Page 1

IES “Francisco Sánchez” Departamento de música- 4º ESO

UNIDADE 3: “A música no Barroco”

I.

CONTIDOS:

a) Introdución: 1) Contexto 2) Características musicais 3) Etapas b) Música profana: - A monodia - Nacemento e evolución da ópera c) Música relixiosa: - Cantata - Oratorio d) Música instrumental: - Suite - Sonata da chiesa e sonata da camera - Concerto a solo e concerto grosso

II. AUDICIÓNS: Forte e lito a morte andrei (“Tamerlano”- G.F. Haendel) Coro da Cantata BWV 197 (J. S. Bach) Allegro Moderato (“Concerto de Brandeburgo nº 2- J. S. Bach)

29


IES “Francisco Sánchez” Departamento de música- 4º ESO

UNIDADE 3 : “A música no Barroco”

a) Introdución 1) Contexto:

Como ocorría co Renacemento, cando falamos do Barroco estamos mencionando un termo tomado da historia da arte, polo que existen problemas á hora de aplicalo á historia da música. O principal problema reside nas datas de comezo e final deste movemento. Adoitase considerar que o comezo do Barroco coincide cos inicios do século XVII (por exemplo, aparece a primeira ópera cara 1600) e márcase como final do período o ano 1750, ano da morte de J. S. Bach (aínda que realmente nesta época xa comezara o Clasicismo). O termo “Barroco” foi empregado polos tratadistas da época clásica cun carácter despectivo: “Barroco” designaba o recargado, o confuso. Por outra banda, o Barroco non supón unha ruptura brusca co Renacemento no tocante ao seu punto de partida. Por exemplo, segue mantendo un interese pola cultura grecolatina. Isto no caso da música é especialmente interesante, xa que os primeiros compositores do Barroco estaban convencidos de que a súa música era moi semellante á composta na época clásica. Realmente o que cambia é o modo de entender a antigüidade, o modo de expresión: os renacentistas buscan a orden, a proporción, mentres o Barroco gusta da esaxeración, da desproporción. Relacionado con isto, o obxectivo principal das artes barrocas é a expresión de sentimentos, especialmente de sentimentos extremos.

30


IES “Francisco Sánchez” Departamento de música- 4º ESO

2) Características musicais: A pesar de que o pensamento do Barroco non difería demasiado do Renacentista, prodúcense unha serie de cambios na música, que levan a considerar esta época como unha das máis importantes dentro da historia da música (nacemento da ópera; a música instrumental gaña importancia e aparecen novas formas instrumentais como o concerto, a sonata...). Para comentar as características máis relevantes da música barroca, imos ir comparándoa coa música renacentista. Aínda que no Renacemento se empregaba en algúns casos a textura homofónica (por exemplo, na música profana de Italia ou España), a textura característica desta época é a polifónica a catro voces e con contrapunto imitativo. No Barroco, vai primar unha textura homofónica, na que as voces superior (melodía) e inferior (baixo) aparecen claramente diferenciadas; incluso téndense a eliminar as voces intermedias. O tipo de textura característica deste período está formada por unha melodía principal acompañada por baixo continuo. O baixo continuo era un tipo de acompañamento baseado en acordes realizado por instrumentos como o laúde, a viola da gamba ou o clave. Na música renacentista, as melodías tendían a ser sinxelas (cun ámbito estreito, movemento por graos conxuntos; incluso en ocasións emprego de notas repetidas). No Barroco, a melodía alcanza un gran protagonismo: adórnase, o ámbito é máis amplo, aparecen saltos... No Renacemento comentamos dous tipos de ritmo: fluído (música relixiosa) e marcado (música profana). No Barroco tamén imos atopar dous tipos de ritmo: un ritmo libre, baseado na declamación do texto (habitual na música vocal do 1º barroco), e un ritmo mecánico e regular (música instrumental). No Barroco, o texto é o primeiro, o aspecto máis importante da composición e todos os elementos da música supedítanse a el (Caccini un dos músicos e tratadistas máis importantes do primeiro Barroco, di que a orden é “letra, ritmo e logo as notas; e non ao revés”). Incluso, en moitas ocasións esta música parécese máis a un recitado que a unha peza cantada. O papel da música era representar tódalas ideas e sentimentos expresados polo texto. O termo que na época empregan para denominar isto era “teoría dos afectos”. Trátase dunha especia de vocabulario musical que intenta reflectir cada un dos sentimentos que expresa o texto.

