencia laboral, a boa xente, unha nova cultura... practicamente por todo vale a pena. Por todo salvo pola falta de peixe... estraño o peixe... Víctor Mariño Moure

35

2015/16

SÉCULO 21


Experiencia en Cori Comezarei contando que Erasmus+ foi unha oportunidade única, que me deu a oportunidade de coñecer Italia, un país con diferentes costumes, cultura, tradicións e gastronomía, pero sobre todo outro idioma. Un idioma como o italiano que nun principio pensas que vai ser moi parecido ao español, pero poñendo o acento da película “O padriño” e despois daste conta de que é bastante máis difícil do que a xente pensa, que o único que sabes dicir é pizza. O meu destino en Italia foi a cidade de Cori, unha cidade de 12.000 habitantes, con moita historia e que desde o primeiro día ata o último tratáronme como un rei. Con xente moi amable, que ata che convida a cear con eles en Nadal ou calquera día e que che axudan con calquera problema que che poida xurdir. Estou moi agradecido a Cori e a todo a súa xente por facer esta experiencia máis levadeira e cómoda.

A miña experiencia laboral foi fantástica, traballei máis de 6 meses na mellor farmacia da cidade, foi un pracer traballar con tantos profesionais e tan bo ambiente ao que me vía exposto día a día. A miña empresa chámase “Farmacia de Gregorio”, unha farmacia grande que me deu a oportunidade de poder aprender e formarme en todas as fases dunha farmacia italiana.Recoñezo que fun un afortunado e grazas a deus acabei en Cori, unha cidade moi próxima á capital, Roma, e cidades próximas como Nápoles ou Florencia. Tiven a oportunidade de perderme por Roma cada fin de semana e considéroa a cidade máis bonita e histórica que puiden ver. A primeira impresión que tiven ao chegar a Roma foi que estaba nun museo ao aire libre, fose onde fose había arte por todas as partes. Todo era moi bonito mirases onde mirases e a xente moi amable a verdade, pasear por esas rúas e monumentos tan históricos é unha oportunidade única. O clima é outro dos puntos positivos que hei de engadir a este país, son un galego afeito aos 6 meses de choiva intensa sen descanso,e agora atópome nunha cidade na que en 7 meses choveume unha semana, e non, non a botei de menos. Isto para min é un plus de felicidade e para moitos de vós supoño que tamén. Falareivos un pouco de Italia, un país que me namora día a día e que para o meu ten a mellor gastronomía que probei nunca, “alucinarás” coa súa comida. Considérome un amante do fútbol e cheguei a un país onde son os máis

36

SÉCULO 21

2015/16


seareiros do Calcio (fútbol), aquí deporte nacional, por iso non tiven ningún problema en relacionarme coa xente. Coñecedes a lenda de que en Italia conducen como tolos? Pois é verdade, procura andar con mil ollos, como experiencia diríache que nos pasos de peóns ninguén che vai a deixar pasar. Para aquel que lle interese direi que Italia ten as mulleres máis guapas, sempre é un punto a favor.Como sabedes, non existe un país que teña máis festa e vida nocturna que España pero poida que Italia sexa ao que máis se asemella, diversión e bos locais non che van a faltar, pero debes saber que as copas custan 10 euros ou mesmo 15, a vida nocturna aquí é cara. Falareivos da bolsa que nos dan, está xenial, pero ten coidado que aquí todo é polo xeral un 10-15% máis caro, sobre todo os apartamentos, se te vas a Roma podes ata “quedarte en calzóns” se tomas algo en sitios de glamour. Se administras ben a bolsa podes facer como eu, utilizalo para viaxar e coñecer as cidades máis importantes de Italia. Ten en conta que se te sabes administrar ben podes ata viaxar fóra de Italia coa bolsa. Se prácticas deporte ou che gusta algún, é unha boa oportunidade para realizar algunha actividade e matar dous paxaros dun tiro, coñecendo xente e practicando o teu novo idioma. En todo momento tratei de involucrarme ao máximo nesta experiencia, aproveitar cada momento coa finalidade de seguir crecendo persoal e profesionalmente . Hei de recoñecer que as primeiras semanas son duras porque non coñeces a ninguén e cústache adaptarte ao idioma, vamos que non entendes nada, pero pouco a pouco vaste adaptando e coñecendo xente que che convida a saír e a cear con eles. Como consello trata de ser o máis sociable posible, a xente

