Page 1

CERTAME LITERARIO “RELATOS TERRORÍFICOS” PARA 1º E 2º ESO SAMAÍN 2018 RELATOS GAÑADORES


A Emma Morgan sempre lle gustaran as películas de medo. Como calquera rapaza adolescentes, entretíase vendo vídeos, lendas de terror e todo tipo de casos paranormais que encontraba na rede, e non dubidada en compartilo cos seus amigos. Nin sequera se imaxinaba que ela mesma estaba por se converter na protagonista do máis espeluznante conto… Aquel día, Emma estaba revisando o seu Istagram cando lle chegou unha solicitude de amizade xunto cunha mensaxe que proviña de dous rapaces chamados “Os irmáns Morgan”. Emma quedou abraiada ao ver o seu perfil. Os rapaces eran iguais a ela só que de diferente sexo, ademais de ter os mesmos apelidos ca ela. Aqueles descoñecidos afirmaban que eran os seus irmáns, e que anos antes habitaran na casa onde ela vivía cos seus pais. Incrédula, Emma contestoulles que se foran ao diaño e dispúxose a seguir navegando. Pero, aos poucos segundos, unha nova mensaxe de ambos volveu aparecer. “Se non nos cres, mira isto”, dicía, ao mesmo tempo que aparecía refrexada unha imaxe no ordenador, a dun xornal vello. O titular era espeluznante: “Encontran a dous irmáns asasinados na súa propia casa”. A noticia remontábase ao ano 1992 en Melide, A Coruña. Adam Morgan, de 16 anos, e o seu irmán Ander, de 14, foron atopados mortos na casa dos seus país, a noite do 20 de novembro, cerca das dúas da madrugada. “Ambos atopábanse no seu dormitorio, cando unha descoñecida entrou neste. Ninguén os escoitou berrar. A mañá seguinte os pais atoparon os corpos metidos no armario sen cabeza. A policía foi incapaz de coñecer os motivos do asasinato. A única pista que sorprendeu ás autoridades consistía nun conxunto de raras mensaxes encontradas no móbil de Ander”. No resto da mensaxe os irmáns aseguraban estar molestos polo peche do caso no 2002. A policía, os amigos, os pais e todos, esquecéronse deles. E o que era peor, os Morgan dedidiran ter una filla para reemprazalos. Agora, os seus espíritus buscaban vinganza. “Ídevos ao inferno”, escribiu Emma de volta, demasiado asustada. Todo aquilo debía de tratarse tan só dunha coincidencia, verdade? Cinco minutos despois outra mensaxe chegou para atormentala: “ Segues sen crernos? Entón mira dentro do armario”. Tremendo, Emma achegouse ata este. Ao día seguinte os seus pais sentíronse inundados de espanto ao descubrir o cadáver da súa filla dentro do armario sen cabeza, ao igual que os seus fillos. E unha vez máis as autoridades non puideron atopar unha explicación a este terrible feito. O único que lles sorprendeu foi as misteriosas mensaxes encontradas no laptop de Emma Morgan.

OS IRMÁNS MORGAN, de Belén Agra Parrado (2º C)


“ Oio voces. Veñen por min. Son varias. Dan zancadas ata chegar aos meus oídos. Están cada vez… Cada vez máis cerca. Acorrálanme contra o parede. Non podo fuxir. Cada vez gritan máis alto. Parecen martelos na miña cabeza. Fanme sangrar o corazón, ademais do corpo. Férenme. Teño medo… Outra vez non… Outra vez non! Non podo berrar. Só podo chorar. Só podo escoitar as voces. Pouco a pouco os meus oídos deixan de percibilas. Pero seguen retumbando na miña cabeza. Non paran. Teño que facer algo. Só quero… deixar de escoitalas…”