31


IES “Francisco Sánchez” Departamento de música- 4º ESO

Exemplos de teoría dos afectos

altura Montaña ceo

semitón Dor pena

corte Silencio morte

salto Culpa pecado

retardo Duda espera

Moitas das formas barrocas proceden do Renacemento, pero tamén aparece un número importante de formas novas. Dentro da música relixiosa da Igrexa católica, séguese a compoñer motetes e misas, pero tamén oratorios. Na música profana, aparecen as cantatas (que tamén poden ser relixiosas), e sobre todo óperas. Aparecen formas instrumentais, como o concerto, a sonata e a suite.

Exercicios: 1) Onde nace o estilo barroco? Que acontecementos marcan o inicio e o final do barroco musical? 2) Fai un cadro comparativo das características musicais do renacemento e o barroco.

3) Etapas:

-

Primeiro Barroco (1ª metade do s. XVII). O centro é Italia. O acontecemento musical máis relevante deste período é a aparición da ópera e a monodia. Os autores máis representativos son Claudio Monteverdi, Caccini e Giovanni Gabrieli.

-

Barroco medio (segunda metade do s. XVII). O Barroco esténdese cara outros países de Europa, aparecendo estilos nacionais en Francia, Alemaña, Inglaterra e España. É a época de esplendor da ópera, que se converte no entretemento favorito das clases altas. Entre os autores destacan A. Scarlatti en Italia, Lully en Francia, e Purcell en Inglaterra.

-

Barroco tardío (1ª metade do s. XVIII). Destaca a música instrumental, con formas como o concerto ou a sonata. É a época dos dous autores máis emblemáticos do Barroco: J. S. Bach e G. F. Haendel. 32


IES “Francisco Sánchez” Departamento de música- 4º ESO

b) Música profana: A música profana é o terreo onde se van experimentar os grandes cambios producidos na música barroca, algo importante se temos en conta que ata agora era a música relixiosa a que marcaba as características principais do período. Aínda que dentro da música profana a ópera vai ser a raíña indiscutible, unha forma procedente do Renacemento, o madrigal, vai marcar a aparición dono novo estilo: pasamos do madrigal polifónico renacentista ao madrigal en estilo de monodia do barroco.

Para entender este cambio de estilo, temos que falar antes das cameratas xurdidas en Florencia durante o 1º Barroco, entre as que destaca a Camerata Bardi. As cameratas estaban formadas por intelectuais (como os compositores Giulio Caccini e Jacopo Peri) que intentaban recuperar a música grega e rexeitaban a polifonía renacentista. Neste intento de recuperar a música e o teatro gregos van nacer a monodia e a ópera. A monodia era unha peza para voz solista e con acompañamento de baixo continuo na que o texto era o elemento máis importante (empregaba a teoría dos afectos, o ritmo era libre, adaptándose aos acentos do texto…). De feito, tratábase máis ben dunha especie de recitado.

Exemplos de monodia (procedentes da Nuove Musiche de Caccini):

Clamaba ás estrelas

un enfermo de amor baixo o nocturno ceo..

33


IES “Francisco Sánchez” Departamento de música- 4º ESO

Xa mencionamos que é dentro destas cameratas florentinas onde aparece a ópera (os primeiros exemplos están compostos por Peri e Caccini), pero o que se considera a primeira ópera, Orfeo (1607) é obra dun compositor alleo a elas, Claudio Monteverdi. Portada da 1ª edición de “Orfeo”

Claudio Monteverdi

34


IES “Francisco Sánchez” Departamento de música- 4º ESO

“Orfeo” Título orixinal: L’Orfeo Compositor: C. Monteverdi Libreto: Alessandro Striggio. Baseado nun mito grego. Estrea: Mantua, 1607 (composta para o duque Vincenzo Gonzaga). Personaxes: Orfeo Euridice Mensaxeira Caronte (barqueiro) Esperanza Plutón (rei dos Infernos) Proserpina (muller de Plutón) Apolo (pai de Orfeo) Ninfas Pastores Argumento: As ninfas e os pastores celebran a voda entre Orfeo e Euridice. Orfeo recorda os tempos pasados nos que Euridice non o correspondía, contrastando coa felicidade actual. Euridice vai con outras ninfas a recoller flores mentres Orfeo continúa coa celebración. Aparece a mensaxeira e cóntalle a Orfeo que Euridice foi picada por unha serpe e que acaba de morrer. Orfeo non pode soportar a morte da súa amada e decide ir buscala aos infernos. A Esperanza guía a Orfeo ata a lagoa Estigia. O barqueiro Caronte négase á cruzar a Orfeo, pero este comeza a cantar e Caronte queda durmido. Así, Orfeo chega ata as portas dos infernos. Atópase con Plutón e Proserpina e volve a contar a súa desgraza cantando. Proserpina queda conmovida e convence ao se home para que deixe a Orfeo ir buscar á súa amada. Plutón accede pero pon unha condición: Orfeo non debe mirar á súa amada durante o camiño de regreso. Orfeo non pode soportar as dúbidas, mira cara atrás e Euridice desaparece. Conmovido pola dor do seu fillo, o deus Apolo lévao con el aos ceos. Estrutura: Consta dun prólogo (presenta a obra, alegoría da música) e 5 actos. A aparición da mensaxeira divide a ópera en dúas partes: una primeira parte pastoril (actos I e II) e unha segunda parte ambientada nos infernos (III e IV). Características: Un dos aspectos máis relevantes de “Orfeo” é o papel da música instrumental. Aparece unha gran variedade de instrumentos e claramente indicados (algo pouco habitual na época). Ademais, os instrumentos axudan a caracterizar aos personaxes (por exemplo, o son do laúde acompaña sempre a Orfeo). No tocante ás pezas vocais, destacan as cancións estróficas de estilo renacentista (presentes na 1ª parte) e as monodias (2ª parte).