adoita ser máis aberta coa xente de fóra e non teñas medo a “chapurrear” co italiano, á xente faille graza. Como anécdota e consello direivos que se algún vai a Italia non pida unha caña, poderiades acabar cunha labazada ou peor... significa “cadela”. Terminarei contando que Erasmus+ foi unha das mellores experiencias que tiven na miña vida, recoñezo que nun primeiro momento daba vertixe pensar en ir traballar a outro país, pero se algún de vós está a pensar en realizar unha Erasmus ou irse a traballar fora eu diríalle que adiante, que sen medo, que a vida non está feita para covardes e que de paso retocas o teu curriculum. Vas coa conclusión de evolucionar e madurar como persoa, de coñecer nova xente e novas culturas, con máis gañas de viaxar e coñecer outros paises, en definitiva, Erasmus foi para min unha experiencia inesquecible. Estas son unhas simples palabras que non poden describir a miña experiencia, agora tócache a ti vivilas. “Erasmus, contigo empezou todo” Pedro Rodríguez Crespo

37

2015/16

SÉCULO 21


Experiencia en Parma Cando decides irte de Erasmus tes na túa cabeza a idea que a televisión nos ten dado: a festa, as novas experiencias, a xente que coñecerás, a independencia de abandonar a túa casa, etc. Si, a teoría está moi ben pero en realidade non sabes o que é ir de Erasmus ao estranxeiro ata que non entras nun supermecado, onde debes facer uso da túa intuición para descifrar que é o que acabas de mercar para cear. Chegar a casa e ter que cear un yogurt por non saber a tradución exacta de “cebola” na hamburguesa non é nada bonito, iso si, o nome italiano de todas as verduras que non me gustan non se me esquecerá nunca! No meu caso, o país elixido foi Italia, non se moi ben porque, supoño que quería coñecer outro idioma que non fose o inglés, que levamos estudando toda a vida, a parte da súa historia e cultura que é apreciada e recoñecida en todo o mundo (e agora tamén por min). Para chegar a Parma, onde vivo, primeiro debín coller un avión a Bolonia, e unha vez alí, coller un tren ata aquí. Á propósito dos trens, aquí podes atopar un porsche ou un audi aparcado no parking do Carrefour, pero o tren que debes coller para ir a calquera parte segue sendo o mesmo instalado no século XX. Imaxinádevos a miña situación ao saír da estación de Parma, sen conexión de datos e sen máis nadaque o nome da rúa e piso onde ía vivir, no sei como pero conseguín atopar a miña nova casa. O meu portal metía medo, xa que case-

todas as casas destas cidades son casas antigas de teitos altos e ventás enormes en cada habitación, pero que normalmente adoitan estar renovados por den tro como no meu caso.

Cheguei a Parma un sabado e o luns comezaba a traballar. Chegar ao traballo o primeiro día foi unha odisea, tendo en conta que a miña orientación a pé é boa, pero cos autobuses..., pésima. O caso é que cheguei, media hora antes, por certo, porque xa coñecía a miña sorte co bus e desde o primeiro día acolléronme como unha máis. A miña empresa xa está afeita a ter varios alumnos de prácticas, de feito neste momento hai dous máis, un ita-