“ Oio a voz. Pretende ser doce. O veleno é doce. Pero mátate. A súa voz é doce. Pero faime dano. Isto é surreal. Quero correr. Pedir axuda. Pero non podo. Non me podo levantar. O meu corpo non me fai caso. O peor… Non quero pensar no peor. Teño medo. Esa voz métese dentro de min paseniño. Non quero isto. Quero chorar. Quero fuxir. Teño medo. Axuda! Ninguén me escoita. Ninguén me vai escoitar. Estou soa. Soa… coa voz. Non para de falar. É pegañenta, repugnante. Axuda… Eu non me podo axudar a min mesma…”

“Oio a voz. Só podo oíla a ela. Non me deixa escoitar nada máis. Non quero escoitar nada máis. Non quero escoitar nada. Pero obrígame a prestarlle atención. Obrígame… Sei que eu teño a culpa. É culpa miña estar nesta situación. Por que fun tan imbécil? Teño medo. Estou chorando. As súas palabras doen. Pero merézoo. Os meus pensamentos arremuíñanse, van dun lado a outro. Intento asimilar as palabras. Non podo. Intento pensar claramente. Non podo. Non… Por favor, non… Nin iso podo só murmurar…”

“Oio as voces. Falan de min, non a min. Ó mellor iso é o peor. Ou mellor. Non o sei. O único que sei é que non tardarán en dirixirse a min. E entón non poderei facer nada. Téñolle medo a ese “entón”. Ó mellor se me mato non me farán nada. Ó mellor. Intento non escoitalas, pero crávanseme nos oídos sen remedio. Intento durmir. Como se pode durmir estando no inferno? Non se pode. Só se pode sufrir. Non é moi diferente ao que fago eu. As voces estanse achegando. Achéganse cada vez máis. Xa está… Non podo escapar”

Ti oes as voces?

VOCES , de Omaira Vidal Vidal (2º ESO )


Uxía era unha nena de trece anos que vivía en Vilalba. Gustáballe moito xogar coas arañas e cos ratos que había na casa. Era unha nena moi solitaria. Só tiña uns poucos amigos cos que só falaba a través das redes sociais. Á súa nai non lle gustaba moito iso, prefería que saira xogar con eles. Un día recibiu unha estraña mensaxe no móbil de alguén descoñecido. A mensaxe dicía: “Ola, chámome Anabel e hoxe cumpro 13 anos, aínda que fai seis anos que estou morta. Envía esta mensaxe a 20 persoas ou se non durmeirei sempre ó teu lado”. Uxía non lle fixo caso, pensou que era unha broma. Foron pasando os días e comezaron a sucederlle cousas raras. Notaba como se alguén a mirara a través do espello, atopaba as cousas da súa habitación revoltas,… e o que máis lle asustaba era que pola noite notaba como se alguén respirara ó seu lado. Uxía empezou a coller moito medo e contoullo a súa nai. Ela díxolle que eran cousas da súa imaxinación. Pero foron pasando as semanas e seguíronlle ocurrindo cousas estrañas. Un día pola noite despertou cun ruído, non sabía moi ben o que fora, pero cando abriu os ollos, pareceulle ver unha luz que se movía polo cuarto. Colleu tanto medo que foi correndo á habitación dos país. Ó día seguinte, ao chegar da escola, había unha nena sentada na porta da súa casa. Era rubia e de ollos azuis, moi branca de pel e levaba un vestido que parecía axado. Uxía non a coñecía, nunca a vira polo pobo. Así que lle preguntou como se chamaba, e a nena, cunha suave voz díxolle: “Son Anabel”. Dende aquel día non se volveu saber nada de Uxía. Buscárona por todo o pobo e arredores. Pero Uxía nunca apareceu. Fai uns días recibín unha mensaxe no móbil que dicía: “Ola, chámome Uxía…”

UNHA MENSAXE PARA UXÍA, de Saínza Rúa Gómez (1º ESO)

Relatos gañadores do certame literario "Relatos terroríficos" (Samaín 2018)  

Alumnado de 1º e 2 º ESO. Primeiro, segundo e terceiro premio

Relatos gañadores do certame literario "Relatos terroríficos" (Samaín 2018)  

Alumnado de 1º e 2 º ESO. Primeiro, segundo e terceiro premio

Advertisement