35


IES “Francisco Sánchez” Departamento de música- 4º ESO

A partir da segunda metade do XVII, no Barroco medio e tardío, a popularidade da ópera aumenta e vaise converter na forma musical por excelencia do período, especialmente en Italia, onde aparecen varias escolas operísticas como a romana, a veneciana ou a napolitana. Esta última escola, que se desenvolve durante a primeira metade do XVIII, vai marcar as características da ópera italiana para os séculos posteriores. Unhas das consecuencias da popularidade da ópera é a aparición dos teatros públicos aos que acude un público máis amplo e variado: agora non é un espectáculo exclusivo da nobreza senón que a burguesía comeza a interesarse por este tipo de espectáculos. É precisamente a aparición destes teatros o que provoca o cambio de estilo na ópera, xa que os compositores debían adaptarse ao gusto do público.

Na ópera italiana do barroco medio e tardío o texto deixa de ser o elemento principal e o interese do público está centrado no virtuosismo dos cantantes, (especialmente dos castrati) que chegaron a converterse en auténticas celebridades. As partes instrumentais e os coros tenden a reducirse e o interese está centrado nas partes para voz solista. Estas pezas para solista podían ser de dous tipos: recitativo e aria. O recitativo emprégase para facer avanzar a acción (por exemplo nos diálogos), emprega ritmo libre, melodía sen adornos (é unha especie de recitado) e acompañamento de baixo continuo. A aria destinábase para os momentos de intensidade dramática (expresión de sentimentos), empregaba unha melodía moi adornada, ritmo marcado e acompañamento de orquestra. Normalmente as arias seguían a forma de aria da capo (ABA’), na que se repetía a primeira sección para introducir unha gran cantidade de adornos. Entre os compositores de ópera italiana destacan Alessandro Scarlatti (1660-1725) e

George Frideric

Haendel (1685-1759), autor de “Rinaldo”.

Outra das consecuencias da popularidade da ópera é a extensión do xénero dende Italia a outros países europeos. Así nacen estilos nacionais de ópera en países como Francia ou Inglaterra. En Francia atopamos a tragédie lyrique (traxedia lírica), un tipo de peza semellante á ópera pero que toma elementos dun xénero anterior, o ballet de cour (un espectáculo aristocrático no que se incluían partes faladas e no que a danza tiña un papel protagonista). O máximo representante da traxedia lírica francesa é Jean Baptiste Lully (1632 -1687), autor de “Alceste”.

36


IES “Francisco Sánchez” Departamento de música- 4º ESO

En Inglaterra atopamos unha situación semellante á de Francia, xa que antes da chegada da ópera existía un xénero propio, a masque (mascarada). O compositor de música escénica máis importante de barroco inglés é Henry Purcell (1659-1695), con obras como “Dido e Eneas”.

Audición 1: Forte e lito a morte andrei (“Tamerlano”- G.F. Haendel) Forte e lieto a morte andrei Se celassi ai pensier miei

Forte e feliz iría á morte Se se ocultara aos meus pensamentos O grande amor da miña filla. Se non fose o seu pesar, verías en min máis orgullo morrería con máis valor.

Della figlia il grande amor. Se non fosse il suo codoglio, Tu vedresti in me più orgoglio, Io morrei con più valor.

Exercicios: 1) Fai un pequeno vocabulario de ópera no que definas os seguintes termos: obertura, castrato, recitativo, aria, libreto, ritornello, cadencia (ou cadenza).. 2) Cando e onde nacen os teatros públicos de ópera? Explica como a súa aparición inflúe na evolución do xénero. 3) Que dúas pezas para solista destacan na ópera italiana do barroco medio e tardío. Fai un cadro comparativo coas súas características. 4) En que países van aparecer estilos nacionais de ópera? Que pezas escénicas anteceden á ópera neses países? Nomea aos compositores máis importantes. 5) Tomando “Orfeo” como exemplo, fai un cadro no que compares a ópera italiana do 1º barroco e a do barroco medio e tardío.