38

SÉCULO 21

2015/16


liano e unha francesa coa que fixen moi boas faragullas. A empresa divídese en departamentos, no meu estou coa alumna francesa de prácticas e dous mozos máis que traballan aquí; un encargado do deseno web dos clientes e outro para retoque e creación de imaxes. Eu e maila outra moza encargámonos da creación gráfica e web (tanto foto, vídeo e papelaría de publicidade) dunha páxina anexa á empresa que é un taller de costura que se imparte aquí. Co idioma a partir da primeira semana moito mellor, no traballo estou todo o día preguntando e tentando falar e, máis ou menos, xa podo manter unha conversa con alguén que teña un pouco de paciencia. Cres que todo vai ben ata que a túa xefa dache un post-it con lugares para saír de festa e onde a cervexa é máis barata, aí te dás conta de que todo vai aínda mellor. Se non queres morrer por desnutrición aconsello descargarse antes de chegar

ao país de destino un bo tradutor que funcione sen conexión de datos. O meu foi o meu fiel amigo aquí, menos nalgún día lúcido que decide deixarche en ridículo con algunha tradución absurda que pronuncias con aires de seguridade completamente segura do que estás a dicir (pero non). Hai moitos mitos sobre viaxar a Italia, un é que sendo español é doado entenderte coa xente ou saber o que están a dicir, MENTIRA, quen vos diga iso nunca estivo aquí; outro é o dos italianos, vale, ese é verdade, pero o máis coñecido é o da pizza, e ata a masa conxelada de marca branca do supermercado máis pequeno que poidas atopar está máis boa que calquera que probase en Pontevedra (síntoo Cambalache). Se vos estades pensando irvos de Eramus, non volo pensedes máis, todo o que creedes que vos ides a perder na vosa cidade, gañádelo onde vaiades, en experiencia! Andrea Buenoche Otero

39

2015/16

SÉCULO 21


Proxectos de Cooperación Unha maneira diferente de aprender PONTEVAN: FP na rúa. O alumnado dos ciclos formativos de Artes Gráficas están a participar neste interesante e ambicioso proxecto, ideado e posto en marcha polos compañeiros do veciño CIFP Carlos Oroza, consiste nunha “Food Truck” que percorrerá os institutos de Galicía desenvolvendo actividades que fomenten, nos máis xovenes, hábitos alimenticios sans e equilibrados. Obxectivos do proxecto: - Didáctico. O máis importante, que o alumnado aproveite a realización deste proxecto para aprender. - Emprendemento. Para o desenvolvemento deste proxecto é necesario ter en

conta as mesmas variables e tarefas que para a creación dunha empresa, a experiencia adquirida redundara na inserción laboral do alumnado. - Social. Enseñar correctos hábitos alimentarios. Percorrer os colexios de Galicia enseñando en que consiste unha alimentación sana e equilibrada. Neste proxecto colaboran as empresas seguintes: - Grupo Hedomin. Desenvolve a súa actividade no sector da automoción e a enerxía eléctrica. Porporciona a furgoneta. - Martínez Otero Contract. Frabricación de muebles e interiorismo. realizará o amoblamento.

40

SÉCULO 21

2015/16


- Galtex. Roupa de traballo e uniformes. - Fagor Industrial. Proporcionara os équipos de frio e os electrodomésticos. - CIMALab, empresa colaborada pola Universidade de Vigo. Realizará o cálculo estructural para adaptar a furgoneta a normativa vixente. Varios institutos da cidade de Pontevedra forman parte desta aventura, cada un dos cales aporta a súa experiencia, coñecementos, instalacións e medios na parte correspondente o seu sector. CIFP Carlos Oroza. Coordinación proxecto, Elaboración menús. IES Frei Martín Sarmiento. Deseño de menús diéteticos. CIFP A Xunqueira. Arranxo da furgoneta: instalacións, adaptación, chapeado e pintado. IES Montecelo. Deseño logo e Imaxe, tuneado furgoneta, elementos publicidade, serigrafiado uniformes e louza. MENIÑOS O alumnado de FP Básica de Automoción levou a cabo a reparación, pintado e saneamento de dúas bicicletas que foron entregadas a asociación meniños para que os rapaces alí recollidos fagan