37


IES “Francisco Sánchez” Departamento de música- 4º ESO

c) Música relixiosa: Durante o primeiro barroco, o debate entre os partidarios da música polifónica de estilo renacentista e os do novo estilo monódico reflíctese de maneira clara na música relixiosa. Entre os que seguían o estilo polifónico destaca G. Gabrielli, que introduce innovacións importantes derivadas do que se vai coñecer como stilo concertato, unha técnica que buscaba os contrastes de tempo, intensidade, timbre... A outra tendencia está relacionada coa gran aceptación que tivo o estilo monódico da música profana. Eran obras para solistas ou dúos, acompañados de instrumentos e tódalas características da monodia profana. C. Monteverdi destaca como compositor destas monodias relixiosas. Durante o barroco medio e tardío, o éxito da ópera vai repercutir nos xéneros relixiosos máis representativas do período, a cantata e o oratorio, xa que constan dos mesmos elementos: obertura, arias, recitativos, coros... O oratorio ten carácter narrativo (é dicir, conta unha historia, normalmente bíblica), pero non se representa, algo que provoca a presenza dun narrador. Os coros son o máis representativo deste tipo de pezas. Entre os oratorios do período destacan os compostos por G.F.Haendel, como “O Mesías”. Na música luterana, existe un tipo concreto de oratorios centrado na paixón de Cristo. O exemplo máis importante é a Paixón segundo S. Mateo de J.S.Bach.

J. S: Bach

G. F. Haendel

38


IES “Francisco Sánchez” Departamento de música- 4º ESO

A cantata tamén toma os elementos musicais da ópera, pero non é narrativa (non conta unha historia) e non se representa. Aínda que as incluímos dentro da música relixiosa, tamén existen cantatas profanas. Unha vez máis temos que destacar a J. S. Bach como o compositor máis importante deste tipo de pezas.

Audición 2: Coro da Cantata BWV 197 (J. S. Bach) Das Lamm, das erwürger ist, ist würdig zu nehmen Kraft und Reichtum und Weisheit und Stärke und Ehre und Preis und Lob. Lob und Ehre und Preis und Gewalt sei unserm Gott von Ewigkeit zu Ewigkeit. Amen, Alleluja!

O cordeiro que va ser sacrificado é digno de recibir poder, e riquezas, e sabedoría, e forza, e honor, e gloria, e bendicións.

Bendicións, e honor, e gloria, e poder sexan para o noso Deus polos séculos dos séculos. Amén. Aleluia!

Exercicios: 1) Que é o estilo concertato? 2) Indica os dous estilos de música relixiosa que atopamos no 1º barroco. Nomea aos compositores máis representativos de cada estilo. 3) Que dous tipos de peza relixiosa aparecen no barroco medio e tardío? Explica as semellanzas e as diferenzas entre cada unha destas pezas e a ópera. Pon exemplos de compositores.

d) Música instrumental: A pesar de que dentro da música vocal existen cambios importantes respecto ó Renacemento, na música instrumental do primeiro Barroco continúase a compoñer a mesmas pezas comentadas para o período anterior. Temos que agardar ata mediados do s. XVII para atopar cambios importantes dentro da música instrumental.

39


IES “Francisco Sánchez” Departamento de música- 4º ESO

No Barroco medio e tardío aparecen as grandes formas instrumentais do período, como a suite, a sonata e o concerto. A suite consiste nun conxunto de danzas de diferentes procedencias e tempos contrastantes. O número de danzas é variable, pero o modelo máis habitual está formado por catro danzas: allemande (procedente de Alemaña; tempo lento), courante (Francia; rápida), zarabanda (España; lenta) e giga (Inglaterra; rápida). As suites poden estar compostas para un instrumento solista (laúde, clave, violín) ou para orquestra. As sonatas son pezas para un conxunto instrumental reducido. Segundo o lugar de interpretación, as sonatas poden ser “da camera” (ámbito profano) ou “da chiesa” (ámbito relixioso). A sonata “da camera” consta dunha introdución máis unha serie de dazas, mentres a sonata “da chiesa” está formada por catro movementos (L-R-L-R). Os concertos son pezas nas que a orquestra alterna cun solista (concerto a solo) ou cun conxunto de solistas (concerto grosso). Entre os compositores de música instrumental, temos que volver a destacar a J.S. Bach e Haendel, pero tamén a A. Vivaldi (1678-1741), especialmente como compositor de concertos a solo para violín.

A. Vivaldi

Audición 3: Allegro Moderato (“Concerto de Brandeburgo nº 2”- J. S. Bach).

40


Unidade3  
Advertisement
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you