e-leaning que desenvolven entidades universitarias e de agricultura ecolóxica de seis países de Unión Europea e Turquía. Alumnos/as do FPB de Agroxrdinería e composicións florais tomaron parte na actividade, dirixida por profesores do Instituto Politécnico de Viseu (Portugal), líderes do proxecto. En concreto os chavales testaron a funcionalidade, facilidade de uso, comprensión, competencias adquiridas e utilidade da ferramenta e-learning que se desenvolve no proxecto ECONEWFARMERS para a introcución a agricultura ecolóxica. Trala sesión, que se desenvolveu nas instalacións do IES Montecelo, así como nas zonas de viveiros e de prácticas que utilizan cada día os alumnos/as, tivo lugar unha presentación dos produtos desenvolvidos, que se levou a cabo o día 11 de marzo en Santiago de Compostela. Alumnado da FPB Agroxardinería e composicións florais colaboraron nun testeo de contidos de formación dentro do proxecto ECONEWFARMERS, desenvolvido en varios países da UE e Turquía. O luns 29 de febreiro, levouse a cabo a referida sesión, que se centrou en analizar a funcionalidade, a facilidade de uso, a comprensión, as competencias adquiridas e a utilidade da herramienta de formación e-learning de ECONEWFARMERS, para a Introducción a Agricultura Ecolóxica.

un uso e disfrute das mesmas. ECONEWFARMERS O IES Montecelo participou nunha sesión de testeo dun curso de formación

41

2015/16

SÉCULO 21


Os productos de formación desenvolvidos, foron presentados por Dna. Cristina Amaro da Costa, profesora do Instituto Politécnico de Viseu (Portugal) e polos representantes de EOSA – Estrategia y Organización S.A. A xornada consistiu nunha sesión en aula, unha actividade de campo-testeo, un tempo de tarefas prácticas e a realización dun cuestionario de feedback. Nesta actividade participou alumnado de 1º e 2º do ciclo de Formación Profe-

sional Básica de Agroxardinaría e composicións florais. O venres 11 de febreiro, dentro das xornadas Novos Recursos de Formación Móbil-Lerning para apoiar o desenvolvemento da Agricultura Ecolóxica celebradas en Santiago, presentáronse os resultados deste proxecto de ámbito europeo. Nas xornadas participaron D. Ernesto Sánchez Salgado (Director Técnico do CRAEGA), Dna. María José Rodríguez Malmierca (Responsable do departamento de e-lerning do CESGA), D. Mi-

guel Soto (Cooperativa ULLAMA), Dna. Antonia Pereira Souto (horta e tenda de productos ecolóxicos), Jaime Veiga. Tras a exposición da situación da agricultura ecolóxica, as súa necesidades e futuro, presentouse a ferramenta formativa do proxecto ECONEWFARMERS. Esta pódese consultar en www.econewfarmes.eu XUNTOS Xuntos porá en marcha un proxecto de “horta urbana cooperativa”, nas inmediacións do Muíño do Couto, que se ubicará nunha finca privada que foi cedida para tal fin. O proxecto de Xuntos ten como obxectivo promover a autonomía persoal das persoas con síndrome de Down. Diversas empresas aportaron material para a posta en marcha deste proxecto, e o IES Montecelo doou dous depósitos de auga e deu formación básica aos xóvenes que van a traballar na horta.

42

SÉCULO 21

2015/16


Oferta Ciclos de grao medio: Ciclo de grao medio Farmacia e parafarmacia. Ciclo de grao medio en Preimpresión dixital. Ciclo de grao medio Impresión. Ciclos de grao superior: Ciclo de grao superior en Anatomía patolóxica e citoloxía. Ciclo de grao superior de Deseño e xestión da producción gráfica. Formación Profesional Básica: Agroxardinería. Artes gráficas. Mantemento de vehículos. Peiteado e estética.

43

Avda. Montecelo, 16

• 36161 Pontevedra • Telf.: 986 850 261 •

Fax: 986 866 857

e-mail: ies.montecelo@edu.xunta.es



Millions discover their favorite reads on issuu every month.

Give your content the digital home it deserves. Get it to any device in seconds.